BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • hf sección 4 partes 1-2
  • Como administrar os cartos?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como administrar os cartos?
  • A túa familia pode ser feliz
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • 1 FACEDE UN BO PRESUPOSTO
  • 2 SEDE HONESTOS E REALISTAS
  • Teñen os cartos a culpa de tódolos males?
    Preguntas sobre a Biblia
A túa familia pode ser feliz
hf sección 4 partes 1-2
Un matrimonio planifica con coidado como administrar os cartos

SECCIÓN 4

Como administrar os cartos?

“Os proxectos asegúranse no consello” (Proverbios 20:18)

É evidente que os cartos son necesarios para que a familia teña o que precisa (Proverbios 30:8). Por iso a Biblia sinala que “o diñeiro concede todo” (Eclesiastés 10:19). Poida que ás veces sexa difícil falar dos cartos coa túa parella, pero non deixes que esta clase de asuntos causen problemas no matrimonio (Efesios 4:32). Deberiades confiar un no outro ó decidir como gastaredes o diñeiro.

1 FACEDE UN BO PRESUPOSTO

QUE DI A BIBLIA? “¿Quen de vós, querendo construír unha torre, non se para a pensar no presuposto, a ver se a pode rematar?” (Lucas 14:28). É fundamental que fagades un presuposto xuntos (Amós 3:3). Decidide que é o que necesitades mercar e canto vos podedes gastar (Proverbios 31:16). Ter o diñeiro para comprar algo non quere dicir que debades mercalo. Evitade as débedas, non gastedes cartos que non teñades (Proverbios 21:5; 22:7).

QUE PODES FACER?

  • Se vos sobra diñeiro a fin de mes, decidide xuntos que faredes con el.

  • Se gastades máis do que gañades, pensade en como reducir os gastos. Por exemplo, tratade de comer na casa en vez de facelo fóra.

Un matrimonio pensando nos seus maiores gastos

2 SEDE HONESTOS E REALISTAS

QUE DI A BIBLIA? “Rexeitade a mentira e dígalle cadaquén a verdade ó seu próximo, porque somos membros uns dos outros” (Efesios 4:25). Falade con franqueza dos ingresos e gastos de cada un.

Ten en conta sempre á túa parella antes de tomar decisións importantes sobre a economía familiar (Proverbios 13:10). Falar dos cartos abertamente axudaravos a manter a paz no matrimonio. Pensade que o diñeiro que entra na casa é da familia, non só de quen o gaña (1 Timoteo 5:8).

Unha parella mirando a lista da compra mentres están na tenda xuntos

QUE PODES FACER?

  • Acordade a cantidade de diñeiro que cada un poderá gastar sen preguntarlle ó outro.

  • Non agardedes a que aparezan problemas para falar dos cartos.

O VOSO PUNTO DE VISTA SOBRE OS CARTOS

Os cartos son importantes, pero non permitades que afecten á vosa relación ou vos preocupen de xeito innecesario (Mateo 6:25-34). Non se precisa moito diñeiro para ser feliz. A Biblia afirma: “Gardádevos da cobiza” (Lucas 12:15). Nada que os cartos poidan mercar é máis valioso que o voso matrimonio. Por iso, tratade de conformarvos co que tedes, e nunca descoidedes a vosa relación con Deus. Se aplicades estes consellos, a vosa familia será feliz e teredes a aprobación de Xehová (Hebreos 13:5).

PREGÚNTATE:

  • Que podemos facer como familia para non ter débedas?

  • Cando foi a última vez que falei dos cartos coa miña parella?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir