BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwbr24 xaneiro páxs. 1-11
  • Fontes de información para o “Caderno de Estudo Vida e Actividades”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Fontes de información para o “Caderno de Estudo Vida e Actividades”
  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2024)
  • Subtítulos
  • 1-7 DE XANEIRO
  • 8-14 DE XANEIRO
  • 15-21 DE XANEIRO
  • 22-28 DE XANEIRO
  • 29 DE XANEIRO–4 DE FEBREIRO
  • 5-11 DE FEBREIRO
  • 12-18 DE FEBREIRO
  • 19-25 DE FEBREIRO
  • SEXAMOS MELLORES MESTRES
  • Discurso
  • w21.06 páxs. 6-7 pars. 15-18
  • Como axudar ós estudantes a bautizarse
  • 26 DE FEBREIRO–3 DE MARZO
Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2024)
mwbr24 xaneiro páxs. 1-11

Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades

© 2023 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania

1-7 DE XANEIRO

TESOUROS DA BIBLIA | XOB 32-33

Consolemos os que teñen ansiedade

it-1 páx. 796

Elihú

Elihú foi imparcial e non lle deu un trato especial a ninguén. Igual ca Xob, recoñeceu que estaba feito de barro e que o Todopoderoso era o seu Creador. Non tivo a intención de asustar a Xob senón que lle falou coma un verdadeiro amigo dirixíndose a el por nome, cousa que non fixeran Elifaz, Bildad nin Sofar (Xob 32:21, 22; 33:1, 6).

w14 15/6 páx. 25 pars. 8-10

Ves ós débiles igual ca Xehová?

8 Probablemente sexamos máis comprensivos se recordamos que moitos dos nosos queridos irmáns están agora máis débiles espiritualmente por culpa dos problemas de saúde, da depresión ou por vivir nun fogar dividido. Quizais algún día nós estaremos nunha situación parecida á súa. Antes de entrar na Terra Prometida, Xehová recordoulles ós israelitas que non debían endurecer o seu corazón cando visen sufrir ós seus irmáns. En Exipto, eles foran pobres e débiles e agora Xehová quería que axudasen ós que estaban nesa mesma situación (Dt 15:7, 11; Lev 25:35-38).

9 En vez de xulgar os que pasan por problemas ou pensar mal deles, temos que axudalos espiritualmente (Xob 33:6, 7, TNM; Mt 7:1). Por exemplo, cando un motorista chega ferido a unha sala de urxencias, intentan os médicos saber que foi o que lle pasou? Non, eles danlle rapidamente a asistencia médica que necesita. Da mesma maneira, se un irmán está débil por problemas na súa vida, o máis importante para nós é axudalo espiritualmente (le 1 Tesalonicenses 5:14, TNM).

10 Se nos paramos a pensar no que lle pasou ó irmán quizais vexamos a súa debilidade doutra maneira. Por exemplo, algunhas irmás que levan soportando a oposición da súa familia poden parecer débiles pero, verdade que demostran que teñan moita fe e que son moi fortes? Ou cando vemos a unha nai soa que vai regularmente á reunión cos seus fillos, non quedamos impresionados pola súa fe e determinación? E pensemos tamén nos adolescentes que seguen na verdade a pesar de que soportan moita presión na escola. Vendo todo o que fan os nosos irmáns para servir a Xehová, aínda que parezan débiles está claro que poden ser “ricos na fe” (Snt 2:5).

w20.03 páx. 23 pars. 17, 18

Cando é o mellor momento para falar?

17 O cuarto home que visitou a Xob foi Elihú, un familiar de Abrahán. Mentres Xob e outros homes falaban, Elihú estaba escoitando. Está claro que prestou moita atención ó que dixeron porque lle deu a Xob consellos compasivos pero claros que lle axudarían a cambiar a súa forma de pensar (Xob 33:1, 6, 17). O máis importante para el era buscar a honra de Xehová, non a súa nin a doutros (Xob 32:21, 22; 37:23, 24). O seu exemplo ensínanos que hai un tempo de estar calados e escoitar (Snt 1:19, TNM). Tamén aprendemos que o noso obxectivo principal cando aconsellemos a alguén debe ser darlle honra a Xehová, non a nós mesmos.

18 Demostramos que agradecemos a capacidade de falar que Xehová nos deu cando seguimos os consellos da Biblia sobre cando falar e que dicir. O sabio rei Salomón escribiu por inspiración: “Mazás douradas en bandexas de prata son as palabras ditas con xeito” (Pr 25:11). Se escoitamos con atención os demais e pensamos antes de falar, as nosas palabras serán mazás douradas, é dicir, serán moi bonitas e de moito valor. Desta maneira, sen importar que falemos pouco ou moito, animaremos os nosos irmanciños coas nosas palabras e faremos que Xehová se sinta orgulloso de nós (Pr 23:15; Ef 4:29). Está claro que non hai unha maneira mellor de demostrar que agradecemos este precioso regalo de Deus!

Xoias espirituais

w13 15/1 páx. 19 par. 10

Sigue acercándote a Xehová

10 Non está mal que nos preocupemos pola nosa aparencia. Pero non temos que intentar eliminar sexa como sexa as marcas da vellez, que en realidade poden mostrar madurez, dignidade e beleza interior. Por exemplo, a Biblia di: “Coroa de gloria son os cabelos brancos, chégase a eles polo vieiro da xustiza” (Pr 16:31). Para Xehová é moito máis importante o noso interior, e para nós tamén debería selo (le 1 Pedro 3:3, 4). Entón, sería prudente que nos fixésemos tratamentos ou operacións arriscadas simplemente para ser máis atractivos? Sen importar a nosa idade ou estado físico, “a felicidade que vén de Xehová” é o que nos fai realmente atractivos (Neh 8:10, TNM). Só no novo mundo teremos saúde perfecta e recuperaremos a beleza da xuventude (Xob 33:25; Is 33:24, TNM). Polo de agora, a sabedoría e a fe axudarannos a manternos cerca de Xehová mentres facemos todo o que podemos tendo en conta as nosas circunstancias (1Ti 4:8, TNM).

8-14 DE XANEIRO

TESOUROS DA BIBLIA | XOB 34-35

Cando a vida parece inxusta

wp19.1 páx. 8 par. 2

Como é Deus?

Deus sempre fai o correcto, é impensable que faga algo malo. A Biblia di: “Lonxe do Omnipotente o obrar inxusto” (Xob 34:10). De feito, tamén di del: “Ti que xulgas con xustiza” (Xeremías 11:20). Como ve o que temos no corazón, non se deixa enganar polas aparencias, senón que sempre sabe cal é a verdade e xulga con xustiza (1 Samuel 16:7). Pero ademais, Deus ve tódalas inxustizas e a corrupción que hai no mundo, e promete que pronto “os malvados serán desbotados da terra” (Proverbios 2:22).

w17.04 páx. 10 par. 5

Que desaparecerá cando veña o Reino de Deus?

5 Que fará Xehová? Agora mesmo, Xehová está dándolles ás persoas malas a oportunidade de cambiar (Is 55:7, TNM). El ditou unha sentenza definitiva contra este mundo, non contra cada persoa. Que lles pasará ós que non queiran cambiar e sigan apoiando a este mundo ata que chegue a gran tribulación? Xehová prometeu eliminar da Terra as persoas malas para sempre (le Salmo 37:10, TNM). Quizais cren que poden librarse do castigo. Moitas delas aprenderon a esconder o que fan e parece que sempre conseguen librarse da xustiza e das consecuencias (Xob 21:7, 9). Pero a Biblia recórdanos o seguinte: “Os ollos de Deus están sobre os camiños do home, e el ve tódolos seus pasos. Non hai escuridade nin densa sombra na que se poidan esconder os que fan o mal” (Xob 34:21, 22, TNM). Ninguén pode esconderse de Xehová e ninguén pode enganalo. Non hai lugar tan escuro ou escondido onde non poida chegar a visión ilimitada de Deus. Cando termine o Harmaguedón, miraremos onde estaban os malvados pero xa non estarán, desaparecerán para sempre (Sl 37:12-15).

w21.05 páx. 7 pars. 19, 20

Que nada che impida seguir a Xesús

19 Pasa o mesmo hoxe? Si. Moitas persoas tropezan porque somos neutrais en asuntos políticos. Pensan que deberiamos votar nas eleccións, pero nós sabemos que se escollemos a un gobernante humano estariamos rexeitando a Xehová (1Sa 8:4-7). Pode ser que tamén pensen que deberiamos construír hospitais, escolas e facer outras obras sociais. Eles tropezan porque nos centramos en predicar e non en resolver os problemas deste mundo.

20 Que che axudará a non tropezar? (Le Mateo 7:21-23). Recorda que o máis importante é facer a obra que Xesús nos mandou (Mt 28:19, 20). Non deixes que che distraian os problemas políticos ou sociais deste mundo. As testemuñas de Xehová queremos moito ás persoas e preocupámonos polos seus problemas, pero sabemos que o mellor que podemos facer por elas é ensinarlles sobre o Reino de Deus e axudarlles a facerse amigas de Xehová.

Xoias espirituais

w17.04 páx. 29 par. 3

Honremos a Xehová cun espírito disposto

3 Xehová non corrixiu a Elihú por preguntar: “Se es bo, ¿que é o que lle dás ou que vai recibir da túa man?” (Xob 35:7). Estaba dicindo que os nosos esforzos por servir a Deus son inútiles? Non, máis ben que Xehová non depende da nosa adoración. El é un ser completo, non podemos facelo máis rico nin máis forte. Ó contrario, Xehová deunos as calidades, talentos e fortalezas que temos e fíxase en como as aproveitamos.

15-21 DE XANEIRO

TESOUROS DA BIBLIA | XOB 36-37

Podes confiar na promesa de Deus da vida eterna

w15 1/10 páx. 13 pars. 1, 2

É posible coñecer a Deus?

A SÚA ETERNIDADE: A Biblia ensina que Deus existe “desde sempre e por sempre” (Salmo 90:2). Noutras palabras, Xehová non ten principio e non terá fin. Desde o punto de vista das persoas, “non hai quen leve a conta dos seus anos” (Xob 36:26).

Como che beneficia isto: Xehová promete darche vida eterna se chegas a coñecelo ben (Xoán 17:3). Esta promesa non tería ningún sentido se el non vivise para sempre. Unicamente pode cumprila o “Rei da eternidade” (1 Timoteo 1:17, TNM).

w20.05 páx. 22 par. 6

Agradeces os regalos que nos dá Xehová?

6 Na Terra hai auga en estado líquido porque o noso planeta está á distancia perfecta do Sol. Se estivese un pouco máis cerca, toda a auga se evaporaría e o planeta non sería máis ca unha roca quente sen vida. Pero se estivese un pouquiño máis lonxe, toda a auga se conxelaría e o planeta sería unha bola de xeo. Como Xehová colocou a Terra no lugar ideal, o ciclo da auga pode soster a vida. Como funciona este ciclo? O Sol quenta a auga dos océanos e da superficie da terra e cando se evapora forma as nubes. Tódolos anos o Sol evapora case 500.000 quilómetros cúbicos de auga. Esa auga queda na atmosfera durante uns dez días e despois cae en forma de chuvia ou neve, e termina outra vez nos océanos ou noutras masas de auga. Entón o ciclo volve a empezar. Este ciclo tan eficiente e sostible demostra que Xehová é sabio e poderoso (Xob 36:27, 28, TNM; Ecl 1:7).

Xoias espirituais

it-1 páx. 519

Comunicación

Nas terras bíblicas da antigüidade usáronse diferentes métodos para transmitir información e ideas. As noticias do día a día, tanto da zona como estranxeiras, comunicábanse normalmente de palabra (2Sa 3:17, 19; Xob 37:20). Os viaxeiros contaban noticias dos lugares distantes cando se detiñan nas cidades ou nos puntos das rutas de caravanas para conseguir comida, auga e outras provisións. A boa posición que tiña Palestina con Asia, África e Europa converteuna nun lugar de paso de xente que viña de moi lonxe. Desta maneira os que residían alí podían saber facilmente o que sucedera en países estranxeiros. Normalmente escoitábanse as noticias nacionais e estranxeiras na praza do mercado das cidades.

22-28 DE XANEIRO

TESOUROS DA BIBLIA | XOB 38-39

Dedicas tempo a observar a creación?

w21.08 páx. 9 par. 7

Estás disposto a esperar a que Xehová actúe?

7 Cando a Biblia describe como creou Xehová a Terra, di que fixou as proporcións, encaixou os alicerces e colocou a súa pedra angular (Xob 38:5, 6). Incluso dedicou tempo a reflexionar no que creara (Xén 1:10, 12). Podemos imaxinarnos como se sentiron os anxos cando viron que Xehová ía creando cada cousiña? Emocionáronse tanto que “lanzaron gritos de louvanza” (Xob 38:7, TNM). Que aprendemos? A Xehová levoulle miles de anos crear a Terra e cando parou a mirar todo o que creara dixo que “era de verdade moi bo” (Xén 1:31).

w20.08 páx. 14 par. 2

A resurrección é unha mostra do amor, da sabedoría e da paciencia de Deus

2 Primeiro, Xehová creou o seu Fillo, Xesús. Despois, “por medio del todo o demais foi creado” (Col 1:16, TNM). Xesús sentiuse moi feliz por poder traballar co seu Pai (Pr 8:30, TNM). Os anxos tamén se sentiron moi contentos porque estiveron en primeira fila vendo como Xehová e Xesús creaban o ceo e a Terra. A Biblia di que “lanzaron gritos de louvanza” e seguro que louvaron a Xehová por todo o que fixo ata que finalizou coa súa mellor obra, os seres humanos (Xob 38:7, TNM; Pr 8:31). Tódalas súas creacións demostran o seu amor e sabedoría (Sl 104:24; Rm 1:20).

Xoias espirituais

it-2 páx. 199

Lexislador

Xehová é o Lexislador. Xehová é o verdadeiro Lexislador do universo. El creou as leis físicas que rexen a creación material, as cousas inanimadas (Xob 38:4-38; Sl 104:5-19) e a vida animal (Xob 39:1-30). O home é parte da súa creación e por iso tamén está baixo as leis físicas. Como é unha criatura racional, con capacidade moral e espiritual, está baixo as leis morais (Rm 12:1, TNM; 1Co 2:14-16, TNM). Da mesma maneira, a lei de Xehová tamén goberna os anxos (Sl 103:20; 2Pe 2:4, 11).

As leis físicas de Xehová non se poden romper (Xer 33:20, 21). Por todo o universo que coñecemos as súas leis son tan estables e fiables que os científicos, usando as leis que coñecen, poden calcular os movementos da Lúa, dos planetas e doutros corpos celestes cunha precisión de fraccións de segundo. Quen vai en contra destas leis físicas sufre as consecuencias. Da mesma maneira, as leis morais de Deus tampouco se poden romper, evitar cumprilas ou violalas sen sufrir as consecuencias. Son tan inevitables coma as leis naturais, aínda que pode ser que o castigo non sexa tan inmediato. “De Deus non hai quen faga riso. Conforme sementes, recollerás” (Gál 6:7; 1Ti 5:24).

29 DE XANEIRO–4 DE FEBREIRO

TESOUROS DA BIBLIA | XOB 40-42

Leccións que aprendemos do que lle pasou a Xob

w10 15/10 páxs. 3-4 pars. 4-6

Quen chegou a coñecer a mente de Xehová?

4 Cando meditemos no que fai Xehová temos que evitar xulgalo desde o punto de vista que temos os humanos. Deus mesmo fixo referencia a esta tendencia no Salmo 50:21: “Pensas que son coma ti?”. Fai 175 anos un erudito da Biblia explicouno así: “Os homes teñen a tendencia de xulgar a Deus baseándose nas leis que eles mesmos crearon e que pensan que son adecuadas. E cren que estas leis o gobernan a El igual que a eles”.

5 Debemos ter coidado para que as nosas normas e expectativas non distorsionen o concepto que temos de Deus. Por que é isto tan importante? Porque cando estudamos a Biblia podería parecernos que algunhas das cousas que fixo Xehová son pouco apropiadas desde o noso punto de vista limitado e imperfecto. Os israelitas caeron neste erro e chegaron a unha conclusión equivocada sobre a forma na que Xehová os trataba. Observemos o que el lles dixo: “E vós respondedes: ‘Non é xusto o proceder do Señor’. Escoitade, Casa de Israel: —¿Non é xusto o meu xeito de comportarme? ¿Non é máis ben o xeito de vos comportardes vosoutros o que é inxusto?” (Ez 18:25).

6 Se non queremos caer no erro de xulgar a Xehová segundo as nosas normas humanas, temos que recoñecer que a nosa visión das cousas é limitada e que moitas veces nos equivocaremos. Xob aprendeu esta lección. Cando pasou por unha época moi mala da súa vida que lle fixo estar moi triste, centrouse tanto na súa dor que non se deu conta de que había cousas máis importantes. Pero Xehová axudoulle con amor a ver os asuntos con máis claridade. Cando lle fixo máis de 70 preguntas que Xob non sabía como responder, fíxolle ver o limitada que era a súa capacidade de comprensión. Xob foi humilde e cambiou a súa forma de pensar (le Xob 42:1-6).

w17.06 páx. 25 par. 12

Non perdas de vista o máis importante

12 Foi Xehová demasiado duro cando lle falou de forma tan directa a Xob despois de que sufrise tanto? Non, e Xob tampouco o viu así. Aínda que pasara por moito, por fin empezou a razoar. Incluso dixo: “Retiro o dito e arrepíntome no po e na cinsa”. Así que Xehová díxolle estas palabras no momento oportuno e ademais consolouno (Xob 42:1-6). Antes, Elihú tamén o corrixira (Xob 32:5-10). Xehová viu o ben que reaccionou Xob e expresou que aprobaba a súa forma de actuar tan fiel (Xob 42:7, 8).

Xoias espirituais

it-1 páx. 377

Burla

Xob mantivo a súa integridade aínda que se burlaron del. Pero viu as cousas de maneira incorrecta e cometeu un erro, polo que tiveron que corrixilo. Elihú dixo del: “Que home hai coma Xob que beba o escarnio coma auga[?]” (Xob 34:7). Xob preocupouse máis por defenderse a si mesmo que por defender a Deus, e chegou a poñer a súa xustiza por diante da de Xehová (Xob 35:2; 36:24). Pensou que as burlas que lle facían os seus tres “compañeiros” ían dirixidas a el e non a Deus. Neste sentido foi coma unha persoa á que lle gusta que outros lle fagan burlas e a ridiculicen, coma quen desfruta bebendo un vaso de auga. Máis tarde, Deus explicoulle que estes homes en realidade estaban falando mentiras sobre El (Xob 42:7). De maneira parecida, cando Israel pediu un rei, Xehová díxolle ó profeta Samuel: “Non te rexeitan a ti, senón a min, para que non reine sobre deles” (1Sa 8:7). E Xesús díxolles ós seus discípulos: “Tódalas nacións odiaranvos porque sodes os meus seguidores” (Mt 24:9). Se meditamos nestas cousas poderemos aguantar as burlas coa actitude apropiada e recibir a nosa recompensa (Lc 6:22, 23).

5-11 DE FEBREIRO

TESOUROS DA BIBLIA | SALMOS 1-4

Ponte de parte do Reino de Deus

w21.09 páx. 15 par. 8

“Sacudirei tódalas nacións”

8 Como reaccionaron as persoas a esta mensaxe? A maioría reaccionou mal (le Salmo 2:1-3). As nacións están alborotadas, néganse a aceptar o gobernante que Xehová nomeou e non cren que a mensaxe do Reino que predicamos sexan “boas noticias”. Incluso algúns gobernos prohibiron a predicación. E aínda que moitos gobernantes destas nacións aseguran que serven a Deus, non queren renunciar ó seu poder e autoridade. Igual que nos tempos de Xesús, están en contra do Unxido de Xehová e demóstrano atacando os seus servos leais (Fei 4:25-28).

w16.04 páx. 29 par. 11

Mantente neutral nun mundo dividido

11 O materialismo. Se lles damos demasiado valor ás nosas cousas poderíamos deixar de ser neutrais cando veñan as probas. Ruth, de Malaui, viu que algúns irmáns fixeron isto cando foron perseguidos nos anos setenta. Conta: “Non puideron renunciar ás súas comodidades. Fuxiron ó exilio con nós, pero finalmente uníronse ó partido político para poder volver a casa. Non quixeron soportar a vida dun campo de refuxiados”. Moitos irmanciños fixeron todo o contrario e mantivéronse neutrais sen importar se tiñan problemas económicos ou se perdían tódalas súas cousas (Heb 10:34).

Xoias espirituais

it-2 páx. 1085

Caño

Palla pequena e po que queda nas airas despois de trillar os cereais, coma a cebada ou o trigo. Aínda que as referencias bíblicas ó caño son figurativas, mostran como trillaban os cereais naqueles tempos. Cando trillaban o cereal, como o caño non valía nin para comer, tiñan que separalo do gran para poder tiralo. Por iso era un símbolo de algo lixeiro, sen valor e que ninguén quería.

Primeiro, coa trilla separábase a semente da cáscara. Despois, cando aventaban, o vento levábase a palla pequena coma se fose po, mentres o gran quedaba na aira. Isto ilustra moi ben como Xehová saca os apóstatas do seu pobo e acaba cos malvados e coas nacións que van en contra del (Xob 21:18; Sl 1:4, TNM; 35:5; Is 17:13; 29:5; 41:15; Os 13:3). O Reino de Deus triturará os seus inimigos en partículas tan pequenas que o vento as levará facilmente (Dn 2:35, TNM).

A palla pequena e o po normalmente recollíanse e queimábanse para evitar que o vento os volvese traer e se mesturasen cos montóns de gran. De maneira parecida, Xoán o Bautista predixo a futura ardente destrución dos malvados falsos relixiosos: o Trillador, Xesucristo, recollerá o trigo “pero queimará a palla cun lume que non se pode apagar (Mt 3:7-12; Lc 3:17).

12-18 DE FEBREIRO

TESOUROS DA BIBLIA | SALMOS 5-7

Mantente leal sen importar o que fagan os demais

w21.03 páx. 15 pars. 7, 8

Como te podes fortalecer ó ler a Biblia

7 Traizoou a túa confianza un amigo ou un familiar? Neste caso, axudarache repasar o exemplo dun fillo do rei David chamado Abxalom, quen traizoou o seu pai e intentou quitarlle o reino (2Sa 15:5-14, 31; 18:6-14).

8 1) Orar. Tendo en conta este relato, cóntalle a Xehová de forma específica como te fixo sentir que che tratasen mal (Sl 6:7-10 [6:6-9, TNM]). Despois pídelle que che axude a encontrar os principios que che mostren que facer.

w20.07 páxs. 8-9 pars. 3, 4

Estás seguro de que temos a verdade?

3 A nosa fe non debe basearse só no amor que se mostran os cristiáns verdadeiros. Por que? Imaxínate que un irmán, incluso un ancián ou un pioneiro, peca gravemente, che fai dano ou se volve apóstata e di que non temos a verdade. Que farías en calquera destes casos? Tropezarías e deixarías de servir a Xehová? Isto ensínanos que se queremos ter unha fe sólida, debe estar baseada nunha boa amizade con Xehová e non no que fan outras persoas. A nosa fe é coma unha casa. Non debería estar construída só con materiais “suaves”, coma os sentimentos e as emocións, senón tamén con materiais “sólidos”, coma os feitos e os razoamentos lóxicos. Debemos comprobar por nós mesmos que a Biblia nos ensina a verdade sobre Xehová (Rm 12:2, TNM).

4 Xesús dixo que algúns aceptarían a verdade con alegría, pero que a súa fe murcharía en canto chegasen os problemas (le Mateo 13:3-6, 20, 21). Quizais non entendan que por seguir a Xesús pasarán por probas e momentos difíciles (Mt 16:24). Ou pode ser que pensen que a vida dun cristián é un camiño de rosas cheo de bendicións. Pero neste mundo imperfecto é inevitable ter problemas. As circunstancias poden cambiar e quitarnos parte da alegría durante algún tempo (Sl 6:7 [6:6, TNM]; Ecl 9:11, TNM).

Xoias espirituais

it-2 páx. 1005

Tumba

En Romanos 3:13 (TNM) o apóstolo Paulo cita o Salmo 5:9 (TNM), onde se compara a garganta dos homes malos a “unha tumba aberta”. Igual que unha tumba aberta ten que encherse con mortos, a súa garganta ábrese para dar un discurso mortal (compara con Mt 15:18-20).

19-25 DE FEBREIRO

TESOUROS DA BIBLIA | SALMOS 8-10

“Douche gracias, Señor”!

w21.08 páx. 3 par. 6

Valora o teu lugar na familia de Xehová

6 Xehová preparounos un fogar moi especial. Moito antes de crear o primeiro home, Deus preparou a Terra para os seres humanos (Xob 38:4-6; Xer 10:12). Como é tan bo e xeneroso, fixo moitísimas cousas para que as desfrutásemos (Sl 104:14, 15, 24). Ás veces dedicou tempo a pensar no que creara e “viu que estaba ben” (Xén 1:10, 12, 31). Honrounos dándonos o mando sobre as cousas tan fermosas que fixo na Terra (Sl 8:7 [8:6, TNM]). Deus desexa que, cando sexamos perfectos, sintamos a alegría de coidar das súas fermosas creacións para sempre. Temos o costume de darlle as grazas a Xehová por esta marabillosa promesa?

w20.05 páx. 23 par. 10

Dáslle as grazas a Xehová polos regalos que che deu?

10 Unha maneira de demostrar que agradecemos a capacidade de falar é usándoa para explicarlles ós que cren na evolución por que cremos que deus creou tódalas cousas (Sl 9:2 [9:1, TNM]; 1Pe 3:15, TNM). Os que promoven a ensinanza da evolución queren que creamos que ninguén deseñou a Terra e a vida. Podemos usar a Biblia e algunhas ideas deste artigo para defender ó noso Pai celestial e explicarlles ós que queiran escoitar por que estamos seguros de que Xehová creou o ceo e a terra (Sl 102:26 [102:25, TNM]; Is 40:25, 26).

w22.04 páx. 7 par. 13

Es un exemplo na túa forma de falar?

13 Canta de corazón. Recorda que a razón máis importante pola que cantamos nas reunións é para louvar a Xehová. Vexamos o caso dunha irmá chamada Sara. Aínda que non cre que teña unha gran voz, quere louvar a Xehová cantándolle. Así que prepara as cancións na casa igual có resto das partes da reunión. Practica e trata de ver a relación entre a letra e o tema da reunión. Todo isto axúdalle a concentrarse máis nas palabras que na súa voz.

Xoias espirituais

cl cap. 4 páx. 40 par. 8

“O Señor [...] é grande en poder”

8 Xehová pode usar o seu espírito santo como el queira e para facer o que el queira. Por iso a Biblia refírese de forma simbólica ó seu espírito como o seu “dedo”, a súa “man forte” ou o seu “brazo estendido” (Lucas 11:20, TNM; Deuteronomio 5:15; Salmo 8:4 [8:3, TNM]). Nós usamos a man para facer moitas tarefas que necesitan diferentes grados de forza e delicadeza. Da mesma maneira, Deus pode usar o seu espírito para lograr calquera obxectivo: desde crear un diminuto átomo, ata dividir o Mar Rubio ou darlles de forma milagrosa ós cristiáns do primeiro século a capacidade de falar en linguas estranxeiras.

SEXAMOS MELLORES MESTRES

Discurso

w21.06 páxs. 6-7 pars. 15-18

Como axudar ós estudantes a bautizarse

15 Cando estabas estudando a Biblia, non che daba medo facerte testemuña de Xehová? Quizais pensabas que nunca poderías predicar de casa en casa. Ou ó mellor asustábache que algún familiar ou amigo se puxese na túa contra. Nese caso podes entender como se sente o teu estudante. Xesús dixo que algunhas persoas terían eses medos. Pero animou os seus discípulos a non deixar que o medo lles impedise servir a Xehová (Mt 10:16, 17, 27, 28). Como lles axudou? Como podemos facer o mesmo?

16 Ensinémoslle pouco a pouco ó estudante a falar do que aprende. Seguro que os discípulos de Xesús se puxeron nerviosos cando el lles mandou predicar. Pero el axudoulles dicíndolles a quen predicar e que dicir (Mt 10:5-7). Como podemos imitar o seu exemplo? Axudando ó estudante a ver a que persoas lles pode predicar. Por exemplo, podemos preguntarlle se sabe de alguén a quen lle axudaría coñecer unha ensinanza da Biblia. Despois, axudémoslle a preparar o que pode dicir mostrándolle unha maneira simple de explicar esa ensinanza. Cando vexamos que é o mellor momento podemos practicar con el usando as seccións “Hai quen di” e “Alguén podería preguntar” do libro Desfruta da vida para sempre!. Nestas sesións de práctica concentrémonos en ensinarlle a usar a Biblia para responder de forma simple e respectuosa.

17 Axudémos ó estudante a confiar en Xehová. Xesús díxolles ós seus discípulos que Xehová os amaba e que por iso lles axudaría (le Mateo 10:19, 20, 29-31). Recordémoslle ó estudante que Xehová tamén estará ó seu lado. Podemos orar con el sobre as súas metas para ensinarlle a apoiarse en Xehová. Franciszek, que vive en Polonia, conta: “O meu mestre falaba moitas veces das miñas metas nas oracións. Cando vin que Xehová lle respondía empecei a orar eu tamén. Sentín que Xehová me axudou cando tiven que pedir días libres no meu novo traballo para ir ás reunións e ó congreso”.

18 E se agora non diriximos ningún curso da Biblia? Podemos axudar ós estudantes a que cheguen ó bautismo? Si. Como podemos facelo? Acompañando a outros publicadores ós seus cursos. Está claro que Xehová se interesa moito polos nosos estudantes da Biblia e valora moito todo o que facemos por axudarlles a acercarse a el. Por esta razón quérenos moito (Is 52:7).

26 DE FEBREIRO–3 DE MARZO

TESOUROS DA BIBLIA | SALMOS 11-15

Imaxínate no Paraíso

w06 15/5 páx. 18 par. 3

Ideas interesantes do libro de Salmos

11:3. Que fundamentos están derrubados? Os fundamentos nos que se basea a sociedade humana: a lei, a orde e a xustiza. Cando se descontrolan, gobernan o caos e a inxustiza. Nesas condicións, os xustos deben confiar plenamente en Xehová (Salmo 11:4-7).

wp16.4 páx. 11

É posible un mundo sen violencia?

A Biblia promete que dentro de pouco Deus limpará a terra de toda a maldade. O mundo violento que coñecemos está esperando ó “día do xuízo e da perdición dos impíos” (2 Pedro 3:5-7). Xa non haberá quen faga sufrir a outras persoas. Pero, como podemos estar seguros de que Deus quere eliminar a violencia?

A Biblia di que Deus “odia a todo o que ama a violencia” (Salmo 11:5, TNM). O Creador ama a paz e a xustiza (Salmo 33:5; 37:28). Iso asegúranos que Deus non permitirá sempre a violencia.

w17.08 páx. 7 par. 15

Estás disposto a esperar con paciencia?

15 Por que estivo David disposto a esperar con paciencia? Deu a resposta no Salmo 13, no que lle preguntou a Xehová catro veces ata cando durarían os seus problemas. Dixo: “Eu confío no teu amor, o meu corazón relouca coa túa axuda. Cantareille ó Señor polo ben que me fixo” (Salmo 13:6 [13:5, 6, TNM]). David confiaba no amor leal de Xehová. Esperaba moi contento a que chegase o día no que El acabase cos seus problemas e tamén pensaba en como Xehová lle axudara no pasado. David sabía que a espera valería a pena.

kr páx. 236 par. 16

Farase a vontade de Deus na Terra grazas ó Reino

16 Seguridade. Por fin, a fermosa imaxe que describe Isaías 11:6-9 cumprirase con exactitude. Homes, mulleres e nenos sentiranse seguros en calquera lugar. Nin os animais nin os humanos serán unha ameaza. Chegará o día no que sen importar onde esteas sentiraste na túa casa. Poderás nadar nos ríos, nos lagos ou no mar e poderás percorrer as montañas. Ademais, cando sexa de noite, non terás medo. As palabras de Ezequiel 34:25 faranse realidade, e poderemos “vivir con tranquilidade no deserto, e adormecer na foresta”.

Xoias espirituais

w13 15/9 páx. 20 par. 12

Transformácheste?

12 Tristemente, vivimos rodeados de persoas coma as que describiu Paulo. É probable que pensen que seguir unhas normas ou principios está anticuado. Moitos mestres e pais teñen unha actitude permisiva e promoven un modo de pensar “liberal”. Para eles todo é relativo e nada é absoluto. Incluso moitos que afirman crer en Deus aseguran que teñen o dereito a facer o que queiran, sen ningunha obrigación de obedecer a Deus nin os seus mandatos (Sl 14:1, TNM). Esta forma de pensar é un perigo para os verdadeiros cristiáns. Se non estamos alerta poderiamos deixar de seguir as instrucións da organización de Deus, incluso queixarnos de calquera cousa que non nos guste. Ou pode ser que cuestionemos os consellos baseados na Biblia sobre o entretemento, Internet ou os estudos superiores.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir