A NOSA VIDA CRISTIÁ
Axudamos os irmáns do Caribe despois dun desastre
Do mesmo xeito que no primeiro século, podemos amosarlles o noso amor ós irmáns cando ocorren desastres (Xn. 13:34, 35). No vídeo O amor cristián. Axudamos os irmáns do Caribe poderás comprobar que apoio prestamos as testemuñas de Xehová ós nosos irmáns despois dun desastre. Despois de ver o vídeo, responde as seguintes preguntas:
En que situación se atoparon os irmáns do Caribe logo do paso dos furacáns Irma e María?
Como se valeu Xehová doutros cristiáns para axudar os irmáns do Caribe?
Como se sentiron as vítimas dos furacáns ó ver o amor e a xenerosidade dos seus compañeiros de crenza?
De que xeitos colaboraron moitos irmáns e irmás nos labores de socorro?
Como podemos colaborar todos nos labores de socorro?
Despois de ver este vídeo, como te sentes por formares parte da organización de Xehová?