BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Pedir perdón abre a porta para facer as paces
    A Atalaia (2002) | 1 de novembro
    • Outro exemplo de alguén que sabía pedir perdón é o apóstolo Paulo. Unha vez tivo que defenderse ante o tribunal supremo xudeu, o Sanedrín. O sumo sacerdote Ananías, furioso polas francas palabras de Paulo, ordenoulles ós que estaban de pé cerca do apóstolo que o golpeasen na boca. Ante iso, Paulo replicou: “¡Hache pegar Deus a ti, parede encaleada! ¿Sentas para xulgarme conforme á Lei e mandas que me peguen violando a Lei?”. Cando algúns dos presentes o acusaron de insultar o sumo sacerdote, Paulo admitiu o seu erro inmediatamente. Dixo: “Irmáns, non sabía que fose Sumo Sacerdote. Si, a Escritura di: Non dirás mal do xefe do teu pobo” (Feitos 23:1-5).

      Paulo tiña razón cando deu a entender que os xuíces non debían recorrer á violencia. Aínda así, pediu perdón por dirixirse, sen sabelo, ó sumo sacerdote dunha maneira que se podía considerar irrespectuosa.a As desculpas de Paulo abríronlle o camiño para que o Sanedrín escoitase o que tiña que dicir. Como coñecía ben a controversia que existía entre os membros do tribunal, Paulo argumentou que se lle estaba xulgando por crer na resurrección. Como resultado, comezouse unha gran discusión e os fariseos puxéronse de parte de Paulo (Feitos 23:6-10).

  • Pedir perdón abre a porta para facer as paces
    A Atalaia (2002) | 1 de novembro
    • a É posible que Paulo non recoñecese o sumo sacerdote por culpa da súa mala visión.

Publicacións en galego (1993-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir