Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades
© 2023 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
4-10 DE MARZO
TESOUROS DA BIBLIA | SALMOS 16-17
“Xehová, a miña fonte de todo o bo”
Rapaces, podedes ter unha vida completa e feliz
FAI BOS AMIGOS
11 Le Salmo 16:3 (TNM). David sabía que o segredo para facer amigos verdadeiros era escoller persoas que amasen a Xehová. Dixo que eran “santos” porque se esforzaban por seguir as normas morais de Deus. Tamén dixo que era moi agradable estar con eles. Outro salmista dixo algo parecido. El escribiu: “Son amigo dos que te temen e gardan os teus mandatos” (Sl 119:63). Como vimos no artigo anterior, ti tamén podes facer bos amigos que amen e obedezan a Xehová. E claro, poden ser persoas de diferentes idades.
w14 15/2 páx. 29 par. 3
Contemplemos “a bondade de Xehová”
David cantou: “Xehová é a miña porción, a parte que me corresponde e a miña copa. Ti protexes a miña herdanza. Delimitáronse para min lugares agradables” (Sl 16:5, 6, TNM). David sentíase agradecido por ter unha “porción”, é dicir, por ter unha relación aprobada con Xehová e ter o privilexio de servilo. Igual que David, pode que suframos dificultades, pero tamén recibimos moitas bendicións espirituais. Así que, sigamos desfrutando da adoración verdadeira e nunca deixemos de valorar o templo espiritual de Xehová.
w08 15/2 páx. 3 pars. 2, 3
Teñamos sempre presente a Xehová
2 Todos temos moito que aprender do que viviron os personaxes máis coñecidos da Biblia, como Abrahán, Sara, Moisés, Rut, David, Ester e o apóstolo Paulo. Pero hai outros personaxes menos coñecidos dos que tamén podemos aprender moito. Meditar nos relatos da Biblia pódenos animar a actuar como o salmista, quen dixo: “Sempre teño a Xehová diante miña. Como el está á miña dereita, nada me sacudirá xamais” (Sl 16:8, TNM). Como deberiamos entender estas palabras?
3 Polo xeral, no campo de batalla o soldado levaba a espada coa man dereita e o escudo coa esquerda, de forma que deixaba ó descuberto o costado dereito. Pero se un amigo o cubría por ese lado, quedaba protexido. Xehová tamén nos protexerá se o temos en conta e o obedecemos. Agora veremos algúns relatos bíblicos que fortalecerán a nosa fe e nos axudarán a ter a Xehová sempre diante.
Xoias espirituais
it-2 páx. 491
Pupila
Cando a palabra hebrea ʼi·shohnʹ (Dt 32:10; Pr 7:2) se usa co termo ʽaʹyin (ollo), significa literalmente “home pequeno do ollo”. En Lamentacións 2:18 úsase a palabra bath (filla) coa idea de “filla do ollo”. Nos dous casos estas expresións refírense á pupila. No Salmo 17:8 xúntanse as dúas para dar máis énfase (ʼi·shohnʹ bath-ʽaʹyin) e di “meniña dos teus ollos”, que literalmente é “home pequeno, filla do ollo”. Estas expresións refírense á pequena imaxe que vemos de nós mesmos cando miramos á pupila da persoa coa que falamos.
O ollo é moi delicado e sensible. Incluso nos damos conta no momento se temos un pelo pequeno ou unha partícula de po entre a pálpebra e o globo do ollo. Temos que protexer a córnea, que é a parte transparente do ollo que cobre a pupila, porque se tivésemos unha cicatriz por culpa dalgunha ferida ou se está nubrada por unha enfermidade poderiamos non ver ben ou incluso quedar cegos. A Biblia usa de maneira gráfica e delicada a expresión “meniña dos teus ollos” para referirse ó que hai que protexer con moito coidado. Así debe tratarse a lei de Deus (Pr 7:2). Cando se fala de como Deus coidou igual ca un pai a Israel, Deuteronomio 32:10 di que protexeu á nación “coma á meniña do seu ollo”. David orou para que Deus o protexera e o coidara “coma á meniña dos [seus] ollos” (Sl 17:8). Quería que Xehová o axudase rapidamente cando o atacasen os inimigos (Compara con Zac 2:12 [2:8, TNM]).
11-17 DE MARZO
TESOUROS DA BIBLIA | SALMO 18
Xehová é “o meu refuxio”
As figuras retóricas da Biblia. Gustaríache entendelas?
A Biblia tamén compara a Xehová con cousas inanimadas. Descríbeo coma “a rocha de Israel”, un “castro” ou o “Penedo” (2 Samuel 23:3; Salmo 18:3 [18:2, TNM]; Deuteronomio 32:4). Que idea transmiten estas imaxes? Que, igual ca unha roca grande e sólida, Deus é un refuxio para nós.
5 O libro dos Salmos está cheo de metáforas e símiles que describen as diferentes partes da personalidade de Xehová. Por exemplo, o Salmo 84:11 (TNM) di que Deus “é sol e escudo” porque dá luz, vida, enerxía e protección. Pola contra, o Salmo 121:5 (TNM) di que é “a sombra que está á túa dereita”. Igual ca unha sombra dá protección contra o sol abrasador, Xehová dálles protección ós seus servos baixo a súa “man” ou as súas “ás” (Isaías 51:16; Salmo 17:8; 36:8 [36:7, TNM]).
w22.04 páx. 3 par. 1
Como controlar a ansiedade
2. Meditemos. Cando pensas no pasado, recordas momentos nos que non puideses aguantar sen a axuda de Xehová? Cando meditamos sobre como Xehová nos axudou a nós e tamén ós seus servos do pasado, confiamos máis nel e sentímonos máis tranquilos (Sl 18:18-20 [18:17-19, TNM]). Un ancián chamado Joshua dixo: “Teño unha lista de oracións que Xehová me respondeu. Así podo recordar tódalas veces que lle pedín algo específico e el me deu xusto o que necesitaba”. Cando meditamos en todo o que Xehová fixo por nós, recuperamos as forzas para seguir loitando contra a ansiedade.
Xoias espirituais
it-2 páx. 773 par. 2
Querubín
Non eran figuras ridículas inspiradas nas imaxes monstruosas aladas que adoraban as nacións pagás, como din algúns. Segundo a tradición antiga xudía os querubíns tiñan forma humana, aínda que na Biblia non se fala sobre este tema. Eran fermosas obras de arte que representaban anxos de moita beleza e que foron feitas con todo detalle “conforme o modelo” que Moisés recibiu de Xehová (Éx 25:9). O apóstolo Paulo describiunos como “os querubíns da Gloria, que cubrían coa súa sombra o lugar da expiación” (Heb 9:5). Estes querubíns estaban relacionados coa presenza de Xehová. El dixo: “Desde enriba do propiciatorio, entre os dous querubíns que están encima da arca do testemuño, virei ó teu encontro” (Éx 25:22; Núm 7:89). Por iso díxose que Xehová estaba sentado “enriba dos querubíns” (1Sa 4:4; 2Sa 6:2; 2Re 19:15; 1Cr 13:6; Sl 80:2 [80:1, TNM]; 99:1; Is 37:16). De forma simbólica, os querubíns eran o “modelo da carruaxe” sobre o que montaba Xehová (1Cr 28:18), e as ás dos querubíns daban tanto protección como velocidade durante a viaxe. Así foi como o describiu David nunha das súas cancións poéticas. Falando da rapidez coa que Xehová viña na súa axuda, dixo: “A cabalo dun querubín voa subido nas ás do vento [ou dun espírito]” (2Sa 22:11; Sl 18:11 [18:10, TNM]).
18-24 DE MARZO
TESOUROS DA BIBLIA | SALMOS 19-21
“Os ceos proclaman a gloria de Deus”
w04 1/1 páx. 8 pars. 1, 2
Declarade a gloria de Xehová
DAVID, fillo de Ixaí, creceu como pastor nos arredores de Belén. Mentres estaba só coidando do rabaño do seu pai, debeu admirar moitísimas veces a grandeza do ceo estrelado na tranquilidade da noite. Seguro que todas aquelas imaxes viñeron a súa mente cando compuxo e cantou baixo a inspiración do espírito santo estas preciosas palabras: “Os ceos proclaman a gloria de Deus, o firmamento pregoa as obras das súas mans. [...] Por toda a terra vai o seu anuncio, ata os confíns do mundo a súa palabra” (Salmo 19:2, 5 [19:1, 4, TNM]).
