BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwbr23 xullo páxs. 1-10
  • Fontes de información para o “Caderno de Estudo Vida e Actividades”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Fontes de información para o “Caderno de Estudo Vida e Actividades”
  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2023)
  • Subtítulos
  • 3-9 DE XULLO
  • 10-16 DE XULLO
  • 17-23 DE XULLO
  • 24-30 DE XULLO
  • 31 DE XULLO–6 DE AGOSTO
  • 7-13 DE AGOSTO
  • 14-20 DE AGOSTO
  • 21-27 DE AGOSTO
  • 28 DE AGOSTO–3 DE SETEMBRO
Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2023)
mwbr23 xullo páxs. 1-10

Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades

© 2023 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania

3-9 DE XULLO

TESOUROS DA BIBLIA | ESDRAS 4-6

“Deixádelles face-lo traballo”

w22.03 páx. 18 par. 13

Ves o que viu Zacarías?

13 Aínda que a reconstrución do templo seguía estando prohibida, o sumo sacerdote Xosué e o gobernador Zerubabel “empezaron a construí-lo templo” (Esd 5:1, 2). Pode ser que a algúns xudeus lles parecese mal esta decisión porque non poderían ocultar o seu traballo e os seus inimigos farían todo o posible para que parasen. Xosué e Zerubabel, que eran os responsables, necesitaban saber que contaban co apoio de Xehová e el deulles o que necesitaban. Como?

w86 1/2 páx. 29 recadro pars. 2, 3

O ollo de Xehová estaba “sobre os anciáns”

Despois de que volvesen os demais xudeus de Babilonia, comezou unha época de inactividade que durou 16 anos. Os profetas Axeo e Zacarías conseguiron que os xudeus deixasen de ser indiferentes e retomouse a obra de reconstrución do templo de Xehová. Non pasou moito tempo ata que os funcionarios persas se opuxeron á obra. Preguntaron: “¿Quen vos deu a orde de levantar este templo e armar ese madeirame?” (Esdras 5:1-3).

A resposta a esta pregunta era decisiva. Se os anciáns se deixaban intimidar, a reconstrución do templo deteríase de golpe. Pero se se opoñían ós funcionarios, podería ser que a obra se prohibise no momento. Por iso, os anciáns (dirixidos seguramente polo gobernador Zerubabel e polo sumo sacerdote Xosué) escribiron unha resposta con moito coidado e de maneira eficaz. Recordáronlles ós funcionarios o decreto co que Ciro dera permiso ós xudeus para continuar a obra. Como os funcionarios sabían que os persas tiñan por norma nunca anular unha lei que xa estaba establecida, decidiron non opoñerse ó decreto do rei. Desta maneira, a obra continuou ata que o rei Darío deu a súa aprobación oficial (Esdras 5:11-17; 6:6-12).

w22.03 páx. 15 par. 7

Ves o que viu Zacarías?

7 De repente, a situación deu un xiro inesperado que beneficiou os xudeus. No ano 520 antes da nosa era, gobernaba en Persia un novo rei, Darío I. Durante o seu segundo ano de reinado, descubriu que a prohibición de reconstruír o templo era ilegal, así que deu permiso para que terminaran as obras (Esd 6:1-3). Esa noticia xa era sorprendente, pero pasou algo máis. O rei ordenoulles ós pobos veciños que deixasen de molestar ós xudeus e que lles deran os cartos e materiais que necesitaban (Esd 6:7-12). O resultado foi que os xudeus conseguiron reconstruír o templo en pouco máis de catro anos, no 515 antes da nosa era (Esd 6:15).

w22.03 páx. 19 par. 16

Ves o que viu Zacarías?

16 Outra forma na que Xehová guía o seu pobo é a través do “criado fiel e prudente” (Mt 24:45). É probable que, ás veces, non entendamos ben as instrucións que nos dá o criado. Por exemplo, pode que recibamos instrucións moi específicas para sobrevivir a un desastre natural que pensemos que é case imposible que pase onde vivimos. Ou talvez opinemos que o criado está sendo demasiado prudente durante unha pandemia. Entón, que debemos facer se cremos que as instrucións que nos dan non son prácticas? Podemos pensar en como se beneficiaron os israelitas ó seguir o consello de Xosué e Zerubabel. Tamén podemos pensar noutros relatos da Biblia que leramos no pasado. Ás veces, o pobo de Deus recibiu instrucións que non parecían prácticas desde o punto de vista humano pero que lles acabaron salvando a vida (Xuí 7:7; 8:10).

Xoias Espirituais

w06 15/1 páx. 19 par. 3

A Palabra de Xehová está viva

4:1-3. O resto fiel rechazou unha oferta que significaría formar unha alianza relixiosa cos adoradores falsos (Éxodo 20:5; 34:12). Da mesma maneira, os servos de Xehová tampouco participan hoxe en movementos interconfesionais, é dicir, movementos entre diferentes relixións.

10-16 DE XULLO

TESOUROS DA BIBLIA | ESDRAS 7-8

“Esdras honrou a Xehová coa súa conduta”

w00 1/10 páx. 14 par. 8

O estudo, gratificante e agradable

8 Como vemos, o amor pola Palabra de Xehová debe proceder do corazón, a orixe das emocións. Deberiamos desfrutar de meditar no que acabamos de ler. Tamén é bo que nos paremos a pensar nas ideas espirituais profundas e que nos concentremos nelas. Para iso fai falta orar e reflexionar. Así como Esdras, nós necesitamos preparar o noso corazón para ler e estudar a Palabra de Deus. A Biblia di deste profeta: “Esdras preparara o seu corazón para consultar a Lei de Xehová, poñela en práctica e ensinar as súas normas e as súas decisións xudiciais en Israel” (Esdras 7:10, TNM). Fíxate nas tres razóns que tiña Esdras para preparar o seu corazón: para estudar, para pensar en como aplicalo e para ensinalo. Nós deberiamos seguir o seu exemplo.

si páx. 75 par. 5

Libro bíblico número 13: 1 Crónicas

5 Non había ninguén máis capacitado ca Esdras para recoller esta historia auténtica e exacta. “Esdras preparara o seu corazón para consultar a Lei de Xehová, poñela en práctica e ensinar as súas normas e as súas decisións xudiciais en Israel” (Esdras 7:10, TNM). Xehová axudouno co seu espírito santo. O gobernante mundial persa recoñeceu que Esdras contaba coa sabedoría de Deus e concedeulle plenos poderes sobre a provincia de Xudá (Esdras 7:12-26). Tendo esta autoridade imperial e divina, Esdras puido consultar os mellores documentos dispoñibles para o seu relato.

it-1 páx. 1186 par. 4

Humildade

Dános a guía correcta. Podemos recibir a guía de Deus se nos humillamos diante del. Esdras tiña a importante responsabilidade de traer de volta a Xerusalén dende Babilonia a máis de 1500 homes, sen contar os sacerdotes, os natineos, as mulleres e os nenos. Ademais, levaban unha gran cantidade de ouro e prata para adornar o templo de Xerusalén. Por iso necesitaban protección durante a viaxe. Pero Esdras non quixo pedirlle ó rei de Persia unha escolta militar, o que implicaría confiar no poder humano, sobre todo cando antes lle dixera ó rei: “O noso Deus protexe ós que o serven”. Polo tanto, estableceu un xexún para que o pobo se humillase diante de Xehová. Pedíronlle a súa axuda, e Deus escoitounos e protexeunos das emboscadas. Así puideron facer a viaxe sen problemas (Esd 8:1-14, 21-32). Deus axudou a Daniel mentres estaba no exilio en Babilonia. Envioulle un anxo cunha visión porque se humillara ante El tratando de buscar guía e entendemento (Dn 10:12).

Xoias espirituais

w06 15/1 páx. 19 par. 10

Ideas interesantes do libro de Esdras

7:28–8:20. Por que moitos dos xudeus que vivían en Babilonia non quixeron ir con Esdras a Xerusalén? Aínda que xa pasaran máis de 60 anos desde que o primeiro grupo de xudeus regresara a Xerusalén, a cidade tiña unha poboación pequena. Volver alí significaba empezar unha nova vida nunhas circunstancias incómodas e perigosas. Nese momento os xudeus que quizais se fixeran ricos en Babilonia, non poderían selo en Xerusalén. Ademais a viaxe era moi perigosa. Aqueles que se mudaran alí, debían ter unha confianza absoluta en Xehová, un grande interese pola adoración verdadeira e moito valor. Incluso Esdras fortaleceuse grazas a que a man de Xehová estivo sobre el. Co ánimo que este servo de Deus recibiu, 1500 familias (probablemente 6000 persoas) preparáronse para a viaxe. E cando Esdras tomou outras medidas, uníronse 38 levitas e 220 natineos.

17-23 DE XULLO

TESOUROS DA BIBLIA | ESDRAS 9-10

“As dolorosas consecuencias de desobedecer”

w06 15/1 páx. 20 par. 1

Ideas interesantes do libro de Esdras

9:1, 2. Representaba unha ameaza moi grande casar coa xente que vivía naquela terra? A nación restaurada tiña que protexer a adoración de Xehová ata a chegada do Mesías. Casar con outros habitantes do país era unha seria ameaza para a relixión verdadeira. Os matrimonios que algúns xudeus tiñan con persoas idólatras podían facer que, co tempo, toda a nación fora absorbida por nacións pagás. A adoración pura podería desaparecer da Terra. Entón, quen recibiría ó Mesías? Por iso, Esdras quedou pasmado ó ver o que aconteceu.

w09 1/10 páx. 10 par. 6

Que pide Xehová de nós?

Obedecer de boa gana só ten vantaxes para nós. Moisés dixo no versículo 13: “Que gárde-los mandamentos do Señor e os seus preceptos [...] para o teu ben”. Sen importar o que nos pida sempre será o mellor para nós. Non esquezamos que “Deus é amor” (1 Xoán 4:8). Así que, os seus mandatos son para o noso beneficio, tanto a curto como a longo prazo (Isaías 48:17). Se facemos o que el nos pide, evitaremos moitos problemas agora e no futuro desfrutaremos de bendicións eternas baixo o Reino de Deus.

Xoias espirituais

w06 15/1 páx. 20 par. 2

Ideas interesantes do libro de Esdras

10:3, 44. Por que despediron os fillos xunto cas mulleres? Se os fillos quedaban alí, sería máis probable que as mulleres que foran despedidas viñeran de volta por eles. Ademais, normalmente os nenos pequenos necesitan os coidados das súas nais.

24-30 DE XULLO

TESOUROS DA BIBLIA | NEHEMÍAS 1-2

“A oración de Nehemías”

w08 15/2 páx. 3 par. 5

Teñamos sempre presente a Xehová

5 Ás veces, necesitaremos facer oracións breves para pedir axuda a Deus. Nunha ocasión, o rei persa Artaxerxes quixo saber por que o seu copeiro Nehemías estaba triste. Así que lle preguntou: “¿Que é entón o que pretendes?”. Nese momento, Nehemías oroulle a Deus. A súa oración tivo que ser curta e en silencio, pero Xehová contestoulle. Nehemías recibiu a aprobación do rei para reconstruír as murallas de Xerusalén (le Nehemías 2:1-8). Como vemos, incluso as oracións breves e feitas en silencio dan bo resultado.

be páx. 178 par. 1

Improvisar as palabras a partir do bosquexo

Se de repente che piden explicacións das túas crenzas e non tes tempo a prepararte ben, que che pode axudar a dar unha boa resposta? Imitar a Nehemías, que fixo unha oración a Deus en silencio antes de responder a pregunta do rei Artaxerxes (Neh 2:4). Entón, prepara rapidamente un esquema mental. Podes seguir estes pasos básicos: 1) Escolle un ou dous puntos que debe ter a túa explicación (podes sacalos do libro Razonamiento a partir de las Escrituras). 2) Decide que textos usarás para apoiar os argumentos. 3) Pensa en como comezarás a explicación con tacto para que a persoa coa que fales estea disposta a escoitarte. E entón poderás empezar a falar.

Xoias espirituais

w86 15/2 páx. 25

Triunfa a adoración verdadeira

Non, pois durante un tempo Nehemías xa orara “día e noite” pola mala condición de Xerusalén (Nehemías 1:4, 6). Cando se lle presentou a oportunidade de falar co rei Artaxerxes acerca do seu desexo de reconstruír os muros de Xerusalén, Nehemías volveu a orar como xa o fixera tantas veces noutras ocasións. A resposta favorable de Xehová resultou en que recibise a tarefa de reconstruír os muros da cidade.

Leccións para nós: Nehemías buscou a guía de Xehová. Cando temos que facer fronte a decisións difíciles, nós tamén temos que estar “afincados na oración” e actuar en harmonía coa guía de Xehová (Romanos 12:12).

31 DE XULLO–6 DE AGOSTO

TESOUROS DA BIBLIA | NEHEMÍAS 3-4

“Créome demasiado importante para facer traballos manuais?”

w06 1/2 páx. 9 par. 9

Ideas interesantes do libro de Nehemías

3:5, 27, TNM. Non debemos pensar que o traballo manual que se fai a favor da adoración verdadeira é degradante, como fixeron os “homes importantes” de Tecoa. Máis ben, queremos imitar a xente común de Tecoa que traballaba de boa gana.

w19.10 páx. 23 par. 11

Que chegaremos a ser grazas á axuda de Xehová?

11 Moitos séculos despois, Xehová escolleu as fillas de Xalum para colaborar cos demais na reconstrución da muralla de Xerusalén (Neh 2:20; 3:12). Aínda que Xalum era un príncipe, as súas fillas estiveron dispostas a facer aquel traballo difícil e perigoso (Neh 4:9-12 [4:15-18, TNM]). A súa actitude foi moi diferente á dos homes importantes de Tecoa que “non quixeron rebaixarse a traballar” (Neh 3:5, TNM). Imaxinemos o contentas que se puxeron cando se acabaron as obras en tan só 52 días! (Neh 6:15). Na actualidade, hai irmás que están moi felices de participar no servizo sagrado dun xeito especial, mediante a construción e mantemento de edificios dedicados a Xehová. As súas habilidades, entusiasmo e lealdade son vitais para que estes traballos teñan éxito.

w04 1/8 páx. 18 par. 16

Teñamos o mesmo punto de vista que Cristo sobre a grandeza

16 Sexamos novos ou maiores, todos os cristiáns debemos ter o mesmo punto de vista que Cristo sobre a grandeza. Na congregación hai moitos traballos que podemos facer. Nunca nos ofendamos se nos piden que fagamos algo que pareza humilde (1 Samuel 25:41; 2 Reis 3:11). Pais, animades os vosos fillos pequenos e adolescentes a traballar con alegría en calquera asignación que se lles dea, xa sexa no Salón do Reino ou nun congreso? Ven os vosos fillos que facedes traballos humildes? Un irmán que está na sede central das Testemuñas de Xehová recorda moi ben o exemplo de seus pais. El di: “A maneira en como participaban na limpeza do Salón do Reino e do local dos congresos ensinoume que iso era importante para eles. Ofrecíanse moitas veces para facer traballos pola congregación ou polos irmáns, sen importar o humildes que parecesen eses traballos. A súa actitude axudoume a aceptar de boa gana calquera asignación que recibo en Betel”.

Xoias espirituais

w06 1/2 páx. 9 par. 1

Ideas interesantes do libro de Nehemías

4:11, 12 (4:17, 18, TNM). Como podía un home traballar na reconstrución cunha soa man? Para os que cargaban materiais, iso non era ningún problema. Cando xa tiñan a carga sobre a cabeza ou os ombros, podían suxeitala facilmente cunha man “mentres a outra sostiña unha arma”. Os construtores, que necesitaban as dúas mans para traballar, tiñan “unha espada amarrada á cintura”. Todos estaban listos para contraatacar en calquera momento ante un ataque inimigo.

7-13 DE AGOSTO

TESOUROS DA BIBLIA | NEHEMÍAS 5-7

“Nehemías quería servir, non que o servisen”

w02 1/11 páx. 27 par. 3

O apoio á adoración verdadeira: pasado e presente

Nehemías non só usou o seu tempo e as súas habilidades para organizar, senón que tamén utilizou os seus recursos materiais para apoiar a adoración verdadeira. Usou os seus propios cartos para liberar da escravitude os seus irmáns xudeus e deu préstamos sen interese. Ademais, non fixo que o seu mandato fose unha carga, porque nunca pediu o seu salario como gobernador. Ó contrario, a súa casa sempre tiña as portas abertas para darlle de comer a “cento cincuenta homes, ademais dos que viñan” das nacións veciñas. Ofrecíalles tódolos días ós seus invitados “un touro, seis carneiros escollidos e aves” e “cada dez días traía viño a fartar”. E todo isto corría da súa conta (Nehemías 5:8, 10, 14-18).

w16.09 páx. 6 par. 16

Non deixemos caer as mans

16 Coa axuda de Xehová, Nehemías e os que estaban con el animáronse uns os outros para seguir traballando. Cal foi o resultado? Construíron os muros de Xerusalén en tan só 52 días! (Neh 2:18; 6:15, 16). Nehemías non só supervisou a obra, senón que tamén participou persoalmente na reconstrución das murallas (Neh 5:16). Da mesma forma, hoxe moitos anciáns amorosos imitan a Nehemías colaborando nos proxectos de construción teocráticos ou na limpeza e mantemento do Salón do Reino. Ademais, predican cos seus irmáns e fanlles visitas de pastoreo. Así fortalecen as mans débiles dos que teñen angustia no corazón (le Isaías 35:3, 4).

w00 1/2 páx. 32

Como te recordará Xehová?

Constantemente, a Biblia demostra que para Deus “acordarse” ou “lembrarse” de alguén significa facer algo bo por esa persoa. Por exemplo, despois de que as augas do Diluvio inundaran a Terra por 150 días, “Deus pensou en Noé e [...] fixo pasar un vento pola terra, e as augas comezaron a minguar” (Xénese 8:1). Séculos máis tarde, cando Sansón estaba cegado e encadeado polos filisteos, oroulle a Xehová: “Señor Iavé, lémbrate de min, prégocho, e enfortéceme soamente por esta vez”. Xehová acordouse del ó darlle a forza sobrehumana para que puidese vingarse dos seus inimigos (Xuíces 16:28-30). No caso de Nehemías, Xehová bendixo os seus esforzos e restaurouse a adoración verdadeira en Xerusalén.

Xoias espirituais

w07 1/7 páx. 30 par. 15

“Sigue vencendo o mal co ben”

15 Por último, pedíronlle o israelita Xemaías que enganase a Nehemías para que desobedecese a Lei de Deus. Aquel traidor díxolle: “Xuntémonos na casa de Deus, no medio do templo, e pechémo-las súas portas, porque van vir matarte”. Noutras palabras, recomendoulle a Nehemías que correse a esconderse no templo para que non o asasinasen. Pero como Nehemías non era sacerdote, esconderse na casa de Deus sería un pecado. Incumpriría a Lei de Deus para salvarse? Non, el respondeu: “Que home hai que poida entrar no templo e vivir? Non entrarei, non”. Por que non caeu Nehemías na trampa? Porque aínda que sabía que Xemaías era o seu irmán xudeu, “non fora Deus quen o enviara”, porque un profeta verdadeiro nunca lle aconsellaría desobedecer a Lei de Xehová. Desa forma Nehemías evitou de novo que os seus malvados inimigos o vencesen. Pouco despois deu este informe: “A muralla rematouse o vintecinco do mes de Elul, en cincuenta e dous días” (Nehemías 6:10-15; Números 1:51; 18:7).

14-20 DE AGOSTO

TESOUROS DA BIBLIA | NEHEMÍAS 8-9

“A alegría que vén de Xehová é a nosa fortaleza”

w13 15/10 páx. 21 par. 2

Leccións dunha oración ben preparada

2 Os xudeus terminaran de reconstruír as murallas de Xerusalén o mes anterior (Neh 6:15). Completaron o traballo en tan só 52 días e agora querían concentrarse nos asuntos espirituais. Así que o primeiro día do mes de tisri, ou etanim, foron á praza pública para escoitar a Esdras e a outros levitas ler e explicar a Lei de Deus. Había familias enteiras, incluídos “todos cantos eran capaces de comprende-lo que oían”, escoitando de pé “desde o amañecer ata o mediodía”. Que bo exemplo! Hoxe normalmente reunímonos en Salóns do Reino moi cómodos pero ás veces distraémonos e pensamos en cousas menos importantes. Pasouche isto algunha vez? Nese caso pensa no que fixeron aqueles israelitas. Non só escoitaron senón que tamén deixaron que as palabras lles chegasen ó corazón. De feito, empezaron a chorar ó darse conta de que desobedeceran a Lei (Neh 8:1-9).

w07 15/7 páx. 22 pars. 9, 10

Seguiremos “andando de acordo co espírito”?

9 O gozo é un sentimento de grande alegría. Xehová é o “Deus feliz” (1 Timoteo 1:11, TNM; Salmo 104:31). A Xesús faille moi feliz facer a vontade de seu Pai (Salmo 40:9 [40:8, TNM]; Hebreos 10:7-9). E no noso caso, a alegría que vén de Xehová é a nosa fortaleza (Nehemías 8:10).

10 Grazas á alegría que vén de Deus sentímonos moi ben cando facemos a vontade de Xehová aínda que teñamos que pasar por momentos tristes, problemas ou persecución. Que felices somos grazas ó “coñecemento de Deus”! (Proverbios 2:1-5). A relación feliz que temos con Deus está baseada no coñecemento exacto, na fe nel e no sacrificio de Xesús (1 Xoán 2:1, 2). Tamén nos fai moi felices formar parte dunha irmandade mundial (Sofonías 3:9; Axeo 2:7, TNM). E que alegría nos dan o privilexio de predicar as boas novas, a esperanza do Reino e a esperanza de vivir para sempre (Mateo 6:9, 10; 24:14; Xoán 17:3). Estas marabillosas esperanzas fannos moi felices (Deuteronomio 16:15).

Xoias espirituais

it-1 páx. 171 par. 2

Arameo

Uns anos despois do regreso dos xudeus do exilio en Babilonia, o sacerdote Esdras leulles o libro da Lei ós xudeus reunidos en Xerusalén e varios levitas fóronllo explicando ó pobo. Nehemías 8:8 di: “Lían no libro da Lei de Deus, traducíndoo e facendo comprende-lo que lían”. Esta exposición ou interpretación quizais consistía en parafrasear o texto hebreo en arameo, posiblemente porque os hebreos falaban arameo despois de que estiveran en Babilonia. Aínda así, posiblemente incluíuse un comentario do texto para que os xudeus que entendían hebreo comprendesen mellor o profundo significado do que se estaba lendo.

21-27 DE AGOSTO

TESOUROS DA BIBLIA | NEHEMÍAS 10-11

“Fixeron sacrificios por Xehová”

w98 15/10 páx. 22 par. 13

Unha Xerusalén fiel ó seu nome

13 O pacto feito nos días de Nehemías preparou o pobo de Deus para o día da inauguración da muralla de Xerusalén. Pero había outro asunto urxente que había que atender. Xerusalén xa tiña unha gran muralla con 12 portas ó seu arredor, pero agora necesitaba máis habitantes. Aínda que algúns israelitas vivían alí, “a cidade era grande e moi extensa polos dous lados, mentres que os habitantes eran poucos” (Nehemías 7:4). Para resolver este problema, o pobo “botou as sortes para facer vir un home de cada dez para que habitase en Xerusalén, a cidade santa”. Como o resultado foi tan bo, “o pobo deu o seu parabén a todos cantos foron de grado [ou voluntariamente] para vivir en Xerusalén” (Nehemías 11:1, 2). Este é un bo exemplo para os que poidan mudarse onde haxa máis necesidade.

w86 15/2 páx. 26

Triunfa a adoración verdadeira

Os que se mudaran a Xerusalén terían que deixar as propiedades que herdaran e iso causaríalles gastos e outros problemas. Ademais, os que vivían na cidade podían estar expostos a algúns perigos. Nestas circunstancias, o pobo considerou que estes voluntarios merecían moita honra e oraron para que Xehová os bendicise.

w16.04 páx. 8 par. 15

Xehová aproba os que teñen fe nel

15 Cando dedicamos a nosa vida a Xehová, fixémoslle un voto no que lle prometemos que sempre fariamos a súa vontade sen importar o que pasase. E sabiamos que iso significaría facer sacrificios, pero é máis difícil facelos cando se nos pide algo que non nos gusta. Se aínda así os facemos, demostraremos que temos fe. As bendicións de Xehová sempre van ser maiores que calquera sacrificio que fagamos, por moi doloroso que sexa (Mal 3:10).

Xoias espirituais

w06 1/2 páx. 11 par. 1

Ideas interesantes do libro de Nehemías

10:35 (10:34, TNM). Por que se lle dixo ó pobo que levase leña? A Lei Mosaica non mandaba facer ofrendas de leña. Esta orde deuse só porque era unha necesidade. Facía falta moita leña para queimar os sacrificios no altar. Parece ser que non había suficientes natineos (escravos non israelitas que servían no templo), polo que foi necesario botar sortes para asegurar que sempre houbese suficiente leña.

28 DE AGOSTO–3 DE SETEMBRO

TESOUROS DA BIBLIA | NEHEMÍAS 12-13

“Sé fiel a Xehová ó escoller os teus amigos”

it-1 páx. 117 par. 8

Amonitas

Despois da expulsión de Tobías do recinto do templo, aplicouse a lei de Deus rexistrada en Deuteronomio 23:4-7 (23:3-6, TNM) que prohibía que os amonitas e os moabitas entrasen na congregación de Israel (Neh 13:1-3). Esta restrición creouse arredor de mil anos antes, porque os amonitas e os moabitas se negaron a socorrer os israelitas cando se acercaban á Terra Prometida. Como consecuencia, estes pobos non poderían chegar a formar parte da nación de Israel na condición legal de verdadeiros membros, así que non poderían desfrutar de tódolos dereitos e privilexios propios dun israelita. Aínda así, isto non significaba que os amonitas e os moabitas non puidesen asociarse cos israelitas ou vivir no mesmo lugar ca eles e desfrutar das bendicións que Deus lle daba ó seu pobo. Algúns exemplos son Sélec, que estivo entre os principais guerreiros de David, e Rut a moabita (Rut 1:4, 16-18).

w13 15/8 páx. 4 pars. 5, 6

Fostes santificados

5 Le Nehemías 13:4-9. No medio de tantas malas influencias non é fácil manterse santo. Pensemos no caso de Eliaxib e Tobías. Eliaxib era o sumo sacerdote e Tobías era amonita e probablemente un representante de baixo rango do goberno persa de Xudea. Un tempo antes, Tobías e os seus socios opuxéronse a que Nehemías reconstruíse as murallas de Xerusalén (Neh 2:10). Ademais, os amonitas tiñan prohibido entrar no recinto do templo (Dt 23:4 [23:3, TNM]). Entón, por que o sumo sacerdote lle reservou un comedor no templo a este home?

6 Tobías e Eliaxib eran bos amigos. Tobías, igual ca seu fillo Iehohanán, casárase cunha muller xudía e por iso moitos xudeus falaban ben del (Neh 6:17-19). Ademais, un neto de Eliaxib estaba casado coa filla de Sambalat, gobernador de Samaría, que era un dos colaboradores máis estreitos de Tobías (Neh 13:28). Estas relacións quizais expliquen por que o sumo sacerdote Eliaxib se deixou influír por este inimigo pagán de Xehová. Pero Nehemías demostrou a súa lealdade a Xehová ó botar tódolos mobles de Tobías fóra do comedor.

w96 15/3 páx. 16 par. 6

Afrontemos os retos da lealdade

6 Se somos leais a Xehová non seremos amigos dos seus inimigos. Por iso o discípulo Santiago escribiu: “¡Desleigados! ¿Seica non sabedes que a amizade con este mundo é inimiga de Deus? E así quen quere ser amigo deste mundo faise inimigo de Deus” (Santiago 4:4). Queremos ter a mesma lealdade que o rei David cando dixo: “¿Non hei de odia-los que te odian, aborrece-los que se erguen contra ti? Ódioos con odio cumprido e téñoos por inimigos meus” (Salmo 139:21, 22). Non queremos ter ningunha relación cos pecadores porque non temos nada en común con eles. Para ser leais a Deus temos que evitar ter trato cos seus inimigos, xa sexa en persoa ou ó velos pola televisión.

Xoias espirituais

it-2 páx. 444 par. 2

Música

O canto no templo tiña moita importancia. Unha proba diso son a gran cantidade de referencias bíblicas ós cantores e o feito de que lles quitaron tódalas demais responsabilidades para que puidesen dedicarse por completo ó seu servizo (1Cr 9:33). Estes cantores formaban un grupo especial de levitas porque están rexistrados nun grupo á parte dos que volveron de Babilonia (Esd 2:40, 41). Incluso o rei persa Artaxerxes Lonximán eximiunos de pagar impostos, tributos e peaxes, igual ca outros grupos especiais (Esd 7:24). Máis tarde, o rei mandou establecer un sistema para cubrir as necesidades diarias dos cantores. Aínda que esta orde se atribúe a Artaxerxes, o máis probable é que a dera Esdras grazas ó poder que o rei lle outorgara (Neh 11:23; Esd 7:18-26). Isto axúdanos a entender por que cando a Biblia fala de “cantores e levitas” se estaba referindo ós cantores como un grupo especial, aínda que todos eran levitas (Neh 7:1; 13:10).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir