LECCIÓN 13
Que di a Biblia sobre a relixión?
1. Son boas tódalas relixións?
Hai xente sincera en tódalas relixións. É unha boa noticia que Deus vexa estas boas persoas e coide delas. Pero tristemente, a relixión foi utilizada para cousas malas (2a Corintios 4:3, 4; 11:13-15). Moitas veces as noticias informan de relixións que están envoltas en terrorismo, xenocidios, guerras e mesmo abuso de menores. Canto entristece isto ós que de verdade cren en Deus. Le Mateo 24:3-5, 11, 12.
Mentres que a relixión verdadeira glorifica a Deus, a falsa desagrádalle. Esta ensina ideas que non están na Biblia, incluso mentiras sobre Deus e a morte. Pero Xehová quere que a xente saiba a verdade acerca del. Le Ezequiel 18:4; 1a Timoteo 2:3-5.
2. Que di a Biblia sobre a relixión?
Felizmente, Deus non se deixa enganar polas relixións que afirman amalo pero que realmente prefiren o mundo de Satán (Santiago 4:4). A Palabra de Deus refírese ó conxunto de relixións falsas como “a gran Babilonia”. Babilonia foi unha antiga cidade onde comezou a relixión falsa despois do Diluvio do tempo de Noé. Pronto, Deus acabará de súpeto coas relixións que enganan e oprimen a humanidade. Le Apocalipse 17:1, 2, 5, 16, 17; 18:8.
Pero aínda hai máis boas noticias! Xehová non esquece as persoas sinceras que hai dentro destas relixións. Agora está xuntándoas e ensinándolles a verdade. Le Miqueas 4:2, 5.
3. Que debe facer a xente sincera?
A relixión verdadeira está a unir á xente
Xehová coida das persoas que aman o bo e o verdadeiro. Ínstaos a que deixen a relixión falsa. As persoas que de verdade o aman desexan facer os cambios necesarios para agradarlle. Le Apocalipse 18:4.
No século primeiro, cando a xente sincera escoitou as boas noticias que lles explicaban os apóstolos, responderon con ledicia. Xehová ensinoulles unha nova forma de vivir: unha vida feliz, con propósito e esperanza. Eles son un bo exemplo para nós porque responderon ás boas noticias que escoitaron poñendo a Xehová no primeiro lugar na súa vida. Le 1a Tesalonicenses 1:8, 9; 2:13.
Xehová acolle na súa familia de adoradores ós que deixan a relixión falsa. Se aceptas esta invitación de Xehová, recibirás a Súa amizade, unha amorosa familia de adoradores de Deus e vida eterna. Le Marcos 10:29, 30; 2a Corintios 6:17, 18.
4. Como traerá Deus a ledicia a todo o planeta?
O vindeiro xuízo sobre a relixión falsa é unha boa noticia. Deus vai aliviar da opresión a todo o planeta. Ningunha relixión falsa vai volver enganar e dividir á humanidade. Todo o mundo estará unido na adoración ó único Deus verdadeiro. Le Apocalipse 18:20, 21; 21:3, 4.