-
“Sigue falando e non quedes calado”Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
-
-
“Teño moita xente nesta cidade” (Feitos 18:9-17)
12. Que mensaxe lle deu Xesús a Paulo nunha visión?
12 É posible que Paulo tivese dúbidas de se debía seguir predicando en Corinto. Pero soubo o que tiña que facer cando se lle apareceu Xesús de noite nunha visión. Díxolle: “Non teñas medo. Ti sigue falando e non quedes calado, porque eu estou contigo e ninguén te atacará para facerche mal. Porque teño moita xente nesta cidade” (Feit. 18:9, 10). Que mensaxe tan animadora! O propio Xesús aseguroulle a Paulo que o ía protexer dos seus inimigos e que aínda había moitas persoas que necesitaban escoitar a mensaxe. Que fixo Paulo despois de recibir a visión? O relato di que “quedou alí un ano e seis meses ensinándolles a palabra de Deus” (Feit. 18:11).
-
-
“Sigue falando e non quedes calado”Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
-
-
16. Por que nos anima a seguir predicando o que Xesús lle dixo a Paulo?
16 Recorda que foi despois de que os xudeus rechazasen a predicación de Paulo cando Xesús lle dixo: “Non teñas medo. Ti sigue falando e non quedes calado, porque eu estou contigo” (Feit. 18:9, 10). Facemos ben en recordar estas palabras, especialmente cando as persoas rechazan a nosa mensaxe. Nunca esquezamos que Xehová pode ver os corazóns e atrae as persoas sinceras (1 Sam. 16:7; Xoán 6:44). Canto nos anima saber isto a manternos moi ocupados na predicación! Cada ano bautízanse centos de miles de persoas, o que equivale a centos cada día. Xesús promételles ós que obedecen o mandato de facer discípulos de xente de tódalas nacións: “Estarei con vós tódolos días ata a parte final do sistema” (Mat. 28:19, 20).
-