2 Sen dicir unha soa palabra os impresionantes ceos que Xehová creou declaran a súa gloria día tras día, noite tras noite. Cando os contemplamos sentímonos insignificantes. Pero para coñecer a Xehová fai falta algo máis. Un salmista anónimo dixo por inspiración: “Tributade ó Señor honor e forza, tributade ó Señor a gloria do seu nome” (Salmo 96:7, 8). Isto significa que os servos fieis de Xehová tamén temos que declarar a súa gloria, e alégranos moito poder facelo. Pero, que implica declarar a gloria de Deus?
g95 8/11 páx. 7 par. 2
O artista menos valorado dos nosos días
Canto máis apreciemos as obras de arte da natureza e máis tempo pasemos nela, máis coñeceremos ó noso Creador. Nunha ocasión, Xesús díxolles ós seus discípulos que se fixasen nas flores silvestres que crecían en Galilea: “Aprendede das flores que medran no campo. Nin traballan nin fan a súa roupa, pero eu dígovos que nin sequera o rei Salomón con toda a súa grandeza se vestiu tan ben coma unha delas” (Mateo 6:28, 29). A beleza dunha flor silvestre pode recordarnos que a Deus lle importan as nosas necesidades.
Xoias espirituais
w06 15/5 páx. 18 par. 4
21:4 (21:3, TNM). Que ten de especial a “coroa de ouro fino”? Non se sabe se esta coroa era literal ou un símbolo da gloria que recibiu David polas súas numerosas vitorias. Pero este versículo fala profeticamente da coroa real que Xehová lle deu a Xesús en 1914. O feito de que a coroa sexa de ouro indica a gran calidade deste reinado.
25-31 DE MARZO
TESOUROS DA BIBLIA | SALMO 22
A Biblia predixo detalles sobre a morte de Xesús
Encontraron ó Mesías!
16 Parecía que Deus abandonara o Mesías (le Salmo 22:2 [22:1, TNM]). De acordo coa profecía do Salmo, Marcos di: “E nesa hora [sobre as 3 da tarde], Xesús berrou moi forte: —Eloí, Eloí, lamá sabactaní (que quere dicir: ‘Meu Deus, meu Deus, por que me abandonaches’)” (Marcos 15:34). Xesús non perdera a fe no seu pai. Entón, en que sentido abandonou Xehová a Xesús? Quitoulle a súa protección para que o puxeran a proba ata o límite. As palabras de Xesús cumpriron o Salmo 22:2 (22:1, TNM).
Encontraron ó Mesías!
13 Xesús sería insultado (le Salmo 22:8, 9 [22:7, 8, TNM]). Xesús sufriu as burlas da xente cando estaba cravado no madeiro. O relato de Mateo di: “Os que pasaban por alí insultábano e movían a cabeza dun lado para outro dicindo: ‘Ti que ías botar abaixo o templo e reconstruílo en tres días, sálvate a ti mesmo! Se es Fillo de Deus, baixa do madeiro!’. O mesmo fixeron os sacerdotes principais, os escribas e os anciáns. Empezaron a burlarse del e a dicir: ‘Salvou a outros pero non se pode salvar a si mesmo! El é o rei de Israel. Que baixe agora do madeiro e creremos nel! Non era el o que tanto confiaba en Deus? Non dicía “Eu son o Fillo de Deus”?’” (Mt 27:39-43). Xesús soportou con dignidade todos estes insultos. Que grande exemplo para nós!
Encontraron ó Mesías!
14 Botarían a sortes a súa roupa. O salmista escribiu sobre isto: “Reparten os meus vestidos e botan ás sortes o meu manto” (Sl 22:19 [22:18, TNM]). Isto sucedeu cando “despois de cravalo no madeiro, [os soldados romanos] sortearon a súa roupa para repartila entre eles” (Mt 27:35; le Xoán 19:23, 24).
Xoias espirituais
w06 1/11 páx. 29 par. 7
Respectemos as nosas reunións
7 Existen diferentes formas nas que podemos mostrar respecto nas reunións. Unha delas é estar a tempo para cantar as cancións do Reino. Moitas delas son oracións, así que hai que cantalas con moito respecto. Citando o Salmo 22, o apóstolo Paulo escribiu estas palabras de Xesús: “Pregoarei ante os meus irmáns o ben que fixeches, no medio da nosa asemblea heiche de cantar cántigas” (Hebreos 2:12). Por iso debemos intentar estar no noso sitio antes de que o presidente da reunión anuncie a canción, e tamén concentrarnos no que di mentres a cantamos. Debemos facelo co mesmo espírito que o salmista que escribiu: “Louvarei o Señor con todo o corazón na xuntanza dos xustos, na asemblea” (Salmo 111:1). Así que cantar louvanzas a Xehová é unha boa razón para chegar pronto ás reunións e quedarnos ata o final.
Louva a Xehová “no medio da nosa asemblea”
Igual que no pasado, hoxe todos temos a oportunidade de expresar a nosa fe “no medio da nosa asemblea”. Unha forma de facelo é comentando nas reunións cando se fan preguntas ó auditorio. Nunca subestimemos os bos resultados que podemos conseguir. Por exemplo, explicar como superamos ou evitamos problemas fortalece a determinación dos irmáns a seguir os principios da Biblia. Se comentamos os textos bíblicos que aparecen no parágrafo pero non están citados e engadimos ideas do noso estudo persoal, animaremos a outros a ter mellores hábitos de estudo.
SEXAMOS MELLORES MESTRES
w20.07 páxs. 12-13 pars. 14-17
Convéncete de que tes a verdade
14 As profecías son unha parte importante da Palabra de Deus e axúdannos a ter unha fe forte en Xehová. Que profecías fortaleceron a túa fe? Poida que penses nas que falan dos “últimos días” (2Ti 3:1-5, TNM; Mt 24:3, 7). Pero outras profecías que xa se cumpriron tamén poden fortalecer a nosa fe. Por exemplo, podes explicar como se cumpriron e como se cumpren hoxe as profecías dos capítulos 2 e 11 de Daniel? Se a nosa fe se basea por completo no que ensina a Biblia, conseguirá soportar calquera proba. Vexamos o exemplo dos irmáns que sufriron unha persecución moi cruel en Alemaña durante a Segunda Guerra Mundial. Aínda que naquela época non se entendían moi ben as profecías dos últimos días eles tiñan unha fe moi forte na Biblia.
15 Baixo o goberno da Alemaña Nazi, miles dos nosos irmáns foron enviados a campos de concentración. Hitler e o xefe das SS, Heinrich Himmler, odiaban as testemuñas de Xehová. Unha irmá contou o que Himmler lles dixo a un grupo de irmás que estaba nun campo de concentración: “O voso Xehová pode reinar nos ceos, pero aquí na terra gobernamos nós! Demostrarémosvos quen durará máis, se vós ou nós”. Que lle axudou ó pobo de Xehová a manterse fiel?
16 Estes Estudantes da Biblia sabían que o reino de Deus comezara a gobernar en 1914. Non lles sorprendeu a intensa oposición á que se enfrontaron. Eles sabían que ningún goberno humano podía impedir que se cumprise a vontade de Xehová. Hitler non conseguiu acabar coa adoración verdadeira nin establecer un goberno que puidese substituír ó Reino de Deus. Os nosos irmáns estaban convencidos de que, dunha forma ou outra, o goberno de Hitler acabaría.
17 Canta razón tiñan estes irmáns! En pouco tempo, caeu o réxime nazi e Heinrich Himmler, quen dixo que só eles gobernaban na terra, tivo que fuxir. Mentres o facía encontrouse co irmán Lübke, un antigo prisioneiro a quen recoñeceu. Totalmente derrotado, Himmler díxolle: “A ver, Estudante da Biblia, e agora que?”. O irmán díxolle que as testemuñas de Xehová sempre souberan que o réxime nazi caería e que eles serían liberados. Naquel momento Himmler, quen sempre tiña algo que dicir sobre as testemuñas de Xehová, quedou sen palabras. Pouco despois suicidouse. Que aprendemos? O estudo da Biblia, incluídas as súas profecías, axudaranos a ter unha fe inquebrantable en Deus e daranos a confianza que necesitemos cando pasemos por probas (2Pe 1:19-21).
1-7 DE ABRIL
TESOUROS DA BIBLIA | SALMOS 23-25
“O Señor é o meu pastor”
“O Señor é o meu pastor”
Xehová guía as súas ovelliñas. As ovellas pérdense sen o seu pastor. Igualmente, nós necesitamos axuda para ir polo bo camiño na nosa vida (Xeremías 10:23). David explica que Xehová guía os seus servos a “pastos verdecentes”, lévaos “a beber ás augas tranquilas” e guíaos “por vereas rectas” (Salmo 23:2, 3). Isto asegúranos que podemos confiar en Deus. Seguindo a guía do seu espírito como se mostra na Biblia, podemos ter unha vida feliz, tranquila e segura.
“O Señor é o meu pastor”
Xehová protexe as súas ovelliñas. Sen o seu pastor, as ovellas teñen medo e están indefensas. Xehová dinos ós seus servos que non temos por que ter medo, nin cando pasemos “por vagoadas [ou vales] sombrizas”, é dicir, polos peores momentos da nosa vida (Salmo 23:4). Xehová mira por nós e está sempre listo para axudarnos. Pode darnos a sabedoría e a forza que necesitamos para afrontar as probas (Filipenses 4:13; Santiago 1:2-5).
“O Señor é o meu pastor”
Xehová alimenta as súas ovelliñas. As ovellas dependen do seu pastor para encontrar comida. Nós temos necesidades espirituais que só podemos cubrir coa axuda de Deus (Mateo 5:3). El dános xenerosamente todo o que necesitamos, prepara para nós unha mesa con moita comida (Salmo 23:5). A Biblia e as publicacións baseadas nela, coma esta revista que estás lendo, son unha fonte de alimento espiritual que cobre a nosa necesidade de saber cal é o sentido da vida e o propósito de Deus para nós.
Xoias espirituais
Ama a xustiza con todo o teu corazón
MEDIANTE a súa Palabra e o seu espírito santo, Xehová guíanos “por vereas rectas”, é dicir, polos camiños da xustiza (Sl 23:3). Como somos imperfectos, tendemos a desviarnos deste camiño. Para volver a el temos que determinarnos a facer o que está ben. Que nos axudará? Igual ca Xesús, debemos amar facer o que está ben (le Salmo 45:7).
2 Que son os camiños da xustiza? Son camiños estreitos que están delimitados polas normas xustas de Xehová. En hebreo e en grego, a xustiza fai referencia a algo que é recto, o que significa que se apega o máximo posible ós principios morais. Como Xehová é “a morada da xustiza” encántanos acudir a el para que sexa o noso guía e decida cal é o camiño que debemos seguir (Xer 50:7, TNM).
3 Só podemos facer feliz a Xehová cando nos esforzamos por seguir de todo corazón os seus vieiros de xustiza (Dt 32:4). Podemos empezar por aprender todo o que podamos sobre El na Biblia. Canto máis aprendamos, máis cerca del estaremos cada día e máis amaremos a súa xustiza (Snt 4:8). E cando teñamos que tomar decisións importantes na nosa vida debemos aceptar a guía de Xehová que encontramos na Biblia.
8-14 DE ABRIL
TESOUROS DA BIBLIA | SALMOS 26-28
Como fortaleceu David a súa integridade?
w04 1/12 páx. 14 pars. 8, 9
Vai polo camiño da integridade
8 David orou: “Examíname, oh, Xehová, e ponme a proba; purifica os meus riles e o meu corazón” (Salmo 26:2, nota, TNM). Os riles están nunha parte moi profunda do noso corpo. Representan de maneira figurada os nosos pensamentos e sentimentos máis profundos. O corazón figurado é quen somos en realidade: as nosas motivacións, os nosos sentimentos e a nosa forma de pensar. Cando David lle pediu a Xehová que o examinase, rogoulle que analizase ben os seus pensamentos e sentimentos máis profundos.
9 Suplicou que purificase os seus riles e o seu corazón. Como fai Xehová para purificar o noso interior? David cantou: “Bendigo ó Señor que me guía e mesmo de noite me ensina no meu íntimo” (Salmo 16:7). Que significa isto? Que os consellos de Xehová chegaron ós seus pensamentos e sentimentos máis profundos e corrixiunos. A nós pode pasarnos o mesmo se meditamos de corazón nos consellos que recibimos de Xehová mediante a Biblia, os seus representantes e a súa organización e permitimos que cheguen ós nosos pensamentos e sentimentos máis profundos. Se lle oramos a Xehová de maneira regular para pedirlle que nos purifique poderemos ser íntegros.
w04 1/12 páx. 15 pars. 12, 13
Vai polo camiño da integridade
12 Cando David falou doutra cousa que fortalecía a súa integridade dixo: “Non me paro con xente falsa, nin me xunto cos hipócritas; aborrezo a reunión dos malfeitores, e non sento cos impíos” (Salmo 26:4, 5). David non se sentaría con xente mala. Odiaba as malas compañías.
13 Que hai de nós? Negámonos a estar coa xente mala dos programas da televisión, vídeos, películas, Internet ou doutros sitios? Mantémonos lonxe dos que esconden o que son en realidade? Quizais algúns da nosa escola ou do noso lugar de traballo queiran facerse amigos nosos con malas intencións. De verdade queremos ser amigos dos que non serven a Xehová? Detrás dunha falsa sinceridade, os apóstatas poden ocultar a súa intención de apartarnos de Xehová. E se algúns na congregación teñen unha dobre vida? Tamén están escondendo o que son en realidade. Jayson, quen agora é servo ministerial, tiña amigos así cando era un rapaz. El conta: “Un día un deles díxome: ‘Que máis dá o que fagamos agora. Total, cando chegue o novo mundo estaremos mortos. Non teremos nin idea do que nos perdemos’. Esa conversación abriume os ollos. Non quería morrer cando viñese o novo mundo”. Jayson foi intelixente e cortou todo contacto con eles. O apóstolo Paulo advertiunos: “Non vos deixedes enganar, ‘malas compañías estragan bos costumes’” (1 Corintios 15:33). Que importante é evitar as malas compañías!
w04 1/12 páx. 16 pars. 17, 18
Vai polo camiño da integridade
17 O tabernáculo, xunto co altar para os sacrificios, era o centro da adoración a Xehová en Israel. A David encantáballe estar naquel lugar e por iso orou: “Amo, Señor, a casa onde moras, o lugar onde habita a túa gloria” (Salmo 26:8).
18 Gústanos xuntarnos nos lugares onde aprendemos sobre Xehová? Tódolos Salóns do Reino, xunto co programa de instrución espiritual, serven como centro da adoración verdadeira para a xente da zona. Ademais, anualmente temos congresos rexionais, de circuíto e días especiais. Nas reunións examinamos os recordatorios de Xehová. Se aprendemos a terlles “moito afecto” estaremos desexando asistir ás reunións e prestaremos atención (Salmo 119:167). Que bonito é estar cos nosos irmanciños. Eles preocúpanse por nós e axúdannos a seguir sendo íntegros (Hebreos 10:24, 25).
Xoias espirituais
w06 15/7 páx. 28 pars. 15
Xehová libera a quen sofre
15 David cantou: “Se meu pai e miña nai me abandonan, acollerame o Señor” (Salmo 27:10). É moi reconfortante saber que o amor de Xehová é moito maior que o de calquera pai humano. Aínda que algún dos teus pais che desprece, maltrate ou abandone, isto non ten nada que ver co moito que vales para Xehová (Romanos 8:38, 39). Recorda que Xehová atrae ó seu pobo a quen ama (Xoán 3:16; 6:44). Sen importar o trato que te desen outras persoas, Xehová quérete moito!
15-21 DE ABRIL
TESOUROS DA BIBLIA | SALMOS 29-31
A disciplina é unha mostra do amor de Xehová
it-2 páx. 872 par. 8
Cara
A expresión esconder a cara ten moitos significados dependendo do contexto. Que Xehová esconda a súa cara normalmente significa que deixa de axudar e de dar poder. Isto pode ser unha consecuencia da desobediencia dunha persoa ou dun grupo, coma no caso da nación de Israel (Xob 34:29; Sl 30:6-9 [30:5-8, TNM]; Is 54:8; 59:2). Nalgúns casos pode indicar que Xehová non actúa nin responde, pois espera ó mellor momento (Sl 13:2-4 [1-3, TNM]). David pediulle a Xehová que apartase a vista dos seus pecados, é dicir, pediulle que o perdoase e que non recordase máis os seus erros (Sl 51:11 [51:9, TNM]; compara con Sl 10:11).
w07 1/3 páx. 19 par. 1
Felices por esperar en Xehová
Os beneficios que obtemos pola disciplina de Xehová parécense á maneira na que unha froita crece para madurar. Sobre isto a Biblia di: “É certo que no momento ningunha disciplina resulta agradable, senón que doe. Pero despois produce nos que foron adestrados por ela o froito pacífico da xustiza.” (Hebreos 12:11, TNM). Igual que unha froita necesita tempo para madurar, nós necesitamos tempo para cambiar cando Xehová nos ensina. Por exemplo, quizais perdamos un privilexio na congregación por unha mala actitude ou conduta. Nese caso estar dispostos a esperar en Xehová axudaranos a non desanimarnos nin darnos por vencidos. Cando nos pase isto as palabras inspiradas de David animarannos moito: “O seu asaño dura só un intre; o seu favor, toda a vida. Se hai pranto á tardiña, ó abrente xa hai ledicia” (Salmo 30:6 [30:5, TNM]). Se nos esforzamos por ser pacientes e aplicamos os consellos que recibimos da Biblia e da organización de Xehová, chegará o momento no que esteamos contentos.
w21.10 páx. 6 par. 18
Que é o verdadeiro arrepentimento?
18 Unha persoa expulsada demostra que está realmente arrepentida cando asiste as reunións regularmente e sigue os consellos dos anciáns para ter unha boa rutina de oracións e estudo. Ademais, debería evitar por completo as circunstancias que a levaron a pecar. Se o expulsado se esforza moito por reparar a súa relación con Xehová, pode estar seguro de que El o perdoará por completo e de que os anciáns farán que volva a formar parte da congregación. Por suposto, cando os anciáns tratan con alguén que cometeu un pecado, avalían o seu caso segundo as súas circunstancias e evitan xulgalo duramente.
Xoias espirituais
w06 15/5 páx. 19 par. 13
Ideas interesantes do libro primeiro dos Salmos
Sl 31:24 (31:23, TNM). En que sentido lles paga Xehová ós soberbios? Págalles cun castigo. Se unha persoa xusta comete un erro sen querer, Xehová págalle con disciplina. Pero se unha persoa orgullosa non se arrepinte das súas accións, págaselle cun castigo serio (Proverbios 11:31; 1 Pedro 4:18).
22-28 DE ABRIL
TESOUROS DA BIBLIA | SALMOS 32-33
Por que confesar un pecado grave?
w93 15/3 páx. 9 par. 7
A misericordia de Xehová sálvanos da desesperación
7 Se pecamos contra Xehová quizais se nos faga difícil confesar o que fixemos, incluso a Xehová. Que pode pasar neste caso? David admitiu: “Mentres calaba, consumíanseme os ósos; era un laiarme todo o día. Día e noite a túa man [a de Xehová] pesaba sobre min e o meu vigor murchou coma no ardor do verán” (Salmo 32:3, 4). A David consumiuno intentar ocultar o pecado e deixar de sentirse culpable. Desanimouno tanto que chegou a ser coma unha árbore seca. De feito, é posible que enfermase mental e fisicamente. Está claro que perdeu a alegría. Se algún de nós se encontra nunha situación parecida, que deberiamos facer?
cl páx. 262 par. 8
Xehová está “disposto a perdoar”
8 David, moi arrepentido, dixo: “Confeseiche o meu pecado, non che escondín o meu delito; [...] e ti perdoáche-la miña culpa” (Salmo 32:5). O termo perdoáche-la tradúcese dunha palabra hebrea que significa “levantar” ou “levar”. O seu uso neste texto refírese a quitar a “culpa, o error ou o pecado”. Así que é coma se Xehová levantara os pecados de David e os levara. Seguro que David sentiu que lle quitaban un gran peso de encima (Salmo 32:3). Nós tamén podemos confiar totalmente en que Xehová levará os nosos pecados se lle pedimos perdón demostrando fe no sacrificio do seu fillo, Xesús (Mateo 20:28).
w01 1/6 páx. 30 par. 1
A confesión axúdanos a curarnos
Despois de que David confesase, non se concentrou nos sentimentos negativos. O que escribiu nos Salmos móstranos que se sentiu moito mellor cando confesou e que estaba decidido a serlle fiel a Xehová. Por exemplo, no Salmo 32:1 podemos ler: “Feliz o que ten perdoada a súa culpa, encuberto o seu pecado”. Sen importar o serio que sexa o pecado, se nos arrepentimos de corazón poderá haber un final feliz. Unha forma de demostrar que nos arrepentimos de verdade é aceptar que somos responsables dos nosos actos, igual que fixo David (2 Samuel 12:13). El non intentou xustificarse ante Xehová ou botarlle a culpa a outro. No versículo 5 do salmo dixo: “Confeseiche o meu pecado, non che escondín o meu delito; dixen para min: —‘Confesarei os erros ó Señor’, e ti perdoáche-la miña culpa”. Cando confesamos os nosos erros con sinceridade sentímonos moi tranquilos e a nosa conciencia deixa de castigarnos polos errores do pasado.
Xoias espirituais
w06 15/5 páx. 20 par. 1
Ideas interesantes do libro primeiro dos Salmos
33:6. Que é o “alento” ou o espírito da boca de Xehová? É a forza activa de Deus, ou o espírito santo, que usou para crear os ceos físicos (Xénese 1:1, 2, nota). Chámaselle o alento da súa boca porque pódese enviar lonxe para facer cousas, como se soprásemos moi forte.
29 DE ABRIL–5 DE MAIO
TESOUROS DA BIBLIA | SALMOS 34-35
Louva a Xehová en todo momento
w07 1/3 páx. 22 par. 11
Louvemos xuntos o nome de Xehová
11 “Eu bendigo ó Señor en todo instante, teño sempre na boca a súa louvanza” (Salmo 34:2 [34:1, TNM]). Cando David estivo desterrado seguro que tivo moitas preocupacións materiais, pero seguía estando decidido a louvar a Xehová. Que bo exemplo é para nós cando pasamos por dificultades! Non importa se estamos na escola, no traballo, cos nosos irmáns ou predicando, o noso maior desexo debe ser louvar a Xehová. Pensa en cantas razóns temos para facelo! Por exemplo, sempre poderemos seguir descubrindo e desfrutando da marabillosa creación de Xehová. E pensa no que conseguiu a través da súa organización na terra! Aínda que somos imperfectos, Xehová úsanos na actualidade de formas incribles. Non se poden comparar as obras de Deus coas dos homes que son idealizados por este mundo. Seguro que estás de acordo coas palabras de David, que dixo: “Ti, Señor, non tes semellante entre os deuses, non hai feitos coma os teus” (Salmo 86:8).
w07 1/3 páx. 22 pars. 13
Louvemos xuntos o nome de Xehová
13 “Gloríome no Señor, e os humildes alégranse, ó escoitalo” (Salmo 34:3 [34:2, TNM]). David non presumiu de ningún dos seus logros. Por exemplo, non presumiu de como enganou o rei de Gat. Deuse conta de que Xehová o protexeu cando estivo alí e de que conseguiu escapar grazas a súa axuda (Proverbios 21:1). Así que David non presumía de si mesmo, senón de Xehová. Por iso as persoas humildes séntense atraídas por Deus. Xesús tamén glorificou o nome de Xehová, e iso fixo que as persoas humildes e dispostas a aprender se sentisen atraídas a El. Na actualidade, as persoas humildes de todo o mundo séntense atraídas á congregación mundial, da que Xesús é a Cabeza (Colosenses 1:18). Emociónanse cando os servos de Xehová louvan o seu nome e cando escoitan a mensaxe da Biblia, a cal poden entender grazas ó espírito santo de Xehová (Xoán 6:44; Feitos 16:14).
w07 1/3 páx. 23 par. 15
Louvemos xuntos o nome de Xehová
15 “Eu busco ó Señor, e El responde, líbrame de tódolos temores” (Salmo 34:5 [34:4, TNM]). David tamén dixo: “O Señor escoita ó pobre que o chama e líbrao de tódolos apretos” (Salmo 34:7 [34:6, TNM]). Cando estamos cos nosos irmáns temos moitas oportunidades para contarlles como nos axudou Xehová cando pasamos por momentos difíciles. Iso fortalece a súa fe igual que as palabras de David fortaleceron os seus compañeiros. No caso de David, “os que acudiron a el puxéronse radiantes; o rostro deles nunca se ruboriza de vergonza” (Salmo 34:5, TNM). Non sentían vergonza nin cando fuxían do rei Xaúl. Estaban seguros de que Xehová apoiaba a David e por iso puxéronse radiantes. De maneira parecida, tanto os que levan pouco tempo na verdade coma os que xa levan anos apóianse en Xehová. Desde que viron persoalmente como Xehová os axudaba, os seus rostros radiantes mostran a súa determinación a permanecer fieis.
Xoias espirituais
w06 15/5 páx. 20 par. 2
Ideas interesantes do libro primeiro dos Salmos
Sl 35:19. Que significa que David lle pedise a Xehová que non chiscasen o ollo os que o odiaban? Chiscar un ollo significaría que os inimigos de David sentíanse felices do éxitos dos seus malvados planes contra el. David pediu que isto non sucedese.