BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • th aspecto 7 páx. 10
  • Exactitude e razoamento convincente

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Exactitude e razoamento convincente
  • Melloremos na lectura e no ensino
  • Información relacionada
  • Introdución eficaz dos textos bíblicos
    Melloremos na lectura e no ensino
  • Destacar o valor práctico
    Melloremos na lectura e no ensino
  • Uso de preguntas
    Melloremos na lectura e no ensino
  • Chegar ó corazón
    Melloremos na lectura e no ensino
Ver máis
Melloremos na lectura e no ensino
th aspecto 7 páx. 10

ASPECTO DA ORATORIA 7

Exactitude e razoamento convincente

Pasaxe bíblica

Lucas 1:3

EN QUE CONSISTE? Utilizar información de fontes fiables para axudar ós presentes a chegar á conclusión correcta.

COMO LOGRALO?

  • Consulta fontes fiables. Basea os teus comentarios na Palabra de Deus e le directamente dela sempre que sexa posible. Se fas referencia a un dato científico, unha noticia, unha experiencia ou calquera outra información, asegúrate de que a fonte sexa fiable e que os datos estean actualizados.

  • Usa ben a información. Explica os textos bíblicos en harmonía co contexto, coa mensaxe xeral da Biblia e coas publicacións do “criado fiel e prudente” (Mt. 24:45). Utiliza a información segrar de xeito exacto e sen cambiar o significado orixinal, tendo en conta o contexto e o que quixo dicir o escritor.

    Consello práctico

    Non esaxeres os datos nin as cifras. Ten coidado de que “algunhas persoas” non se convertan na “maioría das persoas”, “nalgúns casos” en “sempre” e “posiblemente” en “probablemente”.

  • Razoa cos presentes. Despois de ler un texto bíblico ou citar dunha fonte de información, fai preguntas con tacto ou ilustra a idea que queres destacar para axudar ós presentes a chegar á súa propia conclusión.

NA PREDICACIÓN

Como parte da túa preparación para ir predicar, pensa nalgunhas preguntas que as persoas che poidan facer e busca posibles respostas. Se che fan unha pregunta que non sabes responder, queda en buscar información ó respecto e volver noutro momento.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir