BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 20
  • Como está organizada a congregación

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como está organizada a congregación
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Como serven os anciáns á congregación?
    Quen está a facer a vontade de Xehová hoxe en día?
  • Pídelles axuda ós anciáns
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2025
  • Como se lles mostra amor e misericordia ós que cometen un pecado grave
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (estudo) 2024
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 20
Lección 20. Un irmán facendo unha pregunta durante unha reunión das testemuñas de Xehová e varios dos presentes levantando a man para comentar.

LECCIÓN 20

Como está organizada a congregación

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Xehová é un Deus de orde (1 Corintios 14:33). Por iso sería de esperar que o seu pobo estivese organizado. Como está organizada a congregación cristiá? E como podemos cumprir co noso papel nela?

1. Quen dirixe a congregación?

Cristo é Cabeza da congregación (Efesios 5:23). El supervisa dende o ceo as actividades do pobo de Xehová por toda a Terra. Xesús nomeou “o criado fiel e prudente”, un pequeno grupo de cristiáns con experiencia coñecido como o Consello Reitor (le Mateo 24:45-47). Igual que os apóstolos e os anciáns de Xerusalén do século primeiro, o Consello Reitor dirixe a congregación mundial (Feitos 15:2). Pero estes homes non son os líderes da nosa organización. Buscan a guía de Xehová na súa Palabra, e sométense á autoridade de Xesús.

2. Cal é o papel dos anciáns?

Os anciáns son cristiáns maduros, homes de experiencia que ensinan o que di a Biblia. Tamén coidan dos servos de Xehová axudándoos e animándoos. Non se lles paga polo labor que fan. Máis ben fano “non por pura obriga senón, como Deus quere, de boa gana; nin por baixos intereses de lucro” senón porque lles agrada (1 Pedro 5:1, 2). Os anciáns contan coa axuda dos servos ministeriais. E algúns deles poida que co tempo tamén cumpran os requisitos para ser anciáns.

O Consello Reitor nomea algúns anciáns para que sexan superintendentes de circuíto. Cada un deles visita varias congregacións para darlles guía e ánimo ós irmáns. Tamén nomean anciáns e servos ministeriais baseándose nos requisitos que di a Biblia (1 Timoteo 3:1-10, 12; Tito 1:5-9).

3. Cal é o papel de cada testemuña de Xehová?

A Biblia dilles a tódolos que forman parte da congregación que “louven o nome do Señor” (le Salmo 148:12, 13). Facemos isto cando participamos nas reunións de congregación e cando predicamos todo o que podemos segundo as nosas circunstancias.

AFONDA MÁIS

Aprende que tipo de líder é Xesús, como intentan imitar os anciáns o seu exemplo e como podemos cooperar nós con Xesús e cos anciáns.

4. Xesús é un líder que dá ánimo e consolo

Xesús fainos unha invitación moi agarimosa. Lede Mateo 11:28-30 e logo comentade esta pregunta:

  • Como quere Xesús que nos sintamos baixo a súa dirección?

Como imitan os anciáns o exemplo de Xesús? Poñede o VÍDEO.

VÍDEO: Os anciáns axudan despois dun terremoto en Nepal (4:56)

A Biblia di con claridade como deben cumprir os anciáns co seu labor.

Lede Isaías 32:2 e 1 Pedro 5:1-3 e logo comentade estas preguntas:

  • Como te sentes ó saber que os anciáns, igual que Xesús, se esforzan por consolar e animar os demais?

  • De que outros xeitos imitan os anciáns a Xesús?

5. Os anciáns ensinan co seu exemplo

Como quere Xesús que vexan os anciáns o papel que teñen? Poñede o VÍDEO.

VÍDEO: Anciáns, poñede o exemplo! (7:39)

Xesús deixou instrucións para os que teñen a responsabilidade de guiar a congregación. Lede Mateo 23:8-12 e logo comentade estas preguntas:

  • Que instrucións lles dá a Biblia ós anciáns? Pensas que os líderes doutras relixións seguen esas instrucións?

A. Colaxe: Un ancián atendendo a súa necesidade espiritual e a da súa familia. 1. Orando antes de estudar a Biblia. 2. Ensinándolle da Biblia á súa filliña coa axuda da súa muller. B. O mesmo ancián visitando coa súa muller a unha irmá enferma que está deitada na cama dun hospital. C. O mesmo ancián predicándolle a un home na súa casa. D. Colaxe: 1. O mesmo ancián presentando un discurso nunha reunión de congregación. 2. O mesmo ancián fregando o chan no Salón do Reino.
  1. Os anciáns manteñen forte a súa espiritualidade e a das súas familias

  2. Os anciáns coidan de tódolos que forman parte da congregación

  3. Os anciáns predican con regularidade

  4. Os anciáns ensinan. Tamén axudan coa limpeza e con outras tarefas

6. Como podemos cooperar cos anciáns

A Biblia dános unha razón importante para cooperar cos anciáns. Lede Hebreos 13:17 e logo comentade estas preguntas:

  • Cres que é razoable que a Biblia nos anime a ser obedientes e submisos ós que dirixen a congregación? Por que pensas así?

Lede Lucas 16:10 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que é importante cooperar cos anciáns, mesmo en cousas que parecen de pouca importancia?

HAI QUEN DI: “Cada un adora a Deus como quere, non tes por que pertencer a unha relixión organizada”.

  • Que beneficios pensas que ten adorar a Deus como parte dunha congregación?

RESUMO

Xesús é Cabeza da congregación. Os anciáns serven baixo a súa dirección e nós cooperamos con eles de boa gana porque nos animan, nos consolan e nos ensinan co seu exemplo.

Repaso

  • Quen é a Cabeza da congregación?

  • Como axudan os anciáns á congregación?

  • Cal é o papel de cada testemuña de Xehová?

Intenta isto

INVESTIGA

Fíxate en canto se preocupan o Consello Reitor e outros anciáns polos seus irmáns.

Animamos os irmáns que son perseguidos (4:22)

Aprende máis sobre o labor que fan os superintendentes de circuíto.

A vida dun superintendente de circuíto nunha zona rural (4:51)

Mira cal é o papel das mulleres na congregación.

“Teñen ministras relixiosas as testemuñas de Xehová?” (La Atalaya, 1 setembro 2012)

Descubre como se esforzan os anciáns por animar os seus irmáns.

“Os anciáns, colaboradores para a nosa alegría” (La Atalaya, 15 xaneiro 2013)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir