BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lfb cap. 59 páx. 142-páx. 143 par. 5
  • Catro mozos obedecen a Xehová

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Catro mozos obedecen a Xehová
  • Aprendamos das historias da Biblia
  • Información relacionada
  • Hananías, Mixael e Azarías
    Aprende dos amigos de Xehová. Actividades
  • Que di a Biblia sobre Daniel?
    Preguntas sobre a Biblia
Aprendamos das historias da Biblia
lfb cap. 59 páx. 142-páx. 143 par. 5
Daniel, Hananías, Mixael e Azarías negándose a comer da comida do rei

CAPÍTULO 59

Catro mozos obedecen a Xehová

O rei Nabucodonosor mandou traer os gobernadores de Xudá para Babilonia e puxo como responsable deles a Axpenaz, un oficial da corte. Tamén lle encargou que escollese os rapaces máis sans e intelixentes desas familias, e que os preparase para ser oficiais importantes en Babilonia. Durante tres anos terían que aprender a ler, escribir e falar o idioma dos babilonios. Tamén comerían o mesmo có rei e o resto das persoas que vivisen no pazo real. Catro deses mozos foron Daniel, Hananías, Mixael e Azarías. Axpenaz cambioulles o nome e púxolles uns nomes babilonios: Baltasar, Xadrac, Mixac e Abednegó. Faría a súa nova educación que deixasen de servir a Xehová?

Os catro mozos estaban decididos a obedecer a Xehová. Pero na comida que lles daban había carne que a Lei de Xehová prohibía comer. Que farían? Pedíronlle a Axpenaz: “Por favor, non nos fagas comer da comida do rei”. El respondeulles: “Se non comedes e se vos pon cara de enfermos, o rei vaime matar a min!”.

Entón Daniel tivo unha idea. Díxolle ó garda: “Por favor, dános só verdura, legumes e auga durante dez días. E logo compáranos cos que coman o mesmo có rei”. O garda aceptou a proposta.

Dez días despois, Daniel e os seus tres amigos parecían estar máis sans que tódolos outros mozos. Xehová estaba moi contento con eles porque lle obedeceran. Ata lle deu a Daniel sabedoría para entender soños e visións.

Despois de preparalos durante tres anos, Axpenaz levou os mozos xunto de Nabucodonosor. O rei falou con eles e viu que Daniel, Hananías, Mixael e Azarías eran máis intelixentes que tódolos demais mozos. Por iso os escolleu para traballar no pazo real e para pedirlles consello sobre asuntos importantes sempre que o precisase. Coa axuda de Xehová, estes mozos foron máis listos ca tódolos meigos e homes sabios do reino.

Aínda que estaban nun país estranxeiro, Daniel, Hananías, Mixael e Azarías nunca esqueceron que eran servos de Xehová. E ti? Lembraraste sempre de Xehová, mesmo cando teus pais non estean contigo?

“Que ninguén faga pouco de ti por seres tan novo. Ti faite exemplo dos que cren: en ditos e feitos, en caridade, en fe, en limpeza” (1 Timoteo 4:12)

Preguntas. Por que pensas que Daniel e os seus tres amigos obedeceron a Xehová? Que fixo Xehová para axudalos?

Daniel 1:1-21

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir