A NOSA VIDA CRISTIÁ
Manteñámonos espiritualmente alerta e activos a pesar dos cambios
Os cambios son inevitables, sobre todo nestes días derradeiros (1 Cor. 7:31). Sexan bos ou malos, esperados ou inesperados, os cambios poden alterar as nosas actividades cristiás e poñer a proba a nosa relación con Xehová. Que nos axudará a manternos espiritualmente alerta e activos ante os cambios? Despois de ver o vídeo Non descoidemos as actividades cristiás mesmo se nos trasladamos, responde ás seguintes preguntas:
Que consello lle deu un irmán ó pai?
Como aplicaba o principio de Mateo 7:25 ás circunstancias da familia?
Que plans fixeron antes de trasladarse, e como lles axudou isto?
Que lles axudou a adaptarse á nova congregación e ás características da zona na que agora debían predicar?
Que cambios importantes experimentei na miña vida ultimamente?
Como podo aplicar ás miñas circunstancias persoais os principios que aparecen neste vídeo?