BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • “Ningún de vós vai morrer”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
    • “Chegaron todos a terra sans e salvos” (Feitos 27:27-44)

      Paulo está orando en voz alta na bodega chea de xente dun barco cargueiro. Algúns pasaxeiros cansados inclinan a cabeza mentres que outros miran. Hai pan sen fermento enriba dalgunhas caixas.

      “Despois [...] deulle grazas a Deus diante de todos.” (Feitos 27:35)

      16, 17. a) Que ocasión aproveitou Paulo para orar, e que efecto tivo? b) Como se cumpriu o que predixera Paulo?

      16 Despois de dúas semanas aterradoras nas que o barco viaxou uns 870 quilómetros á deriva, os mariñeiros notan un cambio, quizais porque escoitan as ondas romper contra a costa. Entón deciden botar as áncoras dende a popa para evitar que os arrastre a corrente e para poñer a proa mirando cara a terra firme. Desta forma quizais sexan capaces de dirixir a embarcación cara á praia para facela encaiar alí. Neste momento os mariñeiros intentan abandonar o barco pero os soldados impídenllelo. Paulo dilles ó oficial do exército e ós soldados: “Se estes homes non quedan no barco, non vos ides poder salvar”. Agora que o barco está un pouco máis estable, o apóstolo anímaos a comer algo e asegúralles outra vez que todos van sobrevivir. Entón “deulle grazas a Deus diante de todos” (Feit. 27:31, 35). Ó darlle grazas a Deus, Paulo púxolles un bo exemplo a Lucas e a Aristarco, e tamén ós cristiáns da actualidade. Son as túas oracións públicas unha fonte de ánimo e consolo para outros?

  • “Ningún de vós vai morrer”
    Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
    • Aínda que en Feitos 27:27 se menciona o “mar de Adria”, nos días de Paulo este mar abarcaba unha área maior que o actual mar Adriático. Incluía o mar Xónico, as augas que estaban entre Sicilia e Creta e tamén as augas que rodean a actual Malta.

Publicacións en galego (1993-2026)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir