BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 32
  • O Reino de Deus xa goberna!

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • O Reino de Deus xa goberna!
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Cando empezou a gobernar o Reino de Deus? (Parte 2)
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (2014)
  • O ano 1914: clave nas profecías bíblicas
    Que ensina realmente a Biblia?
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 32
Lección 32. Xesucristo cun cetro na man gobernando a Terra como Rei celestial.

LECCIÓN 32

O Reino de Deus xa goberna!

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

O Reino de Deus empezou a gobernar no ceo en 1914. Ese ano tamén empezaron os últimos días da gobernación humana. Por que o sabemos? Analiza o que profetizou a Biblia, como é o mundo e como é a xente dende 1914.

1. Que indican as profecías da Biblia?

O libro bíblico de Daniel indica que o Reino de Deus empezaría a gobernar cando se terminase un período chamado “sete tempos” (Daniel 4:13, 14, nota [4:16, 17, TNM]). Séculos máis tarde, cando estivo na Terra, Xesús ensinou que ese período aínda non rematara e chamoulle “o tempo das nacións” (Lucas 21:24, EME). Como veremos, os sete tempos acabaron no ano 1914.

2. Como son o mundo e a xente dende 1914?

Os discípulos de Xesús pedíronlle: “Dinos cando van pasar estas cousas, e cal será o sinal da túa chegada e da fin do mundo” (Mateo 24:3). Para responderlles, Xesús profetizou moitas das cousas que pasarían despois de empezar a gobernar no ceo como Rei do Reino de Deus. Algunhas delas serían as guerras, a fame e os terremotos (le Mateo 24:7). A Biblia tamén profetizou que a forma de ser da xente nos “días derradeiros”, ou últimos días, faría que vivísemos tempos difíciles (2 Timoteo 3:1-5). Todo isto empezou a ser máis evidente dende o ano 1914.

3. Por que empeoraron tanto as cousas dende que empezou a gobernar o Reino de Deus?

Pouco despois de chegar a ser Rei do Reino de Deus, Xesús empezou unha guerra no ceo contra Satanás e os demos. Satanás perdeu esa guerra e a Biblia di que o botaron “á terra; e ós seus anxos con el” (Apocalipse 12:9, 10, 12). Satanás está moi enfadado porque sabe que vai ser destruído. Por iso está provocando tanta dor e sufrimento por toda a Terra. Esa é a razón pola que o mundo está tan mal. O Reino de Deus solucionará todos estes problemas.

AFONDA MÁIS

Analiza por que sabemos que o Reino de Deus empezou a gobernar en 1914 e que debería significar isto para nós.

4. A Biblia sinala o ano 1914

Poñede o VÍDEO.

VÍDEO: O Reino de Deus empezou a gobernar en 1914 (5:02)

Deus fixo que o rei Nabucodonosor da antiga Babilonia tivese un soño profético. Ese soño e a interpretación que lle deu Daniel indican que esa profecía se cumpriría tanto na gobernación de Nabucodonosor coma no Reino de Deus (lede Daniel 4:14 [4:17, TNM]).a

Lede Daniel 4:17-23 (4:20-26, TNM) e logo utilizade a táboa da páxina seguinte para comentar estas preguntas:

  • (A) Que viu Nabucodonosor no seu soño? (Ver os versículos 17 e 18 [20 e 21, TNM]).

  • (B) Que lle pasaría a árbore? (Ver o versículo 20 [23, TNM]).

  • (C) Que pasaría ó acabar os “sete tempos”? (Ver o versículo 23 [26, TNM]).

Que relación hai entre o soño da árbore e o Reino de Deus

A PROFECÍA (Daniel 4:17-33 [4:20-36, TNM])

Goberno

(A) Unha árbore enorme

Unha árbore enorme.

Interrómpese o goberno

(B) “Derrubade a árbore” ata que pasen sobre ela “sete tempos”

A base da árbore cortada cunha atadura de ferro e cobre.

Restáurase o goberno

(C) “Porque che vai conserva-la realeza”

Unha árbore enorme.

No primeiro cumprimento desta profecía...

  • (D) A quen representaba a árbore? (Ver o versículo 19 [22, TNM]).

  • (E) Como se interrompeu o seu goberno? (Lede Daniel 4:26-30 [4:29-33, TNM]).

  • (F) Que lle pasou a Nabucodonosor ó rematar os “sete tempos”? (Lede Daniel 4:31-33 [4:34-36, TNM]).

PRIMEIRO CUMPRIMENTO

Goberno

(D) Nabucodonosor, Rei de Babilonia

O rei Nabucodonosor de pé con actitude orgullosa.

Interrómpese o goberno

(E) Despois do ano 606 a. n. e., Nabucodonosor tolea da cabeza e non pode gobernar por sete anos literais

Nabucodonosor no campo comendo herba como se fose un animal.

Restáurase o goberno

(F) Nabucodonosor recupera o xuízo e empeza a gobernar outra vez

O rei Nabucodonosor de pé cos brazos levantados.

No segundo cumprimento desta profecía...

  • (G) A quen representaba a árbore? (Lede 1 Crónicas 29:23).

