BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • lffi lección 3
  • Podes confiar na Biblia?

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Podes confiar na Biblia?
  • Desfruta da vida para sempre! Introdución ó curso da Biblia
  • Subtítulos
  • Información relacionada
  • AFONDA MÁIS
  • RESUMO
  • INVESTIGA
  • Podes confiar na Biblia?
    Desfruta da vida para sempre! Introdución ó curso da Biblia
  • A Biblia, un libro que vén de Deus
    Que nos ensina a Biblia?
  • A Biblia, un libro que provén de Deus
    Que ensina realmente a Biblia?
  • Como pode axudarche a Biblia?
    Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo
Ver máis
Desfruta da vida para sempre! Introdución ó curso da Biblia
lffi lección 3
Lección 3. Manuscritos antigos da Biblia enriba dunha mesa.

LECCIÓN 03

Podes confiar na Biblia?

Edición impresa
Edición impresa
Edición impresa

A Biblia fai moitas promesas e dá moitos consellos. Poida que teñas curiosidade por saber o que ensina, pero que tamén teñas as túas dúbidas. Deberías confiar nas promesas e nos consellos dun libro tan antigo? É útil para nós agora? Podes crer o que di sobre o futuro? Millóns de persoas si que o fan. E ti? Por que non o comprobas por ti mesmo?

1. É a Biblia un libro de ficción ou de realidade?

A Biblia afirma ser un rexistro de “palabras verdadeiras” (Eclesiastés 12:10). Fala de sucesos da vida real que lles pasaron a persoas reais (le Lucas 1:3; 3:1, 2). Moitos historiadores e arqueólogos confirmaron a exactitude de datas, persoas, sitios e sucesos importantes dos que se fala na Biblia.

2. Por que podemos dicir que a Biblia non está anticuada?

A Biblia demostrou de moitos xeitos estar adiantada ó seu tempo. Por exemplo, fala de temas científicos. Moito do que di sobre estes temas non era o que cría a maioría da xente daquela. Pero a ciencia actual confirma que o que di a Biblia é exacto. É sempre fiable, “agora e por toda a eternidade” (Salmo 111:8, TNM).

3. Por que podemos confiar no que di a Biblia sobre o futuro?

A Biblia contén profecías sobre “cousas que aínda non se fixeron” (Isaías 46:10). Predixo con exactitude unha gran cantidade de sucesos históricos moito antes de que pasasen. Tamén describiu con moito detalle como sería o mundo na actualidade. Nesta lección analizaremos algunhas das profecías da Biblia. A súa exactitude é impresionante!

AFONDA MÁIS

Analiza de que xeito concorda a ciencia actual coa Biblia. Logo, investiga algunhas das impresionantes profecías da Biblia.

4. A ciencia concorda coa Biblia

Na antigüidade a maioría da xente pensaba que a Terra estaba apoiada sobre algo. Poñede o VÍDEO.

VÍDEO: Pendurou a Terra sobre o nada (1:13)

Fíxate no que se escribiu no libro de Xob hai uns 3500 anos. Lede Xob 26:7 e logo comentade esta pregunta:

  • Por que é tan sorprendente a afirmación de que a Terra pendura sobre o nada?

Non foi ata o século XIX cando se empezou a entender ben o ciclo da auga. Pero mira o que dixo a Biblia hai miles de anos. Lede Xob 36:27, 28, TNM e logo comentade estas preguntas:

  • Por que chama a atención esta descrición tan sinxela do ciclo da auga?

  • Axudáronche estes textos a confiar máis na Biblia?

A Biblia describe o ciclo da auga. Unhas frechas indican o movemento da auga entre a terra e a atmosfera.

5. A Biblia predixo sucesos importantes

Lede Isaías 44:27–45:2 e logo comentade esta pregunta:

  • Que detalles sobre a caída de Babilonia predixera a Biblia 200 anos antes?

Poñede o VÍDEO.

VÍDEO: A Biblia predixo a caída de Babilonia (0:58)

A historia confirma que Ciro, o rei de Persia, e o seu exército conquistaron Babilonia no ano 539 a. n. e.a Para logralo, desviaron o río que protexía a cidade. Como as portas quedaran abertas, entraron na cidade e tomárona sen ter que pelexar. Máis de 2500 anos despois, Babilonia segue en ruínas. Fíxate no que predixo a Biblia.

Lede Isaías 13:19, 20 e logo comentade esta pregunta:

  • Como se cumpriu esta profecía?

As ruínas de Babilonia en Iraq

Colaxe: Escenas sobre as condicións que predixo a Biblia para os ‘días derradeiros’. 1. Uns edificios ardendo. 2. Un soldado disparando cunha metralladora. 3. Civís loitando contra a policía antidisturbios. 4. Dous homes atracando unha tenda. 5. Un tanque atacando unha cidade. 6. Xente con fame leva máscara mentres esperan nunha fila para conseguir comida. 7. Terra fendida pola seca esténdese por moitos quilómetros. 8. Unha casa vénse abaixo logo dun terremoto.

6. A Biblia predixo cousas que estamos a ver na actualidade

A Biblia chamoulle ó noso tempo os “días derradeiros” (2 Timoteo 3:1). Mira o que predixo sobre esta época.

Lede Mateo 24:6, 7 e logo comentade esta pregunta:

  • Que dixo a Biblia que pasaría durante os días derradeiros?

Lede 2 Timoteo 3:1-5 e logo comentade estas preguntas:

  • Que características dixo a Biblia que terían as persoas durante os días derradeiros?

  • Cales destas características pensas que son comúns na actualidade?

HAI QUEN DI: “A Biblia é un libro de mitos e lendas”.

  • Para ti, cal é a proba máis clara de que se pode confiar na Biblia?

RESUMO

A historia, a ciencia e as profecías indican que podes confiar na Biblia.

Repaso

  • É a Biblia un libro de ficción ou de realidade?

  • En que ámbitos concordan a Biblia e a ciencia?

  • Pensas que a Biblia pode predicir o que vai pasar no futuro? Por que pensas así?

Intenta isto

INVESTIGA

Hai erros científicos na Biblia?

“Concorda a Biblia coa ciencia?” (Artigo web)

Que tería que pasar nos “días derradeiros”?

“6 profecías da Biblia que se están a cumprir” (La Atalaya, 1 maio 2011)

Aprende como se cumpriron as profecías da Biblia sobre o imperio grego.

Como nos fortalece “a palabra profética” 5:22

Descubre como cambiou a opinión dun home sobre a Biblia logo de aprender sobre as súas profecías.

“Para min, Deus non existía” (La Atalaya, núm. 5 2017)

a A abreviatura a. n. e. significa “antes da nosa era” e a abreviatura n. e. significa “nosa era”.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir