ASPECTO DA ORATORIA 4
Introdución eficaz dos textos bíblicos
Mateo 22:41-45
EN QUE CONSISTE? Preparar a mente dos presentes antes de ler unha pasaxe da Biblia.
COMO LOGRALO?
Pensa no motivo polo que vas ler o texto. Introduce cada texto de xeito que axudes ó auditorio a identificar a idea clave que queres destacar.
Cita da Biblia como autoridade. Cando fales con persoas que crean en Deus, refírete á Biblia como a Palabra de Deus, acreditándoa como a mellor fonte de sabedoría.
Esperta o interese no texto bíblico. Fai unha pregunta que se responda no texto que vas ler, menciona un problema que axude a resolver ou un principio que poida ilustrar.