BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 15
  • Quen é Xesús?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Quen é Xesús?
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Quen é Xesucristo?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Quen é Xesucristo?
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Como é Xesús?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Que fixo Xesús cando estivo na Terra?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 15
Lección 15. Xesús andando por un campo de cereais.

LECCIÓN 15

Quen é Xesús?

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Xesús é unha das persoas máis coñecidas da historia. Pero aparte do seu nome, moitos saben pouco acerca del e teñen ideas diferentes sobre quen é Xesús realmente. Que di a Biblia sobre el?

1. Quen é Xesús?

Xesús é un ser espiritual moi poderoso que vive no ceo. Xehová creouno antes que todo o demais. Por iso se di que “de toda criatura el é o primeiro nacido” (Colosenses 1:15). A Biblia di que Xesús é o “Fillo Unixénito” de Deus porque foi o único creado directamente por El (Xoán 3:16). Traballou moi preto do seu Pai, Xehová, e axudoulle a crear tódalas demais cousas (le Colosenses 1:16). Xesús segue a desfrutar dunha relación estreita con Xehová. El serve lealmente a Deus como “a Palabra”, é dicir, como portavoz que leva as súas mensaxes e instrucións (Xoán 1:14).

2. Por que veu Xesús á Terra?

Hai uns dous mil anos, Xehová usou o seu espírito santo para transferir de maneira milagrosa a vida de Xesús dende o ceo á matriz dunha virxe chamada María. Deste xeito, Xesús naceu como humano (le Lucas 1:34, 35). Xesús veu á Terra para ser o Mesías prometido ou Cristo e para salvar a humanidade.a Tódalas profecías da Biblia sobre o Mesías se cumpriron nel, permitindo que a xente identificase a Xesús como o Cristo, “o Fillo do Deus vivo” (Mateo 16:16).

3. Onde está Xesús agora?

Despois de rematar a súa vida como ser humano, Xesús foi resucitado como ser espiritual e volveu ó ceo. Alí “Deus o exaltou sobre todo” (Filipenses 2:9). Agora, Xesús ten unha posición de moita autoridade, só por detrás do propio Xehová.

AFONDA MÁIS

Descubre máis sobre quen é Xesús realmente e por que é tan importante aprender del.

Xesús e Xoán Bautista de pé na auga escoitando unha voz que vén do ceo xusto despois do bautismo de Xesús.

4. Xesús non é o Deus todopoderoso

A Biblia ensina que, aínda que Xesús é un espírito poderoso no ceo, sométese a Xehová, o seu Deus e Pai. Por que chegamos a esa conclusión? Para ver o que ensina a Biblia sobre a posición que ocupa Xesús con relación ó Deus todopoderoso, poñede o VÍDEO.

VÍDEO: Son Xesucristo e Deus a mesma persoa? (3:22)

Os seguintes textos axúdannos a entender a relación que hai entre Xehová e Xesús. Lede cada un deles e logo comentade as preguntas:

Lede Lucas 1:30-32.

  • Como describiu o anxo a relación entre Xesús e Xehová Deus, o Altísimo?

Lede Mateo 3:16, 17.

  • Que dixo unha voz dende o ceo no bautismo de Xesús?

  • De quen pensas que era esa voz?

Lede Xoán 14:28.

  • Quen é maior e ten máis autoridade? Un pai ou un fillo?

  • Que quixo dicir Xesús cando dixo que Xehová era seu Pai?

Lede Xoán 12:49.

  • Pensa Xesús que el e seu Pai son a mesma persoa? E ti que pensas?

5. Xesús demostrou ser o Mesías

A Biblia contén moitas profecías que axudarían ás persoas a identificar o Mesías. Poñede o VÍDEO para aprender máis sobre algunhas das profecías que se cumpriron en Xesús cando veu á Terra.

VÍDEO: Profecías que se cumpriron en Xesús (3:03)

Lede estas profecías da Biblia e logo comentade as preguntas:

Lede Miqueas 5:1 (5:2, TNM) para aprender onde nacería o Mesías.b

  • Cumpriuse esta profecía co nacemento de Xesús? (Mateo 2:1).

Lede Salmo 34:21 (34:20, TNM) e Zacarías 12:10 para ver algúns detalles que se profetizaron sobre a morte do Mesías.

  • Cumpríronse estas profecías? (Xoán 19:33-37).

  • Pensas que Xesús puido influír no cumprimento dalgunha destas profecías?

  • Que che demostra isto sobre Xesús?

6. Como nos beneficia aprender de Xesús

A Biblia destaca a importancia de aprender sobre Xesús e o seu papel. Lede Xoán 14:6 e 17:3 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que é vital aprender de Xesús?

Xesús ensinándolles a un grupo de homes, mulleres e nenos.

Xesús abriu o camiño para que poidamos ser amigos de Deus e ensinou a verdade sobre Xehová. A través de Xesús podemos chegar a ter vida eterna

HAI QUEN DI: “As testemuñas de Xehová non cren en Xesús”.

  • Como responderías?

RESUMO

Xesús é un ser espiritual moi poderoso. É o Fillo de Deus e o Mesías.

Repaso

  • Por que se di de Xesús que “de toda criatura el é o primeiro nacido”?

  • Que fixo Xesús antes de vir á Terra?

  • Como sabemos que Xesús é o Mesías?

Intenta isto

INVESTIGA

Aprende máis sobre o papel de Xesús como Mesías.

“Demostran as profecías mesiánicas que Xesús foi o Mesías?” (Artigo web)

Descubre se a Biblia ensina que Deus chegou a ser o pai de Xesús de maneira literal, do mesmo xeito que os humanos teñen fillos.

“Por que se lle chama a Xesús o Fillo de Deus?” (Artigo web)

Analiza por que a Trindade non é unha ensinanza bíblica.

“Son Xesús e Deus a mesma persoa?” (La Atalaya, 1 abril 2009)

Le como lle cambiou a vida a unha muller cando aprendeu o que di a Biblia sobre Xesús.

“Unha muller xudía explica por que reconsiderou as súas crenzas” (¡Despertad!, maio 2013)

a Tanto Mesías como Cristo son títulos que se refiren ó escollido de Deus para salvar a humanidade. As leccións 26 e 27 analizarán por que necesita ser salvada a humanidade e como nos salva Xesús.

b Para ver unha profecía que predixo cando aparecería exactamente o Mesías na Terra, mira a Nota 2.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir