Sexamos mellores mestres. A predicación en zona de negocios
Por que é importante? As persoas traballan moitas horas, polo que a mellor maneira de contactar con elas é nos seus lugares de emprego. Predicar nos negocios é agradable e produtivo, pois sempre atopamos persoas coas que falar e, como nos ven como posibles clientes, normalmente son educados connosco. Para obter bos resultados, é fundamental que sexamos prudentes; tamén debemos ser exemplares con respecto á nosa aparencia persoal (2a Cor. 6:3). Polo tanto, o responsable da predicación da congregación debe supervisar con que frecuencia se visitan os negocios e quen os visita.
Por que non o probas este mes?
Na próxima Adoración en Familia, practica unha presentación breve que poidas empregar se predicas en zonas de negocios.