Canción 150
Damos o mellor de nós
Edición impresa
Deus quere só o noso ben,
por iso di o que facer.
Explica como ser feliz,
provenos xeitos de servir.
(REFRÁN)
Imos dar o mellor
neste gran labor.
E onde falta fai, imos nós,
damos o mellor.
Hai moito a quen predicar,
e nós queremos axudar.
Faremos máis, con ilusión,
pra lles falar da salvación.
(REFRÁN)
Imos dar o mellor
neste gran labor.
E onde falta fai, imos nós,
damos o mellor.
A obra sempre vai a máis,
cos estranxeiros, cos locais.
A lingua do seu corazón
aprenderemos, por amor.
(REFRÁN)
Imos dar o mellor
neste gran labor.
E onde falta fai, imos nós,
damos o mellor.
(Ver tamén Xn. 4:35; Feit. 2:8; Rm. 10:14.)