BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwbr19 decembro páxs. 1-18
  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades
  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2019)
  • Subtítulos
  • 2-8 DE DECEMBRO
  • 9-15 DE DECEMBRO
  • A NOSA VIDA CRISTIÁ
  • 16-22 DE DECEMBRO
  • 23-29 DE DECEMBRO
  • 30 DE DECEMBRO–5 DE XANEIRO
  • A NOSA VIDA CRISTIÁ
Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2019)
mwbr19 decembro páxs. 1-18

Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades

2-8 DE DECEMBRO

TESOUROS DA BIBLIA | APOCALIPSE 7-9

“Xehová recompensa ‘un mundo de xente’”

(Apocalipse 7:9) Despois disto mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de tódalas nacións, tribos, pobos e linguas, en pé diante do trono e do Año. Vestían roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans.

it-1 páx. 1035 par. 4

Gran multitude

Entón xorde unha pregunta: se o “mundo de xente” é un grupo de persoas que obteñen a salvación e quedan na terra, como pode dicirse deles que están “en pé diante do trono e do Año”? (Ap. 7:9) Para indicar que alguén ten o favor ou a aprobación doutra persoa, ás veces na Biblia dise que está “en pé diante” dela. Tamén se empregan outras expresións, como “diante”, “erguerse” ou “sosterse” (Sal. 1:5; 5:6 [5:5, NM]; Pr. 22:29; Lc. 1:19). De feito, no capítulo 6 de Apocalipse, dise que “os reis da terra, e os seus grandes, os xenerais, os ricos, os fortes e todos, servos e libres” se agachan “da presencia do que está sentado no trono e da ira do Año”, xa que “chegou o día grande da súa ira e ¿quen o poderá aturar?” (Ap. 6:15-17; comparar con Lc. 21:36). Por iso sabemos que o “mundo de xente” está composto por persoas que sobrevivirán a ese tempo de ira e que estarán “en pé”, é dicir, aprobados ós ollos de Deus e do Año.

(Apocalipse 7:14) Eu respondinlle: “Meu Señor, ti xa o sabes”. E díxome: “Estes son os que veñen de pasa-las súas grandes penas; lavaron os seus vestidos e branquexáronos co sangue do Año.

it-2 páx. 1155 par. 6

Tribulación

Ó redor de trinta anos despois da destrución de Xerusalén, falando dunha gran multitude de persoas de tódalas nacións, tribos, pobos e linguas, díxoselle ó apóstolo Xoán: “Estes son os que veñen de pasa-las súas grandes penas” (Ap. 7:13, 14). O feito de que veñan “de pasa-las súas grandes penas” indica que sobreviven a elas. Emprégase unha expresión similar falando de Xosé en Feitos 7:9, 10: “Pero Deus estaba con el, librouno de tódolos seus traballos”. Que Xehová librase a Xosé dos seus traballos significa que, ademais de ser capaz de soportalos, foi quen de sobrevivir a eles.

(Apocalipse 7:15-17) Por iso están diante do trono de Deus, e adórano día e noite no seu santuario. E quen está sentado no trono chantará a súa tenda cabo deles. 16 Non terán máis fame nin sede, nin caerá endexamais sobre eles o sol, nin ningunha queimadura del. 17 Porque o Año, que está no medio do trono, será o seu pastor, levaraos ás fontes de auga e Deus enxugará dos seus ollos toda bágoa”.

it-1 páx. 1035

Gran multitude

Como identificala. A clave para identificar o “mundo de xente” atópase na descrición que se fai dese grupo de persoas no capítulo 7 de Apocalipse e noutras pasaxes claramente paralelas. Apocalipse 7:15-17 di que Deus chanta “a súa tenda cabo deles”, que o Año os levará “ás fontes de auga”, e que Deus “enxugará dos seus ollos toda bágoa”. En Apocalipse 21:2-4 atopamos expresións semellantes: “Velaquí a tenda de Deus onda os homes”, “enxugará tódalas bágoas dos seus ollos”, e “a morte xa non existirá máis”. Esta visión non fala sobre persoas que están no ceo, de onde descende “unha Xerusalén nova”, senón de persoas que viven na terra, que son parte da humanidade.

Afondemos nas Escrituras

(Apocalipse 7:1) Despois disto vin catro anxos que apreixaban, nas catro esquinas da terra, os catro ventos, para que non bourasen contra a terra, nin contra o mar nin contra as árbores.

re páx. 115 pars. 3, 4

O Israel de Deus recibe o selo

3 Antes de que Xehová ceibe o seu furor, algúns anxos levarán a cabo unha misión especial. Xoán describe o que ve na visión: “Despois disto vin catro anxos que apreixaban, nas catro esquinas da terra, os catro ventos, para que non bourasen contra a terra, nin contra o mar nin contra as árbores” (Ap. 7:1). Que significa isto para nós? Estes “catro ventos” son un símbolo do xuízo de destrución que se ceibará sobre a ruín sociedade humana, é dicir, o “mar axitado” da humanidade que non obedece a Deus, e tamén sobre os orgullosos gobernantes que son coma árbores que reciben apoio da xente da terra (Is. 57:20; Sal. 37:35, 36).

4 Sen dúbida, estes catro anxos representan en realidade a catro grupos de anxos que Xehová usa para reter o xuízo ata o tempo sinalado. Cando os anxos ceiben estes ventos da ira de Deus para que veñan á mesma vez do norte, do sur, do leste e do oeste, a destrución será tremenda. Será parecida á destrución dos antigos elamitas, pero moito maior. Naquela ocasión, Xehová empregou os catro ventos para esparexer os elamitas e aniquilalos por completo (Xer. 49:36-38). Será unha tormenta xigantesca moito máis destrutiva que a “galerna” que Xehová empregou coa nación de Amón (Am. 1:13-15). Nada da organización de Satán sobrevivirá ó día da ira de Xehová, cando El vindique a súa soberanía para sempre (Sal. 83:16, 19 [83:15, 18, NM]; Is. 29:5, 6).

(Apocalipse 9:11) Teñen un rei que os dirixe: o anxo do abismo, que en hebreo se chama Abaddón e en grego Apolión, o Estragador.

it-1 páx. 12

Abaddón

Quen é Abaddón, o anxo do abismo?

Non obstante, Apocalipse 9:11 emprega a palabra “Abbadón” para referirse ó “anxo do abismo”. O nome grego correspondente é Apolión, que significa “Destrutor”. Durante o século XIX intentouse demostrar que este texto falaba profeticamente de persoas como o emperador Vespasiano, Mahoma e mesmo Napoleón. Ademais era común pensar que este anxo era de orixe satánica. Agora ben, hai que ter en conta que en Apocalipse 20:1-3 dise que o anxo “coa chave do abismo” vén do ceo como un representante de Deus. No canto de ser de orixe satánica, amarra a Satán e bótao no abismo. Falando de Apocalipse 9:11, certo comentario bíblico menciona: “Non obstante, Abbadón non é un anxo de Satán, senón de Deus, que leva a cabo a súa obra de destrución segundo ordena Deus” (The Interpreter’s Bible).

Nos textos das Escrituras Hebreas citadas antes, o termo avaddóhn úsase en paralelo co Xeol e a morte. En Apocalipse 1:18 Cristo Xesús afirma: “Estou vivo polos séculos dos séculos e teño as chaves da Morte e do lugar dos mortos”. O seu poder sobre o abismo móstrase en Lucas 8:31. Por outra banda, o seu poder destrutor, mesmo para destruír a Satán, vese claro en Hebreos 2:14, onde se di que Xesús participou “da carne e do sangue, para que coa súa morte puidese deixar sen forzas o que retiña o poder da morte, isto é, Satán”. En Apocalipse 19:11-16 represéntase a Xesús como o Destrutor ou Executor nomeado por Deus (ver APOLIÓN).

Lectura da Biblia

(Apocalipse 7:1-12) Despois disto vin catro anxos que apreixaban, nas catro esquinas da terra, os catro ventos, para que non bourasen contra a terra, nin contra o mar nin contra as árbores. 2 E vin outro anxo máis, que tiña o selo do Deus vivente, subir desde o nacente. Dicíalles a berros ós catro anxos, a quen se lles deu poder de dana-la terra e o mar: 3 “¡Non lles fagades mal á terra nin ó mar nin ás árbores, ata que marquemos co selo na testa os servos do noso Deus!”. 4 E oín o número dos que tiñan a marca, cento corenta e catro mil, marcados de entre tódalas tribos dos fillos de Israel. 5 Da tribo de Xudá, doce mil marcados, da tribo de Rubén, doce mil marcados, da tribo de Gad, doce mil marcados, 6 da tribo de Axer, doce mil marcados, da tribo de Naftalí, doce mil marcados, da tribo de Menaxés, doce mil marcados, 7 da tribo de Simeón, doce mil marcados, da tribo de Leví, doce mil marcados, da tribo de Isacar, doce mil marcados, 8 da tribo de Zebulón, doce mil marcados, da tribo de Xosé, doce mil marcados, da tribo de Benxamín, doce mil marcados. 9 Despois disto mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de tódalas nacións, tribos, pobos e linguas, en pé diante do trono e do Año. Vestían roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans. 10 Proclamaban con grande voz: “A salvación perténcelle ó noso Deus, que senta no trono, e mais ó Año”. 11 Tódolos anxos que estaban en pé arredor do trono, dos anciáns, e dos catro animais, postráronse diante do trono para adoraren a Deus. 12 Proclamaban: “¡Amén! A bendición, a gloria, a sabedoría, a acción de gracias, a honra, o poder e maila forza perténcenlle ó noso Deus, polos séculos dos séculos. Amén”.

“Xehová recompensa ‘un mundo de xente’”

(Apocalipse 7:9) Despois disto mirei e vin un mundo de xente, que ninguén era capaz de contar, de tódalas nacións, tribos, pobos e linguas, en pé diante do trono e do Año. Vestían roupa branca e levaban ramallos de palma nas mans.

(Apocalipse 7:14-17) Eu respondinlle: “Meu Señor, ti xa o sabes”. E díxome: “Estes son os que veñen de pasa-las súas grandes penas; lavaron os seus vestidos e branquexáronos co sangue do Año. 15 Por iso están diante do trono de Deus, e adórano día e noite no seu santuario. E quen está sentado no trono chantará a súa tenda cabo deles. 16 Non terán máis fame nin sede, nin caerá endexamais sobre eles o sol, nin ningunha queimadura del. 17 Porque o Año, que está no medio do trono, será o seu pastor, levaraos ás fontes de auga e Deus enxugará dos seus ollos toda bágoa”.

SEXAMOS MELLORES MESTRES

Ideas para conversar

(Salmo 1:1, 2) Benaventurado aquel que non se guía polo consello dos malvados, nin se detén no camiño dos pecadores, nin senta na xunta dos burlóns, 2 senón que ten o seu contento na vontade do Señor e nela remoe día e noite.

(1 Timoteo 6:9, 10) Os que se queren facer ricos caen en tentacións e trapelas e en moitas cobizas, todas perigosas, que botan os homes a perder e á ruína. 10 A raíz de tódolos males é a avaricia: algúns, dominados por ela, afastáronse da fe e envulláronse a si mesmos en moitas dores.

(Proverbios 17:22) Ánimo ledo, corpo rufo; o espírito abatido seca a cana dos ósos.

9-15 DE DECEMBRO

TESOUROS DA BIBLIA | APOCALIPSE 10-12

“Volven á vida as ‘dúas testemuñas’ ás que mataron”

(Apocalipse 11:3) Eu permitireilles ás miñas dúas testemuñas que fagan de profetas durante mil douscentos sesenta días vestidas con roupa feita de sacos.

w14 15/11 páx. 30

Preguntas dos lectores

Quen son as dúas testemuñas das que se fala no capítulo 11 de Apocalipse?

En Apocalipse 11:3 fálase de dúas testemuñas que profetizarían durante 1260 días. A continuación, o relato menciona que a fera as vencería e as mataría, pero que, despois de “tres días e medio”, volverían á vida. Os que tal visen quedarían abraiados (Ap. 11:7, 11).

Quen son estas dúas testemuñas? Algúns detalles do relato axúdannos a identificalas. En primeiro lugar, aparecen representadas por “dúas oliveiras” e “dous candelabros” (Ap. 11:4). Isto lémbranos o candelabro e as dúas oliveiras que se describen nunha profecía de Zacarías. Alí indícase que as dúas oliveiras representan a dous unxidos “marcados co aceite”: o gobernador Zerubabel e o sumo sacerdote Xosué. Deles dise que se manteñen “de pé ó lado do Señor de toda a terra” (Zac. 4:1-3, 14). En segundo lugar, as dúas testemuñas fan milagres semellantes ós que fixeron Moisés e Elías (comparar Ap. 11:5, 6 con Núm. 16:1-7, 28-35, e 1 Re. 17:1; 18:41-45).

Que teñen en común as profecías de Apocalipse e de Zacarías? Ámbalas dúas falan de homes unxidos que dirixiron o pobo de Deus en momentos difíciles. Polo tanto, no cumprimento do capítulo 11 de Apocalipse, os que predicaron “con roupa feita de sacos” durante tres anos e medio foron os homes unxidos que dirixiron o pobo de Deus en 1914, cando se estableceu o Reino de Deus no ceo.

Cando remataron de predicar vestidos de saco, matóuselles simbolicamente ó botalos na cadea durante un período de tempo máis curto: tres días e medio. Os inimigos do pobo de Deus creron que acabaran para sempre coa súa obra, así que se puxeron moi contentos (Ap. 11:8-10).

Non obstante, segundo a profecía, ó final dos tres días e medio as dúas testemuñas volverían á vida. Non só se lles liberou, senón que tódolos que foron fieis recibiron un nomeamento especial de Deus mediante Xesucristo. En 1919, Xesús escolleunos para formar parte do “criado fiel e prudente”, nomeado para coidar das necesidades espirituais do pobo de Deus durante os días derradeiros (Mt. 24:45-47; Ap. 11:11, 12).

É interesante que Apocalipse 11:1, 2 relaciona estes acontecementos cun período de tempo no que se mediría, ou inspeccionaría, o templo espiritual. O capítulo 3 de Malaquías menciona unha inspección parecida do templo espiritual, seguida dun período de purificación (Mal. 3:1-4). Canto durarían estes traballos de inspección e purificación? De 1914 ata principios de 1919. Este período de tempo inclúe tanto os 1260 días (42 meses) como os tres días e medio simbólicos que se mencionan no capítulo 11 de Apocalipse.

Alégranos moito saber que Xehová se encargou deste refinamento e purificación espirituais, e que preparou un pobo escolleito “dedicado ás boas obras” (Tit. 2:14). Ademais, agradecemos o exemplo de tódolos unxidos fieis que dirixiron o pobo de Deus durante aquel tempo de proba, cumprindo así o papel simbólico das dúas testemuñas.

(Apocalipse 11:7) Pero, cando acaben o seu testemuño, a fera que sobe do abismo loitará contra eles, venceraos e mataraos.

(Apocalipse 11:11) Despois destes tres días e medio, un espírito vivificador mandado por Deus entrou neles e puxéronse en pé. Ós que miraban para eles entroulles un gran medo.

Afondemos nas Escrituras

(Apocalipse 10:9, 10) Fun onda o anxo dicirlle que me dese o pequeno libro e el respondeume: “Cólleo e engúleo todo: hache amargar no ventre pero na boca hache ser doce coma o mel”. 10 Eu collín o libriño da man do anxo e engulipeino de vez e fíxoseme na boca doce coma o mel, pero de que o comín enchéuseme de amargor o ventre.

it-2 páx. 865 par. 1

Rolo

Uso simbólico. Na Biblia, a palabra “rolo”, ou “libro”, úsase en varias ocasións de maneira simbólica. Por exemplo, Ezequiel e Zacarías viron un rolo escrito polos dous lados. Xa que normalmente só se escribía nunha das caras, que estea escrito nas dúas poida que indique a importancia, o alcance e a seriedade dos xuízos contidos neses rolos (Ez. 2:9–3:3; Zac. 5:1-4). Na visión de Apocalipse, o que estaba sentado no trono tiña na súa man dereita un rolo con sete selos, que impedían descubrir o seu contido ata que o Año de Deus os abrise (Ap. 5:1, 12; 6:1, 12-14). Máis tarde, Xoán viu un rolo e mandóuselle que o comese. Sóubolle doce na boca, pero amargoulle o ventre. O feito de que o rolo estivese aberto e non tivese selo ningún, implica que o seu contido podía comprenderse. Para Xoán foi “doce” recibir a mensaxe contida no rolo, pero semella que houbo cousas amargas que se lle mandaron profetizar (Ap. 10:1-11). A Ezequiel pasoulle algo parecido co rolo que lle puxeron diante, no que había escritas “elexías, prantos e mais lamentacións” (Ez. 2:10).

(Apocalipse 12:1-5) E apareceu no ceo un gran sinal: unha muller vestida co sol, coa lúa baixo os seus pés e, na cabeza, unha coroa de doce estrelas. 2 Estaba embarazada e berraba cos retorzóns e as dores do parto. 3 Apareceu outro sinal no ceo: era un gran dragón vermello, que tiña sete cabezas e dez cornos e nas cabezas sete diademas. 4 Co seu rabo arramplaba cunha terceira parte das estrelas do ceo e botábaas na terra. O dragón plantouse diante da muller que estaba para dar á luz, coa idea de engulirlle o filliño en canto nacese. 5 Tivo un fillo varón; aquel que cun caxato de ferro ha rexer a tódalas nacións. Pero Deus arrebatou o filliño da muller onda si, ó seu trono.

it-1 páx. 717 par. 9–páx. 718 par. 2

Dores de parto

Segundo Apocalipse, o apóstolo Xoán tivo unha visión na que observou unha muller berrando “cos retorzóns e as dores do parto”. Esta muller “tivo un fillo varón; aquel que cun caxato de ferro ha rexer a tódalas nacións”. Pero, malia os esforzos do dragón por engulilo, “Deus arrebatou o filliño da muller onda si, ó seu trono” (Ap. 12:1, 2, 4-6). O feito de que Deus arrebatase a este fillo indicaría que o aceptaba coma seu, do mesmo xeito que se facía antigamente. Daquela levábanlle o neno que acababa de nacer a seu pai para que o aceptase (ver NACEMENTO). Por todo isto podemos concluír que a “muller” é a “esposa” de Deus, a “Xerusalén de arriba”, a “nai” de Cristo e dos seus irmáns unxidos (Gál. 4:26; Heb. 2:11, 12, 17).

Xa que a “muller” celestial de Deus é perfecta, o nacemento que se menciona tería lugar sen ningunha dor física. Polo tanto, as dores de parto indicarían simbolicamente que a “muller” se daría de conta de que o nacemento estaba ás portas, esperaba que ocorrese axiña (Ap. 12:2).

Quen sería este “fillo varón”? Del dise que “cun caxato de ferro ha rexer a tódalas nacións”. Isto foi o que se predixo en Salmo 2:6-9 do Rei do Reino Mesiánico de Deus. Non obstante, Xoán tivo esta visión moito despois do nacemento, morte e resurrección de Xesús. Polo tanto, a visión parece que se refire ó nacemento do Reino Mesiánico nas mans do Fillo de Deus, Xesucristo. Despois de resucitar, “sentou para sempre á dereita de Deus e, deste xeito, non lle queda máis que agardar a que Deus faga dos seus inimigos un estrado para os seus pés” (Heb. 10:12, 13; Sal. 110:1; Ap. 12:10).

Lectura da Biblia

(Apocalipse 10:1-11) E vin que outro anxo forte baixaba do ceo, envolto nunha nube co arco iris sobre a súa cabeza; o aspecto da súa cara era coma o sol e as pernas coma columnas lumeantes. 2 Tiña na man un libriño aberto e puxo o pé dereito no mar e o esquerdo na terra. 3 Berrou con toda a forza, coma o brado do león; e, en berrando, falaron os sete tronos coas súas propias voces. 4 Despois de falaren os sete tronos estaba eu para escribir, pero oín que unha voz desde o ceo me dicía: “Garda en segredo o que falaron os sete tronos e non o escribas”. 5 E o anxo, que eu vira afincado no mar e na terra, ergueu a súa man dereita cara ó ceo 6 e xurou por aquel que vive polos séculos dos séculos, que creou o ceo e canto hai nel, a terra e canto hai nela, o mar e canto hai nel: “¡xa non haberá máis demora!; 7 pero nos días en que apareza a voz do sétimo anxo, cando estea para toca-la trompeta, hase de cumpri-lo Misterio de Deus, tal como El llelo anunciara, coma boa nova, ós seus servos, os profetas”. 8 E a voz que oíra desde o ceo volveu falar comigo para me dicir: “Vai e colle o libriño aberto, que ten na man o anxo que está afincado no mar e na terra”. 9 Fun onda o anxo dicirlle que me dese o pequeno libro e el respondeume: “Cólleo e engúleo todo: hache amargar no ventre pero na boca hache ser doce coma o mel”. 10 Eu collín o libriño da man do anxo e engulipeino de vez e fíxoseme na boca doce coma o mel, pero de que o comín enchéuseme de amargor o ventre. 11 E dixéronme: “Cómpre que volvas profetizar para moitos pobos, xentes, linguas e reis”.

“Volven á vida as ‘dúas testemuñas’ ás que mataron”

(Apocalipse 11:3-11) Eu permitireilles ás miñas dúas testemuñas que fagan de profetas durante mil douscentos sesenta días vestidas con roupa feita de sacos. 4 Estas son as dúas oliveiras e os dous candelabros, que están ergueitos diante do Señor do mundo. 5 E se alguén lles quere facer mal, sairá das súas bocas lume que devorará os seus inimigos; se alguén lles quixer facer mal, cómpre que morra deste xeito. 6 Eles teñen poder para pecha-lo ceo, de xeito que non chova durante os días do seu profetizar. Teñen poder de converte-la auga en sangue e de castiga-la terra con calquera tipo de praga cantas veces queiran. 7 Pero, cando acaben o seu testemuño, a fera que sobe do abismo loitará contra eles, venceraos e mataraos. 8 E os seus cadáveres quedarán na praza da gran cidade, que se chama en linguaxe simbólica Sodoma e Exipto, onde tamén foi crucificado o seu Señor. 9 Xentes de diferentes pobos, tribos, linguas e nacións ollarán para os seus cadáveres durante tres días e medio e non deixarán poñe-los cadáveres no sartego. 10 Os habitantes da terra alegraranse e brincarán de alegría e mandaranse regalos uns ós outros, porque aqueles dous profetas atormentaran os habitantes da terra”. 11 Despois destes tres días e medio, un espírito vivificador mandado por Deus entrou neles e puxéronse en pé. Ós que miraban para eles entroulles un gran medo.

(Apocalipse 11:1, 2) Déuseme unha canivela da feitura dunha vara de medir dicíndome: “Érguete e mide o santuario de Deus e mailo seu altar e mide os que adoran no santuario. 2 Pero o adro que está fóra do santuario, déixao de lado e non o midas, que llelo deron ós pagáns, que pisarán a cidade santa durante corenta e dous meses.

(Malaquías 3:1-3) Velaí: eu envío o meu mensaxeiro, para que limpe o camiño diante de min. Nun momento entrará no seu santuario o Señor a quen vós estades buscando, o mensaxeiro da Alianza, a quen vos lle tendes amor: vede que chega -fala o Señor dos Exércitos-. 2 ¿Quen aguantará o día da súa chegada? ¿Quen se manterá de pé cando El apareza? Si, El será coma o lume do fundidor, coma a lixivia dos que lavan. 3 Sentarase coma o fundidor que refina a prata, refinará os fillos de Leví e purificaraos; coma a prata e coma o ouro, así serán para o Señor os que presenten a ofrenda con xustiza.

(Apocalipse 11:3) Eu permitireilles ás miñas dúas testemuñas que fagan de profetas durante mil douscentos sesenta días vestidas con roupa feita de sacos.

(Apocalipse 11:9) Xentes de diferentes pobos, tribos, linguas e nacións ollarán para os seus cadáveres durante tres días e medio e non deixarán poñe-los cadáveres no sartego.

A NOSA VIDA CRISTIÁ

“A terra ‘zugou o río’”

(Esdras 6:1-12) Entón o rei Darío deu a orde de facer investigacións nos arquivos da tesourería, depositados aló en Babilonia; 2 e, na fortaleza de Ecbátana da provincia de Media, deuse cun rolo no que estaba escrito: “Memorandum. 3 O primeiro ano do seu reinado, Ciro deu unha orde referente ó templo de Xerusalén: A casa de Deus será reconstruída alí onde se ofrecen sacrificios e onde se encontran os fundamentos; a súa altura será de sesenta cóbados. 4 Haberá alí tres ringleiras de pedras talladas e unha ringleira de madeira nova e a casa do rei cubrirá os gastos. 5 Ademais, devolveranse os obxectos do templo de Deus, en ouro e prata, os que Nabucodonosor levara do templo de Xerusalén a Babilonia; cada un deles irá ó seu lugar no templo de Xerusalén. Depositaralos ti na casa de Deus”. 6 “Polo tanto, ti, Taznai, gobernador de Transeufratina, Xetar-Boznai e mailos seus colegas, xentes de Arfaxac de Transeufratina, non vos ocupedes diso. 7 Deixádelles face-lo traballo de levanta-la casa de Deus ó gobernador dos xudeus cos seus anciáns, sobre os seus cimentos. 8 Estas son as miñas ordes relativas ó que tedes que facer con eses anciáns dos xudeus que constrúen esa casa de Deus: levántana a expensas dos bens do rei, mediante os impostos de Transeufratina. Débeselles, pois, asegura-la paga a eses homes sen interrupción. 9 Canto sexa necesario -tenreiros, carneiros, años para os holocaustos do Deus dos ceos; trigo, sal, viño e aceite, segundo as indicacións dos sacerdotes de Xerusalén- entregaráselles día a día, sen falta, 10 para que poidan levar ofrendas ó Deus do ceo e aplacalo, e pidan pola vida do rei e dos seus fillos. 11 Velaquí as miñas ordes concernentes ó que non cumpra este edicto: arrínqueselle unha viga da súa casa e que o empalen todo dereito enriba; e convertan, ademais, a súa casa nun montón de entullos. 12 E aínda máis: que o Deus, o do nome que reside alí, aniquile todo rei e todo pobo que, en contra desta orde queira destruír ese templo do Deus en Xerusalén. Eu, Darío, eu mesmo, dei a orde; que se cumpra así exactamente”.

(Ester 8:10-13) Escribiron no nome do rei Axuero e selaron co anel do rei e mandaron os escritos por medio dos correos montados en cabalos das cortes do rei. 11 Nos escritos, o rei autorizaba ós xudeus que habitaban en tódalas cidades, a se poderen xuntar para defende-las súas vidas, para ferir, matar e exterminar a toda persoa dos pobos que os atacasen, sen lles perdoar ás mulleres nin ós nenos, e para lles saquea-los seus bens; 12 e todo isto no mesmo día en tódalas provincias do rei Axuero, o día trece do mes doce, o mes de Adar. 13 O texto deste documento debía ser publicado, coma lei, en todas e cada unha das provincias, e promulgado en tódolos pobos, para que os xudeus estivesen preparados naquel mesmo día para se vingaren dos seus inimigos.

(Apocalipse 12:16) Pero a terra acudiu en axuda da muller: abriu a terra a súa boca e zugou o río, que o dragón botara pola boca.

(Salmo 68:21) Deus é para nós un Deus que salva, no Señor Deus temos escape da morte.

(Proverbios 21:1) Coma as canles da auga, a mente do rei está na man do Señor, el víraa para onde quere.

(Xénese 39:21-23) Mais o Señor estivo con Xosé, mostroulle compaixón, facendo que lle caese ben ó xefe do cárcere. 22 Este encomendoulle os presos que alí había, e facíase todo o que el mandaba. 23 O xefe do cárcere non controlaba cousa ningunha do que Xosé facía. O Señor estaba con el, e todo o que el facía saía ben.

(Salmos 105:17-20) Mandou diante deles un home, foi vendido Xosé coma escravo. 18 Atáronlle os pés con grillóns, botáronlle cadeas de ferro ó pescozo, 19 ata que chegou a hora de se cumpri-lo agoiro, e a palabra do Señor lle devolveu o creto. 20 Mandou o rei soltalo, o soberano de pobos abriulle a prisión,

(Filipenses 1:12-14) Quero que saibades, irmáns, que o que me está a pasar, máis ben aproveitou ó espallamento do Evanxeo. 13 Porque na residencia do gobernador e nos outros sitios todo o mundo sabe que estou preso por ser cristián, 14 e a maior parte dos irmáns, ó colleren da miña prisión azos para confiar no Señor, métense moito máis a anuncia-la palabra de Deus sen medo.

(Apocalipse 2:10) Non teñas medo ningún do que vas sufrir. Ollade que Satán vos ha meter a algúns de vós no cárcere, para vos poñer á proba e teredes sufrimento dez días. Pero mantente fiel ata a morte e dareiche a coroa da vida.

16-22 DE DECEMBRO

TESOUROS DA BIBLIA | APOCALIPSE 13-16

“Non teñamos medo das bestas arrepiantes”

(Apocalipse 13:1, 2) Logo vin subir do mar unha besta con dez cornos e sete cabezas e nos cornos tiña dez diademas e nas cabezas tiña un nome blasfemo. 2 A besta que vin semellaba unha pantera pero as patas eran coma as do oso e a boca coma a boca do león. O dragón deulle a súa forza, o seu trono é o seu gran poder.

w12 15/6 páx. 8 par. 6

Xehová “revela os segredos”

6 A finais do primeiro século, despois de resucitar, Xesús deulle ó apóstolo Xoán unha serie de visións impresionantes (Ap. 1:1). Nunha delas, Xoán ve a Satán, representado por un dragón, de pé á beira dun gran mar (le Apocalipse 12:18–13:2 [13:1, 2, NM]). Tamén ve unha besta estraña que sae do mar e recibe autoridade do Demo. Máis tarde, un anxo dille a Xoán que as sete cabezas da besta de cor vermella, é dicir, a imaxe da besta de Apocalipse 13:1, representan “sete reis”, ou gobernos (Ap. 13:14, 15; 17:3, 9, 10). Para cando se escribiu Apocalipse, cinco destes gobernos xa caeran, un estaba gobernando, e outro aínda non aparecera. Quen son estes reinos, ou potencias mundiais? Analicemos cada unha das cabezas da besta descrita en Apocalipse. Tamén veremos varios detalles que Daniel sinalou acerca destes gobernos, nalgúns casos moitos séculos antes de que existisen.

(Apocalipse 13:11) Logo vin outra besta que subía da terra: tiña dous cornos semellantes ós do año e falaba coma o dragón.

(Apocalipse 13:15) Concedéuselle á segunda besta poder infundir espírito na imaxe da primeira, para facela falar e para que fixese que tódolos que non adorasen a imaxe da besta fosen asasinados.

re páx. 194 par. 26

A loita contra dúas bestas feroces

26 Cal podería ser esta potencia? É a potencia mundial angloamericana, a mesma cá sétima cabeza da primeira besta, pero cun papel especial. O feito de que na visión se indique que é unha besta separada das demais, axúdanos a ver máis claramente como actúa de xeito independente no mundo. Esta besta figurativa de dous cornos está composta de dúas potencias políticas que existen ó mesmo tempo e que cooperan entre si, malia seren independentes. O feito de que teña dous cornos “semellantes ós do año” suxire que ten a aparencia de ser mansa e inofensiva. Tamén transmite a idea de que a súa forma de gobernar é a mellor e que o mundo debería imitala. Pero fala “coma o dragón” porque emprega presións, ameazas e mesmo a violencia alá onde non se acepta a súa forma de gobernar. Nunca animou as persoas a ser submisas ó Reino de Deus gobernado polo Año, senón a facer o que lle convén a Satán, o “gran dragón”. Promove divisións e odios nacionalistas que contribúen a adorar a primeira besta.

re páx. 195 par. 30, 31

A loita contra dúas bestas feroces

30 A historia demostra que esta imaxe é a organización que foi proposta, promovida e apoiada por Gran Bretaña e Os Estados Unidos, coñecida inicialmente como a Sociedade de Nacións. Máis adiante, no capítulo 17 de Apocalipse aparece de novo representada por un símbolo diferente: unha besta de cor vermello que vive, respira e existe de xeito independente. Este organismo internacional “fala” ó se gabar de ser a única organización capaz de traer paz e seguridade á humanidade. Pero en realidade converteuse nun foro para que os seus membros se aldraxen. Ademais ameazou co ostracismo, como se os asasinase metaforicamente, a calquera nación ou pobo que non se someta á súa autoridade. De feito, a Sociedade de Nacións expulsou do seu seo os países que non aceptaron a súa ideoloxía. Cando comece a gran tribulación, os “cornos” militaristas desta imaxe da besta terán un papel devastador (Ap. 7:14; 17:8, 16).

31 Por outra banda, dende a segunda guerra mundial, a imaxe da besta, que agora está representada pola Organización das Nacións Unidas, xa asasinou literalmente. Por exemplo, en 1950 un grupo militar da ONU estivo implicado na guerra entre Corea do Norte e Corea do Sur. As forzas da ONU, xunto co exército surcoreano, mataron aproximadamente a 1.420.000 norcoreanos e chineses. Ademais, dende 1960 ata 1964, os exércitos da ONU estiveron activos no Congo (Kinshasa). Por outro lado, líderes mundiais como os papas Paulo VI e Xoán Paulo II afirmaron que esta imaxe é a derradeira e mellor esperanza de paz para a humanidade. Insisten en que se o mundo non a obedece, a raza humana destruirase a si mesma. Deste xeito, fan que sexan asasinados, de xeito figurado, tódolos humanos que rexeitan cooperar coa imaxe e adorala (Dt. 5:8, 9).

(Apocalipse 13:16, 17) A todos, grandes e pequenos, ricos e pobres, libres e servos, ponlles unha marca na man dereita ou na testa 17 e ninguén pode mercar ou vender, se non ten a marca, o nome da besta ou o número do seu nome.

w09 15/2 páx. 4 par. 2

Ideas interesantes do libro de A Apocalipse II

13:16, 17. Non debemos permitir que a besta controle a nosa vida, aínda que isto nos dificulte facer cousas cotiás como “mercar ou vender”. Aceptar a súa marca na man ou na testa significaría que permitimos que controle o que facemos ou inflúa na nosa forma de pensar.

Afondemos nas Escrituras

(Apocalipse 16:13, 14) Despois vin saír da boca do dragón, da boca da besta e mais da boca do falso profeta, tres espíritos inmundos semellantes a sapos; 14 son os espíritos dos demos que fan prodixios e van onda os reis de toda a terra, para xuntalos para a guerra do día grande do Deus que todo o sostén.

w09 15/2 páx. 4 par. 5

Ideas interesantes do libro de A Apocalipse II

16:13-16. Os “espíritos inmundos” representan a propaganda que usa Satán para que os reis da terra non fagan caso cando se vertan as sete cuncas da ira de Deus. Máis ben, quere que se deixen manipular e se opoñan a Xehová (Mt. 24:42, 44).

w08 1/4 páx. 31 par. 3

Onde terá lugar a batalla de Harmaguedón?

As forzas de Satán atraerán dalgún xeito as nacións para que participen nesta guerra. A Biblia fala de “espíritos dos demos” que “van onda os reis de toda a terra, para xuntalos [...] no lugar que en hebreo se chama Harmaguedón” (Ap. 16:14-16).

(Apocalipse 16:21) Logo caeu do ceo enriba dos homes un gran pedrazo, de pedras case de corenta quilos; e os homes xuraban contra Deus pola praga do pedrazo, porque esta praga foi terrible.

w15 15/7 páx. 16 par. 9

“Chega o día da vosa liberación”

9 Xa non será o momento de predicar a “Boa Nova do Reino”. A fin estará ás portas! (Mt. 24:14) Sen dúbida, a nosa mensaxe converterase nunha mensaxe de condena. Isto poida que signifique que teñamos que dicirlles ás persoas que o mundo de Satán vai desaparecer axiña. A Biblia compara esta mensaxe a pedrazo ó dicir: “Logo caeu do ceo enriba dos homes un gran pedrazo, de pedras case de corenta quilos; e os homes xuraban contra Deus pola praga do pedrazo, porque esta praga foi terrible” (Ap. 16:21).

Lectura da Biblia

(Apocalipse 16:1-16) Logo oín un berro que desde o santuario lles dicía ós sete anxos: “¡Ide e vertede sobre a terra as sete cuncas da ira de Deus!”. 2 E saíu o primeiro e verteu a súa cunca na terra; e unhas chagas malignas e dolorosas aparecéronlles ós homes que tiñan a marca da besta e mais ós que se postraban para adora-la súa imaxe. 3 Logo, o segundo, verteu a súa cunca no mar, que se volveu sangue, coma o sangue dun morto, e morreu canto ser vivo se atopaba no mar. 4 Despois, o terceiro, verteu a súa cunca nos ríos e nas fontes das augas; e volvéronse sangue. 5 Entón oínlle dicir ó anxo das augas: “Xusto es ti, que es e que eras, o Santo. Xustiza fas ó sentenciares deste xeito, 6 porque verteron sangue de santos e de profetas e por iso lles deches tamén a beber sangue. ¡Tíñano ben merecido!”. 7 Entón oín que desde o altar dicían: “Si, Señor Deus, que todo o sostés, verdadeiras e xustas son as túas sentencias”. 8 Logo, o cuarto, a quen se lle deu o poder de abrasar coa calor ós homes, verteu a súa cunca no sol. 9 Os homes sufriron unha gran queimadura e comezaron a xurar contra o nome de Deus, que tiña na súa man o poder sobre estas pragas; pero non cambiaron os seus pensamentos para lle daren gloria a Deus. 10 Despois, o quinto, verteu a súa cunca no trono da besta e o seu reino quedou cuberto de tebras. Coa dor comezaron a morde-las propias linguas 11 e a xurar contra o nome do Deus do ceo polas súas dores e chagas; pero non se arrepentiron das súas obras. 12 Logo, o sexto, verteu a súa cunca no gran río, o Éufrates, e comezou a estiña-la auga para axeitarlles así o camiño ós reis do Nacente. 13 Despois vin saír da boca do dragón, da boca da besta e mais da boca do falso profeta, tres espíritos inmundos semellantes a sapos; 14 son os espíritos dos demos que fan prodixios e van onda os reis de toda a terra, para xuntalos para a guerra do día grande do Deus que todo o sostén. 15 “Mira que veño coma un ladrón. Benia o que vixía e garda a roupa para non andar espido e que non lle vexan as súas vergonzas”. 16 Efectivamente, os espíritos xuntáronos no lugar que en hebreo se chama Harmaguedón.

“Non teñamos medo das bestas arrepiantes”

(Apocalipse 13:1, 2) Logo vin subir do mar unha besta con dez cornos e sete cabezas e nos cornos tiña dez diademas e nas cabezas tiña un nome blasfemo. 2 A besta que vin semellaba unha pantera pero as patas eran coma as do oso e a boca coma a boca do león. O dragón deulle a súa forza, o seu trono é o seu gran poder.

(Apocalipse 13:11) Logo vin outra besta que subía da terra: tiña dous cornos semellantes ós do año e falaba coma o dragón.

(Apocalipse 13:15-17) Concedéuselle á segunda besta poder infundir espírito na imaxe da primeira, para facela falar e para que fixese que tódolos que non adorasen a imaxe da besta fosen asasinados. 16 A todos, grandes e pequenos, ricos e pobres, libres e servos, ponlles unha marca na man dereita ou na testa 17 e ninguén pode mercar ou vender, se non ten a marca, o nome da besta ou o número do seu nome.

(Apocalipse 13:2) A besta que vin semellaba unha pantera pero as patas eran coma as do oso e a boca coma a boca do león. O dragón deulle a súa forza, o seu trono é o seu gran poder.

(Apocalipse 13:1, 2) Logo vin subir do mar unha besta con dez cornos e sete cabezas e nos cornos tiña dez diademas e nas cabezas tiña un nome blasfemo. 2 A besta que vin semellaba unha pantera pero as patas eran coma as do oso e a boca coma a boca do león. O dragón deulle a súa forza, o seu trono é o seu gran poder.

(Apocalipse 13:11) Logo vin outra besta que subía da terra: tiña dous cornos semellantes ós do año e falaba coma o dragón.

(Apocalipse 13:15) Concedéuselle á segunda besta poder infundir espírito na imaxe da primeira, para facela falar e para que fixese que tódolos que non adorasen a imaxe da besta fosen asasinados.

23-29 DE DECEMBRO

TESOUROS DA BIBLIA | APOCALIPSE 17-19

“A guerra que acabará con tódalas guerras”

(Apocalipse 19:11) Despois vin o ceo aberto. E apareceu un cabalo branco; o cabaleiro que o monta chámase Fiel e Verdadeiro, xulga e loita con xustiza.

(Apocalipse 19:14-16) Os exércitos celestes, vestidos de ben curado liño branco, van tras el en cabalos brancos. 15 Da boca sáelle unha espada ben afiada, para ferir con ela os xentís: ha de os rexer cun caxato de ferro e pisa a moxega do viño rabioso da ira de Deus, que todo o sostén. 16 Ten escrito no seu manto e na súa coxa un nome: “Rei de reis e Señor de señores”.

w08 1/4 páx. 8 pars. 3, 4

O Harmaguedón, a guerra de Deus que acabará con tódalas guerras

Namentres os malvados gobernen o mundo, as persoas xustas non vivirán en paz e seguridade (Pr. 29:2; Ecl. 8:9). Sendo realistas, non podemos esperar que desaparezan a corrupción e a maldade se as persoas que practican estas cousas seguen a existir. Polo tanto, para que haxa paz e xustiza na terra teñen que desaparecer as persoas malvadas. É como Salomón escribiu: “O malvado será o rescate do home de ben” (Pr. 21:18).

Xa que Deus é o Xuíz, podemos estar seguros de que as sentenzas contra os malvados serán xustas. Abraham preguntou: “O que xulga a terra enteira, ¿non vai facer xustiza?”. Como el mesmo puido comprobar, Xehová sempre fai o que é xusto (Xén. 18:25). Ademais, a Biblia asegúranos que a Xehová non lle agrada ter que destruír os malvados, senón que o fai porque non hai outro remedio (Ez. 18:32; 2 Pe. 3:9).

it-1 páx. 380 par. 3

Cabalo

Na visión simbólica do apóstolo Xoán, aparece Xesucristo glorificado montado nun cabalo branco, acompañado dun exército de cabaleiros tamén montados en cabalos brancos. Isto representa que a guerra na que Cristo loitará en contra de tódolos inimigos a favor de Xehová, o seu Deus e Pai, será recta e xusta (Ap. 19:11, 14). Nun capítulo anterior fálase doutros cabaleiros. O primeiro representa a Xesús e o que vai facer como rei, e os cabaleiros que o seguen, as distintas calamidades que traen con eles (Ap. 6:2-8).

(Apocalipse 19:19, 20) Logo vin que a besta, os reis do mundo e mailos seus exércitos se xuntaban para faceren a guerra contra o cabaleiro do cabalo e contra o seu exército. 20 Colleron presos a besta e mailo falso profeta que estaba con ela: o que fixo os prodixios, cos que descamiñou ós que recibiron a marca da besta e adornaron a súa imaxe; botáronos vivos ós dous na lagoa de xofre ardendo.

re páx. 286 par. 24

O Rei Guerreiro triunfa en Harmaguedón

24 A besta de sete cabezas e dez cornos que sae do mar, é dicir, a organización política de Satán, é destruída canda o falso profeta, a sétima potencia mundial (Ap. 13:1, 11-13; 16:13). Mentres aínda están “vivos”, opoñéndose ó pobo de Deus na terra, bótaselles “na lagoa de lume”. Pero, é unha lagoa de lume literal? Non, xa que a besta e mailo falso profeta tampouco son animais literais. Máis ben, a lagoa de lume representa destrución completa, un lugar do que non se pode volver. É tamén aí onde se bota máis tarde á morte, ó Hades e mesmo a Satán (Ap. 20:10, 14). Está claro que non se refire a un inferno no que se torture eternamente os malvados, xa que Deus aborrece mesmo pensar en semellante cousa (Xer. 19:5; 32:35; 1 Xn. 4:8, 16).

(Apocalipse 19:21) Ós outros matáronos coa espada que saía da boca do cabaleiro que ía montado de a cabalo. Tódolos paxaros quedaron fartos da súa carniza.

re páx. 286 par. 25

O Rei Guerreiro triunfa en Harmaguedón

25 Mesmo sen ser parte dos gobernos, a tódolos que eran parte incorrixible deste mundo corrupto dáselles morte “coa espada que saía da boca do cabaleiro que ía montado de a cabalo”. Xesús condenaraos a morte. Xa que no seu caso non se fala da lagoa de lume, quere dicir isto que poden resucitar? En ningures se di que os que son executados nese tempo polo Xuíz nomeado por Xehová poderán resucitar. Como Xesús mesmo afirmou, tódolos que non son “ovellas” van “para o lume eterno preparado para o Satán e para os seus anxos”, é dicir, a destrución eterna (Mt. 25:33, 41, 46). Con estes acontecementos rematará “o día do xuízo e da perdición dos impíos” (2 Pe. 3:7; Na. 1:2, 7-9; Mal. 3:19 [4:1, NM]).

Afondemos nas Escrituras

(Apocalipse 17:8) A besta que viches existía pero xa non existe, e vai subir do abismo camiño da súa perdición; e os habitantes da terra, que non teñen os seus nomes escritos no libro da vida desde a creación do mundo, hanse admirar ollando que a besta existía, que xa non existe e que volverá aparecer.

re páxs. 247-248 pars. 5, 6

Resólvese un misterio abraiante

5 “A besta [...] existía”. Existiu como a Sociedade de Nacións dende o 10 de xaneiro de 1920, e 63 países formaron parte dela nun momento ou noutro. Non obstante, O Xapón, Alemaña e Italia marcharon daquela organización, e ademais a antiga Unión Soviética foi expulsada dela. En setembro de 1939, o ditador da Alemaña nazi deu comezo á segunda guerra mundial. A Sociedade de Nacións non puido manter a paz no mundo, e caeu nun abismo simbólico de inactividade. Para 1942 non servía para nada. Nin antes de aquel ano nin despois, senón no momento axeitado, Xehová reveloulle ó seu pobo o significado completo desa visión. No Congreso Teocrático do Novo Mundo, N. H. Knorr puido afirmar que, segundo a profecía, a besta “xa non existe”. Entón preguntou: “Ficará a Sociedade de Nacións no abismo?”. Despois de citar de Apocalipse 17:8, contestou: “A asociación de nacións do mundo xurdirá de novo”. E así sucedeu, confirmando deste xeito a precisión da Palabra profética de Xehová!

Sobe do abismo

6 A besta de cor vermella saíu sen dúbida do abismo. Con moita publicidade, o 26 de xuño de 1945 cincuenta países votaron en San Francisco (EUA) a favor da Carta das Nacións Unidas. Esta organización tiña o obxectivo de “manter a paz e a seguridade internacionais”. A ONU imitáballe moito á anterior Sociedade de Nacións. The World Book Encyclopedia di: “Nalgúns aspectos, a ONU parécese á Sociedade de Nacións que se creou despois da primeira guerra mundial. [...] Moitos dos países que fundaron a ONU tamén fundaron a Sociedade de Nacións. O mesmo que a súa predecesora, a ONU creouse para manter a paz entre as nacións. Os principais órganos da ONU son moi semellantes ós da Sociedade de Nacións”. Polo tanto, a ONU é en realidade o renacer da besta de cor vermella. Os máis de 190 países membros superan por moito ós 63 da Sociedade de Nacións, ademais de ter tamén moitas máis responsabilidades.

(Apocalipse 17:16, 17) Pero os dez cornos que viches e maila besta aborrecerán a prostituta: deixarana abandonada e espida, comerán a súa carniza e volverana cinsa co lume. 17 Pois Deus puxo nos seus corazóns que levasen a cabo o seu plan, un plan común a todos: de lle daren á besta a súa dignidade rexia, ata que teñan cumprimento os decretos de Deus.

w12 15/6 páx. 18 par. 17

Xehová revela “o que ten que acontecer axiña”

17 Agora ben, as relixións falsas non desaparecerán pouco a pouco. A prostituta seguirá tendo moito poder e tratará de manipular os gobernantes do mundo ata que Deus poña outra idea nos seus corazóns (le Apocalipse 17:16, 17). Dentro de pouco, Xehová fará que os elementos políticos do mundo de Satán, representados polas Nacións Unidas, ataquen as relixións falsas, o que fará que perdan tanto a súa influencia como as súas riquezas. Isto podía parecer difícil hai unhas décadas, pero hoxe está claro que a prostituta cambalea no lombo da besta de cor vermella. Mais non baixará pouco a pouco, senón que caerá de súpeto e de xeito violento (Ap. 18:7, 8, 15-19).

Lectura da Biblia

(Apocalipse 17:1-11) Logo veu falar comigo un dos sete anxos que tiñan as sete cuncas e díxome: “Ven acó, que che hei mostra-lo xuízo de condenación da gran prostituta que está sentada onda as augas abundantes; 2 foi a prostituta dos reis da terra e co viño da súa fornicación emborracháronse os habitantes da terra”. 3 Logo arrebatoume en arroubo ó deserto e vin unha muller montada nunha besta vermella, chea de nomes blasfemos, que tiña sete cabezas e dez cornos. 4 A muller estaba vestida de púrpura e escarlata, adornada de ouro, de pedras preciosas e de perlas; tiña na man unha copa de ouro chea de abominacións e tiña tamén as porcalladas da súa fornicación. 5 Sobre a fronte tiña escrito un nome misterioso: “A gran Babilonia, a nai das prostitutas e das abominacións da terra”. 6 Logo vin que a muller estaba borracha do sangue do pobo santo e do sangue dos mártires de Xesús. E, ó mirar para ela, quedei abraiado. 7 E díxome o anxo: “¿Por que te admiraches? Vouche explicar eu o senso misterioso da muller e da besta que a leva, a das sete cabezas e os dez cornos. 8 A besta que viches existía pero xa non existe, e vai subir do abismo camiño da súa perdición; e os habitantes da terra, que non teñen os seus nomes escritos no libro da vida desde a creación do mundo, hanse admirar ollando que a besta existía, que xa non existe e que volverá aparecer. 9 Para isto cómpre entendemento de sabio: as sete cabezas son sete montes sobre os que está sentada a muller; e tamén son sete reis: 10 cinco deles xa caeron, un aínda reina, o outro aínda non veu e, cando veña, pouco vai durar. 11 A besta, que existía pero xa non existe, é o rei oitavo e ó mesmo tempo é un dos sete; e tamén vai camiño da súa perdición.

“A guerra que acabará con tódalas guerras”

(Apocalipse 19:11) Despois vin o ceo aberto. E apareceu un cabalo branco; o cabaleiro que o monta chámase Fiel e Verdadeiro, xulga e loita con xustiza.

(Apocalipse 19:14-16) Os exércitos celestes, vestidos de ben curado liño branco, van tras el en cabalos brancos. 15 Da boca sáelle unha espada ben afiada, para ferir con ela os xentís: ha de os rexer cun caxato de ferro e pisa a moxega do viño rabioso da ira de Deus, que todo o sostén. 16 Ten escrito no seu manto e na súa coxa un nome: “Rei de reis e Señor de señores”.

(Apocalipse 19:19-21) Logo vin que a besta, os reis do mundo e mailos seus exércitos se xuntaban para faceren a guerra contra o cabaleiro do cabalo e contra o seu exército. 20 Colleron presos a besta e mailo falso profeta que estaba con ela: o que fixo os prodixios, cos que descamiñou ós que recibiron a marca da besta e adornaron a súa imaxe; botáronos vivos ós dous na lagoa de xofre ardendo. 21 Ós outros matáronos coa espada que saía da boca do cabaleiro que ía montado de a cabalo. Tódolos paxaros quedaron fartos da súa carniza.

(2 Corintios 13:11) Do resto, irmáns, estade alegres, procurade a perfección, dádevos azos, andade de acordo, vivide en paz e o Deus do amor e da paz estará convosco.

(Isaías 9:5) Pois velaí que nos naceu un meniño, déusenos un fillo: a soberanía estará sobre o seu ombreiro, e será invocado con estes seus nomes: Marabilla de conselleiro, Heroe divino, Pai eterno, Soberano da Paz.

(Sofonías 2:3) Buscade o Señor, tódolos pobres do país, que cumpríste-los seus decretos, buscade a xustiza, buscade a humildade. Quizais poidades escondervos no día da ira do Señor.

30 DE DECEMBRO–5 DE XANEIRO

TESOUROS DA BIBLIA | APOCALIPSE 20-22

“Vede que volvo novas tódalas cousas”

(Apocalipse 21:1) Logo vin un ceo novo e unha terra nova, pois o primeiro ceo e a primeira terra xa pasaran; e o mar xa non existía.

re páx. 301 par. 2

Un ceo novo e unha terra nova

2 Centos de anos antes de que vivise Xoán, Xehová dixéralle a Isaías: “Pois velaí: eu creo ceos novos e terra nova, e non serán lembradas as cousas vellas, nin pasarán á consideración de ninguén” (Is. 65:17; 66:22). Esta profecía cumpriuse nun primeiro momento cando, despois de estar 70 anos desterrados en Babilonia, os xudeus fieis volveron a Xerusalén no ano 537 a. n. e. Entón formaron unha sociedade limpa, unha “terra nova”, baixo un novo goberno, uns “ceos novos”. Non obstante, o apóstolo Pedro falou doutro cumprimento da profecía ó dicir: “Pero nós, conforme á súa promesa, esperamos un ceo novo e unha terra nova, onde exista a xustiza” (2 Pe. 3:13). Xoán agora explica que esta promesa se cumpre durante o día do Señor. Di que “o primeiro ceo e a primeira terra”, é dicir, os gobernos e o mundo en xeral organizado e controlado por Satán e os seus demos, pasarán. O “mar” da humanidade ruín e rebelde deixará de existir. No seu lugar haberá “un ceo novo e unha terra nova”, unha nova sociedade humana baixo un novo goberno, o Reino de Deus (comparar con Ap. 20:11).

(Apocalipse 21:3, 4) E sentín unha forte voz que desde o trono dicía: “Velaquí a tenda de Deus onda os homes. Acampará entre eles: eles serán o seu pobo e El será o seu Deus e compañeiro. 4 Enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor, porque as primeiras cousas pasaron xa”.

w13 1/12 páx. 11 pars. 2-4

“Vede que volvo novas tódalas cousas”

Deus “enxugará tódalas bágoas dos seus ollos” (Ap. 21:4). De que clase de bágoas se está a falar? Non son as de ledicia nin as que protexen os nosos ollos. As bágoas que desaparecerán son as causadas polo sufrimento e as mágoas. Deus non só enxugará estas bágoas, senón que eliminará todo o que as produce.

“A morte xa non existirá máis” (Ap. 21:4). Non hai nada que provoque máis bágoas que a morte. Mais Xehová liberará dela a tódalas persoas obedientes. Como? Eliminando o que a causa: o pecado que herdamos de Adam (Rm. 5:12). Grazas ó sacrificio de Xesús, Xehová fará que as persoas cheguen a ser perfectas. Entón, “a morte será o derradeiro inimigo destruído” (1 Cor. 15:26). Daquela, todos vivirán libres das enfermidades e da morte, como Deus inicialmente se propuxo que vivísemos.

“Nin haberá máis [...] dor” (Ap. 21:4). Cal é a dor que deixará de existir? A dor mental, emocional e física que é o resultado da imperfección e que tanto sufrimento lle causa a millóns de persoas.

(Apocalipse 21:5) O que estaba sentado no trono dixo: “Vede que volvo novas tódalas cousas”. E mandóuseme: “Escribe, porque estas palabras merecen fe e din a verdade”.

w03 1/8 páx. 12 par. 14

Xehová é o Deus da verdade

14 Deberiamos tomar a peito o que Xehová nos di na súa Palabra. El é tal cal se describe a si mesmo e ha cumprir sempre co que di. De feito, sóbrannos as razóns para confiar nel. Por iso podemos estar seguros de que Xehová cumprirá a súa Palabra de dar o “castigo ós que non queren recoñecer a Deus e ós que non obedecen o Evanxeo do noso Señor Xesús” (2 Tes. 1:8). Tampouco non temos dúbida de que lles quere moito a tódolos que son xustos, que lles dará vida eterna ós que teñen fe, e que eliminará a dor, o pranto e mesmo a morte. Xehová garántenos que podemos confiar nesta promesa polo que lle dixo ó apóstolo Xoán: “Escribe, porque estas palabras merecen fe e din a verdade” (Ap. 21:4, 5; Pr. 15:9; Xn. 3:36).

Afondemos nas Escrituras

(Apocalipse 20:5) O resto dos mortos non volveron á vida ata completaren os mil anos: ésta é a primeira resurrección.

it-2 páx. 1202 par. 2

Vida

O mandato que recibiu Adam implicaba que, se obedecía a Deus, non morrería nunca (Xén. 2:17). O mesmo ocorrerá coas persoas obedientes. Cando a morte, o derradeiro inimigo, sexa destruída, nunca haberá nada nos corpos das persoas que poida facer que morran (1 Cor. 15:26). A morte será destruída ó final do reinado de Cristo que, segundo Apocalipse, durará mil anos. Neste libro dise que os que son reis e sacerdotes con Cristo “volveron a vivir e comezaron a reinar con Cristo mil anos”. Agora ben, quen son “o resto dos mortos” que “non volveron á vida ata completaren os mil anos”? Estes teñen que ser os que estean vivos ó final dos mil anos xusto antes de que Satán sexa liberado do abismo e probe de xeito definitivo á humanidade. Para a fin dos mil anos, as persoas que vivan na terra serán completamente perfectas, terán o mesmo estado que Adam e Eva antes de pecar. Daquela si que se poderá dicir que teñen vida perfecta. Aqueles que pasen a proba que haberá cando Satán ande ceibe durante un período de tempo curto, poderán desfrutar de vida perfecta para sempre (Ap. 20:4-10).

(Apocalipse 20:14, 15) Á Morte e ó Hades botáronos na lagoa de lume. Esta é a Morte segunda: a lagoa do lume. 15 A quen non apareceu inscrito no libro da Vida botárono na lagoa do lume.

it-2 páxs. 180-181

Lagoa de lume

Esta expresión é un símbolo e só aparece no libro de Apocalipse. A Biblia explica claramente o que é: “Esta é a Morte segunda: a lagoa do lume” (Ap. 20:14; 21:8).

O contexto das pasaxes onde se menciona no libro de Apocalipse deixa claro que é un símbolo. Por exemplo, dise que á morte bótaselle nesta lagoa de lume (Ap. 19:20; 20:14). É evidente que a morte non se pode queimar en sentido literal. Ademais, tamén se bota nesta lagoa a Satán, unha criatura espiritual invisible. Pero o lume literal non pode facerlles dano ningún a esta clase de criaturas (Ap. 20:10; comparar con Éx. 3:2 e Xuí. 13:20).

Xa que a lagoa de lume representa a “Morte segunda” e que Apocalipse 20:14 di que tanto á “Morte” como ó “Hades” os botaron alí, é evidente que esta lagoa de lume non pode representar nin a morte herdada de Adam nin o Hades (Xeol), pois ambos son destruídos nela (Rm. 5:12). Polo tanto, ten que ser un símbolo doutra clase de morte da que non se pode resucitar, pois non se di en ningures que esta “lagoa” entregue os mortos que hai nela, como si o fan a morte adámica e o Hades (Xeol) (Ap. 20:13). Ós que non están inscritos no “libro da Vida”, é dicir, os que se opoñen á soberanía de Deus e non se arrepinten, bótaselles na lagoa de lume, ou morte segunda. Isto significa que son destruídos para sempre (Ap. 20:15).

Lectura da Biblia

(Apocalipse 20:1-15) Logo vin que outro anxo baixaba do ceo, coa chave do abismo e unha cadea grande na man. 2 Con ela amarrou forte ó dragón, serpe antiga, que é Satán e Satanás, e encadeouno para mil anos. 3 Botouno no abismo e pechou e púxolle selo á pechadura diante do dragón para que xa non extravíe máis as nacións ata que se cumpran os mil anos; despois hano soltar unha miguiña de tempo. 4 Logo vin uns tronos. Ós que sentaban neles déuselle-lo poder de xulgar. Vin tamén as ánimas dos degolados por mor do testemuño de Xesús e da palabra de Deus e mailas dos que non se postraron para adora-la besta nin a súa imaxe nin recibiron a marca da besta na súa fronte nin nas súas mans. Estes volveron vivir e comezaron a reinar con Cristo mil anos. 5 O resto dos mortos non volveron á vida ata completaren os mil anos: ésta é a primeira resurrección. 6 ¡Benaventurado e santo o que participa nesta primeira resurrección! Sobre eles non ten poder a morte segunda: serán sacerdotes de Deus e de Cristo e reinarán con El mil anos. 7 Cando se completen os mil anos, Satanás vaise ver ceibe da súa cadea 8 e sairá para engaiola-los xentís das catro esquinas do mundo, a Gog e a Magog, para os xuntar para a guerra. O número destes é coma o das areas do mar. 9 Subiron por todo o ancho do mundo e rodearon o campamento dos santos e maila cidade amada. Pero baixou do ceo lume e consumiunos. 10 E, despois de os engaiolar, ó demo botárono na lagoa de lume e xofre, onde xa estaban a besta e mailo falso profeta. Alí hanos castigar día e noite polos séculos dos séculos. 11 Logo vin un gran trono branco e vin quen estaba nel sentado: da súa presencia fuxiron o ceo e a terra e deles non quedou nin rastro. 12 Logo vin os mortos, grandes e pequenos, de pé diante do trono; e abríronse uns libros. Abriuse tamén outro libro, o libro da vida e ós mortos xulgáronos polo escrito nos libros, conforme as súas obras. 13 O mar entregou os mortos que nel había; e a Morte e o Hades entregaron os mortos que neles había; e a cadaquén xulgárono polas súas obras. 14 Á Morte e ó Hades botáronos na lagoa de lume. Esta é a Morte segunda: a lagoa do lume. 15 A quen non apareceu inscrito no libro da Vida botárono na lagoa do lume.

“Vede que volvo novas tódalas cousas”

(Apocalipse 21:1-5) Logo vin un ceo novo e unha terra nova, pois o primeiro ceo e a primeira terra xa pasaran; e o mar xa non existía.2 Tamén vin que a cidade santa, unha Xerusalén nova, baixaba do ceo de onda Deus, preparada coma a esposa que está engalanada para o seu esposo. 3 E sentín unha forte voz que desde o trono dicía: “Velaquí a tenda de Deus onda os homes. Acampará entre eles: eles serán o seu pobo e El será o seu Deus e compañeiro. 4 Enxugará tódalas bágoas dos seus ollos, e a morte xa non existirá máis. Nin haberá máis loito nin pranto nin dor, porque as primeiras cousas pasaron xa”. 5 O que estaba sentado no trono dixo: “Vede que volvo novas tódalas cousas”. E mandóuseme: “Escribe, porque estas palabras merecen fe e din a verdade”.

A NOSA VIDA CRISTIÁ

“Melloremos as nosas habilidades na predicación. Sexamos adaptables”

(Apocalipse 22:17) O Espírito e a esposa din: “Ven”. Quen escoita, que diga: “Ven”. Quen teña sede, que veña; o que queira, que colla de balde auga da vida.

(Apocalipse 14:6) E vin outro anxo voando polo medio do ceo: levaba unha boa nova eterna para pregoárllela ós habitantes da terra, a tódalas nacións, razas, linguas e pobos.

(2 Corintios 6:3, 4) Nunca damos motivo de escándalo en nada, para que o noso ofrecemento non se poida censurar. 4 Ó contrario, acreditámonos decote coma servidores de Deus con tanto como sufrimos: tribulacións, adversidades, angustias,

(1 Corintios 9:19-23) Pois, sendo como son libre con respecto a todos, de todos me fixen escravo para gaña-los máis posibles. 20 Fíxenme xudeu cos xudeus, para gaña-los xudeus; suxeito a Lei cos que están baixo a Lei -eu que non o estou-, para gaña-los que están baixo a Lei. 21 Cos que están sen a lei, fíxenme coma sen lei -non estando eu sen a Lei de Deus, tendo como teño a Lei de Cristo- para gaña-los sen lei. 22 Cos débiles fíxenme débil, para gaña-los débiles. Fíxenme todo con todos, para salvar algúns a toda costa. 23 Todo o fago polo Evanxeo, para ter algunha parte nel.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir