BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • Como che poden axudar as reunións das Testemuñas de Xehová?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
    • Lección 10. Nunha reunión, un home mira un texto que lle está a ensinar unha testemuña de Xehová na súa Biblia.

      LECCIÓN 10

      Como che poden axudar as reunións das Testemuñas de Xehová?

      Algunha vez te invitaron a unha reunión das Testemuñas de Xehová? Se inda non fuches a ningunha, poida que te poña un pouco nervioso pensar en ir por primeira vez. Se cadra pregúntaste: “Como son esas reunións? Por que son importantes? Por que debería ir?”. Nesta lección, vas aprender que xuntarte con outras persoas pode achegarte máis a Xehová e axudarche na túa vida persoal.

      1. Por que nos xuntamos as testemuñas de Xehová?

      Fíxate no que dixo un escritor da Biblia sobre cal é a razón máis importante para xuntarnos: “Nas asembleas bendigo ó Señor” (Salmo 26:12). Do mesmo xeito, as testemuñas de Xehová tamén desfrutamos moito de xuntarnos para louvar a Deus, cantar e orar. Por iso, por todo o mundo, reunímonos varias veces á semana en grupos chamados congregacións. Ademais, varias veces ó ano tamén nos xuntamos en reunións máis grandes para adorar a Deus.

      2. Que vas aprender nas nosas reunións?

      Nas reunións ensínase o que di a Palabra de Deus e explícase con claridade o seu contido (le Nehemías 8:8). Nelas aprenderás sobre Xehová e as súas marabillosas calidades. E canto máis aprendas sobre o moito que te quere máis te achegarás a el. Ademais tamén vas descubrir como che pode axudar a ter unha vida con sentido (Isaías 48:17, 18).

      3. Como te pode beneficiar xuntarte con outros nas reunións?

      Xehová aconséllanos que esteamos pendentes uns dos outros “de xeito que nos sirvamos de estímulo para o amor e para as boas obras” e que non faltemos ás reunións (Hebreos 10:24, 25). Nas nosas reunións coñecerás xente que de verdade se preocupa polos demais e que, coma ti, tamén queren aprender máis sobre Deus. Escoitaralos falar sobre cousas animadoras que aprenderon na Biblia (le Romanos 1:11, 12). Tamén coñecerás persoas que son felices aínda que estean a afrontar problemas. Estas son só algunhas das razóns polas que Xehová quere que nos xuntemos regularmente.

      AFONDA MÁIS

      Descubre como son as reunións das Testemuñas de Xehová e por que é bo que nos esforcemos por ir a elas.

      4. As reunións das Testemuñas de Xehová

      No primeiro século os cristiáns xuntábanse regularmente para adorar a Xehová (Romanos 16:3-5). Lede Colosenses 3:16 e logo comentade esta pregunta:

      • Como adoraban a Xehová os primeiros cristiáns?

      Na actualidade, as testemuñas de Xehová tamén se xuntan con regularidade nos seus lugares de culto. Para ver como son estas reunións, poñede o VÍDEO. Logo mirade o debuxo da reunión de congregación e comentade estas preguntas:

      VÍDEO: Como son as nosas reunións? (2:12)

      • Que parecidos ves entre o que pasa nun Salón do Reino e o que di Colosenses 3:16?

      • Viches no vídeo ou no debuxo algo máis sobre as reunións que che guste?

      Lede 2 Corintios 9:7 e logo comentade esta pregunta:

      • Por que as Testemuñas de Xehová non piden cartos nas súas reunións?

      Mirade xuntos de que se vai falar nunha das reunións desta semana.

      • Que parte da reunión che parece máis interesante ou práctica?

      Sabíalo?

      En jw.org podes atopar onde e cando teñen lugar as nosas reunións en todo o mundo.

      Colaxe: Situacións que se dan nun Salón do Reino antes, durante e despois dunha reunión. As situacións repítense nas imaxes A, B, C e D. A. Un home que é testemuña de Xehová presentando un discurso baseado na Biblia dende a plataforma durante unha reunión. B. Unha muller que é testemuña de Xehová comentando dende o auditorio durante unha parte de preguntas e respostas nunha reunión. C. Un home que é testemuña de Xehová falando cunha familia despois dunha reunión. D. Un home que é testemuña de Xehová sosténdolle a porta a un home maior que está a chegar a unha reunión.
      1. As nosas reunións inclúen discursos, vídeos e preparación para predicar e ensinar. Cada reunión comeza e remata cunha canción e unha oración

      2. Nalgunhas partes do programa invítase ós asistentes a participar

      3. Todo o mundo é benvido, homes, mulleres, nenos e maiores

      4. As nosas reunións son gratuítas. Non se cobra entrada e nunca se fan colectas

      5. Ir ás reunións implica esforzo

      Pensa no exemplo da familia de Xesús. Para ir a unha celebración anual tiñan que camiñar uns 100 km dende Nazaret ata Xerusalén por unha zona montañosa. Lede Lucas 2:39-42 e logo comentade estas preguntas:

      • Pensas que implicaba esforzo facer esa viaxe ata Xerusalén?

      • Por que é posible que teñas que esforzarte para ir ás reunións?

      • Pensas que paga a pena? Por que?

      Colaxe: Xosé, María, Xesús e un dos irmáns de Xesús, preparándose para unha viaxe. 1. Xosé carga a equipaxe nun burro mentres María prepara o que van levar para comer. 2. Un mapa mostra a ruta dende Nazaret ata Xerusalén.

      A Biblia di que é moi importante xuntarse para adorar a Xehová. Lede Hebreos 10:24, 25 e logo comentade esta pregunta:

      • Por que deberiamos ir ás reunións regularmente?

      HAI QUEN DI: “Non fai falta que te xuntes con outros para adorar a Deus, chega con que leas a Biblia na casa”.

      • Que texto ou exemplo da Biblia nos ensina o que quere Xehová?

      RESUMO

      Ir ás reunións axudarache a aprender máis sobre Xehová, a facer máis forte a túa amizade con el e a adoralo xunto a outras persoas.

      Repaso

      • Por que nos anima Xehová a reunirnos?

      • Que vas aprender nas reunións das Testemuñas de Xehová?

      • De que outros xeitos pensas que che pode axudar ir ás reunións?

      Intenta isto

      INVESTIGA

      Ponte nervioso pensar en ir a unha reunión? Mira por que un home que se sentía así chegou a desfrutar moito delas.

      Sempre lembraremos aquel saúdo (4:16)

      Descubre por que lle chegaron a gustar tanto as reunións a un mozo e que fixo para seguir indo.

      Gustáronme moito as reunións (4:33)

      Aprende o que pensan outras persoas sobre ir ás reunións.

      “Por que debería ir ás reunións no Salón do Reino?” (Artigo web)

      Descubre como ir a unha reunión das Testemuñas de Xehová lle cambiou a vida a un home que pertencía a unha banda violenta.

      “Non ía a ningún sitio sen a miña pistola” (La Atalaya, 1 xullo 2014)

  • O Reino de Deus xa goberna!
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
    • 5. O mundo cambiou de 1914 en diante

      Poñede o VÍDEO.

      VÍDEO: O mundo cambiou de 1914 en diante (1:10)

      Xesús profetizou que cousas pasarían na Terra despois de que el chegase a ser Rei. Lede Lucas 21:9-11 e logo comentade esta pregunta:

      • Cales destas cousas viches ou de cales oíches falar?

      O apóstolo Paulo describiu como sería a xente durante os “días derradeiros” ou últimos días da gobernación humana. Lede 2 Timoteo 3:1-5 e logo comentade esta pregunta:

      • Cales destas actitudes e comportamentos ves hoxe na xente?

      Colaxe: Algunhas escenas mostrando as condicións do mundo e a forma de ser da xente nos últimos días. 1. Un líder militar berra dende unha plataforma cos brazos levantados. 2. Edificios en ruínas despois dun terremoto. 3. Avións militares. 4. Unha chea de xente camiña pola rúa con máscaras. 5. As Torres Xemelgas de Nova York arden despois dun ataque terrorista. 6. Un home drógase. 7. Un home levántalle o puño á muller e bérralle. 8. Drogas e alcohol. 9. Dúas mulleres que levan xoias e visten á última moda sácanse unha foto co móbil. 10. Un disc-jóckey anima a xente nun concerto. 11. Un manifestante lanza un cóctel molotov.

      6. Saber que o Reino de Deus xa goberna debería motivarnos a actuar

      Lede Mateo 24:3, 14 e logo comentade estas preguntas:

      • Que importante obra demostra que o Reino de Deus xa goberna?

      • Como podes participar ti nesa obra?

      O Reino de Deus xa está gobernando no ceo, e dentro de pouco tamén gobernará sobre toda a Terra. Lede Hebreos 10:24, 25 e logo comentade esta pregunta:

      • Que deberiamos facer cada un de nós ó ver “que está a chegar aquel día”?

      Colaxe: 1. Unha estudante da Biblia asistindo a unha reunión das testemuñas de Xehová. 2. A mesma estudante da Biblia predicándolle a unha coñecida.

      Que farías se aprendes algo que podería axudar a outros e salvarlles a vida?

Publicacións en galego (1993-2025)
Pechar sesión
Iniciar sesión
  • Galego
  • Compartir
  • Axustes
  • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
  • Termos de uso
  • Política de privacidade
  • Axustes de privacidade
  • JW.ORG
  • Iniciar sesión
Compartir