BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • “Escoitade o que teño que dicirvos na miña defensa”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
    • 5 É posible que nalgún momento Paulo mencionase as contribucións que trouxo de Europa. Ver que irmáns de tan lonxe se preocupaban por eles chegoulles ó corazón. Como consecuencia, os anciáns “puxéronse a darlle gloria a Deus” (Feit. 21:20a). Na actualidade pasa algo parecido. Moitos irmáns que son vítimas de desastres ou están moi enfermos emociónanse cando outros irmáns lles dan a axuda e o ánimo que necesitan xusto no momento oportuno.

      Algúns seguen defendendo “a Lei con moito entusiasmo” (Feitos 21:20b, 21)

      6. De que problema lle falaron os anciáns a Paulo?

      6 Despois, os anciáns faláronlle a Paulo dun problema. Comentáronlle que os irmáns de Xudea estaban preocupados por algo que escoitaran sobre el. Dixéronlle: “Irmán, sabes que hai moitos miles de crentes que son xudeus e que todos defenden a Lei con moito entusiasmo. Pero eles escoitaron rumores de que lles estás ensinando a tódolos xudeus que viven entre as nacións que deixen a Lei de Moisés, porque lles dis que non circunciden os seus fillos nin sigan os costumes ós que están tan apegados” (Feit. 21:20b, 21).a

      7, 8. a) Que forma de pensar equivocada tiñan moitos cristiáns xudeus? b) Por que podemos dicir que esta forma de pensar non era apóstata?

      7 Por que había tantos cristiáns que insistían en defender a Lei mosaica 20 anos despois de que fose abolida? (Col. 2:14) No ano 49, os apóstolos e os anciáns reuníranse en Xerusalén e enviaran unha carta ás congregacións para explicarlles que os non xudeus non tiñan que circuncidarse nin obedecer a Lei de Moisés (Feit. 15:23-29). Pero como a carta non mencionaba especificamente os cristiáns xudeus, moitos deles pensaban que aínda tiñan que obedecela.

      8 Convertéronse en apóstatas por ter unha forma de pensar equivocada? Non. Ó fin e ó cabo non se trataba de persoas que antes adorasen deuses falsos e agora quixesen volver ós seus costumes. A lei que tanto defendían estes cristiáns xudeus viña de Xehová, non había nada demoníaco ou malo nela. Pero esta lei estaba asociada co antigo pacto, mentres que os cristiáns agora estaban baixo o novo pacto. Para adorar a Xehová como el quería, xa non tiñan que obedecer a Lei. Os cristiáns xudeus que insistían en que había que seguir a Lei faltáballes entender ben este asunto e confiar na congregación cristiá. Necesitaban adaptar a súa forma de pensar ós cambios que Xehová ía establecendo (Xer. 31:31-34; Luc. 22:20).b

  • “Escoitade o que teño que dicirvos na miña defensa”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
    • a Como había tantos crentes que eran xudeus, é posible que houbese moitas congregacións e que se reunisen en casas de irmáns para atender ben as súas necesidades espirituais.

Publicacións en galego (1993-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir