BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lff lección 8
  • Podes ser amigo de Xehová

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Podes ser amigo de Xehová
  • Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Escolle ben os teus amigos
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
  • Que di a Biblia sobre a amizade?
    Preguntas sobre a Biblia
  • Escollamos amigos que amen a Deus
    Continúa no amor de Deus
Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
lff lección 8
Lección 8. Un home sentado nun banco mirando o ceo.

LECCIÓN 08

Podes ser amigo de Xehová

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

Xehová quere que o coñezas mellor. Por que? Porque espera que canto mellor o coñezas máis queiras ser o seu amigo. Por iso quere que aprendas sobre as súas calidades, sobre a maneira na que trata as persoas e sobre o que quere para ti. Pero, de verdade podes ser amigo de Deus? (Le Santiago 2:23) Que podes facer para chegar a ser o seu amigo? A Biblia responde estas preguntas e explica por que Xehová é o mellor amigo que podes ter.

1. Que invitación che fai Xehová?

“Achegádevos a Deus e El achegarase a vós” (Santiago 4:8). Que quere dicir isto? Xehová invítate a facerte amigo del. A algunhas persoas igual lles custa crer que poden ser amigas de Deus porque non o poden ver. Pero na súa Palabra, a Biblia, Xehová ensínanos todo o que necesitamos saber da súa personalidade para que poidamos achegarnos a el. Aínda que non podemos ver a Xehová, a nosa amizade con el vai medrando cando lemos o que nos di na Biblia.

2. Por que Xehová é o mellor amigo que podes ter?

Ninguén te quere tanto coma Xehová. El quere que sexas feliz e que acudas a el sempre que necesites axuda. A Biblia di: “Botade sobre Deus tódalas vosas ansias, que El coida de vós” (1 Pedro 5:7). Xehová sempre está disposto a axudar, consolar e escoitar os seus amigos (le Salmo 94:18, 19).

3. Que espera Xehová dos seus amigos?

Xehová quérelle a todo o mundo, pero “reserva a súa intimidade para os honrados” (Proverbios 3:32). Xehová ten normas sobre o que está ben e o que está mal. Espera que os seus amigos sigan esas normas. Algúns pensan que nunca poderán estar á altura do que el pide. Pero Xehová é moi comprensivo e acepta como amigos a tódolos que o queren de verdade e fan todo o que poden por agradarlle (Salmo 147:11; Feitos 10:34, 35).

AFONDA MÁIS

Aprende máis sobre como podes chegar a ser amigo de Xehová e descubre por que é o mellor amigo que podes ter.

4. Abraham foi amigo de Xehová

O relato da Biblia sobre Abraham (tamén chamado Abram) axúdanos a entender o que significa ser amigo de Deus. Lede sobre Abraham en Xénese 12:1-4. Logo comentade estas preguntas:

  • Que lle pediu Xehová a Abraham?

  • Que lle prometeu Xehová?

  • Como respondeu Abraham ó que Xehová lle pedira?

5. Que espera Xehová dos seus amigos

Adoitamos esperar certas cousas dos amigos.

  • Como che gusta que te traten os teus amigos?

Lede 1 Xoán 5:3 e logo comentade esta pregunta:

  • Que espera Xehová dos seus amigos?

Para obedecer a Xehová, é posible que teñamos que facer cambios na nosa conduta ou na nosa personalidade. Lede Isaías 48:17, 18 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que lles pide Xehová ós seus amigos que fagan cambios?

Un traballador da construción dálle un casco de seguridade a un compañeiro.

Un bo amigo recórdanos cousas que nos protexen e nos fan ben. Xehová fai o mesmo cos seus amigos

6. Que fai Xehová polos seus amigos

Xehová axúdalles ós seus amigos a afrontar os problemas. Poñede o VÍDEO e logo comentade estas preguntas:

VÍDEO: Xehová acudiu na miña axuda (3:20)

  • Como lle axudou Xehová á muller do vídeo a loitar contra os pensamentos e sentimentos negativos?

Lede Isaías 41:10, 13 e logo comentade estas preguntas:

  • Que promete facer Xehová por tódolos seus amigos?

  • Pensas que Xehová podería ser un bo amigo para ti? Por que?

Colaxe: Bos amigos axudándose uns ós outros. 1. Un home axudando a outro a levar unha mesa grande. 2. Unha muller contándolle algo moi persoal a outra. 3. Un home axudando a outro que anda cunha muleta.

Os bos amigos axúdanche cando o necesitas. Xehová tamén che vai axudar

7. Ser amigo de Xehová implica falarlle e escoitalo

A comunicación fortalece as amizades. Lede Salmo 86:6, 11 e logo comentade estas preguntas:

  • Como podemos comunicarnos con Xehová?

  • Como se comunica Xehová con nós?

Colaxe: 1. Unha muller orando. Unha frecha enriba dela apunta cara arriba. 2. Unha muller lendo a Biblia. Unha frecha enriba dela apunta cara abaixo.

Nós falámoslle a Xehová mediante a oración; el fálanos mediante a Biblia

HAI QUEN DI: “É imposible ser amigo de Deus”.

  • Que texto usarías para demostrar que podemos ser amigos de Xehová?

RESUMO

Xehová quere que sexas o seu amigo e vaiche axudar a que te achegues a el.

Repaso

  • Como lles axuda Xehová ós seus amigos?

  • Por que lles pide Xehová ós seus amigos que fagan cambios?

  • Pensas que Xehová espera demasiado dos seus amigos? Por que pensas así?

Intenta isto

INVESTIGA

Que efecto pode ter na túa vida ser amigo de Xehová?

“Xehová, un Deus que paga a pena coñecer” (La Atalaya, 15 febreiro 2003)

Aprende como podes chegar a ser amigo de Deus.

“Como podo facerme amigo de Deus?” (Lo que los jóvenes preguntan. Respuestas prácticas, volume 2, capítulo 35)

Descubre por que unha muller di que ser amiga de Xehová mellorou moito a súa vida.

“Non quería morrer!” (La Atalaya, núm. 1 2017)

Escoita o que din algúns rapaces sobre o que senten por Xehová.

Que significa ser amigo de Deus (1:46)

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir