Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades
6-12 DE XANEIRO
TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 1-2
“Xehová crea a vida na Terra”
(Xénese 1:3, 4) Mandou Deus que houbese luz, e houbo luz. 4 Viu Deus que a luz era cousa boa e arredouna das tebras.
(Xénese 1:6) Quixo Deus que houbese un espacio para arreda-las augas das augas.
(Xénese 1:9) Mandou Deus que se xuntasen as augas de embaixo nun lugar e que aparecese o chan enxoito. E así foi.
(Xénese 1:11) Mandou Deus que a terra xermolase herba verde, plantas coa súa semente e árbores que desen froitos, cada unha coa súa semente, conforme á súa especie. E así foi.
it-1 páx. 571
Creación
Durante o primeiro día da creación, cando Deus mandou “que houbese luz”, unha luz difusa debeu penetrar o manto de nubes que cubría a terra. Dende a superficie do planeta non era posible saber de onde viña esa luz. Parece que foi un proceso gradual. Por exemplo, a versión en inglés de J. W. Watts di: “E gradualmente chegou a existir a luz” (Xén. 1:3, A Distinctive Translation of Genesis). Ademais, Deus fixo unha división entre a luz e a escuridade. Á luz chamoulle “día”, e á escuridade, “noite”. Isto demostra que a Terra xa xiraba sobre o seu eixe e tamén ó redor do Sol, de xeito que nunha metade da terra había luz e a outra estaba a escuras (Xén. 1:3, 4).
Durante o segundo día da creación, Deus fixo que houbese un espazo “para arreda-las augas das augas”. Algunhas destas augas quedaron sobre a terra, pero outras, en meirande cantidade, eleváronse moi por riba da superficie terrestre. Deste xeito, Deus creou un “espazo” entre elas ó que lle chamou “ceo”. Este ceo era o espazo que estaba por riba da superficie da terra, pero non incluía as estrelas e o resto de corpos celestes. De feito, en ningures se di que estes corpos celestes fosen parte das augas que estaban por riba do “espazo” (Xén. 1:6-8; ver EXPANSIÓN).
Durante o terceiro día da creación, grazas ó poder de Deus, as augas que estaban na superficie da terra xuntáronse e apareceu o chan enxoito, ó que Deus lle chamou “terra”. Neste día, a materia inanimada recibiu a vida, ou o principio vital, pero non froito da casualidade nin de ningún proceso evolutivo, senón polo poder de Deus. Grazas a isto apareceu a herba, a vexetación e as árbores froiteiras. Cada unha destas podía reproducirse “conforme á súa especie” (Xén. 1:9-13).
(Xénese 1:14) Mandou Deus que houbese luces no espacio para distingui-lo día da noite, para dar sinal das festas, das estacións e dos anos,
(Xénese 1:20) Quixo Deus que as augas fosen un fervedeiro de peixes e o espacio entre o ceo e a terra un voar de paxaros.
(Xénese 1:24) Mandou Deus que a terra producise as varias especies de animais, os domésticos, os reptís e as feras salvaxes. E así foi.
(Xénese 1:27) E creou Deus o home á súa imaxe, creouno á imaxe de Deus, creouno varón e femia.
it-1 páx. 571 par. 8–páx. 572 par. 2
Creación
Tamén é interesante que en Xénese 1:16 non se emprega o verbo hebreo bará, que significa “crear”, senón que se emprega o verbo hebreo asáh, que significa “facer”. Xa que o Sol, a Lúa e as estrelas están incluídos no “ceo” que se menciona en Xénese 1:1, queda claro que foron creados moito antes do cuarto día da creación. Segundo Xénese 1:17, no cuarto día Deus “fixo” estes corpos celestes e “púxoos no espazo” para alumar a terra, é dicir, fixo que se visen dende a superficie terrestre, coma se estivesen no espazo, ou ceo, que se menciona en Xénese 1:6. Ademais, estes astros serviríanlles ós humanos para “distingui-lo día da noite, para dar sinal das festas, das estacións e dos anos”, así como para outras cousas (Xén. 1:14).
O quinto día da creación, Deus creou os animais na terra. A súa intención non era facer unha soa criatura e que despois evolucionase, senón crear, por medio do Seu poder, unha multitude de criaturas. O relato di: “E creou os monstros mariños, os moitos xéneros de peixes que referven nas augas e tódalas sortes de paxaros”. Contento co que creara, Deus bendiciunos e díxolles que se reproducisen e crecesen. Isto só foi posible grazas a que Deus lles dera a tódalas criaturas a capacidade de reproducirse segundo a súa especie (Xén. 1:20-23).
Durante o sexto día da creación, “Deus fixo as varias especies de feras salvaxes, animais domésticos, reptís, e parecéronlle ben”, igual có resto de criaturas que creara (Xén. 1:24, 25).
Cara ó final do sexto día da creación, Deus fixo que chegase a existir unha clase de criatura completamente nova, superior ó resto de animais pero inferior ós anxos, creada á imaxe e semellanza de Deus. A esta criatura chamóuselle “home”. Mentres que en Xénese 1:27 se di que Deus os creou “varón e femia”, o relato paralelo de Xénese 2:7-9 di que Xehová “formou o home do po da terra, soproulle no nariz o alento da vida e tornouse o home persoa viva”, co obxectivo de vivir nun paraíso con comida abondo. No caso dos seres vivos xa mencionados, Xehová empregou os elementos que había na terra para crealos. Pero no caso da muller, creouna a partir dunha das costelas de Adam (Xén. 2:18-25). Coa creación da muller completouse a especie humana (Xén. 5:1, 2).
