BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwbq artigo 155
  • Que di a Biblia sobre dar?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que di a Biblia sobre dar?
  • Preguntas sobre a Biblia
  • Subtítulos
  • O que di a Biblia
  • Cando é bo dar?
  • Cando non é correcto dar?
Preguntas sobre a Biblia
ijwbq artigo 155
Un home que ten na man un paquete envolto en papel de regalo.

Que di a Biblia sobre dar?

O que di a Biblia

A Biblia anímanos a dar de maneira voluntaria e polo motivo correcto. Móstranos que así se beneficia non só quen recibe senón tamén quen dá (Proverbios 11:25; Lucas 6:38). Xesús dixo: “É máis felicidade dar que recibir” (Feitos 20:35).

  • Cando é bo dar?

  • Cando non é correcto dar?

  • O que di a Biblia

Cando é bo dar?

Dar é bo cando se fai de forma voluntaria. A Biblia explica: “Que cadaquén dea segundo o que teña decidido no corazón, non contra gusto nin por compromiso, que Deus ama ó que dá con alegría” (2 Corintios 9:7).

Dar de corazón forma parte do tipo de adoración que Deus aproba (Santiago 1:27). As persoas que son xenerosas e axudan a quen o necesita en realidade están colaborando con Deus. El ve a nosa xenerosidade como un préstamo que lle facemos (Proverbios 19:17). E a Biblia di que Deus nos vai recompensar (Lucas 14:12-14).

Cando non é correcto dar?

Cando se fai por motivos egoístas. Vexamos algúns exemplos.

  • Para impresionar a outros (Mateo 6:2).

  • Para recibir algo a cambio (Lucas 14:12-14).

  • Para intentar comprar a salvación (Proverbios 11:4).

Cando apoiamos prácticas e hábitos que Deus non aproba. Por exemplo, non é correcto darlle cartos a alguén para apostar, drogarse ou emborracharse (1 Corintios 6:9, 10, TNM; 2 Corintios 7:1).Tampouco estaría ben darlle axuda material a alguén que podería manterse economicamente pero non quere traballar (2 Tesalonicenses 3:10).

Cando nos impide cumprir coas nosas responsabilidades familiares. A Biblia ensina que os cabezas de familia deben prover o necesario para os seus (1 Timoteo 5:8). Non sería correcto que un cabeza de familia lles dese tanto a outros que descoidase as necesidades da súa familia. Do mesmo xeito, Xesús condenou os que se negaban a cubrir as necesidades dos seus pais maiores afirmando que todo o que tiñan era “para o Templo coma ofrenda” (Marcos 7:9-13).

O que di a Biblia

Proverbios 11:25: “Quen crea prosperidade el mesmo medra, e quen abebera será abeberado”.

Significado: Dar non só beneficia a persoa que recibe senón tamén a que dá.

Proverbios 19:17: “Quen é bo co pobre préstalle ó Señor, que lle reparará cumpridamente a débeda”.

Significado: Deus considérase en débeda cos que axudan ós necesitados e promete recompensalos con xenerosidade.

Mateo 6:2: “Cando deas unha esmola non o vaias proclamando diante de ti cunha trompeta, como fan os hipócritas [...] para seren louvados polos homes”.

Significado: Non deberiamos dar coa intención de atraer a atención sobre nós mesmos.

Feitos 20:35: “É máis felicidade dar que recibir”.

Significado: Ser xenerosos fainos felices.

2 Corintios 9:7: “Que cadaquén dea segundo o que teña decidido no corazón, non contra gusto nin por compromiso, que Deus ama ó que dá con alegría”.

Significado: Cando damos de corazón, agradámoslle a Deus.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir