BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • bh páxs. 3-7
  • É isto o que Deus quería?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • É isto o que Deus quería?
  • Que ensina realmente a Biblia?
  • Subtítulos
  • A BIBLIA ENSINA QUE DEUS FARÁ TODOS ESTES CAMBIOS NA TERRA
  • BENEFÍCIATE DO QUE ENSINA A BIBLIA
Que ensina realmente a Biblia?
bh páxs. 3-7

É isto o que Deus quería?

CANDO les o periódico, ves a televisión ou escoitas a radio, non hai máis que noticias de crimes, guerras e terrorismo. Agora pensa nos teus propios problemas. Quizais unha enfermidade ou a morte dun ser querido estache a causar moito desacougo. Seguramente te sentes coma Xob, un bo home que dixo que non tiña “sosego nin acougo” (Xob 3:26).

Poida que te preguntes:

  • Era isto o que Deus quería para min e o resto da humanidade?

  • Onde podo atopar axuda para afrontar os meus problemas?

  • Hai algunha esperanza de que vexamos paz na Terra?

A Biblia ofrece respostas satisfactorias a todas estas preguntas.

A BIBLIA ENSINA QUE DEUS FARÁ TODOS ESTES CAMBIOS NA TERRA

“Enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor” (Apocalipse 21:4)

“O coxo saltará coma un corzo” (Isaías 35:6)

“Abriranse os ollos dos cegos” (Isaías 35:5)

“Tódolos que están nos sepulcros [...] sairán” (Xoán 5:28, 29)

“Quen alí reside non dirá: ‘Estou impedido’” (Isaías 33:24)

“Abundará o trigo nos campos” (Salmo 72:16)

A Terra tal e como Deus se propuxo: os vellos volven ser novos, os enfermos e cegos son curados, os mortos son resucitados, e hai comida dabondo para todos

BENEFÍCIATE DO QUE ENSINA A BIBLIA

Non chegues á conclusión de que o mencionado nas páxinas anteriores é un conto. Deus asegúranos que cumprirá estas promesas, e a Biblia explica como o fará.

Dous homes estudando a Biblia co libro Ensina

Pero a Biblia tamén é beneficiosa noutro sentido. Dános a axuda que precisamos para desfrutar dunha vida satisfactoria xa dende agora. Pensa un momento en tódalas túas preocupacións e problemas. Poida que che falten os cartos, teñas problemas familiares, padezas algunha enfermidade, ou morrese algún dos teus. A Biblia pode axudarte con todos estes problemas, e darche acougo contestando preguntas coma estas:

  • Por que sufrimos?

  • Como podemos facer fronte ós problemas da vida?

  • Como podemos ter unha vida familiar máis feliz?

  • Que ocorre cando morremos?

  • Veremos de novo os nosos seres queridos que morreron?

  • Como podemos estar seguros de que Deus cumprirá as súas promesas?

O feito de que esteas a ler este manual é proba de que che gustaría saber o que ensina a Biblia. Este libro axudarache a conseguilo. Fíxate en que cada un dos parágrafos ten cadansúas preguntas. Millóns de persoas por todo o mundo desfrutan de estudar a Biblia coas testemuñas de Xehová grazas a este método de preguntas e respostas, e esperamos que ese tamén sexa o teu caso. Que Deus te bendiga na emocionante e gratificante experiencia de aprender o que realmente ensina a Biblia.

COÑECE A TÚA BIBLIA

A BIBLIA está composta por 66 libros e cartas inspirados por Deus, divididos en capítulos e versículos para facilitar a súa busca. Cando se cita un texto da Biblia neste manual, o primeiro número que aparece indica o capítulo do libro ou carta da Biblia, e o seguinte número refírese ó versículo. Por exemplo, a cita de “2a Timoteo 3:16” refírese á “Segunda carta a Timoteo”, capítulo 3, versículo 16.

Non tardarás en familiarizarte coa Biblia se buscas os textos que aparecen neste libro. Por certo, por que non comezas a ler a Biblia tódolos días? Se les de tres a cinco capítulos ó día, lerás a Biblia enteira nun ano.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir