-
O Reino de Deus xa goberna!Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
-
-
2. Como son o mundo e a xente dende 1914?
Os discípulos de Xesús pedíronlle: “Dinos cando van pasar estas cousas, e cal será o sinal da túa chegada e da fin do mundo” (Mateo 24:3). Para responderlles, Xesús profetizou moitas das cousas que pasarían despois de empezar a gobernar no ceo como Rei do Reino de Deus. Algunhas delas serían as guerras, a fame e os terremotos (le Mateo 24:7). A Biblia tamén profetizou que a forma de ser da xente nos “días derradeiros”, ou últimos días, faría que vivísemos tempos difíciles (2 Timoteo 3:1-5). Todo isto empezou a ser máis evidente dende o ano 1914.
3. Por que empeoraron tanto as cousas dende que empezou a gobernar o Reino de Deus?
Pouco despois de chegar a ser Rei do Reino de Deus, Xesús empezou unha guerra no ceo contra Satanás e os demos. Satanás perdeu esa guerra e a Biblia di que o botaron “á terra; e ós seus anxos con el” (Apocalipse 12:9, 10, 12). Satanás está moi enfadado porque sabe que vai ser destruído. Por iso está provocando tanta dor e sufrimento por toda a Terra. Esa é a razón pola que o mundo está tan mal. O Reino de Deus solucionará todos estes problemas.
-
-
O Reino de Deus xa goberna!Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
-
-
5. O mundo cambiou de 1914 en diante
Xesús profetizou que cousas pasarían na Terra despois de que el chegase a ser Rei. Lede Lucas 21:9-11 e logo comentade esta pregunta:
Cales destas cousas viches ou de cales oíches falar?
O apóstolo Paulo describiu como sería a xente durante os “días derradeiros” ou últimos días da gobernación humana. Lede 2 Timoteo 3:1-5 e logo comentade esta pregunta:
Cales destas actitudes e comportamentos ves hoxe na xente?
-