-
“Dándolles un testemuño completo”Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
-
-
“Predicáballes acerca do Reino de Deus” (Feitos 28:30, 31)
19. Como aproveitou Paulo o tempo aínda que estaba baixo arresto domiciliario?
19 Lucas conclúe o seu relato dunha forma positiva e animadora: “Paulo quedou alí dous anos, na casa que arrendara. Recibía amablemente a tódolos que o viñan visitar, predicáballes acerca do Reino de Deus e ensináballes sobre o Señor Xesucristo con moitísimo valor e sen ningún impedimento” (Feit. 28:30, 31). Que exemplo tan impresionante de hospitalidade, fe e entusiasmo!
20, 21. Menciona algúns exemplos de persoas que se beneficiaron do labor de Paulo en Roma.
20 Unha das persoas que Paulo recibiu con moito cariño foi Onésimo, un escravo fuxitivo de Colosas. O apóstolo axudou a este home a facerse cristián e chegou a ser para el un “querido e fiel irmán”. De feito, Paulo descríbeo coma un fillo (Col. 4:9; Filem. 10-12). Canto debeu animar Onésimo a Paulo!c
21 Outras persoas tamén se beneficiaron do bo exemplo de Paulo. El escribiulles ós Filipenses: “O que me está a pasar, máis ben aproveitou ó espallamento do Evanxeo. Porque na residencia do gobernador e nos outros sitios todo o mundo sabe que estou preso por ser cristián, e a maior parte dos irmáns, ó colleren da miña prisión azos para confiar no Señor, métense moito máis a anuncia-la palabra de Deus sen medo” (Filip. 1:12-14).
-
-
“Dándolles un testemuño completo”Deamos “un testemuño completo do Reino de Deus”
-
-
25, 26. Que profecía de Xesús viu cumprida Paulo en menos de 30 anos, e como se está cumprindo tamén hoxe en día?
25 O libro de Feitos finaliza co apóstolo Paulo predicando “acerca do Reino de Deus” a tódolos que o visitaban. Que final tan animador! No primeiro capítulo lemos a comisión que Xesús lles deu ós seus seguidores cando dixo: “Cando recibades o espírito santo, teredes poder e seredes as miñas testemuñas en Xerusalén, en toda Xudea e Samaria, e ata a parte máis distante da terra” (Feit. 1:8). Agora, menos de trinta anos despois, a mensaxe do Reino predicóuselles “a tódalas criaturas, debaixo do ceo” (Col. 1:23).f Que proba tan grande do poderoso que é o espírito de Deus! (Zac. 4:6).
-