BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwbr20 marzo páxs. 1-16
  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades
  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2020)
  • Subtítulos
  • 2-8 DE MARZO
  • SEXAMOS MELLORES MESTRES
  • 9-15 DE MARZO
  • 16-22 DE MARZO
  • 23-29 DE MARZO
  • 30 DE MARZO–5 DE ABRIL
Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2020)
mwbr20 marzo páxs. 1-16

Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades

2-8 DE MARZO

TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 22-23

“Deus puxo a proba a Abraham”

(Xénese 22:1, 2) Despois destes feitos, Deus puxo á proba a Abraham, chamándoo: “¡Abraham!” El respondeu: “Aquí estou”. 2 Deus mandoulle: “Colle o teu fillo, o único que tes e que tanto queres, Isaac, e vaite ó país de Moriah. Alí ofrecerasmo en sacrificio, no cimo dunha das montañas que eu che mostrarei”.

w12 1/1 páx. 23 pars. 4-6

Por que lle pediu Deus a Abraham que sacrificase o seu fillo?

Pensemos no que lle dixo Xehová a Abraham: “Colle o teu fillo, o único que tes e que tanto queres, Isaac, e vaite ó país de Moriah. Alí ofrecerasmo en sacrificio” (Xén. 22:2). Fixémonos na expresión “o teu fillo, o único que tes e que tanto queres”. Xehová sabía canto lle quería Abraham a Isaac, pois El sentía o mesmo polo seu Fillo, Xesús. Queríalle tanto que en dúas ocasións falou dende o ceo para referirse a el como o “meu fillo benquerido” (Mc. 1:11; 9:7).

Ademais, a expresión hebrea que empregou Xehová cando lle pediu a Abraham que sacrificase a Isaac era unha maneira educada de pedir as cousas. Segundo certo biblista, o feito de que Deus empregase esta expresión indica que “o SEÑOR entendía o gran sacrificio que implicaba o que lle estaba a pedir”. Isto tivo que doerlle moitísimo a Abraham. Do mesmo xeito, non podemos imaxinar toda a dor que Xehová tivo que sentir ó ver o seu benquerido Fillo sufrir e morrer, sen dúbida a dor máis grande que experimentou e que experimentará xamais.

Poida que non nos pareza ben o que Xehová lle pediu a Abraham, mais lembremos que non permitiu que aquel fiel patriarca sacrificase a Isaac. Deste xeito evitou que Isaac morrese e que Abraham experimentase a peor perda que pode haber para un pai. Pola contra, Xehová “non aforrou a seu propio Fillo senón que o entregou por todos nós” (Rm. 8:32). Por que estivo disposto a sufrir tal perda? Para que poidamos obter a vida eterna (1 Xn. 4:9). Sen dúbida, esta é unha proba clara de canto nos quere Xehová. Non debería isto motivarnos a quererlle nós tamén?

(Xénese 22:9-12) Chegados ó lugar que Deus dixera, Abraham construíu un altar, puxo enriba del a leña, atou o seu fillo Isaac e deitouno no altar, por enriba da leña. 10 Despois tendeu a man e agarrou o coitelo para sacrifica-lo seu fillo. 11 Mais o anxo do Señor chamou desde o ceo: “¡Abraham! ¡Abraham!” El respondeu: “Aquí estou”. 12 O anxo dixo: “Non póña-la man no rapaz nin lle fagas mal ningún. Agora dei comprobado que tes temor de Deus, pois non me negáche-lo teu fillo, o único que tes”.

(Xénese 22:15-18) O anxo do Señor chamou a Abraham outra vez desde o ceo: 16 “Xúroche por min mesmo -palabra do Señor- que por faceres isto e non me negáre-lo teu fillo, o único que tes, 17 bendicireite e farei crece-los teus descendentes coma as estrelas do ceo e as areas do mar. Os teus descendentes herdarán as cidades dos inimigos. 18 Tódolos pobos da terra terán bendición na túa descendencia, por me teres ti obedecido”.

w12 15/10 páx. 23 par. 6

Obedezamos a Deus e tiremos proveito das súas promesas

6 Xehová tamén ten xurado polo ben dos humanos imperfectos. Para isto, ás veces empregou expresións como “xuro pola miña vida” (Ez. 17:16). Na Biblia aparecen máis de corenta veces nas que Xehová xurou algo. Se cadra a máis coñecida foi cando falou con Abraham. Ó longo de moitos anos, Xehová fíxolle varias promesas que, en conxunto, mostraban que a Descendencia que lle prometera viría por medio de Isaac (Xén. 12:1-3, 7; 13:14-17; 15:5, 18; 21:12). Despois Xehová puxo a proba a Abraham cando lle mandou sacrificar o seu benquerido fillo, e el obedeceu axiña. De feito, un anxo tivo que detelo cando estaba para sacrificar a Isaac. Entón Deus díxolle: “Xúroche por min mesmo -palabra do Señor- que por faceres isto e non me negáre-lo teu fillo, o único que tes, bendicireite e farei crece-los teus descendentes coma as estrelas do ceo e as areas do mar. Os teus descendentes herdarán as cidades dos inimigos. Tódolos pobos da terra terán bendición na túa descendencia, por me teres ti obedecido” (Xén. 22:1-3, 9-12, 15-18).

Afondemos nas Escrituras

(Xénese 22:5) Abraham díxolles ós criados: “Esperade aquí co burro. Eu e mailo rapaz chegarémonos ata alá. Adoraremos e de seguida voltaremos onda vós”.

w16.02 páx. 11 par. 13

Abraham foi “amigo de Deus”

13 Despois de marchar de xunta os servos que os acompañaban, Abraham díxolles: “Esperade aquí co burro. Eu e mailo rapaz chegarémonos ata alá. Adoraremos e de seguida voltaremos onda vós” (Xén. 22:5). Que quixo dicir Abraham? Estaba mentíndolles ós seus criados ó dicirlles que volvería con Isaac cando sabía que o ía sacrificar? Non. A Biblia acláranos o que pensaba (le Hebreos 11:19). Abraham sabía “que Deus é poderoso, incluso para resucitar de entre os mortos” mesmo a Isaac. Isto demostra que cría na resurrección. El xa vira como, inda que xa eran vellos, Xehová fixo posible que tivesen fillos (Heb. 11:11, 12, 18). Abraham chegou á conclusión de que nada era imposible para Xehová. Por iso estaba seguro de que, pasase o que pasase, o seu fillo resucitaría para que as promesas de Xehová se puidesen cumprir. Con razón se lle chama a Abraham “pai de tódolos crentes”.

(Xénese 22:12) O anxo dixo: “Non póña-la man no rapaz nin lle fagas mal ningún. Agora dei comprobado que tes temor de Deus, pois non me negáche-lo teu fillo, o único que tes”.

it-2 páx. 703 pars. 4, 5

Presciencia, predeterminación

Presciencia selectiva. En contraste coa doutrina da predestinación, a presciencia selectiva de Deus debería estar de acordo coas súas normas de xustiza e co que di de si mesmo na súa Palabra. Ademais, segundo varios textos da Biblia, Deus primeiro analiza a situación e despois toma unha decisión.

Por exemplo, Xénese 11:5-8 di que Deus viu o que estaba a pasar na terra, concretamente en Babel, e que foi nese momento cando decidiu estragar os plans da xente ruín que alí había. Ademais, Xehová díxolle a Abraham que, por medio dos seus anxos, ía investigar a maldade de Sodoma e Gomorra. Con que obxectivo? Para “ver se este clamor que chega onda min corresponde cos feitos; e se non, sabereino” (Xén. 18:20-22; 19:1). Co tempo, Xehová foi coñecendo mellor a Abraham ata o punto de que, cando ía sacrificar a Isaac, dixo: “Agora dei comprobado que tes temor de Deus, pois non me negáche-lo teu fillo, o único que tes” (Xén. 18:19; 22:11, 12; comparar con Neh. 9:7, 8; Gál. 4:9).

Lectura da Biblia

(Xénese 22:1-18) Despois destes feitos, Deus puxo á proba a Abraham, chamándoo: “¡Abraham!” El respondeu: “Aquí estou”. 2 Deus mandoulle: “Colle o teu fillo, o único que tes e que tanto queres, Isaac, e vaite ó país de Moriah. Alí ofrecerasmo en sacrificio, no cimo dunha das montañas que eu che mostrarei”. 3 Abraham ergueuse cedo, aparellou o burro e tomou consigo dous criados e mailo seu fillo Isaac. Coa leña cortada para o sacrificio, púxose ó camiño en dirección do lugar que Deus lle indicara. 4 Ó terceiro día Abraham ergueu os ollos e viu o sitio desde lonxe. 5 Abraham díxolles ós criados: “Esperade aquí co burro. Eu e mailo rapaz chegarémonos ata alá. Adoraremos e de seguida voltaremos onda vós”. 6 Abraham colleu a leña do sacrificio e púxolla a Isaac, seu fillo, ás costas. Tomou na man o lume e o coitelo, e camiñaban os dous xuntos. 7 Isaac díxolle a seu pai: “¡Meu pai!” El respondeu: “¿Que queres, fillo?” O rapaz dixo: “Levamos lume e leña. Pero ¿onde está o año para o sacrificio?” 8 Abraham respondeulle: “Meu fillo, o año Deus o proverá”. E camiñaban os dous xuntos. 9 Chegados ó lugar que Deus dixera, Abraham construíu un altar, puxo enriba del a leña, atou o seu fillo Isaac e deitouno no altar, por enriba da leña. 10 Despois tendeu a man e agarrou o coitelo para sacrifica-lo seu fillo. 11 Mais o anxo do Señor chamou desde o ceo: “¡Abraham! ¡Abraham!” El respondeu: “Aquí estou”. 12 O anxo dixo: “Non póña-la man no rapaz nin lle fagas mal ningún. Agora dei comprobado que tes temor de Deus, pois non me negáche-lo teu fillo, o único que tes”. 13 Abraham ergueu os ollos e viu un carneiro atrapado nunha silveira polos cornos. Botou man del e ofreceuno en sacrificio, no posto do seu fillo. 14 Abraham púxolle ó lugar o nome de Moriah. Por iso aínda hoxe se di: “Na montaña o Señor proverá”. 15 O anxo do Señor chamou a Abraham outra vez desde o ceo: 16 “Xúroche por min mesmo -palabra do Señor- que por faceres isto e non me negáre-lo teu fillo, o único que tes, 17 bendicireite e farei crece-los teus descendentes coma as estrelas do ceo e as areas do mar. Os teus descendentes herdarán as cidades dos inimigos. 18 Tódolos pobos da terra terán bendición na túa descendencia, por me teres ti obedecido”.

“Deus puxo a proba a Abraham”

(Xénese 22:1, 2) Despois destes feitos, Deus puxo á proba a Abraham, chamándoo: “¡Abraham!” El respondeu: “Aquí estou”. 2 Deus mandoulle: “Colle o teu fillo, o único que tes e que tanto queres, Isaac, e vaite ó país de Moriah. Alí ofrecerasmo en sacrificio, no cimo dunha das montañas que eu che mostrarei”.

(Xénese 22:9-12) Chegados ó lugar que Deus dixera, Abraham construíu un altar, puxo enriba del a leña, atou o seu fillo Isaac e deitouno no altar, por enriba da leña. 10 Despois tendeu a man e agarrou o coitelo para sacrifica-lo seu fillo. 11 Mais o anxo do Señor chamou desde o ceo: “¡Abraham! ¡Abraham!” El respondeu: “Aquí estou”. 12 O anxo dixo: “Non póña-la man no rapaz nin lle fagas mal ningún. Agora dei comprobado que tes temor de Deus, pois non me negáche-lo teu fillo, o único que tes”.

(Xénese 22:15-18) O anxo do Señor chamou a Abraham outra vez desde o ceo: 16 “Xúroche por min mesmo -palabra do Señor- que por faceres isto e non me negáre-lo teu fillo, o único que tes, 17 bendicireite e farei crece-los teus descendentes coma as estrelas do ceo e as areas do mar. Os teus descendentes herdarán as cidades dos inimigos. 18 Tódolos pobos da terra terán bendición na túa descendencia, por me teres ti obedecido”.

(Xoán 3:16) Pois de tal xeito amou Deus o mundo, que lle deu o seu Fillo Unixénito, para que todo o que cre nel non se perda, senón que teña vida eterna.

(1 Corintios 6:20) Porque, en verdade, compróusevos a bo prezo. Glorificade, por tanto, a Deus co voso corpo.

(1 Xoán 4:11) Meus amigos, se Deus nos amou tanto, tamén nós nos temos que amar uns ós outros.

SEXAMOS MELLORES MESTRES

Ideas para conversar

(Mateo 16:16) Respondeu Simón Pedro: “Ti e-lo Mesías, o Fillo do Deus vivo”.

(Mateo 20:28) porque o Fillo do Home non veu a que o sirvan, senón a servir e a entrega-la súa vida en rescate por todos.

(Xoán 17:3) (E nisto consiste a vida eterna: que te coñezan a ti, o único Deus verdadeiro, e a quen mandaches, Xesús Cristo).

9-15 DE MARZO

TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 24

“Unha muller para Isaac”

(Xénese 24:2-4) Díxolle ó criado maior, o que administraba os bens da casa: “Pon a man baixo a miña coxa 3 e xúrame polo Señor, Deus de ceo e terra, que non tomarás muller para meu fillo de entre as fillas dos Cananeos cos que habito, 4 senón que irás á miña terra, onda os meus parentes, e procurarás alí muller para meu fillo Isaac”.

wp16.3 páx. 14 par. 3

“E ela dixo: ‘Quero’”

Abraham fíxolle xurar a Eliézer que non escollería unha muller cananea para Isaac. Por que? Porque os cananeos nin respectaban nin adoraban a Xehová. Ademais, Abraham sabía que Deus castigaría no momento axeitado aquela xente pola súa ruindade. Tampouco quería que o seu querido fillo Isaac tivese nada que ver con aquelas persoas e as súas prácticas inmorais. Tamén sabía que Isaac tería un papel importante no cumprimento das promesas de Deus (Xén. 15:16; 17:19; 24:2-4).

(Xénese 24:11-15) Ás aforas da cidade, á beira dunha fonte, fixo axeonlla-los seus camelos. Era á tardiña, cando saen as rapazas para colleren auga. 12 El pregou entón deste xeito: “Señor, Deus do meu amo Abraham, ven hoxe ó meu encontro e trátao a el con amor. 13 Eu voume pór ó pé da fonte, cando as rapazas da cidade veñan sacar auga. 14 A rapaza á que eu lle diga: Baixa o cántaro, por favor, e dame de beber, e que ela me responda: Bebe ti e abeberarei tamén os teus camelos, sexa a que ti determinas para o teu servo Isaac. Niso saberei eu que tratas ó meu amo con amor”. 15 Non acabara aínda de falar, cando saíu Rebeca, filla de Betuel, fillo de Milcah, a muller de Nahor, irmán de Abraham, co seu cántaro ó ombreiro.

wp16.3 páx. 14 par. 4

“E ela dixo: ‘Quero’”

Eliézer contoulles ós seus anfitrións o que pasara cando chegou á fonte que había preto de Harán. Alí pregoulle a Xehová que fose El quen escollese unha rapaza para casar con Isaac. Para iso pediulle que a muller que elixise se achegase á fonte e, cando lle pedise de beber, ela se ofrecese a darlles tamén de beber ós camelos (Xén. 24:12-14). E quen foi a que veu e fixo todo isto? Rebeca. Imaxinamos como se debeu sentir se chegou a escoitar a historia que Eliézer lle contou á súa familia?

(Xénese 24:58) Chamaron, pois, a Rebeca e preguntáronlle: “¿Queres ir con este home?” E ela dixo: “Quero”.

(Xénese 24:67) Isaac introduciu a Rebeca na tenda de Sara, súa nai, tomouna por súa muller e amouna, ata consolarse da morte de súa nai.

wp16.3 páx. 14 pars. 6, 7

“E ela dixo: ‘Quero’”

Semanas antes, Eliézer preguntoulle iso mesmo a Abraham: “¿E se a muller non quere vir comigo?”. Abraham respondeulle: “Entón quedarás libre do xuramento que me fixeches” (Xén. 24:39, 41). E na casa de Betuel tamén importaba a opinión da rapaza. Eliézer estaba tan contento por ter cumprido o que se lle mandara que, á mañá seguinte, preguntou se podía volver decontado a Canaán con Rebeca. Pero a familia quería que a rapaza quedase con eles polo menos dez días máis. Así que decidiron o seguinte: “Imos chama-la rapaza e pedirlle o seu parecer” (Xén. 24:57).

Rebeca atopábase ante unha decisión que cambiaría a súa vida. Que respondería? Apelaría á compaixón do seu pai e do seu irmán e suplicaríalles que non a deixasen marchar cara a un lugar descoñecido? Ou vería como un honor participar nos acontecementos que Xehová estaba a guiar? O seu pensar sobre este inesperado e, se cadra, impoñente cambio quedou claro na súa resposta. O único que dixo foi: “Quero” (Xén. 24:58).

Afondemos nas Escrituras

(Xénese 24:19, 20) Cando el acabou de beber, díxolle ela: “Collerei tamén auga para os teus camelos. Que beban canto queiran”. 20 Baleirou o cántaro na pía e foi de contado ó pozo sacar máis, ata abebera-los camelos todos.

wp16.3 páxs. 12-13

“E ela dixo: ‘Quero’”

Un día á tardiña, despois de encher o cántaro de auga, un home maior achegouse a ela e díxolle: “Déixame beber unha pouca auga do teu cántaro”. Non lle pediu moito e ademais fíxoo de xeito educado. Rebeca caeu na conta de que o home viñera dende lonxe. Así que baixou deseguida o cántaro do seu ombro e deulle de beber, pero non un pouco, senón un bo grolo de auga fresca. Ademais viu que había dez camelos canda el e que tiñan o bebedoiro baleiro. El observaba con atención o que ela andaba a facer. Rebeca quería ser xenerosa e por iso dixo: “Collerei tamén auga para os teus camelos. Que beban canto queiran” (Xén. 24:17-19).

Rebeca non dixo só de darlles de beber ós dez camelos, senón de darlles canto quixesen. Se ten moita sede, un camelo pode beber máis de 95 litros de auga. Se tódolos camelos tiñan tanta sede, Rebeca tería que traballar moitas horas. Pero polo que pasou despois semella que os camelos non tiñan tanta sede. Mais Rebeca non o sabía. Estivo disposta a traballar todo o que fixese falta para ser hospitalaria con aquel estraño. El aceptou a súa oferta, e observouna namentres ela corría dun lado para o outro, enchendo o cántaro e levando auga ó bebedoiro unha e outra vez (Xén. 24:20, 21).

wp16.3 páx. 13, nota

“E ela dixo: ‘Quero’”

Xa era case noite e nada indica que Rebeca enredase moitas horas na fonte. Tampouco se di que a súa familia estivese durmida cando volveu nin que ninguén a fose buscar porque tardaba moito.

(Xénese 24:65) e preguntoulle ó criado: “¿Quen é aquel que vén pola campía cara a nós?” O criado respondeulle: “É o meu amo”. Ela entón colleu o veo e cubriuse.

wp16.3 páx. 15 par. 2

“E ela dixo: ‘Quero’”

Por fin chegou o día do que se fala ó principio deste artigo. Xa era case noite e ían viaxando polo Négueb. Entón, Rebeca viu un home camiñando polo campo que parecía estar reflexionando. “Baixou do camelo”, se cadra sen esperar a que se axeonllase, e preguntoulle a Eliézer: “¿Quen é aquel que vén pola campía cara a nós?”. Cando soubo que era Isaac, colleu un veo e cubriuse a cabeza (Xén. 24:62-65). Por que? Parece ser que foi un xesto de respecto polo seu futuro marido. Poida que esta clase de submisión pareza anticuada na actualidade. Non obstante, tanto homes como mulleres podemos aprender moito do exemplo de humildade de Rebeca.

Lectura da Biblia

(Xénese 24:1-21) Abraham era xa vello, entrado en anos. O Señor tíñao bendito sempre en todo. 2 Díxolle ó criado maior, o que administraba os bens da casa: “Pon a man baixo a miña coxa 3 e xúrame polo Señor, Deus de ceo e terra, que non tomarás muller para meu fillo de entre as fillas dos Cananeos cos que habito, 4 senón que irás á miña terra, onda os meus parentes, e procurarás alí muller para meu fillo Isaac”. 5 O criado preguntoulle: “E se a muller non quixese vir comigo a este país, ¿levarei a teu fillo á terra de onde ti saíches?” 6 Abraham respondeulle: “Gárdate de levar alá a meu fillo. 7 O Señor, Deus do ceo, que me tirou da casa de meus pais e do meu clan, e que me prometeu con xuramento: Ós teus descendentes dareilles este país, mandará diante de ti o seu anxo, e encontrarás alí a muller para o meu fillo. 8 Se a muller non quixese vir contigo, quedas libre do xuramento. Pero de ningún xeito levarás alá a meu fillo”. 9 Coa man baixo da coxa do seu amo, o criado xurou conforme o que falaran. 10 O criado colleu logo dez camelos do seu amo e moitas outras cousas de valor, e púxose en camiño de Aram-Naharaim, cara á cidade de Nahor. 11 Ás aforas da cidade, á beira dunha fonte, fixo axeonlla-los seus camelos. Era á tardiña, cando saen as rapazas para colleren auga. 12 El pregou entón deste xeito: “Señor, Deus do meu amo Abraham, ven hoxe ó meu encontro e trátao a el con amor. 13 Eu voume pór ó pé da fonte, cando as rapazas da cidade veñan sacar auga. 14 A rapaza á que eu lle diga: Baixa o cántaro, por favor, e dame de beber, e que ela me responda: Bebe ti e abeberarei tamén os teus camelos, sexa a que ti determinas para o teu servo Isaac. Niso saberei eu que tratas ó meu amo con amor”. 15 Non acabara aínda de falar, cando saíu Rebeca, filla de Betuel, fillo de Milcah, a muller de Nahor, irmán de Abraham, co seu cántaro ó ombreiro. 16 A rapaza era moi bela e aínda unha doncela, non tocada por home. Baixou á fonte, encheu o cántaro e subiu. 17 O criado de Abraham correu onda ela e díxolle: “Déixame beber unha pouca auga do teu cántaro”. 18 Ela dixo: “Bebe, señor”. E baixou de seguida o cántaro ó brazo para lle dar de beber. 19 Cando el acabou de beber, díxolle ela: “Collerei tamén auga para os teus camelos. Que beban canto queiran”. 20 Baleirou o cántaro na pía e foi de contado ó pozo sacar máis, ata abebera-los camelos todos. 21 O home mirábaa calado, querendo saber se o Señor facía ou non de proveito a súa viaxe.

“Unha muller para Isaac”

(Xénese 24:2-4) Díxolle ó criado maior, o que administraba os bens da casa: “Pon a man baixo a miña coxa 3 e xúrame polo Señor, Deus de ceo e terra, que non tomarás muller para meu fillo de entre as fillas dos Cananeos cos que habito, 4 senón que irás á miña terra, onda os meus parentes, e procurarás alí muller para meu fillo Isaac”.

(Xénese 24:11-15) Ás aforas da cidade, á beira dunha fonte, fixo axeonlla-los seus camelos. Era á tardiña, cando saen as rapazas para colleren auga. 12 El pregou entón deste xeito: “Señor, Deus do meu amo Abraham, ven hoxe ó meu encontro e trátao a el con amor. 13 Eu voume pór ó pé da fonte, cando as rapazas da cidade veñan sacar auga. 14 A rapaza á que eu lle diga: Baixa o cántaro, por favor, e dame de beber, e que ela me responda: Bebe ti e abeberarei tamén os teus camelos, sexa a que ti determinas para o teu servo Isaac. Niso saberei eu que tratas ó meu amo con amor”. 15 Non acabara aínda de falar, cando saíu Rebeca, filla de Betuel, fillo de Milcah, a muller de Nahor, irmán de Abraham, co seu cántaro ó ombreiro.

(Xénese 24:58) Chamaron, pois, a Rebeca e preguntáronlle: “¿Queres ir con este home?” E ela dixo: “Quero”.

(Xénese 24:67) Isaac introduciu a Rebeca na tenda de Sara, súa nai, tomouna por súa muller e amouna, ata consolarse da morte de súa nai.

(Xénese 24:42-44) Ó chegar hoxe onda a fonte, recei esta oración: Señor, Deus do meu amo Abraham, se tes de dar boa fin a esta viaxe que teño emprendida, 43 verás, eu voume poñer ó pé da fonte. A rapaza que veña sacar auga e eu lle diga: Dáme unha pouca auga do teu cántaro. 44 Se ela me responde: Bebe ti, e sacarei tamén para os teus camelos, sexa esa a muller que elixe o Señor para o fillo do meu amo.

16-22 DE MARZO

TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 25-26

“Esaú vende a primoxenitura”

(Xénese 25:27, 28) Os nenos fixéronse grandes. Esaú era bo cazador e home do campo. Xacob, en troques, era amigo de quedar na tenda. 28 Isaac amaba a Esaú, porque gustaba da súa caza. Pero Rebeca prefería a Xacob.

it-2 páx. 8 par. 1

Xacob

Esaú, o fillo favorito do seu pai, era un home do campo e un cazador inquedo e nómade. En troques, Xacob “era amigo de quedar na tenda”, é dicir, levaba unha vida tranquila como pastor e podíanselle confiar as tarefas da casa. A súa nai tíñalle un cariño especial (Xén. 25:27, 28). No idioma orixinal, o hebreo, emprégase a palabra tam para describir a Xacob. Esta palabra úsase para referirse a alguén que ten a aprobación de Deus. Por exemplo, a Biblia di que “os sanguinarios odian ó íntegro [tam]”, pero Xehová promete que “para a xente de paz [tam] hai posteridade” (Pr. 29:10; Sal. 37:37). Tamén se di de Xob que foi “un home íntegro [tam] e xusto” (Xob 1:1, 8; 2:3).

(Xénese 25:29, 30) Nunha ocasión tiña Xacob disposto un guiso e nisto chegou Esaú canso do monte. 30 Esaú pediulle a Xacob: “Dáme a comer esa cousa vermella, pois estou esgotado”. (Por iso lle puxeron o nome de Edom).

(Xénese 25:31-34) Respondeulle Xacob: “Coa condición de que me vendas agora mesmo os dereitos de primoxénito”. 32 Esaú pensou: “Estou que morro. ¿De que me serve a primoxenitura?” 33 Xacob dixo: “Xúramo agora mesmo”. El xuroullo, e vendeulle a Xacob a súa primoxenitura. 34 Entón Xacob deulle a Esaú un anaco de pan e mailo guiso de lentellas. El comeu e bebeu, e despois foise. En tan pouco tiña Esaú os dereitos da primoxenitura.

w19.02 páx. 16 par. 11

Por que debemos ser agradecidos?

11 Tristemente, algunhas persoas das que fala a Biblia non foron agradecidas. Por exemplo, aínda que os pais de Esaú querían e respectaban a Xehová, el non valorou “o máis sagrado” (le Hebreos 12:16). Como demostrou que non era agradecido? Non dubidou en venderlle a primoxenitura por un guiso de lentellas a Xacob, o seu irmán pequeno (Xén. 25:30-34). Máis adiante, Esaú lamentou moito o que fixera. Pero como non fora agradecido, non tiña motivos para se queixar por non recibir a bendición que lle correspondía ó primoxénito.

it-2 páx. 717 par. 1

Primoxénito

Desde a antigüidade, o primoxénito tivo unha posición destacada na familia e, cando o pai morría, convertíase no seguinte cabeza de familia. Ademais, recibía o dobre de herdanza ca os demais fillos (Dt. 21:17). Por exemplo, nun xantar Xosé fixo que Rubén sentase á mesa na posición que lle correspondía como primoxénito (Xén. 43:33). Pero a Biblia non sempre menciona en primeiro lugar o primoxénito cando se enumera os fillos segundo a orde de nacemento. Máis ben, este lugar dábaselle ó fillo máis importante ou máis fiel (Xén. 6:10; 1 Cró. 1:28; comparar con Xén. 11:26, 32; 12:4; ver PRIMOGENITURA; HERENCIA).

Afondemos nas Escrituras

(Xénese 25:31-34) Respondeulle Xacob: “Coa condición de que me vendas agora mesmo os dereitos de primoxénito”. 32 Esaú pensou: “Estou que morro. ¿De que me serve a primoxenitura?” 33 Xacob dixo: “Xúramo agora mesmo”. El xuroullo, e vendeulle a Xacob a súa primoxenitura. 34 Entón Xacob deulle a Esaú un anaco de pan e mailo guiso de lentellas. El comeu e bebeu, e despois foise. En tan pouco tiña Esaú os dereitos da primoxenitura.

(Hebreos 12:16) Que ninguén, polos seus pareceres, venda o máis sagrado, coma Esaú que por un simple xantar vendeu os seus dereitos de primoxénito;

w17.12 páx. 15 pars. 4-6

Preguntas dos lectores

Volvamos agora a Hebreos 12:16, que di: “Que ninguén, polos seus pareceres, venda o máis sagrado, coma Esaú que por un simple xantar vendeu os seus dereitos de primoxénito”. Que se quería destacar neste versículo?

O apóstolo Paulo non estaba a falar dos devanceiros do Mesías. Pouco antes dixéralles ós cristiáns: “Poñede os vosos pés en vieiros dereitos”. Deste xeito non quedarían “sen o favor de Deus”, o que tristemente podería pasar se caesen na inmoralidade sexual (Heb. 12:12-16). Se o fixesen serían como Esaú, quen non valorou “o máis sagrado” e literalmente escolleu o que era “profano” (Kingdom Interlinear).

Esaú viviu en tempos dos patriarcas, e mesmo poida que tivese o honor de ofrecerlle sacrificios a Xehová (Xén. 8:20, 21; 12:7, 8; Xob 1:4, 5). Pero como non valoraba as cousas que tiñan que ver coa súa relación con Xehová, cambiouno todo por un guiso de lentellas. Poida que quixese evitar o sufrimento predito para a descendencia de Abraham (Xén. 15:13). Ademais, ó casar con dúas mulleres que non adoraban a Xehová demostrou que prefería as cousas profanas, é dicir, demostrou que non valoraba “o máis sagrado”. Isto causoulles moita tristura ós seus pais (Xén. 26:34, 35). Que diferente foi Xacob de Esaú, quen si casou con alguén que adoraba o Deus verdadeiro (Xén. 28:6, 7; 29:10-12, 18).

(Xénese 26:7) A xente do lugar preguntáballe pola súa muller, e el respondía: “É miña irmá”. Tiña medo de confesar que era súa muller, pensando: “Esta xente vaime matar por culpa de Rebeca”. Porque era moi bela.

it-2 páx. 368 par. 6

Mentira

A Biblia condena as mentiras que se din con malas intencións. Non obstante, isto non significa que unha persoa estea obrigada a contar toda a verdade ós que non teñen dereito a sabela. Xesucristo aconsellou: “Non deáde-lo sagrado ós cans nin lle botéde-las vosas perlas ós porcos; non sexa que as esmaguen cos pés, e, virándose contra vós, vos esnaquicen” (Mt. 7:6). Por iso houbo ocasións nas que, para evitar problemas innecesarios, Xesús non deu toda a información ou non deu unha resposta clara a certas preguntas (Mt. 15:1-6; 21:23-27; Xn. 7:3-10). O mesmo fixeron Abraham, Isaac, Rahab e Eliseo ó dar datos erróneos ou ó ocultarlles algúns feitos ós que non adoraban a Xehová (Xén. 12:10-19; 20:1-18; 26:1-10; Xos. 2:1-6; 2 Re. 6:11-23; Sant. 2:25).

Lectura da Biblia

(Xénese 26:1-18) Houbo fame no país, como outrora en tempos de Abraham, e Isaac foi a Guerar, preto de Abimélec, rei dos filisteos. 2 O Señor aparecéuselle e díxolle: “Non baixes a Exipto. Asenta na terra que eu che mostrarei. 3 Fai nesta terra a túa morada. Eu estarei contigo e bendicireite. A ti e ós teus descendentes dareivos esta terra, para mante-lo xuramento que fixen a teu pai Abraham. 4 Farei crece-los teus descendentes como as estrelas do ceo, dareilles toda esta terra e por eles chamaranse benditas as nacións todas do mundo; 5 todo porque Abraham me obedeceu, gardou a miña lei, os meus preceptos e as miñas instruccións”. 6 Isaac asentou en Guerar. 7 A xente do lugar preguntáballe pola súa muller, e el respondía: “É miña irmá”. Tiña medo de confesar que era súa muller, pensando: “Esta xente vaime matar por culpa de Rebeca”. Porque era moi bela. 8 Cando levaban xa ben tempo no lugar, Abimélec, rei dos filisteos, ollou pola fiestra e viu a Isaac acariñando a Rebeca súa muller. 9 Entón fíxoo chamar para dicirlle: “Conque é túa muller. ¿Por que me dixeches que era túa irmá?” Isaac respondeulle: “Porque pensei: Vanme matar por culpa dela”. 10 Abimélec replicou: “¿Por que nos fixeches isto? Se chega a deitarse alguén coa túa muller, faríasnos reos dun delito”. 11 Abimélec advertiu a toda a súa xente: “Se alguén lle toca a este home ou á súa muller, será reo de morte”. 12 Isaac sementou o agro e recolleu naquela anada o cento por un. O Señor bendiciuno, 13 e o home foi medrando, ata se facer moi podente. 14 Tiña fatos de ovellas e de vacas e moitísimos criados. Os filisteos tíñanlle envexa, 15 e encheron de terra e cegaron os pozos que abriran os criados de seu pai Abraham. 16 Abimélec díxolle a Isaac: “Marcha de onda nós, pois ti es moito máis forte”. 17 Isaac marchou de alí, parou no val de Guerar e alí asentou. 18 Abriu de novo os pozos que foran xa cavados en vida de seu pai Abraham e que despois da súa morte cegaran os filisteos, e púxolle-los mesmos nomes que lles puxera seu pai.

“Esaú vende a primoxenitura”

(Xénese 25:27-34) Os nenos fixéronse grandes. Esaú era bo cazador e home do campo. Xacob, en troques, era amigo de quedar na tenda. 28 Isaac amaba a Esaú, porque gustaba da súa caza. Pero Rebeca prefería a Xacob. 29 Nunha ocasión tiña Xacob disposto un guiso e nisto chegou Esaú canso do monte. 30 Esaú pediulle a Xacob: “Dáme a comer esa cousa vermella, pois estou esgotado”. (Por iso lle puxeron o nome de Edom). 31 Respondeulle Xacob: “Coa condición de que me vendas agora mesmo os dereitos de primoxénito”. 32 Esaú pensou: “Estou que morro. ¿De que me serve a primoxenitura?” 33 Xacob dixo: “Xúramo agora mesmo”. El xuroullo, e vendeulle a Xacob a súa primoxenitura. 34 Entón Xacob deulle a Esaú un anaco de pan e mailo guiso de lentellas. El comeu e bebeu, e despois foise. En tan pouco tiña Esaú os dereitos da primoxenitura.

(Hebreos 12:16) Que ninguén, polos seus pareceres, venda o máis sagrado, coma Esaú que por un simple xantar vendeu os seus dereitos de primoxénito;

(Xénese 26:34, 35) Cando Esaú tiña corenta anos, tomou por mulleres a Xudit, filla de Beerí o hitita, e a Basmat, filla de Elón, tamén hitita. 35 Foron razón de tristura para Isaac e para Rebeca.

23-29 DE MARZO

TESOUROS DA BIBLIA| XÉNESE 27-28

“Xacob obtén a bendición que lle correspondía”

(Xénese 27:6-10) Entón díxolle Rebeca a seu fillo Xacob: “Oín que teu pai falaba con teu irmán Esaú e que lle dicía: 7 ‘Trae caza e prepárame un bo guiso. Comerei e bendicireite na presencia de Deus, antes de morrer’. 8 Agora, fillo, atende ben ó que che mando. 9 Vas ó rabaño, tráesme dous bos cabuxos, e guisareillos a teu pai, do xeito que a el lle saben. 10 Ti levarasllos a teu pai, para que coma e che dea a súa bendición, antes de morrer”.

w04 15/4 páx. 11 pars. 4, 5

Rebeca, unha muller decidida que adoraba a Xehová

A Biblia non di se Isaac sabía que Esaú serviría a Xacob. En todo caso, Rebeca e Xacob tiñan clara unha cousa: a bendición correspondíalle a Xacob. Entón, Rebeca escoita que en canto Esaú lle leve de comer caza, Isaac vaino bendicir. Así que actúa decontado, demostrando que ten a mesma decisión e entusiasmo que cando era nova. Dille a Xacob que lle traia dous cabuxos e prepárallos a Isaac do xeito que a el lle gustan. Entón, Xacob ten que facerse pasar por Esaú, pero como ten medo a que o seu pai o descubra e o maldiga, protesta. Mais Rebeca insiste: “Que esa maldición, meu fillo, caia sobre min”. Así que prepara o xantar, disfraza a Xacob e mándao onda seu pai (Xén. 27:1-17).

Non se explica por que Rebeca fixo isto. Moitos din que fixo mal, pero a Biblia non di tal, nin tampouco o dixo Isaac cando caeu na conta de que fora Xacob quen recibira a bendición. De feito, aínda o bendixo máis (Xén. 27:29; 28:3, 4). Rebeca sabía o que Xehová profetizara sobre os seus fillos, así que se asegurou de que Xacob recibise a bendición que lle correspondía. Esta forma de actuar estivo de acordo coa vontade de Xehová (Rm. 9:6-13).

(Xénese 27:18, 19) Xacob entrou onda seu pai e saudou: “Meu pai”. El respondeu: “Aqui estou. ¿E ti, meu fillo, quen es?” 19 Xacob díxolle a seu pai: “Eu son Esaú, o teu primoxénito. Fixen conforme me mandaches. Érguete, séntate e come da miña caza, para que me deas logo a túa bendición”.

w07 1/10 páx. 31 pars. 2, 3

Preguntas dos lectores

A Biblia non dá tódolos detalles acerca de por que Rebeca e Xacob fixeron o que fixeron, pero si di que todo aconteceu de súpeto. É interesante que a Palabra de Deus nin xustifica nin condena o que fixeron. Deste xeito, non fomenta nin as mentiras nin o engano. O que si que fai é aclarar o que pasou.

Primeiro de todo, o relato deixa claro que a bendición de Isaac lle pertencía a Xacob e non a Esaú. Por que? Porque, tempo antes, Xacob lle comprara legalmente a primoxenitura ó seu irmán xemelgo, quen lla vendeu por unha comida. A Biblia di: “En tan pouco tiña Esaú os dereitos da primoxenitura” (Xén. 25:29-34). Así que cando foi onda seu pai, Xacob buscaba obter unha bendición que lle correspondía por dereito.

(Xénese 27:27-29) E Xacob achegouse e bicouno. Ó sentir Isaac o recendo da roupa, deulle esta bendición: “Sentide o recendo do meu fillo, coma recendo dun agro bendito polo Señor. 28 Deus che dea o orballo do ceo, a fartura da terra, abundancia de trigo e de viño. 29 Que te sirvan os pobos e te respecten as nacións. Se señor de teus irmáns e que te respecten os fillos de túa nai. Maldito o que te maldiga, bendito o que te bendiga”.

it-1 páx. 311 par. 2

Bendición

Nunha sociedade patriarcal, o pai adoitaba bendicir os fillos pouco antes de morrer. Isto era algo moi importante e moi valorado. Por exemplo, Isaac bendiciu a Xacob pensando que era o seu primoxénito, Esaú. Dixo que sería máis respectado e tería máis riquezas có seu irmán. Ademais, pediulle a Xehová que levase a cabo esta bendición, pois Isaac non podía xa que era vello e cego (Xén. 27:1-4, 23-29; 28:1, 6; Heb. 11:20; 12:16, 17). Máis tarde, en sabendo o que facía, Isaac confirmou a bendición a Xacob e ampliouna (Xén. 28:1-4). Antes de morrer, Xacob bendiciu primeiro os dous fillos de Xosé e despois os seus (Xén. 48:9, 20; 49:1-28; Heb. 11:21). Moisés fixo algo semellante. Antes de finar, bendiciu a toda a nación de Israel (Dt. 33:1). En todos estes casos, quedou demostrado que se falou de xeito profético. Ás veces, o que dicía a bendición poñía a man na cabeza da persoa á que bendicía (Xén. 48:13, 14).

Afondemos nas Escrituras

(Xénese 27:46–28:2) Rebeca díxolle a Isaac: “Dóeme a alma, por culpa destas hititas. Se tamén Xacob toma muller de entre elas, de entre as fillas deste país, ¿de que me serve aínda vivir?”

28 Isaac chamou a Xacob e bendiciuno. Coa mesma, deulle esta orde: “Non tomes unha cananea por muller. 2 Vaite a Padán-Aram, coa familia de Betuel, o teu avó paterno, e toma muller de entre as fillas de teu tío Labán.

w06 15/4 páx. 6 pars. 3, 4

Como comunicarse ben no matrimonio

Había boa comunicación entre Isaac e Rebeca? Que Esaú casase con dúas mulleres hititas creou un grave problema na familia. Rebeca dicíalle a Isaac: “Dóeme a alma, por culpa destas hititas. Se tamén Xacob toma muller de entre elas, de entre as fillas deste país, ¿de que me serve aínda vivir?” (Xén. 26:34; 27:46). Ela foi moi clara ó explicarlle ó seu home o que lle preocupaba.

Isaac falou con Xacob, o xemelgo de Esaú, e díxolle que non casase cunha cananea (Xén. 28:1, 2). Está claro que entendeu o que lle dixera Rebeca. Esta parella é un bo exemplo para todos nós, pois conseguiu resolver un problema familiar delicado grazas a se comunicaren ben. Pero, e se un matrimonio non consegue chegar a un acordo? Que pode facer?

(Xénese 28:12, 13) No soño que tivo viu unha esqueira afincada na terra e co cimo tocando o ceo; por ela subían e baixaban os anxos de Deus. 13 Diante del viu o Señor en pé, que lle dicía: “Eu son o Señor, Deus de teu pai Abraham e Deus de Isaac. A terra onde estás deitado dareicha para ti e para os teus descendentes.

w04 15/1 páx. 28 par. 6

Ideas interesantes do libro de A Xénese II

28:12, 13. Cal foi o significado do soño de Xacob no que aparecía unha esqueira? Esta esqueira con chanzos de pedra que subía cara o ceo indicaba que hai comunicación entre a terra e o ceo. Que os anxos subisen e baixasen por ela demostra que desempeñan un traballo moi importante entre Xehová e os humanos que teñen a Súa aprobación (Xn. 1:51).

Lectura da Biblia

(Xénese 27:1-23) Isaac fíxose vello e anubróuselle a vista. Entón chamou ó seu primoxénito Esaú: “¡Fillo!” E el respondeulle: “Aquí estou”. 2 E o pai seguiu: “Ti ves que xa vou vello e non sei cando morrerei. 3 Colle as túas armas, o arco e a alxaba, sae ó monte e cázame unha peza. 4 Guísaa como sabes que me gusta, e tráesma que a coma, pois quero darche a miña bendición antes de morrer”. 5 Namentres Isaac dicía isto a seu fillo, Rebeca estábao escoitando. Esaú saíu ó monte, pola peza que lle cumpría 6 Entón díxolle Rebeca a seu fillo Xacob: “Oín que teu pai falaba con teu irmán Esaú e que lle dicía: 7 ‘Trae caza e prepárame un bo guiso. Comerei e bendicireite na presencia de Deus, antes de morrer’. 8 Agora, fillo, atende ben ó que che mando. 9 Vas ó rabaño, tráesme dous bos cabuxos, e guisareillos a teu pai, do xeito que a el lle saben. 10 Ti levarasllos a teu pai, para que coma e che dea a súa bendición, antes de morrer”. 11 Xacob díxolle a súa nai: “Repara que meu irmán Esaú é peludo e que eu, en troques, son lampo. 12 Se meu pai me apalpase, descubriríame trampulleiro, e no lugar da bendición atraería sobre min a maldición”. 13 Súa nai respondeulle: “Que esa maldición, meu fillo, caia sobre min. Ti escóitame, vai e tráeme os cabuxos”. 14 El foi, colleu os cabuxos e tróuxollos á nai. Ela preparou o guiso, do xeito que lle gustaba a seu pai. 15 Rebeca botou man da roupa do fillo maior, Esaú, a mellor que tiña na casa, e vestiulla a Xacob, o fillo máis novo. 16 Coas peles dos cabuxos cubriulle as mans e a parte lampa do pescozo. 17 E puxo nas mans de Xacob, seu fillo, o guiso que preparara e mais un anaco de pan. 18 Xacob entrou onda seu pai e saudou: “Meu pai”. El respondeu: “Aqui estou. ¿E ti, meu fillo, quen es?” 19 Xacob díxolle a seu pai: “Eu son Esaú, o teu primoxénito. Fixen conforme me mandaches. Érguete, séntate e come da miña caza, para que me deas logo a túa bendición”. 20 Isaac preguntoulle a seu fillo: “¿Como a atopaches tan axiña, meu fillo?” El respondeulle: “O Señor Deus púxoma diante”. 21 Isaac díxolle a Xacob: “Achégate, fillo, que te apalpe, para ver se es ou non meu fillo Esaú”. 22 Xacob chegouse a Isaac. Este apalpouno, e dixo: “A voz é a de Xacob, pero as mans son as de Esaú”. 23 E non o recoñeceu, porque as súas mans eran peludas coma as de seu irmán. E bendiciuno.

“Xacob obtén a bendición que lle correspondía”

(Xénese 27:6-10) Entón díxolle Rebeca a seu fillo Xacob: “Oín que teu pai falaba con teu irmán Esaú e que lle dicía: 7 ‘Trae caza e prepárame un bo guiso. Comerei e bendicireite na presencia de Deus, antes de morrer’. 8 Agora, fillo, atende ben ó que che mando. 9 Vas ó rabaño, tráesme dous bos cabuxos, e guisareillos a teu pai, do xeito que a el lle saben. 10 Ti levarasllos a teu pai, para que coma e che dea a súa bendición, antes de morrer”.

(Xénese 27:18, 19) Xacob entrou onda seu pai e saudou: “Meu pai”. El respondeu: “Aqui estou. ¿E ti, meu fillo, quen es?” 19 Xacob díxolle a seu pai: “Eu son Esaú, o teu primoxénito. Fixen conforme me mandaches. Érguete, séntate e come da miña caza, para que me deas logo a túa bendición”.

(Xénese 27:27-29) E Xacob achegouse e bicouno. Ó sentir Isaac o recendo da roupa, deulle esta bendición: “Sentide o recendo do meu fillo, coma recendo dun agro bendito polo Señor. 28 Deus che dea o orballo do ceo, a fartura da terra, abundancia de trigo e de viño. 29 Que te sirvan os pobos e te respecten as nacións. Se señor de teus irmáns e que te respecten os fillos de túa nai. Maldito o que te maldiga, bendito o que te bendiga”.

(Xénese 27:28) Deus che dea o orballo do ceo, a fartura da terra, abundancia de trigo e de viño.

(Deuteronomio 26:15) Mira, pois, desde a túa santa morada, desde o ceo, e bendí ó teu pobo, a Israel, e a terra de cultivo que nos deches, tal como llelo xuraches a nosos pais, unha terra que deita leite e mel.

(Xénese 27:29) Que te sirvan os pobos e te respecten as nacións. Se señor de teus irmáns e que te respecten os fillos de túa nai. Maldito o que te maldiga, bendito o que te bendiga”.

(Xénese 25:23) A resposta foi esta: “Hai dúas nacións no teu ventre, dous pobos que se dividen xa nas túas entrañas. Un pobo poderá co outro, o máis vello servirá ó máis novo”.

(2 Samuel 8:14) Estableceu postos en Edom, que estaba todo sometido a David. O Señor concedeulle éxito a David en todo o que emprendeu.

(Ezequiel 25:12-14) Así fala o meu Señor, Iavé: “Por mor do comportamento de Edom ó practica-la vinganza contra a Casa de Israel, e se facer culpable da súa vinganza contra ela, 13 por isto así fala o meu Señor, Iavé: ‘Estendo o meu brazo contra Edom: exterminarei del homes e animais, convertereino nunha desolación, desde Temán ata Dedán caerán á espada. 14 Descargarei a miña vinganza contra Edom pola man do meu pobo Israel, que tratará a Edom conforme o meu xenio e a miña ira. Entón coñecerán a miña vinganza -é o meu Señor, Iavé, quen fala-’”.

30 DE MARZO–5 DE ABRIL

TESOUROS DA BIBLIA | XÉNESE 29-30

“Xacob casa”

(Xénese 29:18-20) Xacob quería a Raquel, e díxolle a Labán: “Servireite sete anos por Raquel, a túa filla máis nova”. 19 Respondeulle Labán: “Mellor darcha a ti que non a un calquera. Fica, pois, comigo”. 20 Xacob serviu sete anos por Raquel, e parecéronlle uns poucos días, de tanto que a quería.

w03 15/10 páx. 29 par. 6

Xacob valoraba a súa relación con Deus

O compromiso matrimonial tiña efecto cando se lle pagaba o prezo da noiva á súa familia. Máis tarde, a Lei mosaica estipulou que se pagasen cincuenta siclos de prata por ter seducido a unha virxe. O biblista Gordon Wenham cre que este era “o prezo máis alto que se pagaba pola noiva”, pero que adoitaba ser “moito menor” (Dt. 22:28, 29). Como Xacob non o podía pagar, ofreceulle a Labán traballar para el durante 7 anos. Wenham engade: “Xa que os xornaleiros recibían entre medio siclo e un siclo ó mes nos tempos da antiga Babilonia [entre 42 e 84 siclos en 7 anos], Xacob ofreceulle a Labán un regalo de voda moi xeneroso para casar con Raquel”. Labán deseguida aceptou (Xén. 29:19).

(Xénese 29:21-26) Ó cabo deles díxolle a Labán: “Dáme a miña muller, pois xa se cumpriu o tempo, e quero xuntarme con ela”. 22 Labán reuniu os homes do lugar e ofreceu un xantar. 23 Chegada a noite, colleu a súa filla Lea, meteuna na tenda de Xacob, e este durmiu con ela. 24 Labán deulle a serva Zilpah á súa filla Lea. 25 Pola mañá decatouse Xacob de que era Lea, e díxolle a Labán: “¿Que é isto que me fixeches? ¿Non te servira por Raquel? ¿Por que me enganaches?” 26 Respondeulle Labán: “Onda nós non hai costume de da-la filla máis nova antes cá máis vella.

w07 1/10 páx. 8

Tiveron vidas complicadas, pero “edificaron elas dúas a casa de Israel”

Foi Lea cómplice do engano, ou simplemente tivo que obedecer o seu pai? E que hai de Raquel? Sabía o que estaba a pasar? E se o sabía, como se sentía? Podería facerlle fronte a un pai tan autoritario? A Biblia non responde estas preguntas. Sexa o que sexa o que pensasen Raquel e Lea, cando Xacob descubriu o engano enfadouse moito con Labán e non coas súas fillas. Recriminoulle: “¿Non te servira por Raquel? ¿Por que me enganaches?”. Entón respondeulle Labán: “Onda nós non hai costume de da-la filla máis nova antes cá máis vella. Deixa pasar outra semana e darémosche tamén a outra rapaza, polo servicio de sete anos máis” (Xén. 29:25-27). Deste xeito, Xacob acabou casado con dúas mulleres, algo que provocaría moitos celos no futuro.

it-2 páx. 343 par. 8

Matrimonio

Celebración. Aínda que as vodas en Israel non seguían unha cerimonia formal, si que era un día moi alegre. O día da voda, a noiva adoitaba prepararse na súa casa. Primeiro bañábase e botaba aceite perfumado (comparar con Rut 3:3; Ez. 23:40). Ás veces había criadas que a axudaban a poñer lazos para o peito e un vestido branco. Dependendo do seu nivel económico, este vestido tiña máis ou menos bordados (Sal. 45:14, 15 [13, 14, NM]; Xer. 2:32; Ap. 19:7, 8). E, se tiña os medios precisos, poñía xoias e outros adornos (Is. 49:18; 61:10; Ap. 21:2). Ademais, cubríase cunha especie de veo que ía dende a cabeza ata os pés (Is. 3:19, 23). Isto explica por que Labán puido enganar tan facilmente a Xacob e darlle a Lea no canto de a Raquel (Xén. 29:23, 25). Tamén Rebeca cubriu a cabeza cando viu por primeira vez a Isaac (Xén. 24:65). Isto simbolizaba a submisión da noiva á autoridade do noivo (1 Cor. 11:5, 10).

(Xénese 29:27, 28) Deixa pasar outra semana e darémosche tamén a outra rapaza, polo servicio de sete anos máis”. 28 Xacob deuno por bo e, ó cabo dunha semana, Labán entregoulle por muller a súa filla Raquel.

Afondemos nas Escrituras

(Xénese 30:3) Ela propúxolle: “Aí tes a Bilhah, a miña serva. Achégate a ela, que dea a luz nos meus xeonllos, e así terei eu tamén fillos por medio dela”.

it-1 páx. 56 par. 2

Adopción

Tanto Raquel como Lea tiñan por seus os fillos das súas criadas (Xén. 30:3-8, 12, 13, 24). Estes, por seren fillos biolóxicos de Xacob, recibiron a mesma parte da herdanza cós que tivo coas mulleres coas que casara. E, xa que as criadas eran propiedade de Raquel e Lea, os seus fillos tamén.

(Xénese 30:14, 15) Na época da sega do trigo saíu Rubén ó agro. Atopou unhas mandrágoras e levoullas a Lea, súa nai. Raquel díxolle a Lea: “Dáme desas mandrágoras que trouxo o teu fillo”. 15 Respondeulle Lea: “¿Quizais che parece pouco quitarme o meu home, que queres tamén as mandrágoras de meu fillo?” Díxolle Raquel: “Ben: que durma contigo esta noite, en troque das mandrágoras”.

w04 15/1 páx. 28 par. 7

Ideas interesantes do libro de A Xénese II

30:14, 15. Por que pode que preferise Raquel quedar cunhas mandrágoras e non aproveitar a oportunidade de quedar embarazada? Antigamente, as mandrágoras tiñan usos medicinais como narcótico e para previr ou aliviar os espasmos. Tamén se pensaba que eran afrodisíacas e que aumentaban a fertilidade e as posibilidades de quedar embarazada (Cant. 7:14 [7:13, NM]). Inda que a Biblia non explica a razón, poida que Raquel pensase que as mandrágoras lle axudarían a ter fillos e así evitar a vergoña de ser estéril. Non obstante, anos despois Xehová fixo que quedase embarazada (Xén. 30:22-24).

Lectura da Biblia

(Xénese 30:1-21) Vendo Raquel que non lle podía dar fillos a Xacob e, celosa da súa irmá, díxolle ó seu home Xacob: “Dáme fillos, ou morro”. 2 Xacob enfadouse con Raquel e díxolle: “¿Estou eu no lugar de Deus, que che nega o froito do ventre?” 3 Ela propúxolle: “Aí tes a Bilhah, a miña serva. Achégate a ela, que dea a luz nos meus xeonllos, e así terei eu tamén fillos por medio dela”. 4 E deulle a súa serva Bilhah por muller, e el achegouse a ela. 5 Bilhah quedou embarazada e deulle un fillo a Xacob. 6 Raquel agradeceu: “Deus fíxome xustiza, escoitoume e deume un fillo”. E púxolle o nome de Dan. 7 Bilhah, a serva de Raquel, quedou de novo embarazada e deulle un segundo fillo a Xacob. 8 Raquel dixo: “Moito tiven que loitar coa miña irmá, pero puiden con ela”. E chamou ó fillo Naftalí. 9 Vendo Lea que deixara de ter fillos, colleu e deulle á Xacob a súa serva Zilpah por muller. 10 Quedou embarazada e deulle un fillo a Xacob. 11 Lea dixo: “¡Que boa sorte!” E chamou ó fillo Gad. 12 Zilpah, a serva de Lea, deulle outro fillo a Xacob. 13 E Lea dixo: “¡Para a miña felicidade! Agora felicitaranme as mulleres”. E chamou ó neno Axer. 14 Na época da sega do trigo saíu Rubén ó agro. Atopou unhas mandrágoras e levoullas a Lea, súa nai. Raquel díxolle a Lea: “Dáme desas mandrágoras que trouxo o teu fillo”. 15 Respondeulle Lea: “¿Quizais che parece pouco quitarme o meu home, que queres tamén as mandrágoras de meu fillo?” Díxolle Raquel: “Ben: que durma contigo esta noite, en troque das mandrágoras”. 16 Á tardiña, ó volver Xacob do campo, saíulle Lea ó encontro e díxolle: “Achégate a min, pois adquirín o dereito a ti polas mandrágoras de meu fillo”. E Xacob deitouse con ela aquela noite. 17 Deus escoitou a Lea, e esta quedou embarazada e deulle un quinto fillo a Xacob. 18 Daquela dixo Lea: “Deus deume este pago, por terlle dado a miña serva ó meu home”. E púxolle ó neno o nome de Isacar. 19 Lea quedou outra vez embarazada e deulle un sexto fillo a Xacob. 20 Esta vez dixo: “Deus fíxome un bo regalo. Agora terame respecto o meu home, pois xa lle dei seis fillos”. E chamou ó neno Zebulón. 21 Despois deu a luz unha filla e púxolle de nome Dinah.

“Xacob casa”

(Xénese 29:18-28) Xacob quería a Raquel, e díxolle a Labán: “Servireite sete anos por Raquel, a túa filla máis nova”. 19 Respondeulle Labán: “Mellor darcha a ti que non a un calquera. Fica, pois, comigo”. 20 Xacob serviu sete anos por Raquel, e parecéronlle uns poucos días, de tanto que a quería. 21 Ó cabo deles díxolle a Labán: “Dáme a miña muller, pois xa se cumpriu o tempo, e quero xuntarme con ela”. 22 Labán reuniu os homes do lugar e ofreceu un xantar. 23 Chegada a noite, colleu a súa filla Lea, meteuna na tenda de Xacob, e este durmiu con ela. 24 Labán deulle a serva Zilpah á súa filla Lea. 25 Pola mañá decatouse Xacob de que era Lea, e díxolle a Labán: “¿Que é isto que me fixeches? ¿Non te servira por Raquel? ¿Por que me enganaches?” 26 Respondeulle Labán: “Onda nós non hai costume de da-la filla máis nova antes cá máis vella. 27 Deixa pasar outra semana e darémosche tamén a outra rapaza, polo servicio de sete anos máis”. 28 Xacob deuno por bo e, ó cabo dunha semana, Labán entregoulle por muller a súa filla Raquel.

(Xénese 29:32) Lea quedou embarazada e deu a luz un fillo, ó que puxo por nome Rubén, porque dicía: “O Señor ollou para a miña aflicción, e agora quererame o meu home”.

(Xénese 30:1) Vendo Raquel que non lle podía dar fillos a Xacob e, celosa da súa irmá, díxolle ó seu home Xacob: “Dáme fillos, ou morro”.

(Xénese 30:8) Raquel dixo: “Moito tiven que loitar coa miña irmá, pero puiden con ela”. E chamou ó fillo Naftalí.

(Xénese 30:29, 30) Dixo Xacob: “Ti sabes como te servín e como lle foi comigo á túa facenda. 30 O pouco que tiñas primeiro de vir eu, converteuse en abundancia. O Señor bendiciute ó meu paso. Agora terei que facer algo pola miña familia”. Preguntoulle Labán:

(Xénese 30:43) Xacob fíxose moi rico. Chegou a ter moita facenda, servos, servas, camelos e xumentos.

(Rut 4:11) E todo o pobo que estaba á porta, e mailos anciáns, dixeron: “¡Testemuñas somos! ¡Que o Señor faga á muller que entre na túa casa semellante a Raquel e mais a Lea, que edificaron elas dúas a casa de Israel! ¡Cobra forza en Efratah; acada renome en Belén!

(1 Corintios 7:28) Non obstante, anque cases, non pecas; e, anque case unha moza, tampouco peca. Pero os que casen terán tribulacións na carne, e eu quixera librarvos delas.

(Proverbios 3:5, 6) Confía no Señor con todo o teu ser e non te apoies na propia intuición; 6 teno en conta en tódolos teus camiños e El achanzará os teus vieiros.

(Efesios 5:33) En calquera caso, todos e cada un de vós, debe ama-la súa muller coma a si mesmo; e a muller, que respecte ó seu marido.

A NOSA VIDA CRISTIÁ

“Melloremos as nosas habilidades na predicación. Como predicarlles ás persoas cegas”

(Levítico 19:14) Non maldira-lo xordo, nin lle porás atrancos ó cego: temera-lo teu Deus. Eu son o Señor.

(Mateo 10:11) En calquera vila ou aldea que entredes, informádevos se hai alguén de confianza e permanecede alí ata que marchedes.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir