BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • th aspecto 8 páx. 11
  • Ensinar con exemplos

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Ensinar con exemplos
  • Melloremos na lectura e no ensino
  • Información relacionada
  • Ensinemos con exemplos e comparacións
    Vida e actividades cristiás. Caderno de estudo (2021)
Melloremos na lectura e no ensino
th aspecto 8 páx. 11

ASPECTO DA ORATORIA 8

Ensinar con exemplos

Pasaxe bíblica

Mateo 13:34, 35

EN QUE CONSISTE? Mellorar o ensino usando exemplos sinxelos que cheguen ó corazón dos presentes e transmitan leccións importantes.

COMO LOGRALO?

  • Escolle exemplos sinxelos. Tal como fixo Xesús, utiliza cousas pequenas para explicar outras máis grandes, e cousas sinxelas para explicar outras máis complexas. Non engadas detalles innecesarios que compliquen o exemplo. Asegúrate de que encaixen ben co punto que queres ensinar para non confundir ou distraer o auditorio.

    Consello práctico

    Sé observador con todo o que te rodea, estuda as publicacións cristiás e escoita os bos mestres. Ó mesmo tempo, toma nota de exemplos ou comparacións que poidas usar para mellorar a túa forma de ensinar e gárdaos nun arquivo.

  • Pensa no auditorio. Escolle exemplos baseados en situacións coñecidas para os presentes ou que sexan do seu interese. Ten coidado de que non incomoden ou ofendan a ninguén.

  • Destaca a idea clave. Céntrate en ilustrar os puntos importantes e non os pequenos detalles. Asegúrate de que os presentes lembren, non só o exemplo, senón tamén a ensinanza que queres transmitir.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir