Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades
4-10 DE XANEIRO
TESOUROS DA BIBLIA | LEVÍTICO 18-19
“Manteñámonos limpos moralmente”
w19.06 páx. 28 par. 1
Como protexernos desta trampa de Satán
Despois de mencionar as prácticas pervertidas das nacións veciñas Xehová díxolles ós israelitas: “Nin vos afagades ós costumes de Canaán, onde eu vos vou facer entrar [...]. Por teren contaminado o país, determinei castiga-lo seu pecado”. Para o Deus santo de Israel, o estilo de vida dos cananeos era tan noxento que dixo que a terra onde vivían se volvera sucia ou contaminada (Lev. 18:3, 25).
w17.02 páx. 20 par. 13
Xehová dirixe o seu pobo
13 Os reis fieis de Israel eran moi distintos ós líderes das outras nacións, os cales se guiaban pola sabedoría humana e tiñan unha visión limitada das cousas. Baixo a gobernación dos cananeos, a xente practicaba cousas detestables, como o incesto, a homosexualidade, o bestialismo, o sacrificio de nenos e a idolatría extrema (Lev. 18:6, 21-25). Ademais, os líderes de Babilonia e Exipto non seguían as normas de hixiene que Deus lle dera a Israel e que, como demostrou a ciencia, eran saudables (Núm. 19:13). Pola contra, o pobo de Deus do pasado vía que os seus líderes fieis promovían a limpeza espiritual, moral e física. Estaba claro que Xehová os guiaba.
Que fará Deus coa maldade?
Que pasará con aqueles que son testáns, se negan a cambiar a súa forma de vivir e insisten en facer as cousas mal? A seguinte promesa déixao claro: “Os homes honrados habitarán na terra, os íntegros serán deixados nela, mais os malvados serán desbotados da terra e os traicioneiros desraizados dela” (Pr. 2:21, 22). Xa non haberá persoas malas que exerzan a súa influencia. Neste ambiente de paz os humanos obedientes pouco a pouco serán liberados da imperfección (Rm. 6:17, 18; 8:21).
Xoias espirituais
w06 15/6 páx. 22 par. 11
“¡Canto amo eu a túa lei!”
11 Un segundo aspecto da Lei mosaica que demostraba que Deus se interesaba no benestar do seu pobo era o dereito á rebusca. Xehová mandou que cando os agricultores israelitas fixesen a colleita, debían deixar que os pobres fosen detrás recollendo o que quedaba. Os agricultores non debían segar as beiras das leiras nin volver para recoller o que quedara nas vides e nas oliveiras. Tampouco debían recoller os monllos que esqueceran nos campos. Este mandato de Xehová era unha mostra de amor polos pobres, os estranxeiros, os orfos e mailas viúvas. Inda que a rebusca implicaba que traballasen duro, evitaba que tivesen que mendigar (Lev. 19:9, 10; Dt. 24:19-22; Sal. 37:25).
11-17 DE XANEIRO
TESOUROS DA BIBLIA | LEVÍTICO 20-21
“Xehová separa o seu pobo”
w04 15/10 páx. 11 par. 12
Estarás no Paraíso?
12 Non obstante, hai algo que non debemos esquecer. Deus díxolles ós israelitas: “Gardaredes tódolos mandamentos que eu che mando hoxe, a fin de terdes forza para entrar e tomar posesión do país” (Dt. 11:8). En Levítico 20:22, 24 faise referencia ó mesmo país, ou terra, cando di: “Gardade tódolos meus decretos e tódolos meus mandatos, e cumprídeos, para que non vos vomite a terra na que eu vos vou facer entrar, a fin de que moredes nela. Xa volo teño dito: vós seredes donos da súa terra; eu mesmo vola vou dar en posesión: unha terra que deita leite e mel”. Así que a posesión da Terra Prometida dependía de que tivesen unha boa relación con Xehová. Pero como os israelitas desobedeceron a Deus, el permitiu que os babilonios os conquistasen e os botasen fóra daquela terra.
it-1 páx. 1119
Herdanza
Calquera propiedade que á morte dunha persoa pasa ós seus herdeiros; todo aquilo que se recibe dos proxenitores ou dos devanceiros. O verbo hebreo que adoita empregarse para este termo é naial (substantivo naialá). Ten que ver con obter ou transmitir unha herdanza, normalmente por sucesión (Núm. 26:55; Ez. 46:18). Ás veces tamén se usa o verbo iarax co significado de “suceder como herdeiro”, inda que o seu uso máis habitual é “tomar posesión”, sen ter que ver cunha sucesión (Xén. 15:3; Lev. 20:24). No contexto militar ten o sentido de “quitar unha posesión; expulsar” (Dt. 2:12; 31:3). As palabras gregas para “herdanza” están relacionadas con cleros, que orixinalmente significaba “sorte”; despois significou “participación” e por último “herdanza” (Mt. 27:35; Feit. 1:17; 26:18).
it-2 páx. 579 par. 5
Paxaros
Despois do Diluvio, Noé ofreceu como sacrificio “aves puras”, xunto con outros animais (Xén. 8:18-20). A partir dese momento, Deus permitiu que se incluísen paxaros na dieta das persoas, sempre e cando non comesen o sangue (Xén. 9:1-4; comparar con Lev. 7:26; 17:13). Que un paxaro fose puro ou non parece estar relacionado con algunhas indicacións divinas sobre o que era aceptable para facer sacrificios. O rexistro bíblico amosa que non se clasificou como impuro para alimento ningún paxaro ata que entrou en vigor a Lei mosaica (Lev. 11:13-19, 46, 47; 20:25; Dt. 14:11-20). Na Biblia non se especifican os factores que determinaban que aves eran cerimonialmente impuras. Inda que moitas delas eran aves de rapina ou aves que se alimentaban de cadáveres, tamén había outras que non o eran (ver ABUBILLA). Esta prohibición quitouse cando se instituíu o novo pacto, como Deus lle indicou a Pedro por medio dunha visión (Feit. 10:9-15).
Xoias espirituais
it-1 páx. 562
Cortaduras
A Lei de Deus prohibía especificamente facerse cortes ou incisións no corpo en sinal de loito (Lev. 19:28; 21:5; Dt. 14:1). O motivo era que Israel era un pobo santo dedicado a Xehová, a súa posesión especial (Dt. 14:2). Como tal, tiña que manterse libre de tódalas prácticas idolátricas. Así que, estas mostras extremas de dó xunto con laceracións eran totalmente desapropiadas para un pobo que sabía cal era o estado dos mortos e que tiña a esperanza da resurrección (Dn. 12:13; Heb. 11:19). Por outra banda, a prohibición de mutilarse gravaría nos israelitas respecto polo corpo humano, que é creación Deus.
18-24 DE XANEIRO
TESOUROS DA BIBLIA | LEVÍTICO 22-23
“Festas periódicas con significado para nós”
it-1 páx. 934
A Festa dos Pans Ácimos
O primeiro día da Festa dos Pans Ácimos era unha asemblea solemne e considerábase coma un sábado. O segundo día, o 16 de nisán, levábaselle ó sacerdote un monllo da primeira colleita da cebada, que era a primeira colleita que se facía en Palestina. Antes desta festa non se podía comer gran novo nin pan nin gran tostado da nova colleita. O sacerdote presentáballe simbolicamente estas primicias a Xehová movéndoas dun lado para outro. Ademais tamén ofrecía un año san, no seu primeiro ano de vida, e unha ofrenda de cereais lixeiramente mollados con aceite e unha libación (Lev. 23:6-14). Non había mandato ningún de queimar gran ou fariña sobre o altar, como fixeron os sacerdotes máis adiante. Durante esta festa, non se facía unha única ofrenda pública ou nacional das primicias, senón que tamén estaba estipulado que toda aquela familia ou persoa que tivese unha propiedade en Israel ofrecese sacrificios de agradecemento (Éx. 23:19; Dt. 26:1, 2; ver PRIMICIAS).
Significado. O feito de que nesta ocasión se comesen pans sen levedar estaba de acordo coas instrucións que Xehová lle dera a Moisés, segundo se rexistraron en Éxodo 12:14-20. Estas incluían o seguinte mandato estrito: “Neses sete días non gardaredes pan lévedo na casa” (Éx. 12:19). En Deuteronomio 16:3, ós pans ácimos chámaselles o “pan de aflicción”, e tódolos anos lles servían ós xudeus de recordatorio de cando saíran ás présas de Exipto e non tiveran nin tempo para levedar a masa dos pans (Éx. 12:34). Deste xeito, lembraban a aflición e a escravitude da que foran liberados. Tal como Xehová lles dixera: “Para que te lembres do día no que saíches do país de Exipto, tódolos días da túa vida”. Ser conscientes da liberdade que agora tiñan como nación e recoñecer a Xehová como o seu Salvador, constituía o escenario perfecto para celebrar a primeira das tres grandes festas anuais dos israelitas (Dt. 16:16).
it-2 páx. 631 par. 1
Pentecostés
As primicias da colleita de trigo tratábanse de xeito distinto ás da cebada. Cocíanse dúas décimas partes dun efah de flor de fariña (4,4 l) con fermento para facer dous pans. Debían ser pans das súas “moradías”, é dicir, coma os que facían a diario, non pans especiais feitos expresamente para fins sagrados (Lev. 23:17). Xunto cos pans tamén se presentaban ofrendas queimadas, unha ofrenda de expiación ou pola culpa e unha ofrenda de comuñón que consistía en dous carneiros. O sacerdote poñía nas mans os pans e os anacos de cordeiro e movíaos dun lado para outro diante de Xehová, o que significaba que os presentaba diante del. Despois de presentar os pans e os cordeiros, o sacerdote tiña que quedar con eles para comelos como ofrenda comuñón (Lev. 23:18-20).
w14 15/5 páx. 28 par. 11
Avanzamos coa organización de Xehová?
11 A organización de Xehová quere o mellor para nós e por iso nos anima a facerlle caso ó consello do apóstolo Paulo: “E considerémonos uns ós outros de xeito que nos sirvamos de estímulo para o amor e para as boas obras. E non faltedes endexamais á nosa reunión, como fan algúns, senón que nos animemos uns ós outros e tanto máis canto que ollades que está a chegar aquel día” (Heb. 10:24, 25). As festas anuais e outras xuntanzas que facían os israelitas para adorar a Xehová fortalecíanos espiritualmente. Ademais estas eran ocasións alegres, como por exemplo a Festa das Cabanas que se celebrou no tempo de Nehemías (Éx. 23:15, 16; Neh. 8:9-18). Hoxe en día, nas reunións, nos congresos de circuíto e nos congresos rexionais obtemos beneficios semellantes. Aproveitemos ó máximo estas oportunidades que nos axudan a manternos fortes espiritualmente e a ser felices (Tit. 2:2).
Xoias espirituais
Sexamos íntegros!
3 Cando se fala dos servos de Deus, ser íntegros significa sentir un amor sincero e unha devoción inquebrantable por Xehová como persoa, poñelo sempre en primeiro lugar cando temos que tomar decisións. Na Biblia, a palabra “integridade” adoita utilizarse para falar de algo completo, enteiro ou san. Por exemplo, a Lei dicía que cando os israelitas ofrecían un animal en sacrificio a Xehová, este tiña que estar san (Lev. 22:21, 22). Os servos de Deus non podían ofrecerlle un animal ó que lle faltase unha pata, unha orella ou un ollo, ou que estivese enfermo. Era moi importante para Xehová que o animal estivese completo ou san (Mal. 1:6-9). Por que quere Xehová que todo o que lle deamos estea completo? Pensemos no seguinte exemplo. Cando compramos algo, como unha froita, un libro ou unha ferramenta, non queremos que teña buratos ou lle falten partes. Queremos algo que estea completo, enteiro e en boas condicións. Xehová desexa o mesmo. Quere que o noso amor por el e a nosa lealdade sexan completos ou íntegros.
25-31 DE XANEIRO
TESOUROS DA BIBLIA | LEVÍTICO 24-25
“O ano do Xubileu e a futura liberación”
it-2 páxs. 228-229
Liberdade
O Deus da liberdade. Xehová é o Deus da liberdade. El liberou a nación de Israel da escravitude en Exipto e díxolles ós israelitas que mentres obedecesen os seus mandamentos non pasarían necesidade (Dt. 15:4, 5). Non obstante, a Lei indicaba que se un home caía na pobreza podía venderse a si mesmo como escravo para poder cubrir as súas necesidades e as da súa familia. Pero a Lei tamén garantía que todo hebreo que fose vendido como escravo quedaría libre ó sétimo ano da súa servidume (Éx. 21:2). No Xubileu, que era cada 50 anos, promulgábase a liberdade para tódolos escravos hebreos e tódolos homes recuperaban as terras da súa herdanza (Lev. 25:10-19).
it-1 páx. 1120 par. 3
Herdanza
Como a propiedade das terras debía permanecer dentro da mesma familia dunha xeración a outra, non se podían vender a perpetuidade. A venda das terras en realidade era un arrendamento baseado no valor das colleitas que esa terra produciría, e o prezo da compra calculábase en función dos anos que quedaban para o Xubileu máis próximo. Cando chegaba ese momento, tódalas terras volvían a ser propiedade do seu dono orixinal, a menos que a terra xa se recuperase por compra antes do Xubileu (Lev. 25:13, 15, 23, 24). Este regulamento incluía casas en cidades non amuralladas, xa que se consideraban como parte das terras. No caso das casas dentro de cidades amuralladas, o dereito de recompra só duraba un ano contando dende o momento da venda, despois do cal se convertían en propiedade do comprador. Cando se trataba das casas nas cidades levitas, o dereito de recompra duraba indefinidamente xa que os levitas non herdaban terra ningunha (Lev. 25:29-34).
it-2 páx. 149
Xubileu
Cando se obedecía a lei do Xubileu protexíase a nación de caer na triste situación que vemos hoxe en día en moitos países, onde en realidade só hai dúas clases sociais: os moi ricos e os moi pobres. Esta lei protexía as persoas e facía que a nación fose máis forte. Ninguén estaría desvalido e agoniado por unha mala situación económica e todos poderían contribuír ó benestar da nación coas súas habilidades e capacidades. Sempre que os israelitas fosen obedientes, Xehová bendiciría as colleitas e a educación que se impartía. Desfrutarían de prosperidade e dun goberno perfecto que só pode conseguir a verdadeira teocracia (Is. 33:22).
Xoias espirituais
w09 1/9 páx. 22 par. 4
É doce a vinganza?
Se un israelita atacaba a outro e lle facía perder un ollo, a Lei indicaba o castigo xusto que debía recibir. Non obstante, a vítima non podía tomar a iniciativa de atacar o agresor ou a súa familia. A Lei esixía que presentase o caso ante as autoridades correspondentes, é dicir, os xuíces. Deste xeito, trataríase o asunto como era debido. Saber que todo aquel que cometese unha agresión deliberada recibiría un castigo equivalente servía de restrición. Pero ese mandato implicaba moito máis.
1-7 DE FEBREIRO
TESOUROS DA BIBLIA | LEVÍTICO 26-27
“Que debemos facer para recibir a bendición de Xehová”
w08 15/4 páx. 4 par. 8
Rexeitemos as cousas que non valen nada
8 Como poderían os cartos chegar a ser un deus para nós? Para entendelo poñamos un exemplo. Pensemos nunha pedra grande e xeitosa nun campo do antigo Israel. Para que podería usarse? Por exemplo, para construír un muro ou unha casa. Por outra banda, alguén tamén podería usala para facer unha estatua ou un poste sagrado con fins idolátricos, pero isto converteríase nun tropezo para o pobo de Xehová (Lev. 26:1). De xeito semellante, hoxe en día os cartos tamén son útiles. Precisámolos para vivir e tamén podemos utilizalos para servir a Xehová (Ecl. 7:12; Lc. 16:9). Pero se lles désemos máis importancia que ás actividades cristiás, os cartos chegarían a ser o noso deus (ler 1 Timoteo 6:9, 10). Na sociedade actual, para moitas persoas os cartos son o máis importante na súa vida. Pero nós debemos esforzarnos por manter un punto de vista equilibrado (1 Tim. 6:17-19).
it-2 páx. 1096 par. 8
Temor
Debido á forma na que Xehová se valeu del e por como tratou con el, Moisés impoñíalle moito respecto (en hebreo morá) ó pobo de Deus (Dt. 34:10, 12; Éx. 19:9). Os que tiñan fe sentían temor e respecto pola autoridade de Moisés. Decatábanse de que Deus falaba por medio del. Os israelitas tamén debían sentir un temor respectuoso polo santuario de Xehová (Lev. 19:30; 26:2). Isto significaba que debían respectar o santuario ó adorar a Xehová do xeito que El lles mandara e ó comportarse en harmonía con tódolos Seus mandamentos.
w91 1/3 páx. 17 par. 10
Que a paz de Deus garde o teu corazón
10 Xehová díxolle á nación: “Se camiñades conforme os meus mandatos e gardáde-las miñas ordes e as cumprides, heivos manda-las chuvias no seu tempo, a terra havos de da-las súas colleitas e as árbores do campo os seus froitos. Eu porei paz no voso país, durmiredes sen medo e arredarei de onda vós toda caste de terror. Afastarei da vosa terra toda fera nociva e non pasará a espada polo voso país. Andarei entre vós, serei o voso Deus e vós seréde-lo meu pobo” (Lev. 26:3, 4, 6, 12). A nación de Israel podería desfrutar de paz por estar protexida dos seus inimigos, por ter abundancia e por ter unha relación estreita con Xehová. Pero isto ía depender de que non se afastase da Súa Lei (Sal. 119:165).
Xoias espirituais
it-2 páx. 657
Peste
Como consecuencia de abandonar a Lei de Deus. Deus avisou os israelitas do que pasaría se non cumprían o pacto que tiñan con el. Díxolles: “Heivos mandar unha peste” (Lev. 26:14-16, 23-25; Dt. 28:15, 21, 22). Nas Escrituras, tanto a saúde física como a espiritual están relacionadas coa bendición de Deus (Dt. 7:12, 15; Sal. 103:1-3; Pr. 3:1, 2, 7, 8; 4:21, 22; Ap. 21:1-4). Pola contra, a enfermidade relaciónase co pecado e a imperfección (Éx. 15:26; Dt. 28:58-61; Is. 53:4, 5; Mt. 9:2-6, 12; Xn. 5:14). Aínda que nalgúns casos Xehová causou directamente e de xeito repentino a enfermidade dalgunhas persoas, como a lepra de Miriam, Ozías e Guehazí, parece que en moitos casos as enfermidades e as pestes eran consecuencia natural e inevitable da forma de vida pecaminosa que seguían as persoas ou nacións (Núm. 12:10; 2 Cró. 26:16-21; 2 Re. 5:25-27). Simplemente recollían o que sementaban e sufrían en carne propia as consecuencias dun mal proceder (Gál. 6:7, 8). Falando dos que volveran a unha vida sexualmente inmoral, o apóstolo Paulo dixo: “Deus abandonounos ás cobizas dos seus corazóns e chegaron a envilece-los seus propios corpos [...] recibindo o pagamento do seu extravío en si mesmos” (Rm. 1:24-27).
8-14 DE FEBREIRO
TESOUROS DA BIBLIA | NÚMEROS 1-2
“Xehová organiza o seu pobo”
(Números 1:52, 53, NM) Cada israelita debe montar a súa tenda no seu campamento asignado, cada home segundo a súa correspondente división de tres tribos, por grupos. 53 Os levitas deben acampar arredor do tabernáculo do Testemuño, para que non haxa indignación contra o pobo de Israel. Os levitas encargaranse de coidar do tabernáculo do Testemuño.
w94 1/12 páx. 9 par. 4
O lugar que merece a adoración a Xehová na nosa vida
4 Se puidésemos ter unha vista panorámica do campamento do antigo Israel, que veriamos? Un inmenso e ordenado conxunto de tendas de campaña no que probablemente vivían máis de tres millóns de persoas agrupadas en divisións de tres tribos, orientadas ó norte, sur, leste e oeste respectivamente. Se mirásemos máis de cerca, tamén veriamos catro grupos máis pequenos de tendas máis próximas ó centro do campamento. Nelas vivían as familias da tribo de Leví. E xusto no centro do campamento, nunha zona delimitada por unha cortina, atopariamos unha estrutura moi singular: “a Tenda da Alianza” ou tabernáculo. Este fora construído por israelitas hábiles seguindo as instrucións que Xehová lles dera (Núm. 1:52, 53; 2:3, 10, 17, 18, 25; Éx. 35:10).
it-1 páx. 403 par. 1
Campamento
O campamento de Israel era inmenso. Segundo o que vimos antes, había un total de 603.550 homes de guerra, ademais de mulleres, nenos, persoas maiores e impedidas, 22.000 levitas e “unha multitude de xente mesturada” composta de estranxeiros. Posiblemente, sumaban máis de tres millóns de persoas (Éx. 12:38, 44; Núm. 3:21-34, 39). Non se sabe con exactitude a superficie que ocupaba o campamento, xa que os cálculos varían moito. Cando acamparon en fronte de Iericó, nas planicies de Moab, dise que se estendía “desde Bet-ha-Ieximot ata Abel-ha-Xitim” (Núm. 33:49).
Xoias espirituais
it-1 páx. 1231
Inscrición
Rexistro que normalmente inclúe o nome, a liñaxe e a casa á que se pertence. Abrangue máis que un simple censo ou reconto de habitantes. As inscricións nacionais das que fala a Biblia tiñan distintos propósitos, como a recadación de impostos, o servizo militar ou, no caso dos levitas, asignar as súas responsabilidades no santuario.
15-21 DE FEBREIRO
TESOUROS DA BIBLIA | NÚMEROS 3-4
“O servizo dos levitas”
it-2 páx. 890 par. 1
Sacerdote
Baixo o pacto da Lei. Namentres os israelitas inda eran escravos en Exipto, Xehová consagrou ou dedicou para el tódolos fillos primoxénitos de Israel. Fíxoo cando acabou cos primoxénitos de Exipto durante a décima praga (Éx. 12:29; Núm. 3:13). Polo tanto, estes primoxénitos pertencíanlle a Xehová e serviríano exclusivamente a el dun xeito especial. Pero en vez de designalos a todos como sacerdotes ou coidadores do santuario, Deus preferiu valerse dos varóns da tribo de Leví para este servizo. Por iso permitiu que os varóns levitas substituísen os varóns primoxénitos das outras doce tribos (os descendentes de Efraím e Menaxés, os fillos de Xosé, contáronse como dúas tribos). O censo indicou que a cantidade de primoxénitos non levitas maiores dun mes de idade superaba en 273 ós varóns levitas. Así que Deus esixiu un rescate de cinco siclos (11 dólares) por cada un destes 273 homes. Despois, estes cartos entregáronselles a Aharón e ós seus fillos (Núm. 3:11-16, 40-51). Antes desta transacción, Xehová xa apartara os varóns da familia de Aharón, da tribo de Leví, para formar o sacerdocio de Israel (Núm. 1:1; 3:6-10).
it-2 páxs. 213-214
Levitas
Responsabilidades. Os levitas procedían das familias dos tres fillos de Leví: Guerxón, Quehat e Merarí (Xén. 46:11; 1 Cró. 5:27 [6:1, NM]; 6:1 [6:16, NM]). Cando estaban no deserto, a cada unha destas familias asignóuselles un lugar preto do tabernáculo. Os quehatitas da familia de Aharón acampaban ó leste, fronte ó tabernáculo. Os demais quehatitas acampaban no lado sur, os guerxonitas ó oeste e os meraritas ó norte (Núm. 3:23, 29, 35, 38). Os levitas eran os encargados de montar, desmontar e trasladar o tabernáculo. Cando chegaba o momento de levantar o campamento, Aharón e os seus fillos baixaban a cortina que dividía o Santo do Santísimo e cubrían con ela a arca do pacto, os altares, os utensilios e os outros mobles sagrados. Os quehatitas eran os encargados de transportar estas cousas. Os guerxonitas encargábanse de levar as teas da tenda, as cubertas, as cortinas das entradas, as cortinas do patio e as cordas (seguramente as cordas do tabernáculo). E os meraritas eran os encargados dos armazóns, das columnas coas súa bases, as estacas e as cordas do patio que rodeada o tabernáculo (Núm. 1:50, 51; 3:25, 26, 30, 31, 36, 37; 4:4-33; 7:5-9).
it-2 páx. 214
Levitas
No tempo de Moisés, un levita asumía tódalas súas responsabilidades ós 30 anos. Isto incluía levar o tabernáculo e os seus utensilios cada vez que se trasladaba (Núm. 4:46-49). Algunhas tarefas podían facerse dende os 25, pero parece ser que isto non aplicaba ó traballo duro, como transportar o tabernáculo (Núm. 8:24). No tempo do rei David, empezaban ós 20 anos. O motivo que el deu foi que o tabernáculo, que pronto sería substituído polo templo, xa non tiña que transportarse. O traballo obrigatorio dos levitas terminaba ó cumprir os 50 anos de idade (Núm. 8:25, 26; 1 Cró. 23:24-26; ver EDAD). Os levitas tiñan que ser versados na Lei, porque a miúdo se lles pedía ler en público e ensinarlle ó pobo (1 Cró. 15:27; 2 Cró. 5:12; 17:7-9; Neh. 8:7-9).
Xoias espirituais
w06 1/8 páx. 23 par. 13
Sexamos sabios: temamos a Deus
13 David recibiu a axuda de Xehová en momentos de angustia, e isto fixo que aumentasen o seu temor e confianza nel (Sal. 31:23-25 [31:22-24, NM]). Non obstante, houbo tres ocasións en particular nas que o temor que David sentía por Deus se debilitou e isto tróuxolle graves consecuencias. A primeira foi cando se trasladou a arca do pacto a Xerusalén. En vez levala sobre os ombros dos levitas, que é o que estipulaba a Lei, levárona nun carro. Cando Uzá, que guiaba o carro, lle botou a man para sostela, morreu alí mesmo pola súa falta de respecto. Pero aínda que Uzá cometera un pecado grave, o certo é que aquilo pasara porque David non amosara o debido respecto pola Lei de Deus. Temer a Deus significa facer as cousas como el manda (2 Sam. 6:2-9; Núm. 4:15; 7:9).
22-28 DE FEBREIRO
TESOUROS DA BIBLIA | NÚMEROS 5-6
“Como podes imitar os nazarenos?”
it-2 páxs. 467-468
Nazareno
O voto que facían os nazarenos implicaba tres restricións principais: 1. Non podían tomar bebidas embriagadoras nin tampouco comer ningún produto da vide, nin verde nin maduro nin seco. Tampouco podían beber o seu zume, sen importar que fose mosto, estivese fermentado ou fose vinagre. 2. Non podían cortar o pelo da cabeza. 3. Non podían tocar ningún cadáver, nin sequera o dos parentes máis achegados, como pais e irmáns (Núm. 6:1-7).
Votos especiais. A persoa que facía este voto especial tiña que vivir como nazareno para Xehová, non para que a xente o louvase por unha demostración de ascetismo fanático. Máis ben, a Lei dicía: “Durante todo o tempo do seu nazireato está consagrado ó Señor” (Núm. 6:2, 8).
Polo tanto, os requisitos impostos ós nazarenos tiñan un significado e unha importancia especial na adoración a Xehová. Do mesmo xeito que o sumo sacerdote non podía tocar ningún cadáver debido á santidade do seu labor, nin sequera o dun parente próximo, os nazarenos tampouco podían. Ó sumo sacerdote e ós sacerdotes tampouco se lles permitía beber viño nin licor embriagador cando cumprían os seus deberes sagrados diante de Xehová, debido á responsabilidade tan seria que tiñan (Lev. 10:8-11; 21:10, 11).
Ademais, a Lei dicía do nazareno (en hebreo nacir): “Será reservado para o Señor e deixará crece-los cabelos da súa cabeza” (Núm. 6:5). Isto serviría de sinal para que deseguida todos puidesen recoñecer que era nazareno. A palabra hebrea nacir tamén se usaba para falar das vides sen podar durante o sábado sagrado e os anos do Xubileu (Lev. 25:5, 11). Tamén é interesante que á lámina de ouro que levaba o sumo sacerdote na parte frontal do turbante e que tiña gravada a frase: “Consagrado ó Señor”, se lle chamase “sagrada diadema” (en hebreo nécer, derivado da mesma raíz que o termo nacir) (Éx. 39:30, 31). A palabra nécer tamén se usaba para referirse á coroa oficial ou diadema que levaban os reis unxidos de Israel (2 Sam. 1:10; 2 Re. 11:12; ver CORONA; DEDICACIÓN). O apóstolo Paulo explica que á muller dentro da congregación cristiá se lle dá cabelo longo no lugar dunha cobertura para a cabeza. Isto é un recordatorio natural para ela de que a súa posición é distinta á do home e que debe lembrar a submisión que Deus espera dela. Estes requisitos, non cortar o pelo (algo que non era natural nun home), non beber viño e a necesidade de estar limpo e incontaminado, gravaban nos nazarenos dedicados a importancia de ser abnegados e completamente submisos á vontade de Xehová (1 Cor. 11:2-16; ver CABELLO; COBERTURA PARA LA CABEZA; NATURALEZA).
Xoias espirituais
w05 1/15 páx. 30 par. 2
Preguntas dos lectores
Pero Sansón era nazareno nun sentido distinto. Antes de nacer, Xehová díxolle á nai de Sansón: “Pois velaquí que concebirás e parirás un fillo, e non subirá a navalla pola súa cabeza, pois o neno será nazir de Deus desde o ventre: e el comezará a salvar a Israel das mans dos filisteos” (Xuí. 13:5). Sansón non fixo ningún voto para ser nazareno, senón que Deus o nomeou directamente. Ademais, sería nazareno toda a vida. Polo tanto, a prohibición de tocar cadáveres non aplicaba no seu caso, xa que se por accidente tocaba un cadáver, como podería volver comezar o seu servizo de nazareno que empezara no momento de nacer? Así vemos que os requisitos para os nazarenos que o eran de por vida eran distintos ós que o eran de xeito voluntario.