TESOUROS DA BIBLIA | SALMO 119
Andemos coa lei de Xehová
Andar coa lei de Xehová implica seguir a súa guía de boa gana. A Biblia contén moitos exemplos de servos seus que, coma o salmista, obedeceron a lei de Xehová e confiaron nel.
A verdadeira felicidade depende de que andemos na lei de Xehová
119:1-8
Xosué demostrou que confiaba plenamente na guía divina. Sabía que para ser feliz e ter éxito na vida debía confiar en Xehová de todo corazón.
A Súa Palabra dános o valor que precisamos para afrontar os problemas da vida
119:33-40
Nos momentos difíciles, Xeremías demostrou valor e confianza en Xehová. Levou unha vida sinxela e sempre cumpriu coas responsabilidades que El lle dera.
O coñecemento exacto da Biblia dános a confianza que precisamos para predicar
119:41-48
Paulo nunca tivo medo de compartir a mensaxe de Deus con todo o mundo. Cando lle predicou ó gobernador Fiz, confiaba totalmente en que Xehová o axudaría.
En que situacións podo demostrar máis confianza para predicar?
Escola
Traballo
Familia
Outro