-
Como deberían ver os cristiáns o alcohol?Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
-
-
Como deberían ver os cristiáns o alcohol?
Arredor do mundo a xente ten opinións moi diferentes sobre o alcohol. Hai quen desfruta de beber algo de cando en vez cos amigos. Outros deciden non beber nada. E outros beben ata o punto de emborracharse. Que di a Biblia sobre o alcohol?
1. Esta mal beber alcohol?
A Biblia non condena o consumo de alcohol. Máis ben, entre os moitos regalos que Deus nos deu, a Biblia inclúe o “viño que alegra o corazón do home” (Salmo 104:14, 15). Algúns homes e mulleres fieis que se mencionan na Biblia bebían alcohol (1 Timoteo 5:23).
2. Que advertencia lles dá a Biblia ós que deciden beber alcohol?
Xehová condena a borracheira e tamén beber de máis (Gálatas 5:21). A súa Palabra di: “Non te xuntes cos bébedos” (Proverbios 23:20). Así que se decidimos beber, aínda que sexa en privado, non deberiamos beber tanto que non sexamos capaces de pensar con claridade nin de controlar o que facemos ou o que dicimos. Tampouco deberiamos beber tanto que acabemos prexudicando a nosa saúde física. Se non podemos controlar o que bebemos, deberiamos estar dispostos a non beber nada de alcohol.
3. Como podemos respectar a decisión dos demais sobre o alcohol?
Cada persoa ten que decidir se vai beber alcohol ou non. Non deberiamos xulgar a quen decide beber con moderación, nin tampouco insistirlle a quen non quere beber nada de alcohol (Romanos 14:10). Ademais, decidimos non beber nada se iso pode ser un problema para outros (le Romanos 14:21). Seguimos o consello da Biblia: “Que ninguén busque o seu propio interese, senón o dos demais” (le 1 Corintios 10:23, 24).
AFONDA MÁIS
Analiza os principios bíblicos que che axudarán a decidir se vas beber ou non, e canto vas beber se escolles facelo. Ademais, descubre que podes facer se tes un problema coa bebida.
4. Decide se vas beber ou non
Que pensaba Xesús do alcohol? Para saber a resposta, mira o primeiro milagre que fixo. Lede Xoán 2:1-11 e logo comentade estas preguntas:
Que aprendemos neste relato do que pensaba Xesús sobre o alcohol e sobre as persoas que o beben?
Tendo en conta que Xesús non condenou o consumo de alcohol, como deberiamos ver os cristiáns a alguén que decide bebelo?
Con todo, que un cristián poida beber alcohol non significa que sempre sexa prudente facelo. Lede Proverbios 22:3 e logo analizade como deberían influír as seguintes situacións en se decides beber alcohol ou non:
Vas conducir ou manexar maquinaria.
Estás embarazada.
O médico quitouche o alcohol.
Tes problemas para controlar canto bebes.
A lei non che permite beber alcohol.
Estás con alguén que non bebe porque tivo problemas coa bebida no pasado.
Deberías poñer alcohol nunha voda ou nunha reunión social? Para ver algo que che pode axudar a decidir, poñede o VÍDEO.
Lede Romanos 13:13 e 1 Corintios 10:31, 32. Despois de ler cada texto comentade esta pregunta:
Como che pode axudar este principio a tomar unha decisión que lle agrade a Xehová?
Cada cristián debe decidir se vai beber alcohol ou non. E aínda que ás veces beba, poida que outras veces decida non facelo
5. Decide canto vas beber
Se decides beber alcohol, lembra isto: aínda que Xehová non condena o consumo de alcohol, si que condena beber de máis. Por que? Lede Oseas 4:11, 18 e logo comentade esta pregunta:
Que pode pasar cando alguén se pasa coa bebida?
Que pode axudarnos a non beber de máis? Temos que ser modestos, é dicir, coñecer os nosos límites. Lede Proverbios 11:2 e logo comentade esta pregunta:
Por que é unha boa idea que poñas un límite concreto a canto vas beber?
6. Como superar os problemas coa bebida
Mira o que lle axudou a un home a deixar de abusar do alcohol. Poñede o VÍDEO e logo comentade as seguintes preguntas:
Como lle afectaba o alcohol a Dimitri?
Foi capaz de deixar de beber de golpe?
Ó final, como conseguiu superar a súa adicción ó alcohol?
Lede 1 Corintios 6:10, 11 e logo comentade estas preguntas:
Que di a Biblia sobre a borracheira?
Que demostra que alguén que abusa do alcohol pode cambiar?
Lede Mateo 5:30 e logo comentade esta pregunta:
Xesús non quería dicir que tivésemos que cortar a man literalmente. Máis ben, referíase a facer sacrificios para agradarlle a Xehová. Se tes problemas coa bebida, que podes facer para superalos?a
Lede 1 Corintios 15:33 e logo comentade esta pregunta:
Como poden influír os teus amigos na cantidade de alcohol que bebes?
ALGUÉN PODERÍA PREGUNTAR: “Está mal beber alcohol?”.
Ti que lle dirías?
RESUMO
Xehová deunos o alcohol para que desfrutemos del, pero condena a borracheira e beber de máis.
Repaso
Que di a Biblia do alcohol?
Cales son os perigos de beber de máis?
Como podemos respectar as decisións dos demais sobre o alcohol?
INVESTIGA
Como poden os adolescentes tomar boas decisións sobre o alcohol?
Descubre que pasos podes dar para superar un problema co alcohol.
“Mantén o alcohol no seu sitio” (La Atalaya, 1 xaneiro 2010)
Debería brindar un cristián?
No relato “Era un barril sen fondo”, mira como un home deixou de emborracharse.
a Os que son adictos ó alcohol poida que precisen axuda dun profesional para deixar o hábito. Moitos médicos din que os que tiveron este problema non deberían probar o alcohol nunca máis.
-
-
Por que son importantes a nosa roupa e o noso aspectoDesfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
-
-
LECCIÓN 52
Por que son importantes a nosa roupa e o noso aspecto
Cada un ten os seus gustos sobre como vestir. Se seguimos uns poucos principios bíblicos, poderemos vestirnos como a nós nos gusta e ó mesmo tempo agradarlle a Xehová. Nesta lección imos analizar algúns deses principios.
1. Que principios bíblicos poden axudarnos a tomar decisións sobre o noso aspecto e a nosa forma de vestir?
Debemos escoller “roupa apropiada, [...] con modestia e bo xuízo” e manter un aspecto limpo que demostre a nosa “devoción a Deus” (1 Timoteo 2:9, 10, TNM). Analiza estes catro principios: 1) A nosa roupa debe ser “apropiada”. Como viches nas reunións de congregación, as testemuñas de Xehová temos diferentes gustos, pero a nosa roupa e o noso peiteado demostran respecto polo Deus que adoramos. 2) Vestir “con modestia” significa que a nosa imaxe non é provocativa nin tampouco debería atraer demasiado a atención cara a nós mesmos. 3) Demostramos “bo xuízo” cando non estamos pendentes de ir sempre á última moda. 4) O noso aspecto sempre debería deixar ver a nosa “devoción a Deus” para demostrarlles ós demais que adoramos a Xehová, o Deus verdadeiro (1 Corintios 10:31).
2. Que efecto pode ter o noso aspecto nos irmáns?
Aínda que temos liberdade para escoller a roupa que imos levar, deberiamos pensar no efecto que podería ter a nosa imaxe nos demais. Facemos todo o posible por non ofender a ninguén porque a Biblia di que “cada un de nós compraza ó seu próximo para o ben, con miras á edificación” (le Romanos 15:1, 2).
3. Como pode o noso aspecto atraer a outros á adoración verdadeira?
Aínda que intentamos vestir de maneira apropiada en todo momento, dámoslle especial importancia á nosa roupa cando imos ás reunións de congregación e a predicar. Non queremos que nada lle quite valor á importante mensaxe que lles levamos ás persoas. Máis ben, queremos que o noso aspecto faga que outros queiran acercarse á verdade e lle dea “honor á doutrina de Deus” (Tito 2:10).
AFONDA MÁIS
Analiza como podes asegurarte de que a túa roupa e o teu aspecto sexan apropiados para un cristián.
A nosa imaxe pode demostrar se respectamos ou non as persoas que teñen autoridade. Aínda que Xehová pode ver o que temos no corazón, o noso aspecto tamén debería demostrar que o respectamos
4. Unha boa aparencia demostra respecto por Xehová
Cal é a razón máis importante para coidar a nosa imaxe? Lede Apocalipse 4:11 e logo comentade estas preguntas:
Como debería influír na nosa forma de vestir o feito de que representamos a Xehová?
Pensas que é razoable que nos preocupemos polo noso aspecto cando imos ás reunións e a predicar? Por que pensas así?
5. Como tomar boas decisións sobre a roupa e o aspecto
Sen importar se a nosa roupa é cara ou barata, sempre debería estar limpa e ser apropiada para cada situación. Lede 1 Corintios 10:24 e 1 Timoteo 2:9, 10. Logo comentade por que deberiamos evitar roupa que sexa...
descoidada ou demasiado informal.
axustada, que deixe ver demasiado ou que sexa provocativa dalgunha outra maneira.
Aínda que os cristiáns xa non estamos baixo a Lei de Moisés, nela podemos ver o que pensa Xehová. Lede Deuteronomio 22:5 e logo comentade esta pregunta:
Por que debemos evitar o aspecto e a roupa que fan que os homes parezan mulleres ou que as mulleres parezan homes?
Lede 1 Corintios 10:32, 33 e 1 Xoán 2:15, 16 e logo comentade estas preguntas:
Por que debería importarnos se o noso aspecto ofende ou non a alguén na zona onde vivimos ou na congregación?
Que estilos son comúns no lugar onde vives?
Pensas que algún deses estilos podería non ser apropiado para un cristián? Por que pensas así?
Aínda que non todos teñamos o mesmo aspecto nin a mesma forma de vestir, podemos agradarlle a Xehová
HAI QUEN DI: “Teño dereito a poñer o que me dea a gana”.
Estás de acordo? Por que pensas así?
RESUMO
Cando tomamos boas decisións sobre o noso aspecto, demostramos que respectamos a Xehová e os demais.
Repaso
Por que a nosa roupa e o noso aspecto son importantes para Xehová?
Que principios bíblicos poden axudarnos a tomar decisións sobre o noso aspecto?
Que efecto pode ter a nosa imaxe no que pensan os demais sobre a adoración verdadeira?
INVESTIGA
Mira o que podería estar dicindo de ti a túa roupa.
Descubre por que deberías pensalo ben antes de facerte unha tatuaxe.
Analiza outros principios da Biblia que poden axudarche a tomar boas decisións.
“Dálle gloria a Deus a túa forma de vestir?” (La Atalaya, setembro 2016)
Mira como unha muller acabou tendo un punto de vista equilibrado sobre a aparencia.
“A súa maneira de vestir era un tropezo para min” (¡Despertad!, 22 decembro 2003)
-