BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 31
  • Que é o Reino de Deus?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Que é o Reino de Deus?
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Que é o Reino de Deus?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Que é o Reino de Deus?
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Que conseguirá o Reino de Deus
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Que é o Reino de Deus?
    Deus ten boas noticias!
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 31
Lección 31. Xesucristo como Rei celestial diante da gloria de Xehová.

LECCIÓN 31

Que é o Reino de Deus?

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

O tema principal da Biblia está relacionado co Reino de Deus. Xehová utilizará ese Reino para conseguir que se cumpra o que tiña pensado para a Terra. Que é o Reino? Como sabemos que xa está gobernando? Que conseguiu ata agora? E que fará no futuro? Esta lección e as dúas seguintes responderán estas preguntas.

1. Que é o Reino de Deus e quen é o seu Rei?

O Reino é un goberno que formou Xehová. O seu Rei é Xesucristo e goberna dende o ceo (Mateo 4:17; Xoán 18:36). A Biblia di que Xesús “reinará por sempre” (Lucas 1:32, 33). Como Rei do Reino de Deus, Xesús gobernará sobre tódalas persoas da Terra.

2. Quen goberna con Xesús?

Xesús non goberna só. A Biblia di que “xentes de toda raza, lingua, pobo e nación” gobernan con el (Apocalipse 5:9, 10). Cantos gobernarán con Cristo? Dende que Xesús veu á Terra, millóns de persoas fixéronse seguidoras del. Pero só 144.000 van ó ceo para gobernar con Xesús (le Apocalipse 14:1-4). Tódolos demais cristiáns vivirán na Terra e serán cidadáns dese Reino (Salmo 37:29).

3. Por que é superior o Reino de Deus ós gobernos humanos?

Aínda que hai gobernantes humanos que intentan facer as cousas ben, non teñen o poder para facer todo o que queren. E co tempo son cambiados por outros gobernantes que poida que non pensen no que é mellor para os cidadáns. Pero o Rei do Reino de Deus nunca será cambiado por outro. Deus estableceu “un reino que endexamais non será derrubado” (Daniel 2:44). Xesús gobernará sobre toda a Terra, sen favoritismos. El é cariñoso, amable e xusto, e ensinaralles ás persoas a tratarse uns ós outros do mesmo xeito: con amor, amabilidade e xustiza (le Isaías 11:9).

AFONDA MÁIS

Analiza por que o Reino de Deus é mellor que calquera goberno humano.

Xesucristo gobernando sobre a Terra dende o seu trono celestial. Os que gobernan con el están sentados detrás. Xehová está brillando intensamente detrás deles.

4. O Reino de Deus vai gobernar sobre toda a Terra

Xesucristo ten máis poder que calquera outro gobernante da historia. Lede Mateo 28:18 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que ten Xesús máis autoridade que calquera gobernante humano?

Os gobernantes humanos a miúdo cambian uns por outros e cada un só pode gobernar unha parte da terra. Pero, pásalle o mesmo ó Reino de Deus? Lede Daniel 7:14 e logo comentade estas preguntas:

  • Cal é a vantaxe de que o Reino de Deus nunca vaia ser destruído?

  • Cal é a vantaxe de que goberne sobre toda a Terra?

5. Os gobernos humanos teñen que ser substituídos

Por que o Reino de Deus ten que ocupar o lugar dos gobernos humanos? Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: Que é o Reino de Deus? (fragmento) (1:41)

  • Cal foi o resultado de que gobernasen os seres humanos?

Lede Eclesiastés 8:9 e logo comentade estas preguntas:

  • Pensas que o Reino de Deus debería ocupar o lugar dos gobernos humanos? Por que?

6. Os gobernantes do Reino de Deus enténdennos

Xesús, o noso Rei, pódese “compadecer das nosas debilidades” porque viviu como humano na Terra (Hebreos 4:15). Os 144.000 que gobernarán con Xesús son homes e mulleres fieis que Xehová escolleu “de toda raza, lingua, pobo e nación” (Apocalipse 5:9).

  • Cres que é tranquilizador que Xesús e tódolos que van gobernar con el saiban o que é vivir como humanos? Por que?

Homes e mulleres unxidos de diferentes épocas e culturas.

Xehová escolleu homes e mulleres de tódalas orixes e culturas para gobernar con Xesús

7. As leis do Reino de Deus son superiores

Os gobernos humanos fan leis pensadas para beneficiar e protexer os seus cidadáns. O Reino de Deus tamén ten leis que os seus cidadáns teñen que seguir. Lede 1 Corintios 6:9-11, TNM e logo comentade estas preguntas:

  • Como cres que será o mundo cando todos sigan as normas de Deus?a

  • Cres que é lóxico que Xehová lles pida ós cidadáns do seu Reino que obedezan estas leis? Por que?

  • Que demostra que as persoas que non obedecen estas leis poden chegar a cambiar? (Ver o versículo 11).

Un policía parando o tráfico nunha intersección transitada mentres varias persoas de diferentes idades cruzan polo paso de peóns.

Os gobernos fan leis para protexer e beneficiar os seus cidadáns. O Reino de Deus tamén ten leis que protexen e benefician os seus cidadáns, pero son moito mellores que as dos humanos

ALGUÉN PODERÍA PREGUNTAR: “Que é o Reino de Deus?”.

  • Ti que lle dirías?

RESUMO

O Reino de Deus é un goberno real que está no ceo e que gobernará sobre toda a Terra.

Repaso

  • Quen son os gobernantes do Reino de Deus?

  • Por que o Reino de Deus é superior a calquera goberno humano?

  • Que espera Xehová dos cidadáns do seu Reino?

Intenta isto

INVESTIGA

Analiza o que ensinou Xesús sobre onde está o Reino.

“É o Reino de Deus algo que temos no corazón?” (Artigo web)

Por que as testemuñas de Xehová deciden ser leais ó Reino de Deus antes que a calquera goberno humano?

Leais ó Reino de Deus (1:43)

Analiza o que ensina a Biblia sobre os 144.000 que Xehová escolleu para gobernar con Xesús.

“Quen vai ó ceo?” (Artigo web)

Que convenceu a unha muller que estaba no cárcere de que só Deus pode traer xustiza ó mundo?

“Atopei a solución á inxustiza” (¡Despertad!, novembro 2011)

a Algunhas destas normas analizaranse na sección 3.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir