BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwbr23 novembro páxs. 1-13
  • Fontes de información para o “Caderno de Estudo Vida e Actividades”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Fontes de información para o “Caderno de Estudo Vida e Actividades”
  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2023)
  • Subtítulos
  • 6-12 DE NOVEMBRO
  • 13-19 DE NOVEMBRO
  • 20-26 DE NOVEMBRO
  • 27 DE NOVEMBRO–3 DE DECEMBRO
  • 4-10 DE DECEMBRO
  • 11-17 DE DECEMBRO
  • 18-24 DE DECEMBRO
  • 25-31 DE DECEMBRO
Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2023)
mwbr23 novembro páxs. 1-13

Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades

© 2023 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania

6-12 DE NOVEMBRO

TESOUROS DA BIBLIA | XOB 13-14

“‘Se un home morre, pode volver a vivir?’”

w99 15/10 páx. 3 pars. 1-3

A busca dunha vida máis longa

AÍNDA que esta reflexión sobre o curta que é a vida escribiuse fai uns 3.500 anos, hoxe en día moitos estarían de acordo con ela. A xente non quere facerse vella e morrer cando levan pouco tempo desfrutando da mellor parte da vida. Por iso, no transcurso da historia foron aparecendo moitos métodos para prolongar a vida.

No tempo de Xob, os exipcios comían testículos de animais para intentar recuperar a súa xuventude. Máis tarde, houbo persoas que intentaron producir maxicamente un elixir que puidese alongar a vida. Moitos deles crían que o ouro artificial daba a inmortalidade e que comer en pratos de ouro prolongaría a vida. Os taoístas chinos do pasado calcularon que podían modificar a química do corpo para obter a inmortalidade usando técnicas como a meditación, exercicios de respiración ou dietas.

O explorador español Juan Ponce de León é coñecido polo súa busca incansable da fonte da xuventude. Un médico do século dezaoito recomendou no seu libro Hermippus Redivivus encerrar a rapazas virxes durante a época da primavera nun cuarto para almacenar as súas respiracións en botellas e crear unha poción que alongaba a vida. Non fai falta dicir que ningún destes métodos tivo éxito.

w15 15/4 páx. 32 pars. 1, 2

Pode volver a brotar unha árbore cortada?

COMPARADO co impresionante cedro do Líbano, a retorcida oliveira podería parecer unha árbore sen importancia. Aínda así, é capaz de sobrevivir nas circunstancias máis difíciles. Proba disto son algúns que teñen máis de mil anos de idade. Incluso se se chega a cortar o seu tronco, a oliveira pode revivir grazas ás súas longas raíces. Mentres esas raíces non morran pode brotar de novo.

O patriarca Xob estaba seguro de que se morría, volvería vivir (Xob 14:13-15). Posiblemente pensaba na oliveira cando mostrou que confiaba en que Deus podía resucitalo. Xob dixo: “Unha árbore ten esperanza: se a cortan, aínda se renova”. Cando chove despois dunha gran seca, unha oliveira cortada é capaz de volver a vivir, porque das rúas raíces poden nacer brotes e volver producir “ramallos coma unha planta nova” (Xob 14:7-9).

Xoias espirituais

it-2 páx. 1056

SOMBRA

A forma na que unha sombra cambia de tamaño e deixa de existir a medida que vai aparecendo o Sol úsase como unha metáfora da vida tan corta do home (1Cr 29:15; Xob 8:9; 14:1, 2; Sl 102:12 [102:11, TNM]; 144:4; Ecl 6:12; 8:13). Que os días de alguén sexan “coma sombra alongada”, ou coma unha sombra que vai desaparecendo, significa que morrerá pronto (Sl 102:12 [102:11, TNM]; 109:23). Aínda que as sombras que causa o Sol sempre van cambiando de tamaño e dirección segundo a rotación da Terra, Xehová non cambia xamais. Tal e como escribiu o discípulo Santiago, en Xehová “nin hai cambios nin tempos de sombras” (Snt 1:17).

13-19 DE NOVEMBRO

TESOUROS DA BIBLIA | XOB 15-17

“Non sigas o exemplo de Elifaz cando queiras animar a outros”

w15 15/2 páx. 9 par. 16

Imitemos a humildade e o cariño que demostrou Xesús

16 A nosa forma de falar. A compaixón motívanos a consolar os deprimidos (1Te 5:14, TNM). Que podemos facer para animalos? Podemos dicirlles canto os queremos, canto nos preocupamos por eles e felicitalos de corazón polas cousas boas que fan. Recordémoslles o valiosos que son para Xehová, pois deulles a oportunidade de achegarse ó seu fillo (Xn 6:44). Ademais, podemos asegurarlles que Deus se interesa por tódolos que “teñen o corazón feito pedazos” e polos “que están afundidos no desánimo” (Sl 34:18, TNM). As nosas palabras de cariño poden calmar a dor dos que necesitan consolo (Pr 16:24).

Xoias espirituais

w06 15/3 páx. 14 par. 11

Ideas interesantes do libro de Xob

7:9, 10; 10:21; 16:22. Significan estas palabras que Xob non cría na resurrección? Estes comentarios refírense ó futuro inmediato de Xob. Que significan? Quizais quixo dicir que se morría, a xente do seu tempo non o vería máis. Desde o seu punto de vista, el non volvería a súa casa nin o volverían a recoñecer ata que Deus quixese. Tamén pode ser que Xob estivese falando de que ninguén pode volver da Tumba por si mesmo. En Xob 14:13-15 (TNM) deixou claro que cría nunha resurrección futura.

20-26 DE NOVEMBRO

TESOUROS DA BIBLIA | XOB 18-19

“Nunca abandones os teus irmanciños”

w22.01 páx. 16 par. 9

Que aprendemos das lágrimas de Xesús

9 Podes axudar ós que perderon a un ser querido. Xesús chorou con Marta e María, pero ademais escoitounas e consolounas. Nós podemos facer o mesmo por aqueles que perderon a un ser querido. Un ancián que vive en Australia chamado Dan conta: “Despois da morte da miña muller, necesitaba axuda. Varios matrimonios ofrecéronse para escoitarme día e noite. Deixaban que me desafogara e non se sentían incómodos cando choraba. Pero, cando non tiña forzas, tamén me ofrecían axuda práctica, como lavar o coche, facer a compra e cociñar. Ademais, oraban comigo con frecuencia. Demostraron ser amigos de verdade e irmáns ‘en tempos de angustia’” (Pr 17:17, TNM).

w21.09 páx. 30 par. 16

Cando alguén a quen queremos deixa a Xehová

16 Sigue axudando ós familiares fieis. Eles necesitan o noso amor e ánimo máis ca nunca (Heb 10:24, 25). Ás veces, algúns familiares de expulsados déronse conta de que outros irmáns da congregación deixaron de falarlles, coma se eles tamén estivesen expulsados. Nunca fagamos iso! Sobre todo, os rapaces que teñen pais expulsados necesitan que os animemos e os felicitemos. Unha irmá chamada María conta o que lle pasou cando o seu marido foi expulsado e os abandonou: “Algúns dos meus amigos viñeron á miña casa, cociñaron algo e axudáronme a estudar cos meus fillos. Sentiron o meu sufrimento e choraron comigo. Ademais, defendéronme cando algunhas persoas difundiron rumores falsos sobre min. Animáronme moito” (Rm 12:13, 15).

w90 1/9 páx. 22 par. 20

Estaste esforzando?

20 Cando un irmán deixa de ser ancián ou servo ministerial, o corpo de anciáns ten que ter en conta que pode ser unha causa de estrés para el, aínda que renunciara voluntariamente. Se o irmán non foi expulsado e os anciáns notan que está deprimido, deben darlle con amor a axuda espiritual que necesita (1 Tesalonicenses 5:14, TNM). Teñen que axudarlle a ver o importante que é na congregación. E incluso se lle dan consello, se é humilde e agradecido, é probable que non pase moito tempo ata que se lle volvan a dar privilexios na congregación.

Xoias espirituais

w94 1/10 páx. 32

O poder dunha palabra amable

Aínda así, cando Xob necesitou ánimo, Elifaz e os seus compañeiros non usaron palabras amables. Culparon a Xob polos seus problemas, dando a entender que cometera un pecado en secreto (Xob 4:8). A obra The Interpreter’s Bible comenta: “O que Xob necesita é a compaixón dun corazón humano. O que recibe é unha serie de tópicos relixiosos e morais absolutamente ‘verdadeiros’ e fermosos”. A Xob doéronlle tanto as palabras de Elifaz e dos seus compañeiros que gritou: “Ata cando me estaredes a atormentar, a me esmagar con discursos?” (Xob 19:2).

Nunca deberiamos facer que outro servo de Xehová teña que gritar angustiado por culpa das palabras pouco amables que dixemos sen pensar (compara con Deuteronomio 24:15). Un proverbio da Biblia advírtenos: “Morte e vida están no poder da lingua; dos froitos que prefira, xantará” (Proverbios 18:21).

SEXAMOS MELLORES MESTRES

Discurso

w20.10 páx. 17 pars. 10, 11

Como levar a un estudante ó bautismo (parte 2)

10 Os mestres deben interesarse de corazón polos seus estudantes. Trata de velos como futuros irmáns (le 1 Tesalonicenses 2:7, 8). Para eles non é fácil deixar os seus amigos do mundo e facer tódolos cambios necesarios para servir a Xehová. Por iso, axúdaos a encontrar amigos de verdade na congregación. Se pasas tempo con eles noutras ocasións, a parte de no curso da Biblia, demostraraslles que es o seu amigo. Se os chamas, lles escribes mensaxes e os visitas un ratiño de vez en cando demostraraslles que te interesas de corazón por eles.

11 Un proverbio africano di: “Necesítase unha aldea para criar un neno”. De forma parecida, nós poderiamos dicir: “Necesítase unha congregación para facer un discípulo”. Por esa razón, os bos mestres preséntanlles os irmáns da congregación ós seus estudantes, para que poidan ser unha boa influencia para eles. Así os estudantes poden recibir o apoio espiritual e emocional do pobo de Xehová. Queremos que cada estudante sinta que forma parte da congregación e da nosa familia espiritual. Desta maneira seralles máis fácil deixar de ter unha amizade estreita cos que non lles axudan a amar a Xehová (Pr 13:20). Se os seus amigos do mundo os abandonan, terán claro que poden encontrar amigos de verdade na organización de Xehová (Mc 10:29, 30; 1Pe 4:4).

27 DE NOVEMBRO–3 DE DECEMBRO

TESOUROS DA BIBLIA | XOB 20-21

“A xustiza non se mide pola riqueza”

w07 1/8 páx. 29 par. 12

Es “rico para Deus”?

12 Na súa parábola, Xesús contrastou dúas ideas: ser rico espiritualmente e ser rico materialmente. El referíase a que non deberiamos centrar a nosa vida en acumular riquezas ou desfrutar das cousas que temos. Máis ben, deberiamos usar o que temos para fortalecer e mellorar a nosa relación con Xehová. Non hai dúbida de que isto axudaranos a ser ricos ós ollos de Deus porque estaremos dándolle a oportunidade de que nos dea moitas bendicións. Recordemos que a Biblia di: “A bendición de Xehová é o que enriquece, e el non trae ningunha dor con ela” (Proverbios 10:22, TNM).

Xoias espirituais

w95 1/1 páx. 9 par. 19

Venzamos a Satanás e as súas obras

19 É interesante que Xob, o servo de Deus, tivo que loitar contra “pensamentos inquietantes” que Satanás lle transmitiu mediante Elifaz e Sofar (Xob 4:13-18; 20:2, 3, TNM). Como resultado, Xob estivo moi angustiado e por iso falou sen pensar sobre os terrores que o atormentaban (Xob 6:2-4; 30:15, 16). Elihú escoitou con moita atención a Xob e axudouno a ver o punto de vista tan sabio de Xehová. Da mesma maneira, hoxe en día os anciáns comprensivos demostran que se preocupan polos que están pasando un mal momento ó non facer que sintan máis presión da que teñen. Igual ca Elihú, escoitan os irmáns con paciencia e danlles consolo usando a Biblia (Xob 33:1-3, 7; Santiago 5:13-15). Por iso, quen está sufrindo problemas emocionais por culpa de traumas, reais ou non, ou o aterrorizan soños e visións, igual ca Xob, pode encontrar o consolo que dá a Biblia na congregación (Xob 7:14; Santiago 4:7).

SEXAMOS MELLORES MESTRES

Discurso

g 5/09 páxs. 12-13

O punto de vista bíblico

Quere Deus que sexas rico?

“Empeza un novo día, e Deus quere que me encha de billetes.”

“Teño grandes soños porque o ceo quere que soñe ó grande.”

“Deus dáme as forzas para enriquecerme.”

“Prospero grazas á Palabra.”

ESTAS frases mostran que moitas relixións pensan que Deus nos bendice con riquezas. Dinlles ós seus seguidores que se fan o que Deus lles pide el bendiciraos con cousas boas nesta vida e tamén os recompensará despois. Moitos apoian esta idea e os libros que a promoven conseguen moitas vendas. Pero, apoia a Biblia esta teoría?

O noso Creador, a quen a Biblia chama o “Deus feliz”, quere que teñamos vidas felices (1 Timoteo 1:11, TNM; Salmo 1:1-3). Ademais, el bendice os que o adoran (Proverbios 10:22, TNM). Quere dicir iso que hoxe Deus nos bendice con bens materiais? Entendemos a resposta cando, tendo en conta o propósito de Deus, vemos en que momento da historia estamos vivindo.

É o momento de facernos ricos?

No pasado, Xehová bendiciu algúns servos seus con riquezas, como o rei Salomón e a Xob (1 Reis 10:23; Xob 42:12). Pero, moitos dos servos de Xehová tiveron moi pouco, como Xoán o Bautista e Xesucristo (Marcos 1:6; Lucas 9:58). Que aprendemos disto? Segundo a Biblia, Xehová trata os seus servos de acordo co seu propósito dependendo da época na que vivan (Eclesiastés 3:1). Que ten que ver con nós todo isto?

As profecías da Biblia deixan claro que vivimos na “conclusión do sistema” ou nos “últimos días” deste mundo actual. A nosa época estaría marcada polas guerras, enfermidades, fames, terremotos e a caída da sociedade, aumentando considerablemente desde 1914 (Mateo 24:3, TNM; 2 Timoteo 3:1-5, TNM; Lucas 21:10, 11; Apocalipse 6:3-8). En resumo, igual ca un barco que naufraga, o mundo está a punto de afundirse. Vendo todo isto, tería sentido que Deus bendicise os seus servos con bens materiais ou tería outros obxectivos para eles?

Xesucristo comparou os nosos tempos cos de Noé cando dixo: “Antes do diluvio comían, bebían e casaban ata o día que Noé entrou na arca; e de nada se decataron ata que veu o diluvio, e os enguliu a todos. O mesmo pasará cando veña o Fillo do Home” (Mateo 24:37-39). Xesús tamén comparou a nosa época cos días de Lot. Os seus veciños de Sodoma e Gomorra “comían, bebían, mercaban, vendían, plantaban, construían. Pero cando saíu Lot de Sodoma, choveu lume e xofre do ceo, e acabou con todos. O mesmo pasará cando se manifeste o Fillo do Home” (Lucas 17:28-30).

Está claro que non hai nada malo en comer, beber, casar, comprar e vender. O perigo está en centrarse tanto nestas cousas que non nos deamos conta da urxencia dos nosos tempos. Así que preguntémonos: “Estaría Xehová facéndonos un favor se nos bendicise con cousas que nos poderían distraer?”. Ó contrario, prexudicaríanos, e iso non o faría un Deus de amor (1 Timoteo 6:17; 1 Xoán 4:8).

A NOSA VIDA CRISTIÁ

“Contentádevos co que tedes”

g 9/15 páx. 6

Vexo os cartos con equilibrio?

Se nos facemos un autoexame quizais vexamos que necesitamos axustar a nosa maneira de ver o diñeiro. Por exemplo, poderiamos preguntarnos:

◻ Gústanme as oportunidades de ganar diñeiro rápido?

◻ Fáiseme difícil ser xeneroso? Son agarrado?

◻ Gústame pasar o tempo con xente que só fala de cartos e do que ten?

◻ Non me importa mentir ou enganar para conseguir máis cartos?

◻ Síntome importante cando teño diñeiro?

◻ Estou sempre pensando nos cartos?

◻ Está o meu punto de vista sobre o cartos facéndolles dano á miña familia e á miña saúde?

Se respondes que si a algunha destas preguntas, esfórzate por non pensar nos cartos e resiste as tentacións. Evita estar coas persoas que só están interesadas no diñeiro e no que teñen. Busca amigos que lle dean máis importancia ós principios cós cartos.

Nunca deixes que o amor ó diñeiro bote raíces no teu corazón. Mantén os cartos no seu lugar e pon sempre por diante a familia, os amigos e a túa saúde física e mental. Se fas isto, demostrarás que ves o diñeiro con equilibrio.

w16.07 páx. 7 pars. 1, 2

Busquemos o Reino, non as riquezas

DISE que as necesidades do home son poucas, pero os seus desexos son infinitos. Parece que moitos non poden ver a diferenza entre as necesidades e os desexos. Cal é? Unha necesidade é algo que debes ter porque a túa vida depende diso, como a comida, a roupa ou un sitio onde vivir. Pero un desexo é algo que che gustaría ter aínda que non sexa esencial para o día a día.

2 O que a xente desexa pode ser diferente dependendo de onde vivan. Nos países en desenvolvemento pode ser que moitos se conformen con ter os cartos suficientes para comprar un móbil, unha moto ou unha finca pequena. Pero nos países máis ricos, a xente quizais queira comprar roupa de luxo, unha casa máis grande ou un coche máis caro. En calquera caso, o perigo está en querer ter máis e máis cousas sen importar se realmente as necesitamos ou se temos os cartos para compralas.

w14 15/4 páx. 21 par. 17

Ninguén pode servir a dous amos

17 O noso Pai, Xehová, prometeu axudarnos a conseguir as cousas que realmente necesitamos se nós poñemos o Reino e a súa xustiza en primeiro lugar na nosa vida (Mt 6:33). Por iso, os cristiáns verdadeiros sempre temos unha alternativa. Sen importar cales sexan os problemas que aparezan, sempre hai unha forma de afrontalos cumprindo os principios bíblicos porque Xehová sempre nos “dará a saída” (le 1 Corintios 10:13, TNM). Se demostramos que confiamos nel pedíndolle sabedoría e seguindo os seus mandatos e principios, “el actuará ó [noso] favor” (Sl 37:5, 7, TNM). Bendicirá os nosos esforzos sinceros por servilo só a el, o noso único Amo. Cando o poñemos en primeiro lugar, el fai que nos vaia ben (compara con Xénese 39:3).

4-10 DE DECEMBRO

TESOUROS DA BIBLIA | XOB 22-24

“‘Vai poder un home beneficiar a Deus?’”

w05 15/9 páx. 27 pars. 1-3

Resiste os malos pensamentos!

Hai quen pensa que os seres humanos somos inútiles para Deus porque cren que é demasiado esixente. No seu terceiro discurso, Elifaz fixo esta pregunta: “Vai poder un home beneficiar a Deus? ¡Non! Só de si mesmo tira proveito o sabio” (Xob 22:2). Elifaz insinuaba que o home é inútil ós ollos de Deus. E Bildad pensaba o mesmo pois dixo: “¿Vai un home ter razón ante Deus? ¿Pode ser puro o nacido de muller?” (Xob 25:4). Segundo esta forma de pensar, como podía un simple home coma Xob querer que Deus o considerase xusto?

Hoxe en día moitas persoas teñen sentimentos negativos sobre si mesmas. Quizais sexa por culpa da crianza que recibiron, da presión que teñen no seu día a día ou porque son vítimas de odio racial ou étnico. Pero tamén hai que ter en conta que a Satanás e ós seus demos encántalles machacar a xente. Se conseguen que alguén chegue a pensar que nada do que fai é suficientemente bo para Xehová, seralles máis fácil desanimalo. E co tempo, quizais esta persoa se desvíe ou chegue a apartarse de Deus (Hebreos 2:1; 3:12).

Os anos e os problemas de saúde póñennos limitacións. Pode ser que o que facemos no noso servizo pareza moi pouco en comparación co que faciamos cando eramos novos e tiñamos saúde e forzas. É moi importante que recoñezamos que Satanás e os seus demos queren que pensemos que todo o que facemos non chega para agradar a Deus. Temos que evitar pensar así.

w95 15/2 páx. 27 par. 6

Unha lección sobre como tratar os problemas

Os tres compañeiros de Xob desanimárono aínda máis dando a súa opinión persoal en vez de dicirlle o que Deus pensaba. Elifaz chegou ó extremo de dicir que Xehová non ten fe nos seus servos e que a El non lle importaba se Xob era xusto ou non (Xob 4:18; 22:2, 3). É difícil imaxinar un comentario máis desanimador e falso. Non nos sorprende que Xehová lles berrase a Elifaz e ós seus compañeiros por esta blasfema. Dixo: “Non falastes de min o que é debido” (Xob 42:7). Pero o peor comentario aínda estaba por chegar.

w03 15/4 páxs.14-15 pars. 10-12

Rapaces que fan feliz a Xehová

10 Segundo o relato da Biblia, Satanás non só cuestionou a lealdade de Xob senón tamén a de tódolos que serven a Deus, incluída a túa. De feito, referíndose á humanidade en xeral, díxolle a Xehová: “Por salva-la vida dá o home todo canto ten” (Xob 2:4). Dáste conta do papel que tes neste asunto tan importante? En Proverbios 27:11 Xehová diche que podes darlle un motivo para responder ó desafío de Satanás. Pensa nisto: o Soberano Universal invítache a que lle axudes a resolver a cuestión máis importante de tódolos tempos. Vaia responsabilidade e privilexio! Podes facer o que Xehová che pide? Xob conseguiuno e Xesús tamén, igual ca moitísimas persoas ó longo da historia entre as que había moitos rapaces (Xob 2:9, 10; Filipenses 2:8, TNM; Apocalipse 6:9, TNM). Ti podes facer o mesmo. Pero coidadiño, non podes ser neutral neste asunto. Coas túas accións apoiarás a Satanás ou a Xehová. A quen escollerás?

Xehová preocúpase por ti!

11 De verdade lle importa a Xehová o que fagas? Non houbo xa suficientes persoas fieis como para responderlle a Satanás? O Demo afirmou que ninguén serve a Xehová por amor, algo que está claro que é mentira. Pero Xehová quere que o apoies a el nesta cuestión da soberanía porque se preocupa por ti persoalmente. Xesús dixo: “A vontade do voso Pai celestial é que non se perda ningún destes pequenos” (Mateo 18:14).

12 É evidente que a Xehová lle interesa o que escollas. É máis, a Biblia deixa claro que tanto as nosas boas accións como as malas lle afectan profundamente. Por exemplo, os israelitas “feriron os seus sentimentos” cando se rebelaron unha e outra vez (Salmo 78:40, 41, TNM). Antes do Diluvio de Noé, cando “a maldade dos homes medraba na terra [...], pesoulle no corazón” (Xénese 6:5, 6). Pensa no que isto significa. Se fas algo malo, ferirás a Xehová. Non é que sexa débil ou demasiado emocional, senón que te ama e quere que esteas ben. Pero cando fas as cousas ben alegras o seu corazón. Non só está contento por poder responderlle a Satanás senón tamén porque poderá recompensarche, algo que desexa facer (Hebreos 11:6). Que Pai tan amoroso é Xehová!

Xoias espirituais

w04 15/7 páx. 21

Ponte metas espirituais para glorificar a Xehová

Imos ver como Xehová completou a creación do universo. Definiu períodos sucesivos da creación cando dixo: “E veu o serán e logo a mañá” (Xénese 1:5, 8, 13, 19, 23, 31, SBG). Ó principio de cada período creativo, sabía moi ben cal era a súa meta e conseguiu o seu propósito de crear cousas (Apocalipse 4:11). Xob dixo que Xehová “fai todo canto lle agrada”, é dicir, todo canto se propón (Xob 23:13). Seguro que Deus se sentiu moi contento ó ver “canto fixera” e ver que “era de verdade moi bo” (Xénese 1:31).

Se queremos que as nosas metas se fagan realidade é esencial que desexemos de verdade alcanzalas. Que nos axudará a aumentar ese desexo? Incluso cando a Terra non tiña forma e estaba baleira, Xehová podía ver como terminaría sendo: unha fermosa xoia no espazo, que lle daría gloria e honra. De forma parecida, o noso desexo por cumprir o que nos propoñemos crecerá se meditamos nos resultados e nos beneficios de alcanzar esa meta. Este foi o caso de Tony, de 19 anos. Sempre recordará a primeira visita á sucursal das Testemuñas de Xehová en Europa Occidental. Desde aquel día, preguntábase como sería vivir nun lugar así. Nunca deixou de pensar nesa posibilidade e seguiu esforzándose por conseguir esa meta. Imaxínate o feliz que estaba cando aprobaron uns anos máis tarde a súa solicitude para servir na sucursal.

SEXAMOS MELLORES MESTRES

Discurso

w21.05 páxs. 18-19 pars. 17-20

Sigamos sendo positivos na predicación

17 Xesús seguiu sendo positivo e continuou predicando aínda que algunhas persoas non quixeron escoitalo. Por que? Como sabía que a xente necesitaba coñecer a verdade, quería axudar a tantas persoas como fose posible. Tamén sabía que algunhas persoas que ó principio non quixeran escoitar a mensaxe do Reino co tempo aceptaríana. Ese foi o caso da súa propia familia. Durante os tres anos e medio que Xesús estivo predicando, ningún dos seus irmáns se fixo discípulo seu (Xoán 7:5). Pero despois da súa resurrección fixéronse cristiáns (Feitos 1:14).

18 Non sabemos quen aceptará as verdades da Biblia que ensinemos. Algunhas persoas lévalles máis tempo ca outras responder de forma positiva. Incluso os que non queren escoitarnos ven a nosa boa conduta e actitude, e pode que co tempo cheguen a “dar gloria a Deus” (1 Pedro 2:12).

19 Nós plantamos e regamos, pero Deus “é quen fai medrar” (le 1 Corintios 3:6, 7). Getahun, un irmán de Etiopía di: “Por máis de 20 anos eu era a única testemuña de Xehová nun territorio que se predicaba moi pouco. Pero agora hai 14 publicadores. Xa se bautizaron 13, incluídos a miña muller e os nosos 3 fillos. Normalmente veñen ás reunións unhas 32 persoas”. Getahun está moi contento porque seguiu predicando mentres esperaba a que Xehová atraese as persoas sinceras á súa organización (Xoán 6:44).

20 Xehová valora moito a vida das persoas. Dános o privilexio de colaborar co seu fillo en reunir a persoas de tódalas nacións antes de que chegue a fin deste sistema (Axeo 2:7, TNM). A nosa predicación pódese comparar a unha misión de rescate. Nós somos coma os membros do equipo que é enviado a rescatar a un grupo de persoas que está atrapado nunha mina. Aínda que só algúns encontrarán xente con vida, o traballo de todo o equipo é importante. O mesmo sucede coa predicación. Non sabemos canta xente será rescatada do mundo de Satanás, pero Xehová pode usar a calquera de nós para axudarlles. Andreas, que vive en Bolivia, di: “Eu vexo a cada persoa que aprende as verdades da Biblia e se bautiza como o resultado do esforzo de todos nós”. Por iso, temos que esforzarnos por seguir sendo positivos na predicación. Se o facemos, Xehová bendiciranos e seremos moi felices predicando.

11-17 DE DECEMBRO

TESOUROS DA BIBLIA | XOB 25-27

“Non hai que ser perfecto para ser íntegro”

it-1 páx. 1243 par. 4

Integridade

Xob. Xob viviu nunha época entre a morte de Xosé e o tempo de Moisés e foi un home “íntegro e xusto, que temía a Deus e se arredaba do mal” (Xob 1:1). Cando Satanás se presentou nun congreso de anxos nos ceos, Xehová fíxolle unhas preguntas sobre Xob que demostraban que a integridade humana forma parte do conflito entre Xehová e Satanás. O Demo acusou a Xob de adorar a Deus por egoísmo ou interese e non por amor, cuestionando a súa integridade. Aínda que se lle permitiu quitarlle a Xob todo o que tiña, incluso os seus fillos, Satanás non puido acabar coa súa integridade (Xob 1:6–2:3). Por iso, dixo que Xob estaba disposto a soportar a perda dos seus bens e ata dos seus fillos mentres non puxese en perigo a súa propia vida (Xob 2:4, 5). A partir dese momento, Xob tivo que sufrir unha enfermidade moi dolorosa e aguantar a presión da súa muller, que quería que se rendese. E por se fose pouco, tamén estaban os tres amigos que o criticaban e lle mentían ó distorsionar as normas e o propósito de Xehová (Xob 2:6-13; 22:1, 5-11). Xob respondeu o seguinte: “¡Deica expirar non cederei na miña integridade! ¡Hei soste-la miña inocencia sen afrouxar! Nin por un dos meus días me reprende a conciencia” (Xob 27:5, 6). Ó manterse íntegro demostrou que Satanás era un mentireiro.

w19.02 páx. 3 pars. 3-5

Mantén a integridade!

3 Ser íntegro significa sentir un amor e devoción inquebrantable por Xehová e facer sempre o que lle fai feliz. Na Biblia, a palabra hebrea que se traduce por “integridade” úsase para referirse a algo que está completo e san. Por exemplo, a Lei dicía que cando os israelitas lle ofrecían a Xehová un animal en sacrificio este tiña que estar san (Lev 22:21, 22). Os servos de Deus non podían ofrecerlle un animal ó que lle faltara unha pata, unha orella, un ollo ou que estivese enfermo. Para Xehová era moi importante que o animal estivese completo e san (Mal 1:6-9). Por que quere Xehová que todo o que lle deamos sexa completo? O seguinte exemplo axudaranos a entendelo. Cando compramos froita, non queremos que teña buratos ou que lle falte un cacho. Queremos que estea enteira e en bo estado. Pois pasa o mesmo co noso amor e lealdade a Xehová. El quere que sexan completos e íntegros.

4 Como somos imperfectos e cometemos moitos errores, pode ser que nos preguntemos: “Temos que ser perfectos para ser íntegros?”. Está claro que non! Imos ver dous motivos. Primeiro, Xehová non se concentra nos nosos defectos. Na Biblia dinos: “Se ti levas conta dos pecados, ¿quen, Señor, se terá en pé?” (Sl 130:3). El sabe que somos imperfectos e pecadores, e perdóanos con xenerosidade (Sl 86:5, TNM). Segundo, Xehová coñece as nosas limitacións e non espera de nós máis do que podemos dar (le Salmo 103:12-14). Por iso, de que forma podemos ser completos, ou íntegros, ós seus ollos?

5 A clave para que sexamos íntegros é o amor. O amor e a lealdade que lle mostramos a Xehová por ser o noso Pai celestial teñen que ser completos. Se o noso amor se mantén intacto a pesar das probas, entón somos íntegros (1Cr 28:9, TNM; Mt 22:37). Pensemos de novo nos tres irmáns do exemplo do primeiro parágrafo. É obvio que a rapaza non quere aburrirse na escola, o rapaz non quere pasar vergonza predicando e o pai da familia non desexa perder o seu traballo. Entón, por que o fan? Porque saben que as normas divinas son xustas e o que máis lles importa é agradarlle ó seu Pai. O amor a Deus motívaos a poñer a opinión de Xehová en primeiro lugar cando toman decisións. Así demostran que son íntegros.

Xoias espirituais

w16.11 páx. 9 par. 3

Organizados seguindo a guía do libro de Deus

3 A creación proba que Deus é quen mellor organiza todo. A Biblia di: “O Señor fundou a terra por medio da Sabedoría, afirmou o ceo co discernimento” (Pr 3:19). Sabemos pouco sobre os planetas, as estrelas e as galaxias. Só coñecemos as ladeiras dos camiños de Deus e só escoitamos un murmurio sobre el (Xob 26:14). Pero o pouco que sabemos motívanos a recoñecer que a organización do universo é impresionante (Sl 8:4, 5 [8:3, 4, TNM]). As galaxias estás compostas de millóns de estrelas que se moven no espazo de forma ordenada. Incluso os planetas do sistema solar viaxan en órbitas arredor do Sol coma se respectasen as leis de tráfico. Está claro que ver como está ordenado o universo axúdanos a entender que Xehová, quen fixo os ceos e a Terra con sabedoría, merece que o louvemos, o adoremos e que sexamos leais a el (Sl 136:1, 5-9).

18-24 DE DECEMBRO

TESOUROS DA BIBLIA | XOB 28-29

“Tes a mesma reputación ca Xob?”

it-1 páx. 1225 par. 10

Vestimenta

Hai moitas máis referencias simbólicas á roupa. Un uniforme ou unha roupa especial identifica a quen a leva como parte dunha organización ou dun movemento. Da mesma maneira, a roupa da que se fala de forma simbólica na Biblia tamén identifica a actitude que ten alguén, como foi no caso da ilustración de Xesús do traxe de voda (Mt 22:11, 12). En Apocalipse 16:14, 15, Xesucristo advírtenos que non podemos durmirnos espiritualmente nin quitarnos a nosa identidade de Testemuñas de Xehová. Isto podería ser terrible durante “a guerra do día grande do Deus que todo o sostén”.

w09 1/2 páx. 15 pars. 3, 4

Cal é o teu nome?

Ningún de nós pode decidir cal será o seu nome ó nacer. O que si podemos decidir é a reputación que teremos (Proverbios 20:11). Por iso é bo que nos preguntemos: “Se Xesús ou os apóstolos me puxeran un nome, cal sería? Cal describiría mellor a miña personalidade e a miña reputación?”.

É importante que pensemos nisto. Como escribiu o sabio Rei Salomón: “Máis vale a boa sona cá moita facenda” (Proverbios 22:1). Poucas cousas teñen tanto valor como ter unha boa reputación. E se ademais nos facemos un bo nome ós ollos de Xehová, entón poderemos ter un tesouro eterno. El prometeu que escribirá no “libro das lembranzas” o nome dos que o temen e que lles dará vida eterna (Malaquías 3:16; Apocalipse 3:5; 20:12-15).

Xoias espirituais

g00 8/7 páx. 11 par. 3

Que ben che fai sorrir!

Importa se sorrimos ou non? Recordas algunha vez na que che aliviou ou tranquilizou o sorriso de alguén? Ou algunha outra na que te sentiches mal porque non te sorriu? Está claro que o sorriso ten moita importancia e inflúe tanto no que sorrí como no que o recibe. Xob, un personaxe bíblico dixo dos seus inimigos: “Sorría para eles e non daban creto, non deixaban pasar un xesto meu de aprezo” (Xob 29:24). O xesto de Xob posiblemente demostraba a súa alegría.

25-31 DE DECEMBRO

TESOUROS DA BIBLIA | XOB 30-31

“Como se mantivo Xob limpo moralmente?”

w10 15/11 páxs. 5-6 pars. 15, 16

Rapaz, segue a guía da Biblia

15 Cando cres que a túa lealdade pasa polas probas máis difíciles? Cando estás só ou con xente? A verdade é que cando estás na escola ou no traballo estás moi alerta e moi pendente de calquera perigo espiritual. Pero cando estás só, reláxaste e é máis probable que ataquen a túa lealdade.

16 Que che axudará a obedecer sempre a Xehová, incluso se estás só? Pensar que a túa forma de actuar pode facer feliz a Xehová ou ferir os seus sentimentos (Xén 6:5, 6; Pr 27:11). O que fas aféctalle e, como di a Biblia, el coida de nós (1Pe 5:7). Quere que o escoites para que che vaia ben (Is 48:17, 18). Algúns servos do antigo Israel feriron os seus sentimentos cando ignoraron os seus consellos (Sl 78:40, 41). Pero sabemos que Xehová estaba moi contento co profeta Daniel, pois mediante o seu anxo chamouno “un home moi valioso” (Dn 10:11, TNM). Por que o quería tanto? Porque Daniel fora leal en público e en privado (le Daniel 6:11 [6:10, TNM]).

Xoias espirituais

w05 15/11 páx. 11 par. 3

Demostra o teu amor escoitando con interese

Aínda que os compañeiros de Xob escoitaron polo menos dez dos seus discursos, Xob dixo: “Quen me dera que me escoitase alguén!” (Xob 31:35). Por que? Porque a forma na que eles o escoitaron non o consolou. Non se preocupaban por el nin querían entender o que sentía porque non eran capaces de poñerse no seu lugar. O apóstolo Pedro aconséllanos: “Andade todos de acordo e cos mesmos sentimentos, querédevos coma irmáns, tede un corazón compasivo e un xeito humilde” (1 Pedro 3:8). Como podemos querernos coma irmáns? Unha forma de facelo é demostrando que temos en conta os sentimentos dos demais e que intentamos entendelos. Podemos dicirlles con sinceridade canto nos preocupamos, como por exemplo: “Tivo que ser terrible” ou “Seguro que non te sentiches valorado”. Tamén podemos repetir coas nosas palabras o que nos dixo e así saberá que o entendemos. Para demostrar amor ó escoitar non só temos que prestar atención ó que nos di senón tamén ós sentimos que quere expresar.

SEXAMOS MELLORES MESTRES

Discurso

g16.4 páxs. 8-9

Que di a Biblia sobre a homosexualidade?

Que hai da xente que ten inclinacións homosexuais? Naceron así? Sería cruel dicir que están mal os seus actos e desexos?

A Biblia non fala dos detalles biolóxicos da homosexualidade, pero si di que hai características que poden estar moi arraigadas a unha persoa. Non obstante, se queremos facer feliz a Deus hai certos comportamentos que temos que evitar, como as prácticas homosexuais (2 Corintios 10:4, 5).

Hai quen pensa que o que di a Biblia é cruel. Pero esta forma de pensar basease na crenza de que debemos seguir os nosos impulsos ou de que os impulsos sexuais son tan importantes que non debemos nin podemos controlalos. Pero a Biblia dános dignidade cando afirma que si podemos controlar estes impulsos. Os animais actúan por instinto pero os humanos podemos decidir que facer e que non facer (Colosenses 3:5).

Pensa neste exemplo: algúns especialistas afirman que hai comportamentos, como a agresividade, que poden ter causas biolóxicas. A Biblia non fala dos detalles biolóxicos da agresividade, pero recoñece que hai quen é “propenso á ira” e “con tendencia á furia” (Proverbios 22:24; 29:22, TNM). Aínda así, a Biblia dilles: “Calma a ira, reprime o noxo [ou a furia]” (Salmo 37:8; Efesios 4:31).

Poucas persoas estarían en contra deste consello da Biblia ou dirían que é cruel para os que teñen a tendencia de ser violentos. De feito, os propios especialistas que pensan que a violencia está arraigada na xenética esfórzanse por axudar ás persoas que son violentas para que se poidan controlar.

As testemuñas de Xehová pensamos igual sobre calquera conduta que vai en contra das normas da Biblia, incluíndo as relacións heterosexuais entre dúas persoas que non están casadas entre si. Para todos estes casos, o consello bíblico é: “Que cada un de vós saiba controla-lo seu propio corpo santa e respectuosamente, sen se deixar gobernar pola paixón” (1 Tesalonicenses 4:4, 5).

“Algúns de vós erades iso”

Os que se querían facer cristiáns no primeiro século tiñan pasados e formas de vivir moi diferentes, e algúns tiveron que facer grandes cambios na súa vida. Por exemplo, despois de falar dos sexualmente inmorais, idólatras, adúlteros e dos que practican a homosexualidade, a Biblia di: “Algúns de vós erades iso” (1 Corintios 6:9-11, TNM).

Ó dicir “algúns de vós erades iso”, dá a entender a Biblia que quen deixou as prácticas homosexuais non tivo desexos homosexuais nunca máis? Dificilmente, pois a Biblia tamén di: “Seguide andando de acordo co espírito e así non faredes realidade ningún desexo da carne” (Gálatas 5:16, TNM).

Fíxate que na Biblia non se di que un cristián nunca tería desexos inadecuados. Máis ben, di que decidiría non facelos realidade. Os cristiáns aprenden a controlar eses desexos e, para evitar practicalos, non seguen pensando neles (Santiago 1:14, 15).

A Biblia distingue entre tendencia e práctica (Romanos 7:16-25). Unha persoa que ten inclinacións homosexuais pode controlar os seus pensamentos igual que controlaría pensamentos relacionados coa ira, o adulterio e a cobiza (1 Corintios 9:27; 2 Pedro 2:14, 15).

Aínda que as testemuñas de Xehová nos guiamos polo código moral da Biblia, non lles impoñemos ós demais o noso punto de vista. Tampouco intentamos que eliminen as leis que protexen os dereitos humanos das persoas que teñen un estilo de vida diferente. A nosa mensaxe é positiva, e esforzámonos por facerlla chegar a quen queira escoitala (Feitos 20:20).

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir