BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower
BIBLIOTECA EN LIÑA
Watchtower
Galego
  • BIBLIA
  • PUBLICACIÓNS
  • REUNIÓNS
  • mwbr25 xaneiro páxs. 1-8
  • Fontes de información para o “Caderno de Estudo Vida e Actividades”

Ningún vídeo dispoñible.

Sentímolo, houbo un erro ó cargar o vídeo.

  • Fontes de información para o “Caderno de Estudo Vida e Actividades”
  • Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2025)
  • Subtítulos
  • 6-12 DE XANEIRO
  • 13-19 DE XANEIRO
  • 20-26 DE XANEIRO
  • 27 DE XANEIRO–2 DE FEBREIRO
  • 3-9 DE FEBREIRO
  • 10-16 DE FEBREIRO
  • 17-23 DE FEBREIRO
  • 24 DE FEBREIRO–2 DE MARZO
Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades (2025)
mwbr25 xaneiro páxs. 1-8

Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades

© 2024 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania

6-12 DE XANEIRO

TESOUROS DA BIBLIA SALMOS 127-134

Pais, seguide coidando do valioso regalo que tedes

w21.08 páx. 5 par. 9

Valora o teu lugar na familia de Xehová

9 Xehová deulles ós seres humanos a capacidade de ter fillos e a responsabilidade de ensinarlles a amalo e servilo. Se es pai, valoras este regalo tan especial? Aínda que os anxos teñen moitas bendicións por parte de Xehová, non recibiron este privilexio. Pensar nisto, axudaralles ós que teñen fillos a valorar moito esta fermosa oportunidade. Ós pais confióuselles a responsabilidade sagrada de crialos “na disciplina e na doutrina do Señor” (Ef 6:4; Dt 6:5-7; Sl 127:3). A organización de Xehová ofrece moitas ferramentas como publicacións escritas, vídeos, música e contido en liña para axudar ós pais. Está claro que tanto o noso Pai celestial como o seu Fillo queren moito os nosos nenos (Lc 18:15-17). A Xehová gústalle moito que os pais confíen nel e fagan todo o posible por coidar dos seus queridos fillos. Desta maneira, conseguirán darlles ós seus fillos a oportunidade de formar parte da familia de Xehová para sempre!

w19.12 páx. 26 par. 20

Pais, educade os vosos fillos para que amen a Xehová

20 Coñece ben os teus fillos. O Salmo 127 compara os nenos con frechas, ou setas (le Salmo 127:4). Igual que as frechas se poden facer de diferentes materiais e tamaños, non hai dous fillos iguais. Por iso, os pais teñen que decidir como van educar cada un dos seus fillos. Un matrimonio do Israel da actualidade que conseguiu criar dous fillos na verdade cóntanos o que lles axudou: “Fixémoslles a cada un o curso da Biblia por separado”. Claro, cada cabeza de familia ten que decidir se estudar a Biblia desta maneira é necesario, ou incluso, posible.

Xoias espirituais

it-1 páx. 543

Plantas da Biblia

Cando o salmista lles prometeu a aqueles que temen a Xehová: “Os teus fillos [serán] coma gromos de oliveira arredor da túa mesa”, estaba facendo referencia a algunhas características da oliveira (Sl 128:1-3). Os gromos que se cortan dunha oliveira moitas veces úsanse para plantar outras novas. Ademais, as raíces das oliveiras que teñen moitos anos tamén poden producir gromos, ou brotes, para seguir existindo. Da mesma maneira, os fillos están arredor dos pais contribuíndo á felicidade da familia.

13-19 DE XANEIRO

TESOUROS DA BIBLIA SALMOS 135-137

O noso Deus é máis grande que tódolos demais deuses

it-2 páx. 675 par. 4, 5

Poder, Obras poderosas

Unha das cousas que fan único a Deus é o control que ten sobre a natureza. É normal esperar que, para demostrar que é o Deus verdadeiro, Xehová exerza o seu control sobre a creación e que o faga dunha maneira na que deixe claro que o seu nome está relacionado con iso (Sl 135:5, 6). O Sol, a Lúa, os planetas e as estrelas seguen as súas órbitas establecidas. As condicións atmoféricas terrestres, que causan o vento, a chuvia e outros efectos, obedecen as leis que as gobernan. As langostas saen en enxames e os paxaros migran. Como todas estas funcións, e outras moitas, se consideran habituais, isto non sería suficiente para santificar o seu nome.

Aínda así, Xehová Deus podía facer que a creación e os elementos naturais desen testemuño da súa divindade usándoos para propósitos específicos e diferentes das súas funcións habituais e, a miúdo, nun tempo determinado. Incluso, se non se trataba de fenómenos xa por si mesmos extraordinarios, como unha seca, unha tormenta ou condicións climatolóxicas parecidas, Xehová facíaos especiais ó provocar que ocorresen para cumprir unha profecía súa (compara con 1Re 17:1; 18:1, 2, 41-45). Pero, na maioría dos casos, os acontecementos en si xa eran extraordinarios por ter unha gran magnitude ou intensidade (Éx 9:24), porque sucedían dunha maneira que se saía da normalidade, incluso nunca vista, ou nun momento que non era normal (Éx 34:10; 1Sa 12:16-18).

w21.11 páx. 6 par. 16

Que significa para ti o amor leal de Xehová?

16 Cando nos refuxiamos en Xehová, sentímonos seguros. Aínda así, pode que haxa días nos que esteamos desanimados e afundidos. Neses momentos, que fará Xehová por nós? (le Salmo 136:23). Con cariño, rodearanos coas súas mans e axudaranos a poñernos de novo en pé (Sl 28:9; 94:18). Como nos beneficia: Saber que sempre podemos contar coa axuda de Xehová axúdanos a recordar que desfrutamos dunha gran bendición en dous sentidos. En primeiro lugar, temos un lugar seguro a onde ir sen importar onde vivamos. En segundo lugar, o noso querido Pai celestial preocúpase moito por nós.

Xoias espirituais

it-2 páx. 14

Xah

O monosílabo Xah aparece normalmente en expresións moi conmovedoras como as louvanzas, as cancións, as oracións e os rogos. Tamén e común encontralo en pasaxes onde se conta a felicidade que produce unha vitoria ou liberación, ou cando se recoñece a axuda por parte de Xehová e o seu poder. Hai moitos exemplos deste uso especial. A frase “louvade a Xah” (Aleluia) aparece no libro dos Salmos como unha doxoloxía, é dicir, como unha expresión de louvanza a Deus. A primeira destas expresións encóntrase no Salmo 104:35. Nalgúns salmos pode que só apareza ó principio (Sl 111, 112), noutros, no medio da composición (Sl 135:3) e ás veces, só ó final (Sl 104, 105, 115-117). Pero normalmente aparece ó principio e ó final (Sl 106, 113, 135, 146-150). No libro de Apocalipse as criaturas celestiais louvan a Xehová en múltiples ocasións con esta expresión (Ap 19:1-6).

No resto das pasaxes onde se usa esta expresión tamén se transmiten emocións mediante cancións e peticións a Xehová. Por exemplo, atopámola na canción de liberación de Moisés (Éx 15:2), e no rexistro de Isaías onde se lle dá dobre énfase ó combinar os dous nomes “Xah Xehová” (Is 12:2; 26:4, TNM). Tamén, despois de que Deus curase milagrosamente a Ezequías cando estaba a punto de morrer, este profeta expresou de forma poética a alegría que sentía repetindo a expresión Xah (Is 38:9, 11). Por outro lado, encontramos unha pasaxe onde se fai un contraste entre os mortos, que non louvan a Xehová, e os que están decididos a vivir para louvalo (Sl 115:17, 18; 118:17-19). E outros salmos tamén lle expresan aprecio a Xehová pola súa liberación, protección e corrección (Sl 94:12; 118:5, 14).

20-26 DE XANEIRO

TESOUROS DA BIBLIA SALMOS 138-139

Xoias espirituais

it-2 páx. 635 par. 7

Perdón

Por outro lado, é un requisito para os cristiáns perdoar as ofensas persoais, sen importar o número de veces que sexa necesario (Lc 17:3, 4; Ef 4:32; Col 3:13). Deus non perdoa os que se negan a perdoar a outros (Mt 6:14, 15). Aínda así, incluso se unha persoa comete un pecado grave e ten que ser expulsada da congregación, ó seu debido tempo poderíaselle conceder o perdón se demostra que está arrepentida de verdade. A partir dese momento, tódolos irmáns da congregación poderán confirmarlle o seu amor (1Co 5:13; 2Co 2:6-11). Pero ós cristiáns non se lles pide que perdoen aqueles que practican o pecado de forma intencionada e non se arrepinten. Estas persoas convértense en inimigos de Deus (Heb 10:26-31; Sl 139:21, 22).

27 DE XANEIRO–2 DE FEBREIRO

TESOUROS DA BIBLIA SALMOS 140-143

Se oras por axuda, actúa en consecuencia

w22.02 páx. 12 pars. 13, 14

Escoita as palabras dos sabios

13 Vexamos os consellos como unha mostra do amor de Deus. Xehová quere o mellor para nós (Pr 4:20-22). El exprésanos o seu amor cando nos aconsella por medio da súa Palabra, unha publicación baseada na Biblia ou un irmán maduro espiritualmente. Como di Hebreos 12:9, 10, faino polo noso beneficio.

14 Céntrate na mensaxe e non no mensaxeiro. Ás veces, cando recibimos un consello, poida que pensemos que esa non foi a mellor forma de dalo. Por suposto, cando unha persoa quere aconsellar a outra ten que esforzarse por facelo da mellor maneira posible (Gál 6:1). Pero, se somos nós quen está recibindo o consello é bo que nos centremos na mensaxe incluso se pensamos que poderían térnolo dito un pouco mellor. Poderiamos preguntarnos: “Aínda que non me gusta moito a forma na que me aconsellaron, hai algo de verdade no que me dixeron? Podo pasar por alto os defectos do mensaxeiro e beneficiarme da mensaxe en si?” Sería sabio pola nosa parte intentar buscar a maneira de sacar proveito de cada consello que recibimos (Pr 15:31).

w10 15/3 páx. 32 par. 4

Manteñamos un corazón puro nestes tempos críticos

Algúns servos de Deus séntense angustiados ou incluso deprimidos pola presión dos que se opoñen á verdade, as dificultades económicas e as enfermidades graves. Ata o rei David se sentiu así: “O meu espírito encóllese en min, quédame xeado o corazón” (Sl 143:4). Que lle axudou a superar estes momentos? Pensou en canto lles axudara Deus tanto a el mesmo coma a outros servos fieis do pasado. David meditou en todo o que fixera Xehová para manter en alto o seu santo nome e centrouse nas súas obras (Sl 143:5). De xeito parecido, meditar no noso Creador e en todo o que fixo e segue facendo por nós axudaranos incluso nos momentos máis difíciles.

w15 15/3 páx. 32 par. 2

Segue sendo posible casar só no Señor?

É posible que ás veces te sintas igual que o salmista David, quen dixo: “Respóndeme axiña, Señor, que me falta o alento. Non me escónda-la túa cara” (Sl 143:5-7, 10). Neses momentos dálle tempo ó teu Pai celestial para que che mostre cal é a súa vontade para ti. Podes facelo dedicando tempo a ler a súa Palabra e meditar no que les. Así saberás cales son os seus mandamentos e verás como lles axudou ós seus servos no pasado. Ó escoitalo desta maneira, reforzarás a túa confianza en que o máis sabio é obedecelo.

Xoias espirituais

it-2 pax. 682

Veleno

Uso figurado. As mentiras e calumnias das persoas malintencionadas que lle fan tanto dano á reputación da vítima son similares ó veleno mortal das serpes (Sl 58:4, 5 [58:3, 4, TNM]). Igual que a glándula do veleno da víbora está detrás do labio e dos dentes da súa mandíbula superior, dos que minten ou calumnian dise que teñen “veleno de áspide [ou serpe] nos labios” (ou “detrás dos seus labios”) (Sl 140:4 [140:3, TNM]; Rm 3:13). Cando unha persoa usa a súa lingua para ensinar cousas falsas, calumniar, difamar ou dicir calquera outra cousa prexudicial é coma se tivese un veleno mortal (Snt 3:8).

3-9 DE FEBREIRO

TESOUROS DA BIBLIA SALMOS 144-146

Feliz “o pobo que ten a Deus por Señor”

w18.04 páx. 32 pars. 3, 4

Preguntas dos lectores

2. O texto revisado encaixa ben co resto do Salmo 144. Ó usar a palabra then (entón) no versículo 12 enténdese que as cousas boas das que se fala nos versículos 12 ó 14 desfrútanas os xustos, os mesmos que no versículo 11 lle piden a Deus que os salve dos malvados. Este cambio tamén se pode ver no versículo 15 onde as dúas veces que se usa a palabra feliz compleméntanse e teñen o mesmo ton positivo. Así que, nos dous casos, o pobo que é feliz é o mesmo: “o pobo que ten por Deus a Xehová!”. Ademais, hai que recordar que o texto orixinal en hebreo non tiña ningún signo de puntuación, como as comiñas. Por iso, para determinar o sentido correcto do texto, os tradutores teñen que ter en conta o estilo poético do hebreo, o contexto e as pasaxes bíblicas relacionadas.

3. O texto revisado concorda con outras pasaxes bíblicas que falan das bendicións que Deus lles dará ós seus servos fieis. Como consecuencia do cambio na tradución do termo asher, o Salmo 44 agora expresa a firme confianza de David de que Xehová bendicirá con felicidade e prosperidade a nación de Israel despois de liberala dos seus inimigos (Lev 26:9, 10; Dt 7:13; Sl 128:1-6). Por exemplo, Deuteronomio 28:4 di: “Benia o froito do teu ventre, o froito da túa terra e o froito do teu gando, o parto das túas vacas e as crías das túas ovellas”. E así foi. Durante o reinado de Salomón, o fillo de David, a nación desfrutou dunha paz e prosperidade nunca vista. É máis, algúns dos aspectos deste reinado dánnos unha mostra de como será o goberno do Mesías (1Re 4:20–5:1 [4:20, 21, TNM]; Sl 72:1-20).

w18.01 páx. 26 pars. 19, 20

Que clase de amor nos fai realmente felices?

19 Despois duns 6000 anos nos que este mundo de Satanás fixo sufrir ás persoas, por fin está chegando ó seu final. A Terra está chea de persoas que só pensan en si mesmas, nos cartos e nos praceres. Están obsesionadas cos seus propios desexos e co que poden conseguir. Esas persoas nunca poderán ser felices así. Pola contra, a Biblia di: “Feliz quen ten no Deus de Xacob a súa axuda, no Señor, o seu Deus, a súa esperanza” (Sl 146:5).

20 Os servos de Deus amámolo cada día máis, e cada ano máis persoas teñen a posibilidade de coñecelo e chegar a amalo tamén. Isto é unha proba de que o Reino de Deus está gobernando e de que pronto bendicirá a terra dun xeito que non nos podemos nin imaxinar. A verdadeira felicidade, a que é duradeira, é a que vén de facer a vontade de Deus porque sabemos que o estamos facendo feliz. É por iso que os que aman a Xehová serán felices para sempre! No seguinte artigo, faremos un contraste entre as cualidades negativas que produce o amor egoísta e as cualidades positivas que mostran os servos de Xehová.

Xoias espirituais

it-1 páx. 142 par. 8

Animais

A Biblia di que temos que tratar as criaturas inferiores dunha maneira xusta e compasiva. Xehová descríbese a si mesmo como o amoroso provedor de todo o que necesitan estas criaturas para a súa vida e benestar (Pr 12:10; Sl 145:15, 16). A Lei mosaica esixía que se cuidase dos animais domésticos dunha forma apropiada. Se alguén encontraba algún destes animais perdido, debía devolverllo san e salvo ó seu dono, e se o vía atrapado debaixo de algo que o estivese esmagando, tiña que liberalo (Éx 23:4, 5). Tamen había que tratalos con consideración cando se usaban para traballar (Dt 22:10; 25:4). Igual que as persoas, eles tamén se beneficiaban dos descansos sabáticos (Éx 20:10; 23:12; Dt 5:14). Pero, os animais perigosos había que controlalos ou matalos (Xén 9:5; Éx 21:28, 29). Ademais, cruzar dous tipos diferentes de animais estaba prohibido (Lev 19:19).

10-16 DE FEBREIRO

TESOUROS DA BIBLIA SALMOS 147-150

Temos moitas razóns para louvar a Xehová

w17.07 páx. 18 pars. 5, 6

Por que debemos dicir “Louvade o Señor”?

5 Xehová non só lle deu consolo á nación de Israel como conxunto senón tamén a cada un de eles. Hoxe pasa o mesmo. O salmista dixo sobre Deus: “Sana os corazóns quebrados e venda as súas feridas” (Sl 147:3). Así é, Xehová preocúpase polos que están pasando por problemas, xa sexan físicos ou emocionais. Está desexando poder ser o noso consolo e curar as nosas feridas emocionais (Sl. 34:19 [34:18, TNM]; Is. 57:15). El dános sabedoría e forzas para que poidamos loitar contra calquera problema que teñamos (Snt 1:5).

6 Entón, o escritor deste salmo dirixe a súa atención ós ceos e di de Xehová: “Conta as estrelas sen número e chama a cada unha polo nome” (Sl. 147:4). Por que empeza agora a falar das estrelas? Pensemos no seguinte: el podía ver as estrelas cos seus ollos, pero non sabía cantas había en realidade. Ó longo dos anos, a cantidade de estrelas que somos capaces de ver aumentou moitísimo. Algúns din que pode haber miles de millóns tan só na nosa galaxia, a Vía láctea, e que pode haber billóns de galaxias no universo! Para o ser humano é imposible contar tódalas estrelas, pero o Creador non só pode contalas senón que lles dá a cada unha delas un nome. Iso quere dicir que cada estrela é única para Deus (1Co 15:41). Que nos ensina isto? Que se Deus sabe onde está cada estrela en cada momento tamén nós coñece a cada un de nós individualmente, sabe onde estamos, como nos sentimos e que necesitamos en cada momento!

w17.07 páx. 18 par. 7

Por que debemos dicir “Louvade o Señor”?

7 Xehová non só se interesa por nós individualmente senón que tamén nos comprende e ten o poder e o desexo de axudarnos cos nosos problemas (le Salmo 147:5). Pode ser que sintas que a situación pola que estás pasando é demasiado difíci e que é unha carga demasiado pesada, pero Deus coñece as nosas limitacións e “recorda que somos lama” (Sl 103:14). Como somos imperfectos, cometemos os mesmos errores continuamente. Seguro que todos nos arrepentimos nalgunha ocasión de algo que dixemos, dalgún mal desexo que temos de vez en cando e da envexa que sentimos ás veces. Aínda que Xehová non ten ningún destes problemas, el enténdenos perfectamente (Is 40:28).

w17.07 páx. 21 par. 18

Por que debemos dicir “Louvade o Señor”?

18 O salmista sabía que os israelitas tiñan un gran privilexio porque foran os únicos que recibiran a Palabra de Deus e os “seus estatutos e mandatos” (le Salmo 147:19, 20). Hoxe en día, nós tamén temos o privilexio de ser os únicos que levamos o nome de Deus. Coñecémolo e deixamos que nos guíe a súa Palabra, e grazas a iso somos os seus amigos. Igual que o escritor do Salmo 147, temos moitas razóns para dicir “lovade o Señor” e para invitar a outros a facer o mesmo.

17-23 DE FEBREIRO

TESOUROS DA BIBLIA PROVERBIOS 1

Rapaces, a quen ides escoitar?

w17.11 páx. 29 pars. 16, 17

Que nada che impida conseguir o premio

16 É posible que, se te criaches nunha familia de Testemuñas, como adolescente sintas que os teus pais non te entenden ou son moi estritos. Poida que incluso a túa frustración che faga dubidar de se servir a Xehová é a mellor vida que hai. Pero, se deixas a Xehová, en pouco tempo daraste conta de que ninguén se preocupa máis por ti que os teus pais e os irmáns da congregación.

17 Imaxina que os teus pais nunca te corrixiran, non che entrarían dúbidas de se se interesan por ti de verdade? (Heb 12:8). Quizais sexa a maneira na que te corrixen os teus pais o que te enfada. En vez de centrarte niso, intenta comprender que quizais teñen un motivo para facelo. Por iso, intenta mater a calma e non alporizarte. A Palabra de Deus di que quen ten coñecemento e sabedoría mantén a calma (Pr 17:27). Ponte como meta ser unha persoa madura que poida aceptar con calma os consellos e beneficiarse deles sen preocuparse demasiado por como se dan (Pr 1:8). Ter pais que amen a Xehová de verdade é unha bendición e seguro que o seu desexo é axudarche a que gañes o premio da vida eterna.

w05 15/2 páxs. 19-20 pars. 11, 12

Protexamos a nosa identidade cristiá

11 Intentemos agradar a Deus e non ós homes. É natural querer pertencer a un grupo para sentir que temos unha identidade. Todo o mundo necesita ter amigos, e sentirnos aceptados fainos sentir ben. Durante a adolescencia, e tamén nos seguintes anos, a presión de grupo pode ser moi grande e pode levarnos a querer imitar os demais ou caerlles ben. Pero os nosos compañeiros ou amigos quizáis non sempre queiran o mellor para nós, ás veces só buscan algún cómplice para facer cousas malas (Proverbios 1:11-19). Cando un servo de Deus cede á presión de grupo moitas veces acaba ocultando a súa identidade cristiá (Salmo 26:4). O apóstolo Paulo advertiunos: “non vos axustedes [ou non imitedes] ó mundo presente” (Romanos 12:2). Xehová daranos a forza que necesitamos para facerlle frote á presión dos demais (Hebreos 13:6).

12 Cando a presión de grupo poña en perigo a nosa identidade cristiá, é bo recordar que a nosa lealdade a Deus é moito máis importante que a opinión pública ou o que faga a maioría. As palabras de Éxodo 23:2 sírvennos de guía: “Non te deixes ir coa maioría para face-lo mal”. Cando a maior parte dos Israelitas dubidou da capacidade de Xehová de cumprir as súas promesas, Caleb negouse rotundamente a seguir a maioría. El estaba seguro de que podía confiar nas promesas de Xehová e foi recompensado con xenerosidade por manterse firme (Números 13:30; Xosué 14:6-11). Estás ti tamén disposto a resistir a presión de grupo para protexer a túa relación con Deus?

Xoias espirituais

it-2 páx. 1142

Parvo

Na Biblia, as palabras como parvo, estúpido ou necio non se refiren a unha persoa que teña pouca capacidade mental, senón que polo xeral refírense a alguén que despreza a razón e actúa sen ter en conta os valores morais e as normas xustas de Deus. Algúns termos hebreos utilizados con este significado son quesil (estúpido ou parvo; Pr 1:22), evil (“parvo”; Pr 12:15), naval (insensato ou “parvo”; Pr 17:7), e lets (“petulante” ou burlón; Pr 13:1). A palabra grega afron refírese a alguén “insensato” (Lc 12:20), a palabra anóetos a alguén “sen xuízo” (Gál 3:1) e morós a alguén parvo ou insensato (Mt 23:17; 25:2).

24 DE FEBREIRO–2 DE MARZO

TESOUROS DA BIBLIA PROVERBIOS 2

Por que deberías esforzarte de corazón no teu estudo persoal?

w16.09 páx. 23 pars. 2, 3

Rapaces, fortalecede a vosa fe

2 Se es un servo de Deus xove ou alguén que está aprendendo sobre El, sínteste ás veces baixo presión para aceptar crenzas populares como a evolución en vez da existencia dun Creador? Se ese é o teu caso, podes seguir os seguintes pasos para fortalecer a túa fe e mantela forte. Un primeiro paso pode ser usar a capacidade de pensar que che deu Deus. Esta “velará sobre ti”, protexeráte das ensinanzas deste mundo que poden destruír a túa fe (le Proverbios 2:10-12).

3 A fe verdadeira está baseada nun coñecemento exacto sobre Deus (1Ti 2:4). Así que, cando estudes a Biblia ou as nosas publicacións, non as leas por riba, usa a túa capacidade de pensar para entendelas ben (Mt 13:23). Imos ver como che pode axudar isto a fortalecer a túa fe en que Deus é o Creador e en que a Biblia é a súa Palabra. Nela atoparás probas convincentes (Heb 11:1).

Xoias espirituais

it-1 páx. 1244 par. 4

Integridade

A capacidade de manterse íntegro non depende do decididos que esteamos a seguir uns valores morais, senón de ter unha gran fe e confianza en Xehová e no seu poder para salvarnos (Sl 25:21). Deus prométenos que será o noso “escudo” e fortaleza, porque protexerá o camiño do que lle é íntegro (Pr 2:6-8; 10:29; Sl 41:13, [41:12 TNM]). O desexo que temos as persoas íntegras por gañarnos a aprobación de Xehová dálle estabilidade ás nosas vidas e fainos capaces de seguir un camiño recto, ou íntegro, cara á nosa meta (Sl 26:1-3; Pr 11:5; 28:18). Aínda que os honrados sufran por culpa da gobernación dos malvados e morran con eles, como dixo Xob en certa ocasión, Xehová asegura que ten en conta a vida dos honrados e garantízalles que conservarán a súa herdanza, que terán un futuro pacífico e desfrutarán de cousas boas (Xob 9:20-22; Sl 37:18, 19, 37; 84:12 [84:11 TNM]; Pr 28:10). No caso de Xob, foi a súa integridade, e non as riquezas, o que o fixo ser unha persoa de verdadeiro valor e alguén que merecía respecto (Pr 19:1; 28:6). Que felices son os fillos que teñen o privilexio de contar cun pai así! (Pr 20:7) Grazas á vida exemplar do seu pai, reciben unha herdanza moi valiosa porque se benefician do seu bo nome e do respecto que se gañou.

    Publicacións en galego (1993-2025)
    Pechar sesión
    Iniciar sesión
    • Galego
    • Compartir
    • Axustes
    • Copyright © 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
    • Termos de uso
    • Política de privacidade
    • Axustes de privacidade
    • JW.ORG
    • Iniciar sesión
    Compartir