Afondemos nas Escrituras
(Xénese 1:1) No principio creou Deus o ceo e a terra.
A ciencia e o relato da Xénese
O relato da Xénese empeza con esta sinxela pero poderosa declaración: “No principio creou Deus o ceo e a terra” (Xénese 1:1). Moitos expertos na Biblia opinan que esta afirmación describe unha acción distinta ós seis días de creación relatados a partir do versículo 3. Tal idea ten profundas implicacións. De acordo coas palabras iniciais da Biblia, o Universo, incluída a Terra, xa existía antes de que comezasen os seis días da creación.
Os xeólogos estiman que a Terra ten uns catro mil millóns de anos, e os astrónomos calculan que hai uns quince mil millóns que existe o Universo. Contradín estes cálculos, ou as súas posibles actualizacións, as palabras de Xénese 1:1? O certo é que non, xa que a Biblia non especifica a idade real do “ceo e a terra”. A ciencia non está en conflito co texto bíblico.
(Xénese 1:26) Despois dixo Deus: “Fagámo-lo home á nosa imaxe e á nosa semellanza, e que mande nos peixes do mar, nos paxaros do ceo, nos animais domésticos e nos reptís todos da terra”.
it-2 páx. 80
Xesucristo
Non foi un cocreador. O Fillo de Deus participou na creación co seu Pai, pero isto non quere dicir que fose un cocreador. O poder para crear viña só de Xehová grazas ó Seu espírito santo, é dicir, a súa forza activa ou poder en acción (Xén. 1:2; Sal. 33:6). Xa que Xehová é a “fonte da vida”, tódolos seres animados, sexan visibles ou invisibles, débenlle a vida a El (Sal. 36:10 [36:9, NM]). Máis ca un cocreador, o Fillo de Deus foi un instrumento nas mans do Creador, Xehová. Xesús mesmo atribuíulle o mérito da creación a El, como se fai no resto das Escrituras (Mt. 19:4-6; ver CREACIÓN).
Lectura da Biblia
(Xénese 1:1-19) No principio creou Deus o ceo e a terra. 2 A terra era unha masa disforme e baldeira, as tebras cubrían o abismo e un vento poderoso axitaba as augas. 3 Mandou Deus que houbese luz, e houbo luz. 4 Viu Deus que a luz era cousa boa e arredouna das tebras. 5 Á luz chamouna día e ás tebras chamounas noite. E con iso completouse o primeiro día da semana. 6 Quixo Deus que houbese un espacio para arreda-las augas das augas. 7 E fixo un espacio, que arredaba as augas de enriba das de embaixo. 8 Ó espacio rematado Deus chamouno ceo. E completouse o segundo día. 9 Mandou Deus que se xuntasen as augas de embaixo nun lugar e que aparecese o chan enxoito. E así foi. 10 Ó chan enxoito chamouno terra e ás augas xuntas, mares. E viu que estaba ben. 11 Mandou Deus que a terra xermolase herba verde, plantas coa súa semente e árbores que desen froitos, cada unha coa súa semente, conforme á súa especie. E así foi. 12 A terra xermolou herba verde, plantas coa súa semente, árbores que daban froito, cada unha coa súa semente. E viu Deus que estaba ben. 13 E completouse o terceiro día. 14 Mandou Deus que houbese luces no espacio para distingui-lo día da noite, para dar sinal das festas, das estacións e dos anos, 15 e para que, brillando no espacio, alumasen a terra. E así foi. 16 Deus fixo dúas luminarias, a grande que rexe o día, a pequena que rexe a noite, e tamén as estrelas. 17 Púxoas no espacio, para aluma-la terra, 18 para rexe-lo día e a noite e para distingui-la luz das tebras. E viu que estaba ben. 19 E completouse o cuarto día.
“Xehová crea a vida na Terra”
(Xénese 1:3, 4) Mandou Deus que houbese luz, e houbo luz. 4 Viu Deus que a luz era cousa boa e arredouna das tebras.
(Xénese 1:6) Quixo Deus que houbese un espacio para arreda-las augas das augas.
(Xénese 1:9) Mandou Deus que se xuntasen as augas de embaixo nun lugar e que aparecese o chan enxoito. E así foi.
(Xénese 1:11) Mandou Deus que a terra xermolase herba verde, plantas coa súa semente e árbores que desen froitos, cada unha coa súa semente, conforme á súa especie. E así foi.
(Xénese 1:14) Mandou Deus que houbese luces no espacio para distingui-lo día da noite, para dar sinal das festas, das estacións e dos anos,
(Xénese 1:20) Quixo Deus que as augas fosen un fervedeiro de peixes e o espacio entre o ceo e a terra un voar de paxaros.
(Xénese 1:24) Mandou Deus que a terra producise as varias especies de animais, os domésticos, os reptís e as feras salvaxes. E así foi.
(Xénese 1:27) E creou Deus o home á súa imaxe, creouno á imaxe de Deus, creouno varón e femia.
A NOSA VIDA CRISTIÁ
“Podes explicar por que cres en Deus?”
(Romanos 12:1, 2) Rógovos, logo, irmáns, pola misericordia de Deus, que ofrezáde-los vosos corpos coma sacrificio vivo, santo, grato a Deus: coma o voso culto espiritual. 2 E non vos axustedes ó mundo presente. Transformádevos, máis ben, pola renovación da mente, para que poidades coñecer cal é a vontade de Deus: o bo, o que lle agrada, o perfecto.
(Proverbios 15:28) A mente do xusto medita antes de responder, a boca dos perversos burbulla maldades.
SEXAMOS MELLORES MESTRES
Ideas para conversar
(Isaías 42:8) ¡Eu, Iavé, este é o meu Nome! A miña gloria a outro non lla dou; nin a miña louvanza ós ídolos.
(1 Xoán 4:8) O que non ama, aínda non coñece a Deus, porque Deus é amor.
(Xoán 17:3) (E nisto consiste a vida eterna: que te coñezan a ti, o único Deus verdadeiro, e a quen mandaches, Xesús Cristo).
13-19 DE XANEIRO
TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 3-5
“As lamentables consecuencias da primeira mentira”
(Xénese 3:1-5) A serpe era o máis arteiro de tódolos animais que o Señor Deus fixera. Díxolle á muller: “¿Conque Deus vos prohibiu comer do froito das árbores do xardín?” 2 A muller respondeulle: “Podemos comer do froito das árbores todas do xardín. 3 Soamente da árbore de alá no fondo nos mandou Deus: Non comades dela nin a toquedes, non sexa que morrades”. 4 A serpe insistiu: “De ningunha maneira morreredes. 5 É que Deus sabe ben que o día en que comades dela, se vos abrirán os ollos e seredes coma Deus, sabedores do ben e do mal”.
w17.02 páx. 5 par. 9
O propósito de Xehová cumprirase sen falta
9 Por medio dunha serpe, Satán enganou a Eva para que desobedecese o seu Pai, Xehová (le Xénese 3:1-5; Ap. 12:9). O Demo afirmou que o feito de que non puidesen comer o froito de calquera das árbores do xardín era un problema. En realidade, foi coma se dixese: “Así que non podedes comer o que queirades?”. Despois, mentiulle descaradamente ó dicir: “De ningunha maneira morreredes”. Entón quixo convencer a Eva de que non tiña por que obedecer a Deus. Díxolle: “É que Deus sabe ben que o día en que comades dela, se vos abrirán os ollos”. Satán insinuou que Xehová non quería que comesen daquel froito porque así terían un coñecemento superior. Ademais, fíxolle unha falsa promesa ó dicirlle: “Seredes coma Deus, sabedores do ben e do mal”.
(Xénese 3:6) A muller reparou que o froito da árbore era saboroso, atraente, e bo para adquirir entendemento. E coa mesma colleu do froito e comeu; logo deulle ó seu home, e tamén el comeu.
w00 15/11 páxs. 25-26
Que aprendemos da primeira parella humana?
Era inevitable que Eva pecase? Para nada. Poñámonos no seu lugar. O que afirmou a serpe foi unha distorsión do que Deus e Adam dixeran. Como nos sentiriamos se unha persoa que non coñecemos acusase de mentireiro a alguén a quen queremos e en quen confiamos? Eva debería ter actuado doutro xeito, se cadra indignándose e mesmo deixando de escoitar a serpe. Despois de todo, quen era a serpe para cuestionar a xustiza de Deus e o que lle dixera o seu home? Por respecto á autoridade de Adam, Eva debería terlle consultado antes de tomar unha decisión. Nós tamén deberiamos actuar dun xeito parecido se nalgún momento nos atopásemos con información contraria á que nos dá Xehová. Con todo, Eva creu o que lle dixo o Tentador, pois quixo xulgar por si mesma o que era bo e o que era malo. Canto máis o pensaba, máis lle gustaba a idea. Sen dúbida, foi un erro non desbotar ese mal desexo e nin sequera comentalo co seu cabeza de familia (1 Cor. 11:3; Sant. 1:14, 15).
Adam faille caso á súa muller
Eva non tardou en facer que Adam pecase. Como poderiamos explicar que fose tan doado convencelo? (Xén. 3:6, 17) Adam tivo que decidir a quen ser leal. Obedecería o seu Creador, quen lle dera todo, mesmo a súa querida muller? Preguntaríalle ó seu Pai que debería facer? Ou faría o mesmo cá súa muller? Adam ben sabía que o que pensaba Eva que ocorrería despois de comer o froito prohibido era mentira. O apóstolo Paulo escribiu baixo inspiración: “E a Adam non o enganaron, senón que a muller se deixou enganar e caeu no pecado” (1 Tim. 2:14). Así que Adam escolleu desobedecer a Xehová adrede. O medo que tiña de perder a súa muller foi máis forte que a súa fe en que Deus solucionaría a situación.
(Xénese 3:15-19) Poño hostilidade entre ti e a muller, entre a túa liñaxe e a dela. Ti tentarás de atanguerlle o calcañar, pero ela esmagarache a cabeza”. 16 Á muller díxolle: “Terás moitos afáns na túa preñez, parirás con dor os fillos. Devecerás polo teu home, e el dominarate”. 17 Ó home díxolle: “Porque lle fixeches caso á túa muller, comendo do froito da árbore que che prohibira comer, por culpa túa será maldita a terra: con traballos tirarás dela a túa mantenza mentres vivas. 18 Producirache silvas e abrollos, e terás que comer herbas silvestres. 19 Comera-lo pan coa túa suor, ata que volvas á terra da que fuches tirado. De feito, ti es po e ó po tes que volver”.
Valora Deus ás mulleres?
Maldiciu Xehová as mulleres?
Non. A quen maldiciu foi a “serpe antiga”, tamén coñecido como Satán (Ap. 12:9; Xén. 3:14). Cando dixo que Adam dominaría a Eva, Deus non estaba aprobando que a sometese (Xén. 3:16). Simplemente estaba predicindo as tristes consecuencias do seu pecado.
w04 1/1 páx. 29 par. 2
Ideas interesantes do libro de A Xénese I
3:17. En que sentido se maldiciu “a terra”, e durante canto tempo? A maldición sobre “a terra” implicaba que sería moi difícil traballala. Os descendentes de Adam sentiron ben os efectos desta maldición, pois tiveron que cultivar a terra xunto con silvas e abrollos. Tanto foi así que Lámec, o pai de Noé, falou “dos traballos e angueiras que por culpa da maldición do Señor nos causa a terra” (Xén. 5:29). Despois do Diluvio, Xehová bendiciu a Noé e mailos seus fillos, e expresou o seu propósito de que enchesen a terra (Xén. 9:1). Parece que daquela Deus xa eliminara esta maldición (Xén. 13:10).
it-1 páx. 717
Dores de parto
As dores asociadas ó parto. Despois de que Eva, a primeira muller, pecara, Deus faloulle do que isto significaría á hora de parir. Se non desobedecese, seguiría tendo a aprobación de Deus e ter fillos só lle traería felicidade, xa que “é a bendición do Señor a que fai rico e o esforzo non engade nada” (Pr. 10:22). Pero, debido á imperfección, o normal sería que se experimentase dor durante o parto. Por iso Deus díxolle a Eva: “Terás moitos afáns na túa preñez, parirás con dor os fillos” (Xén. 3:16).
Afondemos nas Escrituras
(Xénese 4:23, 24) Lámec avisou ás súas mulleres Adah e Silah: “Escoitádeme, mulleres de Lámec, atendede ás miñas palabras. Por unha ferida matarei un home, por un golpe un rapaz. 24 Se Caín é vingado sete veces, Lámec serao setenta e sete”.
it-2 páx. 183 par. 2
Lámec
O poema que Lámec compuxo para as súas mulleres pon de manifesto a violencia que existía no seu tempo (Xén. 4:23, 24). Dicía así: “Escoitádeme, mulleres de Lámec, atendede ás miñas palabras. Por unha ferida matarei un home, por un golpe un rapaz. Se Caín é vingado sete veces, Lámec serao setenta e sete”. Semella que Lámec estaba a falar dun caso de defensa persoal e non dun asasinato intencionado, coma no caso de Caín. Afirmou que matou en defensa propia o home que o golpeara e o ferira. Por iso, o seu poema era unha petición de inmunidade para calquera que quixese vingar a morte do home que o atacara.
(Xénese 4:26) Tamén Xet tivo un fillo, a quen puxo o nome de Enox. Daquela empezaron os homes a invoca-lo nome do Señor.
it-1 páx. 359 par. 2
Blasfemia
No tempo de Enox, que viviu antes do Diluvio, comezouse a “invoca-lo nome do Señor”. Parece que isto non se fixo do xeito apropiado, pois Abel xa empregara antes o nome de Deus cando se dirixía a Xehová (Xén. 4:26; Heb. 11:4). Algúns expertos opinan que, durante o tempo de Enox, se empregou de xeito impropio o nome de Deus atribuíndollelo a persoas ou a obxectos relacionados coa idolatría. Se este foi o caso, podería considerarse unha blasfemia (ver ENOX).
Lectura da Biblia
(Xénese 4:17–5:8) Caín achegouse á súa muller e esta quedou embarazada e deu a luz a Henoc. Caín construíu unha cidade e púxolle o nome de seu fillo. 18 Henoc foi pai de Irad, este de Mehuiael, este de Metuxael e este de Lámec. 19 Lámec casou con dúas mulleres, unha de nome Adah e outra Silah. 20 Adah pariu a Iabal, pai dos que habitan en tendas e teñen gandos. 21 Seu irmán chamábase Iubal, pai dos que tocan a cítola e a frauta. 22 Silah, pola súa parte, pariu a Túbal-Caín, inventor das ferramentas de bronce e de ferro. Tiña unha irmá que respondía por Naamah. 23 Lámec avisou ás súas mulleres Adah e Silah: “Escoitádeme, mulleres de Lámec, atendede ás miñas palabras. Por unha ferida matarei un home, por un golpe un rapaz. 24 Se Caín é vingado sete veces, Lámec serao setenta e sete”. 25 O home Adam achegouse outra vez á súa muller, que deu a luz un fillo. Púxolle o nome de Xet, agradecendo: “Deus concedeume un fillo no posto de Abel, a quen matara Caín”. 26 Tamén Xet tivo un fillo, a quen puxo o nome de Enox. Daquela empezaron os homes a invoca-lo nome do Señor.
5 Xenealoxía da humanidade. Cando Deus creou o home, fíxoo á súa imaxe. 2 Creounos home e muller, e bendiciunos. Ó crealos, chamounos homes. 3 Adam tiña cento trinta anos cando xerou un fillo, imaxe súa e semellante a el. Púxolle o nome de Xet. 4 Adam viviu aínda oitocentos anos, e tivo outros fillos e fillas. 5 Por xunto viviu Adam novecentos trinta anos, e logo morreu. 6 Xet tiña cento cinco anos cando lle naceu Enox. 7 Despois viviu oitocentos sete anos e tivo outros fillos e fillas. 8 Por xunto viviu Xet novecentos doce anos, e logo morreu.
“As lamentables consecuencias da primeira mentira”
(Xénese 3:1-6) A serpe era o máis arteiro de tódolos animais que o Señor Deus fixera. Díxolle á muller: “¿Conque Deus vos prohibiu comer do froito das árbores do xardín?” 2 A muller respondeulle: “Podemos comer do froito das árbores todas do xardín. 3 Soamente da árbore de alá no fondo nos mandou Deus: Non comades dela nin a toquedes, non sexa que morrades”. 4 A serpe insistiu: “De ningunha maneira morreredes. 5 É que Deus sabe ben que o día en que comades dela, se vos abrirán os ollos e seredes coma Deus, sabedores do ben e do mal”. A muller reparou que o froito da árbore era saboroso, atraente, e bo para adquirir entendemento. E coa mesma colleu do froito e comeu; logo deulle ó seu home, e tamén el comeu.
(Xénese 3:15-19) Poño hostilidade entre ti e a muller, entre a túa liñaxe e a dela. Ti tentarás de atanguerlle o calcañar, pero ela esmagarache a cabeza”. 16 Á muller díxolle: “Terás moitos afáns na túa preñez, parirás con dor os fillos. Devecerás polo teu home, e el dominarate”. 17 Ó home díxolle: “Porque lle fixeches caso á túa muller, comendo do froito da árbore que che prohibira comer, por culpa túa será maldita a terra: con traballos tirarás dela a túa mantenza mentres vivas. 18 Producirache silvas e abrollos, e terás que comer herbas silvestres. 19 Comera-lo pan coa túa suor, ata que volvas á terra da que fuches tirado. De feito, ti es po e ó po tes que volver”.
20-26 DE XANEIRO
TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 6-8
“Fixo todo conforme Deus lle mandara”
(Xénese 6:9) Esta é a historia de Noé. Noé era un home xusto, enteiro, entre as xentes do seu tempo. Seguía os camiños de Deus.
(Xénese 6:13) e díxolle a Noé: “Para min chegou a fin de tódolos seres vivos, pois por culpa deles está a terra chea de crimes. Vounos exterminar todos con ela.
w18.02 páx. 4 par. 4
Imitemos a fe e a obediencia de Noé, Daniel e Xob
4 Que problemas tivo Noé? Cando vivía Enox, o bisavó de Noé, as persoas estaban tan afastadas de Deus que mesmo esbardallaban arruallos contra Xehová (Xds. 14, 15). E cada vez había máis violencia. De feito, a Biblia di que nos días de Noé a terra estaba “chea de violencia”. Anxos malvados encarnáronse en humanos, casaron con mulleres e tiveron fillos moi violentos (Xén. 6:2-4, 11, 12). Pero Noé era diferente. A Biblia di del: “Noé achou o favor do Señor. [...] Noé era un home xusto, enteiro, entre as xentes do seu tempo. Seguía os camiños de Deus” (Xén. 6:8, 9).
(Xénese 6:14-16) Ti constrúe unha arca de madeira resinosa. Fai nela celas e calafatéaa con betume por dentro e por fóra. 15 Farala deste xeito: o longo de trescentos cóbados, o ancho de cincuenta, a altura de trinta. 16 Poraslle unha cuberta; un cóbado debaixo dela deixaraslle unha bufarra e por un lado unha porta; levará tres pisos superpostos: o baixo, o medio e o alto.
“Seguía os camiños de Deus”
O traballo que Deus lle encargara a Noé levoulle corenta ou cincuenta anos. Tivo que cortar moitas árbores e transportar moitos troncos. Despois tivo que tronzalos e convertelos en vigas para colocalas no seu lugar. A arca debería ter tres pisos, ou cubertas, varios compartimentos e unha porta nun dos lados. Parece que tamén tiña ventás ó longo da parte superior, ademais dun teito a dúas augas con pendente suficiente para que a auga escorregase polos lados (Xén. 6:14-16).
(Xénese 6:22) Noé fixo todo conforme Deus lle mandara.
“Corramos con aguante a carreira”
13 Como puideron estes servos de Xehová aguantar e gañar a carreira? Fixémonos no que Paulo escribiu acerca de Noé (le Hebreos 11:7). Deus dixo que mandaría un diluvio sobre a terra “para acabar coa vida toda de debaixo do ceo”. Claro, Noé nunca vira un diluvio (Xén. 6:17). Ademais, nunca antes ocorrera algo semellante. Inda así, Noé non pensou que fose imposible ou improbable que ocorrese. Por que? Porque tiña fe en que todo o que Xehová dicía se ía cumprir. Tampouco pensou que o que Deus lle mandara era moi difícil de levar a cabo. Pola contra, “Noé fixo todo conforme Deus lle mandara” (Xén. 6:22). Pensemos por un momento en todo o que Noé tivo que facer: construír a arca, xuntar os animais, abastecerse de comida para todos, predicar unha mensaxe de advertencia e coidar da relación con Xehová da súa familia. Dende logo non foi pouca cousa. Con todo, a fe e o aguante de Noé non caeron en saco roto, pois tanto el como a súa familia sobreviviron ó Diluvio e recibiron outras recompensas.
Afondemos nas Escrituras
(Xénese 7:2) De todo animal puro colle sete parellas, macho e femia; dos non puros, unha parella, macho e femia;
w04 1/1 páx. 29 par. 7
Ideas interesantes do libro de A Xénese I
7:2 En base a que se fixo a diferenza entre os animais puros e os non puros? Parece que a base para facer esta diferenza se relacionaba cos sacrificios que se facían para adorar a Deus, e non con se podían comerse ou non. Antes do Diluvio, a carne dos animais non era parte da dieta dos humanos. Os termos “puros” e “non puros” respecto da comida empregáronse por primeira vez na Lei de Moisés, e deixaron de usarse cando a Lei foi abolida (Feit. 10:9-16; Ef. 2:15). Polo visto, Noé sabía o que se podía empregar para facerlle sacrificios a Xehová. De feito, segundo saíu da arca, “construíulle un altar ó Señor, colleu gandos puros e aves puras e ofreceunos en sacrificio no altar” (Xén. 8:20).
(Xénese 7:11) Noé tiña seiscentos anos, e era o día dezasete do segundo mes, cando se espalancaron as fontes do abismo, [enriba] do firmamento, e se abriron as comportas do ceo.
w04 1/1 páx. 29 par. 8
Ideas interesantes do libro de A Xénese I
7:11 De onde veu toda a auga do Diluvio? Durante o segundo día da creación, Deus fixo un “espazo” para arredar “as augas de enriba” da atmosfera “das de embaixo” (Xén. 1:6, 7). As augas “de embaixo” xa estaban na terra. As augas “de enriba” eran grandes cantidades de vapor de auga suspendidas moi por riba da superficie terrestre, e formaban “as fontes do abismo” que había enriba “do firmamento”. Estas foron as augas que caeron sobre a terra nos días de Noé.
Lectura da Biblia
(Xénese 6:1-16) A humanidade creceu, estendeuse pola terra e nacéronlle fillas. 2 En vendo os fillos de Deus que as fillas dos homes eran belas, tomaron de entre elas mulleres, como ben lles parecía. 3 Entón dixo o Señor: “O meu alento de vida non permanecerá cos homes para sempre, pois non son máis ca carne. A súa vida non durará máis de cento vinte anos”. 4 Cando os fillos de Deus se achegaban ás fillas dos homes e tiñan fillos delas, e aínda despois, existían na terra os xigantes. Son os nomeados heroes doutros tempos. 5 Ó ve-lo Señor que a maldade dos homes medraba na terra e que tódolos seus pensamentos eran só para o mal, 6 arrepentiuse de os ter posto sobre a terra, pesoulle no corazón. 7 E decidiu: “Vou borrar da terra o home que creei, e con el tamén o gando, as feras e os paxaros, pois mesmo sinto telos feito”. 8 Pero Noé achou o favor do Señor. 9 Esta é a historia de Noé. Noé era un home xusto, enteiro, entre as xentes do seu tempo. Seguía os camiños de Deus. 10 Tiña tres fillos, Sem, Cam e Iafet. 11 Ora que a terra estaba toda enviciada ós ollos de Deus, chea de violencia. 12 Deus ollou para a corrupción na que toda a terra caera, pola conducta dos homes, 13 e díxolle a Noé: “Para min chegou a fin de tódolos seres vivos, pois por culpa deles está a terra chea de crimes. Vounos exterminar todos con ela. 14 Ti constrúe unha arca de madeira resinosa. Fai nela celas e calafatéaa con betume por dentro e por fóra. 15 Farala deste xeito: o longo de trescentos cóbados, o ancho de cincuenta, a altura de trinta. 16 Poraslle unha cuberta; un cóbado debaixo dela deixaraslle unha bufarra e por un lado unha porta; levará tres pisos superpostos: o baixo, o medio e o alto.
“Fixo todo conforme Deus lle mandara”
(Xénese 6:9) Esta é a historia de Noé. Noé era un home xusto, enteiro, entre as xentes do seu tempo. Seguía os camiños de Deus.
(Xénese 6:13-16) e díxolle a Noé: “Para min chegou a fin de tódolos seres vivos, pois por culpa deles está a terra chea de crimes. Vounos exterminar todos con ela.14 Ti constrúe unha arca de madeira resinosa. Fai nela celas e calafatéaa con betume por dentro e por fóra. 15 Farala deste xeito: o longo de trescentos cóbados, o ancho de cincuenta, a altura de trinta. 16 Poraslle unha cuberta; un cóbado debaixo dela deixaraslle unha bufarra e por un lado unha porta; levará tres pisos superpostos: o baixo, o medio e o alto.
(Xénese 6:22) Noé fixo todo conforme Deus lle mandara.
27 DE XANEIRO–2 DE FEBREIRO
TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 9-11
“Toda a terra falaba unha soa lingua”
(Xénese 11:1-4) Toda a terra falaba unha soa lingua e usaba as mesmas palabras. 2 Ó emigraren os homes desde o oriente, encontráronse nunha chaira, no país de Xinar, e establecéronse alí. 3 Dixéronse uns ós outros: “Imos facer ladrillos e cocelos no lume”. O ladrillo facíalles de pedra e o betume de cemento. 4 E nisto propuxeron: “Imos construír unha cidade e unha torre, que chegue co cimo ata o ceo, e fagámonos un nome sonado, para non nos perder pola ancha face da terra”.
it-1 páx. 275
Babilonia a Grande
Características da cidade de Babilonia. A cidade de Babilonia fundouse na chaira de Xinar, ó mesmo tempo que se intentou construír a Torre de Babel (Xén. 11:2-9). A razón pola que a xente quería construír a torre e a cidade non era louvar o nome de Deus, senón facerse “un nome sonado”. Independentemente da súa forma e estilo de construción, os cigurats que se atoparon nas ruínas de Babilonia, así como noutros lugares de Mesopotamia, parecen confirmar o motivo relixioso detrás da torre orixinal. O feito de que Xehová impedise a construción desta torre, ou templo, é proba de que a cidade de Babilonia foi condenada por ser a orixe de tódalas relixións falsas. O nome hebreo para a cidade é Babel, que significa “confusión”, mentres que os nomes sumerio (Kadingirra) e acadio (Babilu) significan “Porta de Deus”. Deste xeito, os habitantes que quedaron na cidade cambiáronlle o nome para evitar o sentido de condena orixinal, pero sen alterar a súa connotación relixiosa.
it-2 páx. 204 par. 6
Idioma
O relato da Xénese describe como algunhas persoas que viviron despois do Diluvio traballaron xuntas nun proxecto de construción. Este proxecto era contrario á vontade divina que Deus lles transmitira a Noé e ós seus fillos (Xén. 9:1). No canto de crecer e encher a terra, decidiron xuntarse nun só lugar, concretamente na chaira de Xinar, en Mesopotamia. Este lugar tamén se convertería nun centro relixioso coa súa correspondente torre (Xén. 11:2-4).
(Xénese 11:6-8) “Aquí hai un pobo unido que fala a mesma lingua. Se empeza facendo isto, ninguén podería privalos desde agora de faceren o que se lles veña á cabeza. 7 Baixemos e embarullemos alí mesmo a súa lingua, de xeito que non se entendan uns cos outros”. 8 O Señor espallounos de alí por toda a terra, e deixaron de construí-la cidade.
it-2 páx. 204 par. 7
Idioma
O Deus Todopoderoso embarulloulles o idioma, frustrando así o seu insolente proxecto. Isto impediu que se puidesen coordinar para o traballo e fixo que se esparexesen por toda a terra. Ademais, fixo máis difícil que a humanidade unise forzas e ideas en contra de Deus, ou que empregasen para este mesmo propósito o coñecemento acumulado polos diferentes grupos lingüísticos. Este coñecemento non viña de Deus, senón da experiencia e investigación humanas (comparar con Ecl. 7:29; Dt. 32:5). Así que, aínda que esta confusión serviu para dividir en certa forma a humanidade, tamén foi positivo para ela, pois retrasou o alcance de logros perigosos e prexudiciais (Xén. 11:5-9; comparar con Is. 8:9, 10). Hoxe en día, as persoas teñen moito coñecemento, pero úsano para facer cousas arrepiantes. Cando pensamos nisto, podemos concluír que Xehová sabía hai moito tempo que os humanos chegarían a ter moito coñecemento que empregarían para facer o mal. Por iso decidiu impedilo ó deter a construción de Babel.
(Xénese 11:9) A esta chamóuselle Babel, porque alí embarullou o Señor a lingua de todo o mundo. Desde alí espallounos por toda a face da terra.
it-2 páx. 455
Nacións
Debido ás barreiras de comunicación, cada grupo lingüístico desenvolveu a súa propia cultura, arte, costumes, características e relixión (Lev. 18:3). Ó estaren afastados de Deus, os diferentes pobos fixeron moitos ídolos dos seus deuses lendarios (Dt. 12:30; 2 Re. 17:29, 33).
Afondemos nas Escrituras
(Xénese 9:20-22) Noé fíxose labrador e plantou unha viña. 21 Bebeu viño, embebedouse e botouse espido na súa tenda. 22 En vendo Cam, pai de Canaán, a seu pai espido, saíu a contárllelo ós outros dous irmáns.
(Xénese 9:24, 25) Cando espertou Noé da bebedela e soubo o que lle fixera o fillo máis novo, dixo: 25 “¡Maldito Canaán! Sexa para seus irmáns o derradeiro dos escravos”.
it-1 páx. 397 par. 7
Cam
É posible que Canaán estivese implicado no incidente e que Cam, o seu pai, non o corrixise. Tamén pode ser que Noé profetizase por inspiración sobre a mala tendencia de Cam, que se cadra xa estaba presente no seu fillo Canaán e que herdaría a súa descendencia. A maldición cumpriuse en parte cando os israelitas descendentes de Sem dominaron os cananeos. Aqueles que non foron eliminados convertéronse en escravos de Israel, como por exemplo os gabaonitas (Xos. 9). Séculos máis tarde, esta maldición tivo un cumprimento aínda maior cando as potencias mundiais Medopersia, Grecia e Roma, todas descendentes de Iafet, dominaron os descendentes de Canaán, fillo de Cam.
(Xénese 10:1) Estes son os descendentes dos fillos de Noé, nacidos despois do diluvio.
w04 1/1 páx. 31 par. 5
Ideas interesantes do libro de A Xénese I
10:1-32. Os dous rexistros xenealóxicos do relato do Diluvio que aparecen nos capítulos 5 e 10, conectan toda a raza humana co primeiro home, Adam, grazas ós tres fillos de Noé. Os asirios, os caldeos, os hebreos, os sirios e algunhas tribos árabes descenden de Sem. Os etíopes, os exipcios, os cananeos e algunhas tribos africanas e árabes descenden de Cam. E os indoeuropeos descenden de Iafet. Xa que temos o mesmo devanceiro, podemos dicir que tódolos humanos estamos emparentados entre nós, e somos iguais ós ollos de Deus (Feit. 17:26). Saber isto debe influír no noso modo de ver e tratar os demais.
Lectura da Biblia
(Xénese 10:6-32) Descendentes de Cam: Cux, Exipto, Put e Canaán. 7 Descendentes de Cux: Sebá, Havilah, Sabtah, Ramah e Sabtecá. Descendentes de Ramah: Xebá e Dedán. 8 Cux tivo a Nimrod, que empezou a facer valentías na terra. 9 Foi un cazador valente á vista do Señor, segundo o dito que corre: “Cazador valente á vista do Señor, coma Nimrod”. 10 Empezou sendo rei de Babel, Érec, Acad e Calneh, no país de Xinar. 11 De alí emigrou para Asur e construíu Nínive, Rehobot-Ir, Calah 12 e Resen, a grande cidade entre Nínive e Calah. 13 Exipto xerou os lidios, os anamitas, os lehabitas, os naftuhitas, 14 os patrusitas, os casluhitas e os caftoritas, dos que veñen os filisteos. 15 Canaán xerou a Sidón, seu primoxénito, a Het, 16 ós iebuseos, ós amorreos, ós guirgaxitas, 17 ós hivitas, ós arquitas, ós sinitas, 18 ós arvaditas, ós semaritas e ós hamatitas. Despois os clans dos cananeos estendéronse e 19 as súas fronteiras abranguían desde Sidón, cara a Guerar, ata Gaza, incluíndo tamén Sodoma, Gomorra, Ademah Seboim preto de Laxa. 20 Estes foron os descendentes de Cam por clans e linguas, nas súas respectivas terras e nacións. 21 Tamén Sem tivo descendentes; o irmán máis vello de Iafet foi o pai de tódolos heberitas. 22 Descendentes de Sem: Elam, Asur, Arfaxad, Lud e Aram. 23 Descendentes de Aram: Us, Hul, Guéter e Max. 24 Arfaxad tivo a Xálah e este a Héber. 25 Héber tivo dous fillos: o primeiro chamábase Péleg, por razón de que nos seus días se dividiu a xente da terra; seu irmán chamábase Ioctán. 26 Ioctán xerou a Almodad, a Xelef, a Haarmot, a 27 Iárah, a Hadoram, a Uzal, a Diolah, 28 a Obal, a Abimael, a Xebá, 29 a Ofir, a Havilah e a Iobab. Todos estes eran fillos de Ioctán. 30 Habitaban na montaña oriental, desde Mexá ata Sefar. 31 Estes foron os fillos de Sem, segundo as súas familias, linguas, países e nacións. 32 Estes foron os clans dos fillos de Noé, segundo as súas liñaxes nas propias nacións; e desde elas espalláronse os pobos pola terra, despois do diluvio.
“Toda a terra falaba unha soa lingua”
(Xénese 11:1-4) Toda a terra falaba unha soa lingua e usaba as mesmas palabras. 2 Ó emigraren os homes desde o oriente, encontráronse nunha chaira, no país de Xinar, e establecéronse alí. 3 Dixéronse uns ós outros: “Imos facer ladrillos e cocelos no lume”. O ladrillo facíalles de pedra e o betume de cemento. 4 E nisto propuxeron: “Imos construír unha cidade e unha torre, que chegue co cimo ata o ceo, e fagámonos un nome sonado, para non nos perder pola ancha face da terra”.
(Xénese 11:6-9) “Aquí hai un pobo unido que fala a mesma lingua. Se empeza facendo isto, ninguén podería privalos desde agora de faceren o que se lles veña á cabeza. 7 Baixemos e embarullemos alí mesmo a súa lingua, de xeito que non se entendan uns cos outros”. 8 O Señor espallounos de alí por toda a terra, e deixaron de construí-la cidade. 9 A esta chamóuselle Babel, porque alí embarullou o Señor a lingua de todo o mundo. Desde alí espallounos por toda a face da terra.
A NOSA VIDA CRISTIÁ
“Sexamos traballadores hábiles”
(2 Timoteo 2:15) Esfórzate por presentarte grato a Deus: coma un traballador que non ten de que se avergonzar, xa que reparte a palabra da verdade.