BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 51
  • Como podes agradarlle a Xehová coa túa fala?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como podes agradarlle a Xehová coa túa fala?
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Edifiquemos a outros co que dicimos
    Continúa no amor de Deus
  • Que di a Biblia sobre o traballo e os cartos
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Escolle ben os teus amigos
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Como pode axudarche a Biblia?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 51
Lección 51. Tres mulleres desfrutando de ter unha conversa nunha cafetería.

LECCIÓN 51

Como podes agradarlle a Xehová coa túa fala?

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Cando Xehová nos creou deunos un marabilloso agasallo: a capacidade de falar. Impórtalle como usemos este regalo? Claro que si! (Le Santiago 1:26) Como podemos usar a nosa fala dun xeito que lle agrade a Xehová?

1. Como deberiamos usar o regalo da fala?

A Biblia dinos: “Aconselládevos e confortádevos uns a outros” (1 Tesalonicenses 5:11). Ocórreseche alguén que necesite que o animen? Que podes facer para que se sinta mellor? Asegúralle que te preocupas por el. Quizais lle poderías dicir que é o que máis valoras del. Hai moitos textos que poderías usar para animar a alguén. Lembras algún? Ademais, recorda que non só o que dis pode animar a outros, senón tamén a forma na que o dis. Así que intenta falar sempre de maneira amable e calmada (Proverbios 15:1).

2. Que tipo de fala debemos evitar?

A Biblia di: “Que non saia da vosa boca unha palabra ruín” (le Efesios 4:29). Isto significa que non debemos ser malfalados nin dicir cousas crueis e ofensivas que poidan ferir os sentimentos de alguén. Tamén debemos evitar falar mal doutros, contar cousas privadas e calumniar, é dicir, acusar falsamente a alguén coa intención de facerlle dano (le Proverbios 16:28).

3. Que pode axudarnos a falar sempre de xeito animador?

Normalmente as cousas das que falamos deixan ver o que de verdade temos na mente e no corazón (Lucas 6:45). Así que debemos educar a nosa mente para centrarnos en cousas positivas, é dicir, cousas que sexan xustas, puras, estimables e que merezan louvanza (Filipenses 4:8). Para centrarnos nestas cousas temos que escoller ben as nosas diversións e os nosos amigos (Proverbios 13:20). Tamén é bo que pensemos ben o que imos dicir antes de falar. Pensa tamén en como lles vai afectar a outros o que dis. A Biblia di: “Persoas hai que falan a estocadas, a fala dos sabios é medicina” (Proverbios 12:18).

AFONDA MÁIS

Aprende como podes falar dun xeito que lle agrade a Xehová e que anime a outros.

4. Controla o que dis

Todos dicimos algunha vez cousas das que despois nos arrepentimos (Santiago 3:2). Lede Gálatas 5:22, 23 e logo comentade estas preguntas:

  • Cal destas calidades lle poderías pedir a Xehová para que che axude a controlar o que dis? Como cres que che poden axudar?

Lede 1 Corintios 15:33 e logo comentade esta pregunta:

  • Que efecto poderían ter os amigos e as diversións que escolles na túa forma de falar?

Colaxe: Cousas que fan que un home lle fale mal á súa muller. 1. Escoita música agresiva. 2. Mira un combate de boxeo na televisión cun amigo. Colaxe: Cousas que fan que o mesmo home lle fale ben á súa muller. 1. Le a Biblia. 2. El e a súa muller falando cun amigo no Salón do Reino.

Que cousas poderían influír na túa forma de falar

Lede Eclesiastés 3:1, 7 e logo comentade esta pregunta:

  • Cando podería ser prudente quedar calado ou esperar a un momento mellor para dicir algo?

5. Fala ben dos demais

Como podemos evitar ofender a outros ou dicirlles cousas pouco amables? Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

VÍDEO: Falemos “para a edificación” doutros (4:07)

  • Por que o irmán do vídeo quería cambiar a maneira na que lles falaba ós demais?

  • Que fixo para cambiar?

Lede Eclesiastés 7:16 e logo comentade esta pregunta:

  • Que debemos lembrar cando sentimos a tentación de falar mal doutros?

Lede Eclesiastés 7:21, 22 e logo comentade esta pregunta:

  • Como pode axudarche este texto a non reaccionar de maneira esaxerada cando alguén fala mal de ti?

6. Fálalle con cariño á túa familia

Xehová quere que lle falemos á nosa familia dun xeito cariñoso e amable. Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: O amor e o respecto unen as familias (3:08)

  • Que che vai axudar a falarlle con cariño á túa familia?

Lede Efesios 4:31, 32 e logo comentade esta pregunta:

  • Que maneira de falar pode facer que toda a familia se sinta querida?

Xehová dixo o que sentía polo seu Fillo, Xesús. Lede Mateo 17:5 e logo comentade esta pregunta:

  • Como podes imitar a Xehová na forma de falarlle á túa familia?

Unha nai felicitando a súa filliña por un debuxo que fixo.

Busca oportunidades para felicitar a outros

HAI QUEN DI: “Eu digo o que penso. Se a alguén non lle gusta, é problema seu”.

  • Estás de acordo? Por que pensas así?

RESUMO

As palabras teñen moito poder. Temos que pensar moi ben o que imos dicir, cando o imos dicir e como o imos dicir.

Repaso

  • De que maneiras podes usar a fala para axudar a outros?

  • Que tipo de fala queres evitar?

  • Que nos pode axudar a falar sempre de xeito amable e animador?

Intenta isto

INVESTIGA

Que nos axudará a falar sempre de forma positiva?

Esfórzate por ter a fala dos sabios (8:04)

Aprende que che pode axudar a non ser malfalado.

“De verdade é tan grave ser malfalado?” (Artigo web)

Mira como podes resistir o impulso de falar mal doutros ou espallar rumores.

Non andes con contos! (2:36)

Descubre como Xehová axudou a un home na súa loita por deixar de ser un malfalado.

“Empecei a pensar seriamente no rumbo que levaba a miña vida” (La Atalaya, 1 agosto 2013)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir