BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 55
  • Apoia a túa congregación

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Apoia a túa congregación
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Dámoslle grazas a Xehová polo amor que demostras
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
  • Unha ofrenda a Xehová
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2018)
  • Que di a Biblia sobre o traballo e os cartos
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Como financian a súa obra as Testemuñas de Xehová?
    Preguntas frecuentes sobre as testemuñas de Xehová
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 55
Lección 55. Irmáns e irmás axudando a manter en bo estado o exterior do seu Salón do Reino.

LECCIÓN 55

Apoia a túa congregación

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Arredor do mundo, millóns de persoas adoran felices a Xehová en miles de congregacións. Agradecen a ensinanza e a guía que reciben, e apoian con entusiasmo a congregación de moitas maneiras. É así como te sentes ti na túa congregación?

1. Como podes usar o teu tempo e as túas enerxías para apoiar a congregación?

Todos podemos botar unha man. Por exemplo, hai persoas maiores ou enfermas na túa congregación? Podes axudarlles a ir ás reunións? Ou podes axudarlles con algunha outra cousa, como as tarefas da casa ou a compra? (Le Santiago 1:27) Tamén podemos ofrecernos para axudar coa limpeza e o mantemento do Salón do Reino. Ninguén nos obriga a facer estas cousas. Máis ben, o noso amor por Deus e polos nosos irmáns impúlsanos a dicir: “Aquí estou, mándame a min” (Isaías 6:8).

As testemuñas de Xehová bautizadas tamén poden apoiar a congregación doutras maneiras. Os irmáns que cumpren os requisitos que di a Biblia poden axudar na congregación como servos ministeriais e, co tempo, como anciáns. Tanto os irmáns como as irmás poden apoiar a predicación sendo pioneiros. Algunhas testemuñas de Xehová tamén poden axudar na construción de lugares de adoración ou mudarse a zonas onde algunha congregación necesite axuda doutras formas.

2. Como podemos usar as cousas que temos para apoiar a congregación?

A Biblia di: “Honra ó Señor cos teus bens” (Proverbios 3:9). Sentímonos felices de poder usar os nosos cartos e outros bens para apoiar a nosa congregación e a obra de predicar por todo o mundo (le 2 Corintios 9:7). As nosas doazóns tamén se usan en labores de socorro. Para poder colaborar, moitos deciden apartar algúns cartos de maneira regular (le 1 Corintios 16:2). Podemos facer as nosas doazóns nas caixas de contribucións que hai nos nosos lugares de reunión ou por Internet en donate.jw.org. Xehová dános a oportunidade de usar as cousas que temos para demostrarlle o noso amor.

AFONDA MÁIS

Analiza algunha das maneiras nas que podes apoiar a congregación.

3. Podemos usar os nosos bens

Xehová e Xesús aman a quen dá con alegría. Por exemplo, Xesús valorou o esforzo que fixo unha viúva pobre para poder contribuír. Lede Lucas 21:1-4 e logo comentade estas preguntas:

  • Temos que facer grandes doazóns para agradarlle a Xehová?

  • Como se senten Xehová e Xesús cando damos de corazón?

Para ver como se usan as nosas doazóns, poñede o VÍDEO. Logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: Unha ofrenda a Xehová (4:47)

  • Como se usan as nosas doazóns para apoiar as congregacións de todo o mundo?

Unha irmá maior botando unha doazón nunha caixa de contribucións.

4. Podemos ofrecernos para axudar

En tempos bíblicos, os servos de Xehová traballaban arreo para manter en bo estado os seus lugares de adoración. Pero iso implicaba máis que só dar cartos. Lede 2 Crónicas 34:9-11 e logo comentade esta pregunta:

  • Como axudou cada israelita a coidar do templo de Xehová?

Para ver como as testemuñas de Xehová imitan o exemplo dos israelitas, poñede o VÍDEO. Logo comentade estas preguntas:

VÍDEO: Coidemos os nosos lugares de adoración (3:31)

Unha escena do vídeo ‘Coidemos os nosos lugares de adoración’. Homes, mulleres e nenos limpan o interior do seu Salón do Reino.
  • Por que é importante manter os nosos Salóns do Reino limpos e en bo estado?

  • De que xeitos podes axudar ti?

Un grupiño de testemuñas de Xehová axudando de maneira voluntaria na construción dun Salón do Reino.

5. Os irmáns poden esforzarse por ter máis responsabilidades

A Biblia anima os homes cristiáns a esforzarse por facer todo o que poidan para apoiar a congregación. Para ver algún exemplo, poñede o VÍDEO. Logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: Irmáns, esforzádevos por traballar máis para Xehová (5:19)

  • Que fixo Roi para apoiar máis a congregación?

A Biblia explica os requisitos que deben cumprir os irmáns que son servos ministeriais e anciáns. Lede 1 Timoteo 3:1-13 e logo comentade estas preguntas:

  • Que se espera dos irmáns que queren chegar a ser servos ministeriais e anciáns?

  • Que se espera das súas familias? (Ver os versículos 4 e 11).

  • Como se beneficia toda a congregación cando os irmáns se esforzan por cumprir estes requisitos?

Un irmán novo empuxando a un irmán maior que vai en cadeira de rodas mentres predican de casa en casa.

ALGUÉN PODERÍA PREGUNTAR: “De onde sacan os cartos as Testemuñas de Xehová para facer todo o que fan?”.

  • Ti que lle dirías?

RESUMO

Xehová valora moito os esforzos que facemos por apoiar a congregación co noso tempo, as nosas enerxías e os nosos recursos.

Repaso

  • Como podemos usar o noso tempo e as nosas enerxías para apoiar a congregación?

  • Como podemos usar as cousas que temos para apoiar a congregación?

  • De que maneiras che gustaría apoiar a congregación?

Intenta isto

INVESTIGA

Analiza por que Deus xa non lles pide ós seus servos que paguen o décimo.

“Que di a Biblia sobre pagar o décimo?” (Artigo web)

A Biblia asígnalles certas responsabilidades a irmáns bautizados. Pero, que pasa se nalgunha ocasión ten que atender algunha desas responsabilidades unha irmá bautizada?

“O principio de autoridade na congregación” (La Atalaya, febreiro 2021)

Coñece algúns irmáns valentes que fan grandes esforzos por levarlles as publicacións a outras testemuñas de Xehová.

A distribución de publicacións no Congo (4:25)

Descubre como a nosa obra se financia dun xeito moi diferente ó doutras organizacións relixiosas.

“Como financian a súa obra as Testemuñas de Xehová?” (Artigo web)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir