BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • fg lección 9 ps. 1-5
  • Como ter unha familia feliz?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Como ter unha familia feliz?
  • Deus ten boas noticias!
  • Información relacionada
  • Que di a Biblia sobre o matrimonio?
    Preguntas sobre a Biblia
  • Como ter unha vida familiar feliz?
    Que ensina realmente a Biblia?
  • O matrimonio é un agasallo de Deus
    Continúa no amor de Deus
  • Como ter un matrimonio feliz
    Continúa no amor de Deus
Ver máis
Deus ten boas noticias!
fg lección 9 ps. 1-5

LECCIÓN 9

Como ter unha familia feliz?

1. Por que é o matrimonio a base dunha familia feliz?

Unha parella inscribindo no rexistro o seu matrimonio

Xehová, que é un Deus feliz e só ten boas noticias para nós, quere que as familias sexan felices (1a Timoteo 1:11, NM). El instituíu o matrimonio. Estar legalmente casados é moi importante para a familia, xa que prové un entorno estable no que criar os fillos. Tódolos cristiáns deberían respectar as leis locais relativas ó rexistro do matrimonio. Le Lucas 2:1, 4, 5

Como ve Deus o matrimonio? Estableceuno como unha unión permanente entre un home e unha muller. Xehová quere que os esposos e as esposas sexan fieis (Hebreos 13:4). El odia o divorcio (Malaquías 2:16, NM). Non obstante, permíteo só en caso de adulterio. Le Mateo 19:3-6, 9.

2. Como se deberían tratar os cónxuxes entre si?

Un matrimonio feliz

Xehová creou o home e a muller de xeito que se complementasen dentro do matrimonio (Xénese 2:18). Como cabeza de familia, o home é o principal responsable de atender as necesidades materiais da súa familia, así como de ensinarlles acerca de Deus. Tamén debería estar disposto a facer sacrificios pola súa esposa. Entre marido e muller debe haber un ambiente de amor e respecto. E, xa que todos somos imperfectos, saber perdoar é fundamental para ser felices como matrimonio. Le Efesios 4:31, 32; 5:22-25, 33; 1a Pedro 3:7.

3. Debería poñerse fin a un matrimonio infeliz?

Se un matrimonio está a pasar por dificultades, ámbolos dous deberían traballar para tratarse con amor (1a Corintios 13:4, 5). A Palabra de Deus non recomenda a separación como o camiño a seguir para resolver os problemas comúns entre as parellas. Le 1a Corintios 7:10-13.

4. Que quere Deus para os fillos?

Uns pais axudando ós seus fillos cos deberes

Xehová desexa que os fillos sexan felices. Por iso, lles dá os mellores consellos para que aproveiten a súa xuventude. Tamén quere que se beneficien da sabedoría e da experiencia dos seus pais (Colosenses 3:20). Ademais, desexa que a xente nova experimente a ledicia de facer o que lle agrada a El e ó Seu Fillo. Le Eclesiastés 11:9-12:1; Mateo 19:13-15; 21:15, 16.

5. Que poden facer os pais para que os seus fillos sexan felices?

Un pai falando co seu fillo

Os pais deben facer todo o que poidan para darlles ós seus fillos comida, teito e abrigo (1a Timoteo 5:8). Pero a súa felicidade tamén depende de que lles axuden a coñecer e amar a Deus (Efesios 6:4). Se os pais poñen o exemplo en amar a Deus, isto pode ter un profundo efecto no corazón dos fillos. Cando os pais basean na Biblia a educación dos seus fillos, isto ten un efecto positivo na súa forma de pensar. Le Deuteronomio 6:4-7; Proverbios 22:6.

Os fillos necesitan que os pais os animen e feliciten. Pero tamén necesitan disciplina e corrección, para así protexelos de tomar decisións na vida que lles causen infelicidade (Proverbios 22:15). Non obstante, esta disciplina nunca debería ser dura ou cruel. Le Colosenses 3:21.

As testemuñas de Xehová dispoñen de varias publicacións baseadas na Biblia, pensadas especialmente para axudar a pais e fillos. Le Salmo 19:8, 12 (19:7, 11, NM).

Para máis información, ver o capítulo 14 do libro Que ensina realmente a Biblia?

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir