ASPECTO DA ORATORIA 20
Conclusión eficaz
Eclesiastés 12:13, 14
EN QUE CONSISTE? Usar as frases finais para animar o auditorio a aceptar e a poñer en práctica o que aprenderon.
COMO LOGRALO?
Relaciona a conclusión co tema. Antes de rematar, destaca de novo o tema e os puntos principais.
Motiva os presentes. Indícalles que facer e dálles razóns para facelo. Fala dende o corazón e con convicción.
Conclúe de xeito sinxelo e breve. Non engadas máis puntos principais na conclusión. Anima os presentes a actuar, pero non uses máis palabras das necesarias.