TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 6-8
“Fixo todo conforme Deus lle mandara”
Imaxinas todo o que tiveron que traballar Noé e maila súa familia para construír a arca sen as ferramentas e as técnicas de construción actuais?
A estrutura era impresionante. Medía aproximadamente 133 metros de longo, 22 metros de ancho e 13 metros de alto.
Tiñan que cortar as árbores, tronzalas e colocalas no seu sitio.
Tiñan que calafatear con brea a estrutura por dentro e por fóra.
Tiñan que almacenar comida para un ano tanto para eles como para os animais.
Levoulles entre 40 e 50 anos rematar a arca.
Como pode axudarnos este relato cando se nos faga difícil obedecer a Xehová?