BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • “Escoitade o que teño que dicirvos na miña defensa”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
    • 11. Que consello lle deron os anciáns a Paulo, e de que podemos estar seguros? (Mira a nota).

      11 Aínda que os rumores sobre Paulo eran completamente falsos, algúns cristiáns xudeus seguían preocupados. Por iso, os anciáns dixéronlle o que debía facer: “Temos catro homes que fixeron un voto. Lévaos contigo, limpádevos cerimonialmente e págalles os gastos para que poidan afeitar a cabeza. Así todo o mundo saberá que os rumores sobre ti non son certos, porque estás actuando correctamente e tamén estás obedecendo a Lei” (Feit. 21:23, 24).c

      12. Como demostrou Paulo ser adaptable e estar disposto a cooperar cos anciáns?

      12 Paulo podería dicir que o problema real non eran os rumores sobre el, senón que aqueles cristiáns xudeus seguisen insistindo en obedecer a Lei. Pero demostrou ser adaptable sen desobedecer en ningún momento os principios divinos. Pouco antes el mesmo escribira: “Suxeito a Lei cos que están baixo a Lei —eu que non o estou—, para gaña-los que están baixo a Lei” (1 Cor. 9:20). Paulo cooperou cos anciáns de Xerusalén e nesta ocasión actuou coma se estivese “baixo a Lei”. Que bo exemplo nos deixou de como colaborar cos anciáns e non insistir en facer as cousas á nosa maneira (Heb. 13:17).

      Serie de imaxes: 1. Paulo escoitando as instrucións que lle dan os anciáns de Xerusalén. 2. Nunha reunión de anciáns da actualidade, un irmán está pensativo mentres os demais compañeiros levantan a man.

      Paulo foi razoable e estivo disposto a ceder porque o que lle pedían non violaba ningún principio bíblico. Fas ti o mesmo?

      A LEI E A CIDADANÍA ROMANAS

      As autoridades romanas adoitaban deixar que os gobernos locais tomasen as súas propias decisións. Polo xeral usábase a lei xudía para atender os asuntos relacionados cos xudeus. Os romanos intercederon no caso de Paulo só porque a revolta que xurdiu no templo poñía en perigo a paz da cidade.

      As persoas que non posuían a cidadanía romana non tiñan moitos dereitos dentro do Imperio. Pero as cousas eran diferentes cando as autoridades trataban con cidadáns romanos, pois desfrutaban de certos privilexios ó longo de todo o Imperio.f Por exemplo, era ilegal atalos ou golpealos se aínda non foran condenados. Só se podía tratar así os escravos. Os cidadáns romanos tamén tiñan o dereito de apelar as decisións dun gobernador provincial diante do emperador, en Roma.

      A cidadanía romana podía obterse de varias formas. Unha delas era por herdanza. Nalgunhas ocasións os emperadores romanos tamén podían premiar coa cidadanía romana algunha persoa ou incluso a tódolos habitantes libres dunha cidade ou distrito como agradecemento por algún servizo prestado. Os escravos de cidadáns romanos tamén obtiñan a cidadanía se compraban a súa liberdade ou se os seus amos os deixaban libres. Ademais, os homes que loitaban como soldados no exército romano tamén podían obtela cando completaban o seu servizo. Parece ser que en determinadas circunstancias tamén era posible comprar esa cidadanía. Por exemplo, o comandante militar Claudio Lisias díxolle a Paulo: “Eu tiven que pagar moitos cartos para comprar estes dereitos de cidadán”. Pero Paulo respondeulle: “Pois eu téñoos de nacemento” (Feit. 22:28). Iso significa que algún dos seus antepasados conseguira a cidadanía romana dalgunha forma que non sabemos.

      f É probable que no primeiro século non vivisen moitos cidadáns romanos en Xudea. Non foi ata o século terceiro que se lles deu a cidadanía romana a tódolos que vivían nas provincias romanas.

  • “Escoitade o que teño que dicirvos na miña defensa”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
    • c Algúns expertos din que estes homes fixeran un voto de nazareno (Núm. 6:1-21). É certo que a Lei mosaica, a lei baixo a que se facían este tipo de votos, quedara obsoleta. Aínda así, Paulo puido pensar que non estaba mal que estes homes cumprisen co voto que lle fixeran a Xehová. E por iso tampouco vía mal pagar os seus gastos e acompañalos. Non sabemos exactamente que tipo de voto fixeran, pero o que está claro é que Paulo non aprobaría que se sacrificase un animal para limpar os pecados, algo que facían os nazarenos. O sacrificio perfecto de Xesús invalidaba este tipo de sacrificios. Aínda que non sabemos tódolos detalles, podemos estar seguros de que Paulo non fixo nada que fose en contra da súa conciencia.

Publicacións en galego (1993-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir