BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • ijwbq artigo 121
  • Quen é o arcanxo Miguel?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Quen é o arcanxo Miguel?
  • Preguntas sobre a Biblia
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • O que di a Biblia
  • Quen é o arcanxo Miguel?
    Que ensina realmente a Biblia?
Preguntas sobre a Biblia
ijwbq artigo 121
O arcanxo Miguel cun exército de anxos.

Quen é o arcanxo Miguel?

O que di a Biblia

Todo parece indicar que Miguel, coñecido nalgunhas relixións como “San Miguel”, é o nome que recibe Xesús antes e despois da súa vida na Terra.a A Biblia explica que Miguel discutiu con Satanás despois da morte de Moisés e que axudou a un anxo a levarlle a mensaxe de Deus ó profeta Daniel (Daniel 10:13, 21; Xudas 9). Ó defender a autoridade de Deus e loitar contra os Seus inimigos, Miguel demostrou ser digno de levar ese nome, que significa “Quen é coma Deus?” (Daniel 12:1; Apocalipse 12:7).

Por que podemos chegar á conclusión de que Xesús é o arcanxo Miguel? Vexamos tres razóns.

  • Miguel é o “arcanxo” (Xudas 9). O título “arcanxo” significa “xefe dos anxos” e só aparece dúas veces na Biblia. Nos dous casos a palabra está en singular. Iso significa que só hai un anxo que leva ese título. Nun deses textos dise que o resucitado Señor Xesús “descenderá do ceo cunha orde, con voz de arcanxo” (1 Tesalonicenses 4:16, TNM). Xesús ten voz de arcanxo porque el é o arcanxo Miguel.

  • Miguel está ó mando dun exército de anxos. “Miguel e os seus anxos combateron contra o dragón”, Satanás (Apocalipse 12:7; cursiva nosa). El ten moita autoridade nos ceos, por iso se lle chama “un dos xefes principais” e “o gran príncipe” (Daniel 10:13, 21; 12:1). Estes títulos identifican a Miguel como “o comandante en xefe dos exércitos de anxos”, como di David E. Aune, especialista no Novo Testamento.

    A Biblia só menciona outro nome para referirse a alguén que ten autoridade sobre o exército dos anxos. Describe o Señor Xesús “vindo do ceo cos anxos do seu poder, con labaradas de lume para lles da-lo castigo ós que non queren recoñecer a Deus” (2 Tesalonicenses 1:7, 8; Mateo 16:27). Xesús “subiu ó ceo e está á dereita de Deus, despois que se lle someteron os anxos, os poderes e as forzas” (1 Pedro 3:21, 22). Non tería moito sentido que Deus nomease a Xesús e a Miguel como comandantes rivais sobre os anxos. É máis razoable chegar á conclusión de que os dous nomes, Xesús e Miguel, se refiren á mesma persoa.

  • Miguel “alzarase” durante unha “época de angustia” sen precedentes (Daniel 12:1). No libro de Daniel, a expresión hebrea que se traduce “alzarase” ou “xurdirá” adoita referirse a un rei que inicia unha acción especial (Daniel 11:2-4, 21). Xesucristo, a quen se lle chama “Palabra de Deus”, iniciará unha acción especial como “Rei de reis” para acabar con tódolos inimigos de Deus e protexer o Seu pobo (Apocalipse 19:11-16). Vaino facer durante un tempo de “gran angustia, como non a houbo desde o principio do mundo” (Mateo 24:21, 42).

a Na Biblia tamén hai outras persoas que reciben varios nomes, como por exemplo Xacob, tamén chamado Israel, Pedro, tamén chamado Simón, e Tadeo, tamén chamado Xudas (Xénese 49:1, 2; Mateo 10:2, 3; Marcos 3:18; Feitos 1:13).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir