BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • fg lección 2 ps. 1-5
  • Quen é Deus?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Quen é Deus?
  • Deus ten boas noticias!
  • Información relacionada
  • Quen é Deus?
    Que nos ensina a Biblia?
  • Cal é a verdade acerca de Deus?
    Que ensina realmente a Biblia?
  • A verdade sobre Deus e Xesucristo
    A Atalaia. Anunciando o Reino de Xehová (público) 2020
  • Quen é Deus?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Ver máis
Deus ten boas noticias!
fg lección 2 ps. 1-5

LECCIÓN 2

Quen é Deus?

1. Por que deberiamos adorar a Deus?

Deus é o creador de todo o que existe. Non ten nin principio nin fin (Salmo 90:2). As boas noticias que a Biblia contén proceden del (1a Timoteo 1:11). Debémoslle a vida e, por tanto, faremos ben en adoralo. Le Apocalipse 4:11.

2. Como é Deus?

Ningún humano pode ver a Deus porque é un espírito, é dicir, un ser superior ás formas de vida que hai na terra (Xoán 1:18; 4:24). Aínda así, podemos saber como sente e como pensa cando observamos todo o que fixo. Por exemplo, a variedade de froitas e flores fálanos do seu amor e sabedoría, e o inmenso Universo, do seu poder. Le Romanos 1:20.

Podemos coñecer a Deus aínda mellor se lemos a Biblia. Nela descríbese como trata á xente, como reacciona ante diferentes situacións, ou que lle gusta e que non. Le Salmo 103:7-10.

3. Cal é o nome de Deus?

O nome de Deus, Xehová, en distintos idiomas

Xesús dixo: “Noso Pai que estás no ceo, santificado sexa o teu nome” (Mateo 6:9). Aínda que Deus recibe moitos títulos, só ten un nome. A súa pronuncia é distinta en cada idioma. En galego a forma máis utilizada é Xehová. Pero algunhas persoas usan a forma Iavé. Le Isaías 42:8.

Moitas traducións da Biblia utilizan títulos como Señor ou Deus, en lugar do seu nome, Xehová. Cando se escribiu, a Biblia usaba o nome de Deus nada menos que unhas 7000 veces. De feito, Xesús empregábao cando falaba coa xente sobre Deus. Le Xoán 17:26.

Ver o vídeo Ten Deus un nome?

4. Importámoslle a Deus?

Un pai e unha nai que coidan do seu fillo enfermo

Igual que este pai, Deus interésase polo noso ben a longo prazo

Significa que a Deus non lle importamos o feito de que tantas persoas sufran? Hai quen di que nos fai sufrir para probarnos, pero non é así. Le Santiago 1:13.

Deus deixa que tomemos as nosas propias decisións na vida. Verdade que lle agradecemos que nos dea a liberdade de escoller se queremos servirlle? (Xosué 24:15). Pola contra, moitos elixen facer dano a outros, e por iso hai tanto sufrimento. Esta gran inxustiza entristécelle a Xehová. Le Xénese 6:5, 6.

Xehová desexa que sexamos felices porque lle importamos moito. Pronto eliminará o sufrimento e as súas causas. Ten boas razóns para permitir que, de momento, siga existindo. Na lección 8 veremos por que. Le 2a Pedro 2:9; 3:7, 13.

5. Como podemos achegarnos a Deus?

Unha muller rezándolle a Deus

Xehová quere que nos acheguemos a el mediante a oración. Cada un de nós é importante para El (Salmo 65:3 [65:2, NM]; 145:18). Ademais, desexa perdoarnos cando lle fallamos porque sabe canto nos esforzamos por compracelo. Por iso, aínda que sexamos imperfectos, podemos gozar dunha estreita relación con Deus. Le Salmo 103:12-14; Santiago 4:8.

Xa que Xehová nos deu a vida, deberiamos amalo máis que a ninguén (Marcos 12:30). Cando nos esforzamos por coñecer mellor a Deus e facer o que pide de nós, demostramos canto o queremos. E deste xeito, podemos achegarnos aínda máis a El. Le 1a Timoteo 2:4; 1a Xoán 5:3.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir