BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 27
  • Como nos pode salvar a morte de Xesús?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como nos pode salvar a morte de Xesús?
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • O rescate, o mellor agasallo de Deus
    Que nos ensina a Biblia?
  • O rescate, o maior regalo de Deus
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Quen é Xesucristo?
    Deus ten boas noticias!
  • Que nos ensina o rescate?
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 27
Lección 27. Soldados romanos baixando o corpo de Xesús do madeiro.

LECCIÓN 27

Como nos pode salvar a morte de Xesús?

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Pecamos, sufrimos e morremos porque a primeira parella humana, Adam e Eva, desobedeceu a Deus.a Pero non estamos sen esperanza. Xehová mandou o seu Fillo, Xesucristo, á Terra para que morrese por nós e así puidese liberarnos da maldición do pecado e a morte. A Biblia ensina que coa súa morte Xesús pagou un rescate. Un rescate é o prezo que se paga para liberar a alguén. O prezo que Xesús pagou foi o valor da súa vida humana perfecta (le Mateo 20:28). Ó renunciar de boa gana ó seu dereito de vivir para sempre na Terra, Xesús abriu o camiño para que puidésemos recuperar todo o que Adam e Eva perderan. Tamén demostrou canto nos queren el e mais Xehová. Esta lección axudarache a aumentar o teu agradecemento pola morte de Xesús.

1. Como nos pode beneficiar na actualidade a morte de Xesús?

Como somos pecadores, facemos moitas cousas que lle desagradan a Xehová. Pero se nos arrepentimos de verdade dos nosos pecados, lle pedimos a Xehová por medio de Xesús que nos perdoe e facemos todo o posible por non repetir eses erros, poderemos desfrutar dunha amizade moi estreita con Deus (1 Xoán 2:1). A Biblia di: “Cristo morreu unha vez polos vosos pecados, o xusto polos pecadores, para vos achegar a Deus” (1 Pedro 3:18).

2. Como nos poderá beneficiar no futuro a morte de Xesús?

Xehová enviou a Xesús para ofrecer a súa vida humana perfecta “para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna” (Xoán 3:16). Grazas ó que fixo Xesús, Xehová pronto reparará tódalas cousas malas que causou a desobediencia de Adam. Isto significa que se demostramos ter fe no sacrificio de Xesús, teremos a oportunidade de desfrutar da vida para sempre na Terra feita un paraíso! (Isaías 65:21-23).

AFONDA MÁIS

Aprende máis sobre por que Xesús deu a súa vida e analiza como te beneficia iso.

3. A morte de Xesús libéranos do pecado e da morte

Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: Por que morreu Xesús? (Parte 1) (2:01)

  • Que oportunidade perdeu Adam cando desobedeceu a Deus?

Lede Romanos 5:12 e logo comentade esta pregunta:

  • Que efecto tivo o pecado de Adam na túa vida?

Lede Xoán 3:16 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que mandou Xehová o seu Fillo á Terra?

A. Colaxe: 1. Adam despois de desobedecer a Deus. 2. Varias persoas levando un ataúde nun funeral. Colaxe: A. Adam despois de desobedecer a Deus. B. Xesucristo. B. Colaxe: 1. Xesucristo. 2. Persoas de diferentes idades, razas, orixes e culturas.
  1. Adam foi un home perfecto que desobedeceu a Deus e, por culpa diso, tódolos humanos pecamos e morremos

  2. Xesús foi un home perfecto que obedeceu a Deus e, grazas a iso, tódolos humanos temos a oportunidade de ser perfectos e vivir para sempre

4. A morte de Xesús pode beneficiar a tódalas persoas

Poñede o VÍDEO e logo comentade esta pregunta:

VÍDEO: Por que morreu Xesús? (Parte 2) (2:00)

  • Como podería a morte dun só home beneficiar a todo o mundo?

Lede 1 Timoteo 2:5, 6 e logo comentade esta pregunta:

  • Adam foi un home perfecto pero, por culpa do seu pecado, tódolos humanos herdamos a imperfección e a morte. Xesús tamén foi un humano perfecto. Por que foi a súa morte un rescate equivalente e que conseguiu grazas a iso?

5. O rescate é un regalo que che fixo Xehová

Os amigos de Xehová ven o rescate como un regalo persoal. Para ver un exemplo, lede Gálatas 2:20 e logo comentade esta pregunta:

  • Como indicou o apóstolo Paulo que para el o rescate era como un regalo persoal?

Cando Adam pecou, condenouse a si mesmo e a tódolos seus descendentes a morte. Pero Xehová enviou o seu Fillo a morrer para que teñas a oportunidade de desfrutar da vida para sempre.

Segundo vaias lendo os seguintes versículos, imaxina como se debeu sentir Xehová ó ver sufrir o seu Fillo. Lede Xoán 19:1-7, 16-18 e logo comentade esta pregunta:

  • Como te sentes ó pensar no que fixeron Xehová e Xesús por ti?

ALGUÉN PODERÍA PREGUNTAR: “Como pode a morte dun só home salvar a tódalas persoas?”.

  • Ti que lle dirías?

RESUMO

A morte de Xesús puxo a base para que Xehová poida perdoar os nosos pecados e dános a oportunidade de desfrutar da vida para sempre.

Repaso

  • Por que morreu Xesús?

  • De que xeito foi a vida humana perfecta de Xesús un rescate equivalente?

  • Como te pode beneficiar a ti a morte de Xesús?

Intenta isto

INVESTIGA

Aprende por que se lle chama rescate á vida humana perfecta de Xesús.

“Por que o sacrificio de Xesús é un ‘rescate por todos’?” (Artigo web)

Descubre que necesitamos para salvarnos.

“Como nos salva Xesús?” (Artigo web)

Pode perdoar Xehová incluso os pecados graves?

“Preguntas sobre a Biblia” (La Atalaya, 1 maio 2013)

Mira como aprender sobre o sacrificio de Xesús lle axudou a un home a transformar a súa personalidade.

“Xa non son escravo da violencia” (Artigo web)

a O pecado non só se refire á acción de facer algo que está mal. Tamén se refire á condición imperfecta que herdamos, é dicir, a tendencia a facer cousas malas.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir