TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 9-11
“Toda a terra falaba unha soa lingua”
Xehová fixo que en Babel os humanos desobedientes se espallasen pola terra ó embarullarlles o idioma. Na actualidade, Deus está a xuntar “un mundo de xente”, é dicir, unha gran multitude de tódalas nacións e idiomas, volvéndolles “puros os labios” para que “invoquen o nome do Señor, dándolle culto cun esforzo unánime” (Sof. 3:9; Ap. 7:9). Estes “labios puros”, ou “linguaxe pura”, son a verdade acerca de Xehová e os seus propósitos que atopamos na Biblia.
Se queremos dominar un idioma novo, non chega con aprendermos novas palabras. Precisamos mudar a nosa forma de pensar. De xeito similar, segundo aprendemos a linguaxe pura da verdade é necesario que transformemos a nosa mente (Rm. 12:2). Este proceso continuo de aprendizaxe fomenta a unidade dentro do pobo de Deus (1 Cor. 1:10).