BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 17
  • Como é Xesús?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como é Xesús?
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Quen é Xesús?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Quen é Xesucristo?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Que fixo Xesús cando estivo na Terra?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Quen é Xesucristo?
    Que ensina realmente a Biblia?
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 17
Lección 17. Xesús, cos brazos estendidos, curando milagrosamente a un home enfermo.

LECCIÓN 17

Como é Xesús?

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Cando aprendemos sobre as cousas que Xesús dixo e fixo aquí na Terra, descubrimos calidades que nos achegan máis a el e ó seu Pai, Xehová. Cales son algunhas destas fermosas calidades? E como podemos imitar a Xesús na nosa vida?

1. En que sentido é Xesús coma seu Pai?

No ceo, Xesús viu e aprendeu do seu agarimoso Pai durante miles de millóns de anos. Como resultado, pensa, sente e actúa igual ca el (le Xoán 5:19). De feito, Xesús reflicte a personalidade de seu Pai de maneira tan perfecta que dixo: “Quen me viu a min, viu o Pai” (Xoán 14:9). Canto máis aprendas da personalidade de Xesús, mellor coñecerás a Xehová. Por exemplo, a compaixón que sentía Xesús polas persoas demostra o que Xehová sente por ti.

2. Como demostrou Xesús o seu amor por Xehová?

Xesús dixo: “Para que saiba o mundo que eu amo ó Pai, e que, coma o Pai me mandou, así fago” (Xoán 14:31). Mentres estivo na Terra, Xesús demostrou o amor tan grande que lle tiña a seu Pai obedecéndoo incluso cando non lle foi fácil. Ademais, a Xesús encantáballe falar de seu Pai e axudarlles a outros a facerse amigos del (Xoán 14:23).

3. Como demostrou Xesús o seu amor polas persoas?

A Biblia di que Xesús sente un cariño especial polos seres humanos (Proverbios 8:31). Demostrou o seu amor animando e axudando desinteresadamente as persoas. Fixo milagres que non só demostraron o seu poder, senón tamén a súa compaixón (Marcos 1:40-42). Tratou a todo o mundo con cariño e sen prexuízos. As súas palabras dábanlles consolo e esperanza a tódalas persoas de bo corazón que o escoitaban. Xesús estivo disposto a sufrir e morrer por toda a humanidade debido ó seu amor. Pero ama especialmente os que seguen as súas ensinanzas (le Xoán 15:13, 14).

AFONDA MÁIS

Aprende máis sobre a personalidade de Xesús e sobre como demostrar o mesmo amor e xenerosidade que demostrou el.

4. Xesús ama a seu Pai

O exemplo de Xesús ensínanos como demostrar o amor que lle temos a Deus. Lede Lucas 6:12 e Xoán 15:10; 17:26. Despois de ler cada texto comentade esta pregunta:

  • Como podemos imitar a Xesús e demostrar o noso amor por Xehová?

Xesús orando.

Xesús amaba a seu Pai e falaba con el a miúdo

5. Xesús preocúpase polas persoas

Xesús puxo as necesidades dos demais por enriba das súas. Mesmo cando estaba cansado usou o seu tempo e as súas enerxías para axudar á xente. Lede Marcos 6:30-44 e logo comentade estas preguntas:

  • Neste relato, de que xeitos demostrou Xesús que se preocupaba polos demais? (Ver os versículos 31, 34, 41 e 42).

  • Que motivou a Xesús a axudar á xente? (Ver o versículo 34).

  • Tendo en conta que Xesús reflicte a personalidade de seu Pai, que nos ensina isto sobre Xehová?

  • De que maneiras podemos imitar o interese de Xesús polos demais?

Xesús alimentando milagrosamente miles de persoas multiplicando cinco bolos de pan e dous peixes. Os discípulos distribúen a comida entre os homes, as mulleres e os nenos.

6. Xesús é xeneroso

Aínda que non tiña moitos bens materiais, Xesús foi xeneroso e animounos a nós a selo tamén. Lede Feitos 20:35 e logo comentade esta pregunta:

  • Segundo dixo Xesús, como podemos ser felices?

Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: “É máis felicidade dar que recibir” (fragmento) (4:00)

  • De que xeitos podemos dar aínda que non teñamos moito en sentido material?

Sabíalo?

A Biblia ensínanos a orarlle a Xehová no nome de Xesús (le Xoán 16:23, 24). Cando oramos desta maneira, demostramos que recoñecemos o que Xesús fixo para que poidamos ser amigos de Xehová.

HAI QUEN DI: “A Deus non lle importa que suframos”.

  • Se Xesús reflicte a personalidade de seu Pai, como demostra todo o que fixo que Xehová se preocupa por nós?

RESUMO

Xesús ama a Xehová e as persoas. El é coma seu Pai. Por iso, canto mellor coñezas a Xesús, mellor coñecerás a Xehová.

Repaso

  • Como podemos demostrar que amamos a Xehová, igual que fixo Xesús?

  • Como podemos demostrar que amamos as persoas, igual que fixo Xesús?

  • Que é o que máis che gusta da personalidade de Xesús?

Intenta isto

INVESTIGA

Analiza algunha das calidades de Xesús que podemos imitar.

“Imitemos o exemplo de Xesús” (Jesús: el camino, la verdad y la vida, páxina 317)

Examina o importante papel que ten Xesús nas oracións.

“Por que orar no nome de Xesús?” (La Atalaya, 1 febreiro 2008)

Di algo a Biblia sobre a aparencia de Xesús?

“Que aspecto tiña Xesús?” (Artigo web)

Que podemos aprender do xeito no que Xesús tratou as mulleres?

“Deus trata as mulleres con respecto e dignidade” (La Atalaya, 1 setembro 2012)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir