TESOUROS DA BIBLIA | XOB 11-15
Xob cría na resurrección
Xob expresou a súa fe no poder de Deus para resucitalo
14:7-9, 13-15
Xob usou unha árbore, quizais unha oliveira, para ilustrar a súa confianza no poder de Deus para resucitalo.
As raíces da oliveira funcionan de xeito que a árbore pode renovarse aínda que lle corten o tronco. Mentres as raíces estean vivas, a oliveira pode volver abrollar.
Se chove despois dunha longa seca, un cañoto de oliveira pode revivir se a raíz bota brotes, producindo “ramallos coma unha planta nova”.