  • (H) Como se interrompeu o seu goberno? Como sabemos que seguía interrompido cando Xesús estivo na Terra? (Lede Lucas 21:24).

  • (I) Cando e onde se restaurou este goberno?

SEGUNDO CUMPRIMENTO

Goberno

(G) Reis israelitas que representan o goberno de Deus

Unha sucesión de reis israelitas sentados nos seus tronos mentres raios de luz brillan sobre eles.

Interrómpese o goberno

(H) Xerusalén é destruída, interrómpese a liña dos reis israelitas durante 2520 anos

O lume destruíndo a antiga Xerusalén no ano 607 a. n. e. Despois pasan 2520 anos.

Restáurase o goberno

(I) Xesús empeza a gobernar no ceo como Rei do Reino de Deus

Xesús empezando a reinar sobre a Terra en 1914 dende o seu trono celestial, mentres raios de luz saen brillando del.

Canto duran os sete tempos?

Algunhas partes da Biblia axúdannos a entender outras. Por exemplo, o libro bíblico da Apocalipse di que tres tempos e medio equivalen a 1260 días (Apocalipse 12:6, 14). Sete tempos son o dobre, é dicir, 2520 días. Ás veces na Biblia a palabra día refírese a un ano (Ezequiel 4:6). Este é o caso dos sete tempos que se mencionan no libro de Daniel, que representan 2520 anos.

5. O mundo cambiou de 1914 en diante

Poñede o VÍDEO.

VÍDEO: O mundo cambiou de 1914 en diante (1:10)

Xesús profetizou que cousas pasarían na Terra despois de que el chegase a ser Rei. Lede Lucas 21:9-11 e logo comentade esta pregunta:

  • Cales destas cousas viches ou de cales oíches falar?

O apóstolo Paulo describiu como sería a xente durante os “días derradeiros” ou últimos días da gobernación humana. Lede 2 Timoteo 3:1-5 e logo comentade esta pregunta:

  • Cales destas actitudes e comportamentos ves hoxe na xente?

Colaxe: Algunhas escenas mostrando as condicións do mundo e a forma de ser da xente nos últimos días. 1. Un líder militar berra dende unha plataforma cos brazos levantados. 2. Edificios en ruínas despois dun terremoto. 3. Avións militares. 4. Unha chea de xente camiña pola rúa con máscaras. 5. As Torres Xemelgas de Nova York arden despois dun ataque terrorista. 6. Un home drógase. 7. Un home levántalle o puño á muller e bérralle. 8. Drogas e alcohol. 9. Dúas mulleres que levan xoias e visten á última moda sácanse unha foto co móbil. 10. Un disc-jóckey anima a xente nun concerto. 11. Un manifestante lanza un cóctel molotov.

6. Saber que o Reino de Deus xa goberna debería motivarnos a actuar

Lede Mateo 24:3, 14 e logo comentade estas preguntas:

  • Que importante obra demostra que o Reino de Deus xa goberna?

  • Como podes participar ti nesa obra?

O Reino de Deus xa está gobernando no ceo, e dentro de pouco tamén gobernará sobre toda a Terra. Lede Hebreos 10:24, 25 e logo comentade esta pregunta:

  • Que deberiamos facer cada un de nós ó ver “que está a chegar aquel día”?

Colaxe: 1. Unha estudante da Biblia asistindo a unha reunión das testemuñas de Xehová. 2. A mesma estudante da Biblia predicándolle a unha coñecida.

Que farías se aprendes algo que podería axudar a outros e salvarlles a vida?

ALGUÉN PODERÍA PREGUNTAR: “Por que as testemuñas de Xehová falan tanto do ano 1914?”.

  • Ti que lle dirías?

RESUMO

As profecías da Biblia, a historia e as cousas que pasan no mundo demostran que o Reino de Deus xa está gobernando. Demostramos que estamos convencidos disto predicando e indo ás reunións.

Repaso

  • Que pasou cando remataron os sete tempos dos que se fala no libro de Daniel?

  • Que te convence a ti de que o Reino de Deus empezou a gobernar en 1914?

  • Como podes demostrar que cres que o Reino de Deus xa goberna?

Intenta isto

INVESTIGA

Analiza o que din os historiadores e outras persoas sobre os cambios que houbo no mundo de 1914 en diante.

“O tempo no que os valores morais se viñeron abaixo” (¡Despertad!, abril 2007)

Le o efecto que tivo na vida dun home a profecía de Mateo 24:14.

“O que máis me gustaba no mundo era o béisbol” (La Atalaya, núm. 3 2017)

Por que sabemos que a profecía do capítulo 4 de Daniel tamén se cumpre no Reino de Deus?

“Cando empezou a gobernar o Reino de Deus? (Parte 1)” (La Atalaya, 1 outubro 2014)

Por que sabemos que os “sete tempos” que se mencionan no capítulo 4 de Daniel remataron en 1914?

“Cando empezou a gobernar o Reino de Deus? (Parte 2)” (La Atalaya, 1 novembro 2014)

a Mira os dous últimos artigos da sección Investiga desta lección.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir