Fontes de información para o Caderno de Estudo Vida e Actividades
© 2025 Watch Tower Bible and Tract Society of Pennsylvania
5-11 DE XANEIRO
TESOUROS DA BIBLIA ISAÍAS 17-20
“O lote dos nosos saqueadores”
w18.06 páx. 7 par. 16-mwbr
“O meu Reino non é parte deste mundo”
16 E que importantes son estes cambios! A Biblia compara a humanidade cun mar axitado que se revolve e que non ten paz (Is 17:12; 57:20, 21; Ap 13:1). Mentres que as cuestións políticas alteran, dividen e provocan violencia sen sentido nas persoas, nós mantemos a paz e a unidade. Así que, cando Xehová observa este mundo dividido, seguro que o seu corazón se alegra moito ó ver a unidade que existe no seu pobo (le Sofonías 3:17).
ip-1 páx. 198 par. 20-mwbr
O consello de Xehová contra as nacións
20 Cal é o resultado? Isaías conta: “Ó chega-la tardiña, velaí o terror; antes da mañanciña, xa non existe. Este é o lote dos nosos saqueadores, a sorte dos que nos queren roubar” (Isaías 17:14). Moitos están saqueando o pobo de Xehová, tratándoos con dureza e falta de respecto. Debido a que non son nin tampouco desexan formar parte das relixións maioritarias deste mundo, os críticos con prexuízos e os opositores fanáticos ven os cristiáns verdadeiros como unha presa fácil. Pero o pobo de Deus está convencido de que a “mañanciña” na que rematarán as súas tribulacións está cada vez máis próxima (2 Tesalonicenses 1:6-9; 1 Pedro 5:6-11).
Xoias espirituais
w06 1/12 páx. 11 par. 1-mwbr
Ideas interesantes do libro de Isaías I
20:2-5. Estivo Isaías totalmente espido durante tres anos? Posiblemente, Isaías só sacou a vestimenta exterior e camiñou “con pouca roupa” (1 Samuel 19:24, nota, TNM).
12-18 DE XANEIRO
TESOUROS DA BIBLIA ISAÍAS 21-23
Que aprendemos do que lle pasou a Xebná?
w18.03 páx. 25 pars. 7-9-mwbr
A disciplina é unha mostra do amor de Deus
7 Para destacar o valor da disciplina, vexamos o caso de dúas persoas ás que Xehová disciplinou: Xebná, que viviu na época do rei Ezequías, e Graham, un irmán dos nosos días. Como administrador “á fronte da casa”, posiblemente a de Ezequías, Xebná tiña bastante autoridade (Is 22:15). Pero, tristemente, volveuse orgulloso e buscou a súa propia gloria. Incluso mandou construír unha tumba moi ostentosa para si mesmo e paseaba en “gloriosas carrozas” (Is 22:16-18).
8 Como Xebná buscaba gloria para si mesmo, Deus botouno do seu cargo e substituíuno por Eliaquim (Is 22:19-21). Este cambio ocorreu cando o rei asirio Senaquerib tiña a intención de atacar Xerusalén. Algún tempo despois, ese rei enviou altos funcionarios a Xerusalén, xunto cun grande exército, co fin de desmoralizar os xudeus e intimidar a Ezequías para que se rendese (2Re 18:17-25). Para falar con estes funcionarios, enviouse a Eliaquim. Pero non ía só, ía acompañado doutros dous, un dos cales era Xebná, que agora servía como secretario. Podería isto indicar que Xebná non caeu na amargura e no resentimento, senón que aceptou humildemente un posto de menor responsabilidade? Se é así, que leccións podemos aprender deste relato? Analicemos tres delas.
9 Primeiro, Xebná perdeu a súa posición. A súa experiencia confirma a advertencia de que “por diante da desfeita vén o orgullo, e antes da caída, a fachenda”, ou presunción (Pr 16:18). Se tes privilexios na congregación, quizais cun certo grao de importancia, vaste esforzar por manterte humilde? Daraslle a Xehová a gloria por calquera habilidade que teñas e polos logros que consigas? (1Co 4:7) O apóstolo Paulo escribiu: “Dígolle a cada un de vós que non pense de si mesmo máis do que debe pensar, senón que pense dunha maneira que demostre bo xuízo (Rm 12:3).
w18.03 páx. 25 par. 10-mwbr
A disciplina é unha mostra do amor de Deus
10 Segundo, ó reprender con firmeza a Xebná, Xehová estaba demostrando que non o dera por perdido (Pr 3:11, 12). Que gran lección para aqueles que hoxe perden privilexios de servizo na congregación! En lugar de enfadarse ou quedar resentidos, deben continuar servindo a Deus ó máximo da súa capacidade na súa nova situación, e ver a disciplina como unha mostra do amor de Xehová. Lembra que o noso Pai nunca nos dará por perdidos se nos humillamos ante el (le 1 Pedro 5:6, 7). A disciplina baseada no amor pode ser o xeito no que Deus nos moldee, así que sexamos persoas maleables nas súas mans.
w18.03 páx. 26 par. 11-mwbr
A disciplina é unha mostra do amor de Deus
11 Terceiro, o trato que Xehová lle deu a Xebná é unha valiosa lección para aqueles que teñen autoridade para disciplinar, como os pais e os anciáns da congregación. Isto ensínanos que a disciplina de Xehová non só nos axuda a entender o seu odio polo pecado, tamén nos demostra a súa preocupación pola persoa que pecou. Entón, se como pai ou ancián tes que dar disciplina, imita a Xehová. Non aprobes o que está mal, pero busca o que está ben nas persoas, xa sexa nun fillo ou nun compañeiro cristián (Xud 22, 23).
Xoias espirituais
w06 1/12 páx. 11 par. 2-mwbr
Ideas interesantes do libro de Isaías I
21:1. Que rexión era coñecida como o “Deserto Marítimo”? Aínda que Babilonia non estaba preto do mar, refírese a ela deste xeito. Isto débese a que, cando as augas dos ríos Éufrates e Tigris se desbordaban cada ano, inundaban a rexión, creando un “mar” pantanoso.
19-25 DE XANEIRO
TESOUROS DA BIBLIA ISAÍAS 24-27
“Este é o noso Deus”
cl páx. 15 par. 21-mwbr
“Ollade, este é o noso Deus”
21 Viches algunha vez un neno pequeno sinalar o seu pai diante dos seus amigos e dicir con alegría e orgullo, de forma inocente: “Ese é o meu pai”? Os adoradores de Deus teñen tódolos motivos para sentir o mesmo por Xehová. A Biblia predí un tempo no que as persoas fieis exclamarán: “Ollade, este é o noso Deus” (Isaías 25:8, 9). Canto máis coñezas as calidades de Xehová, máis sentirás que tes o mellor Pai que se pode imaxinar.
26 DE XANEIRO–1 DE FEBREIRO
TESOUROS DA BIBLIA ISAÍAS 28-29
Honra a Xehová cos teus labios e co teu corazón
ip-1 páx. 299 par. 23-mwbr
Isaías predí a “estraña obra” de Xehová
23 Os líderes relixiosos de Xudá afirman ser prudentes en sentido espiritual, pero están afastados de Xehová. Ensinan as súas propias ideas distorsionadas sobre o ben e o mal, xustifican as súas accións infieis e inmorais e levan o pobo a unha situación de desaprobación ante Deus. Por iso, mediante “prodixios”, “a estraña obra súa”, Xehová pediralles contas pola súa hipocrisía. Di: “Este pobo achégase a min coa súa boca, hónrame cos seus labios, pero o seu corazón está lonxe de min: a súa adoración é un ritual de homes, algo que aprendeu. Por isto, velaí: eu volverei a asombrar este pobo, facendo marabillas e prodixios: a sabedoría dos seus sabios perecerá e a intelixencia dos seus intelixentes quedará enterrada” (Isaías 29:13, 14). A sabedoría e o entendemento que afirma ter Xudá desaparecerán cando Xehová faga que todo o seu sistema relixioso apóstata sexa destruído pola potencia mundial babilónica. No primeiro século ocorreu o mesmo cando os líderes relixiosos, que se consideraban sabios, apartaron a nación do seu Deus, Xehová. Algo parecido sucederá nos nosos días coa cristiandade (Mateo 15:8, 9; Romanos 11:8).
w21.05 páx. 9 par. 7-mwbr
Nada será un obstáculo para os xustos
7 Xesús denunciou con valentía as prácticas relixiosas hipócritas da súa época. Por exemplo, puxo en evidencia a hipocrisía dos fariseos, que estaban máis preocupados por como lavar as mans que por coidar dos seus pais (Mt 15:1-11). Seguramente, os discípulos de Xesús quedaron sorprendidos do que dixo. De feito, preguntáronlle: “Sabes que os fariseos se ofenderon polo que dixeches?”. E Xesús respondeulles: “Calquera planta que non plantase o meu Pai celestial será arrancada de raíz. Así que deixádeos, son guías cegos. E se un cego guía outro cego, os dous caerán nun burato” (Mt 15:12-14). Xesús non permitiu que a reacción negativa dos líderes relixiosos lle impedise falar da verdade.
Xoias espirituais
it “Ariel” par. 1-mwbr; it “Ariel” núm. 3 par. 1-mwbr
Ariel
(Arʹi·el) [Fogar, ou lar, do altar de Deus, ou: León de Deus].
3. Un nome misterioso aplicado a Xerusalén en Isaías 29:1, 2, 7. Xerusalén era o lugar do templo de Deus, e dentro do recinto estaba o altar dos sacrificios. Por esta razón, a cidade era, en efecto, o fogar ou lar do altar de Deus. Tamén debería ser o centro da adoración pura a Xehová. Pero a mensaxe que se encontra en Isaías 29:1-4 é terrible e predí a destrución que viría sobre Xerusalén a mans dos babilonios no ano 607 a. n. e., momento no que se convertería no fogar do altar nun sentido diferente: unha cidade manchada de sangue derramado, consumida polo lume e chea dos corpos das vítimas da brutal destrución. As causas que estaban detrás desta calamidade explícanse nos versículos 9 a 16. Con todo, Isaías 29:7, 8 mostra que as nacións que lle causasen tal destrución a Xerusalén fracasarían no seu propósito ou obxectivo final.
2-8 DE FEBREIRO
TESOUROS DA BIBLIA ISAÍAS 30-32
Encontra refuxio baixo as ás de Xehová
w01 15/11 páx. 16 par. 7-mwbr
Xehová é o noso refuxio
7 Como Xehová é o noso refuxio, estas palabras dannos moito consolo: “Cóbrete coas súas plumas, protéxete coas súas ás, escóndete co seu brazo e deféndete” (Salmo 91:4). Deus protéxenos do mesmo xeito que unha ave vixía as súas crías para que non lles fagan dano (Isaías 31:5). “Coas súas plumas” bloquea o acceso cara a nós. En xeral, as “plumas” dunha ave son as súas ás. Con elas, a ave cobre as súas crías, protexéndoas dos depredadores. Igual que os pitiños, os servos de Deus estamos seguros baixo as súas “plumas”, por así dicilo, porque buscamos refuxio na súa organización (Rut 2:12; Salmo 5:2, 12 [5:1, 11, TNM]).
Xoias espirituais
it “Pan” par. 8
Pan
Uso figurado. O termo “pan”, tal como se emprega na Biblia, ten varias aplicacións simbólicas. Por exemplo, falando de Canaán, Xosué e Caleb dixéronlles ós israelitas: “Podemos devoralo coma pan”. Aparentemente, isto significa que poderían conquistalos con facilidade e que esa experiencia fortalecería a Israel (Núm 14:9). Por outro lado, a gran dor que pode estar asociada a non ter a aprobación de Deus reflíctese no Salmo 80:6 [80:5, TNM], onde se di de Xehová, o Pastor de Israel: “Décheslle a comer un pan de pranto”. Tamén se di que Xehová lle dá ó seu pobo “pan na hora da angustia e auga na hora do asedio”, referíndose ó parecer ás condicións que experimentarían durante un asedio, que serían tan comúns para eles como o pan e a auga (Is 30:20).
9-15 DE FEBREIRO
TESOUROS DA BIBLIA ISAÍAS 33-35
“El é a estabilidade dos teus tempos”
w21.02 páx. 29 pars. 10, 11-mwbr
Como ser felices malia os problemas
10 A solución: Pídelle sabedoría a Xehová. Se queremos ser capaces de levar as probas con alegría, primeiro temos que pedirlle a Xehová en oración que nos dea a sabedoría necesaria para tomar boas decisións (le Santiago 1:5). Pero, como debemos reaccionar se sentimos que Xehová non responde a nosa oración de inmediato? Santiago di que debemos seguir pedíndolla constantemente a Deus. Xehová non se molesta se lle pedimos sabedoría continuamente. Non nolo vai botar en cara. O noso Pai celestial dános con xenerosidade cando lle pedimos sabedoría para soportar as probas (Sl 25:12, 13). El ve as probas polas que pasamos e ponse no noso lugar, por iso está desexando axudarnos. Sen dúbida, saber isto dános alegría! Pero, como nos dá Xehová sabedoría?
11 Xehová dános sabedoría por medio da súa Palabra (Pr 2:6). Para conseguir esa sabedoría, debemos estudar a Biblia e as publicacións baseadas nela. Pero necesitamos facer máis que simplemente acumular coñecemento. Debemos poñer en práctica a sabedoría de Deus na nosa vida actuando segundo os seus consellos. Santiago escribiu: “Poñede en práctica a palabra e non vos limitedes só a oíla” (Snt 1:22). Cando aplicamos os consellos de Deus, volvémonos máis pacíficos, razoables e misericordiosos (Snt 3:17). Estas cualidades axúdannos a afrontar calquera proba sen perder a alegría.
ip-1 páxs. 352-355 pars. 21, 22-mwbr
“Ningún habitante dirá: ‘Estou enfermo’”
21 Non obstante, a profecía de Isaías ten un cumprimento moderno. O pobo de Xehová da actualidade tamén viviu unha curación en sentido espiritual. Os servos de Deus foron liberados de ensinanzas falsas como a inmortalidade da alma, a Trindade e o inferno. Ademais, recibiron orientación moral, algo que os libera de prácticas inmorais e lles axuda a tomar boas decisións. E grazas ó sacrificio de rescate de Xesucristo, teñen unha posición limpa ante Deus e desfrutan dunha conciencia limpa (Colosenses 1:13, 14; 1 Pedro 2:24; 1 Xoán 4:10). Esta curación espiritual ten beneficios físicos. Por exemplo, evitar as relacións sexuais inmorais e o uso do tabaco protexe os cristiáns contra enfermidades de transmisión sexual e algúns tipos de cáncer (1 Corintios 6:18; 2 Corintios 7:1).
22 Pero tamén haberá un cumprimento a maior escala das palabras de Isaías 33:24 despois do Armaxedón, no novo mundo de Deus. Baixo o goberno do Reino Mesiánico, os humanos experimentarán unha gran curación física xunto coa curación espiritual (Apocalipse 21:3, 4). Pouco despois da destrución do sistema de Satanás, non hai dúbida de que haberá milagres a escala global, como os que realizou Xesús mentres estaba na terra. Os cegos verán, os xordos escoitarán e os coxos camiñarán! (Isaías 35:5, 6) Isto permitirá que tódolos sobreviventes da gran tribulación participen na extensa obra de transformar a terra nun paraíso.
16-22 DE FEBREIRO
TESOUROS DA BIBLIA ISAÍAS 36-37
“Non teñas medo das palabras que oíches”
it “Ezequías” núm. 1 par. 14-mwbr
Ezequías
O fracaso de Senaquerib en Xerusalén. Cumprindo as expectativas de Ezequías, Senaquerib decidiu atacar Xerusalén. Mentres sitiaba co seu exército a cidade fortificada de Láquix, enviou unha parte das súas tropas xunto cun grupo de xefes militares para esixir a rendición de Xerusalén. O portavoz do grupo foi o rabsaqué (non era o seu nome, senón o seu título militar), quen falaba hebreo con fluidez. En voz alta, burlouse de Ezequías e desprezou a Xehová, presumindo de que Xehová non podería liberar Xerusalén, do mesmo xeito que os deuses doutras nacións non puideron salvar do rei de Asiria as terras dos seus adoradores (2Re 18:13-35; 2Cr 32:9-15; Is 36:2-20.
ip-1 páx. 387 par. 10-mwbr
Un rei ve recompensada a súa fe
10 Despois, o rabsaqué recórdalles ós xudeus que, en sentido militar, están completamente superados. Por iso fai esta arrogante afirmación: “Douche dous mil cabalos, se es capaz de pór pola túa conta soldados de equipamento sobre eles” (Isaías 36:8). Pero, en realidade, importa se a cabalería adestrada de Xudá é moita ou pouca? Non, porque a salvación de Xudá non depende da superioridade militar. Proverbios 21:31 explícao así: “Aparéllase o cabalo para o día da loita, mais a vitoria é cousa do Señor”. A continuación, o rabsaqué afirma que a bendición de Xehová está cos asirios, non cos xudeus. Argumenta que, doutro modo, os asirios nunca terían conseguido penetrar tan profundamente no territorio de Xudá (Isaías 36:9, 10).
ip-1 páx. 388 pars. 13, 14-mwbr
Un rei ve recompensada a súa fe
13 Do seu arsenal de argumentos, o rabsaqué saca outra arma verbal: advirte os xudeus de que non crean a Ezequías se este lles di: “O Señor hanos salvar”. O rabsaqué lémbralles que os deuses de Samaria non puideron evitar que as dez tribos fosen derrotadas polos asirios. E que hai dos deuses doutras nacións que Asiria conquistou? El pregunta: “¿Onde estaban os deuses de Hamat e de Arpad? ¿Onde estaban os deuses de Sefarvaim? ¡Que! ¿Algúns deles salvaron Samaría da miña man?” (Isaías 36:18-20).
14 Por suposto, o rabsaqué, un adorador de deuses falsos, non entende que hai unha gran diferenza entre a Samaria apóstata e a cidade de Xerusalén baixo o mandato de Ezequías. Os ídolos falsos de Samaria non tiveron poder para salvar o reino das dez tribos (2 Reis 17:7, 17, 18). En cambio, Xerusalén, baixo o rei Ezequías, apartouse dos deuses falsos e volveu a servir a Xehová. Pero os tres representantes xudeus non intentan explicarlle isto ó rabsaqué. “Entón eles quedaron calados e non lle responderon nin palabra, pois a orde do rei era nestes termos: ‘Non lle respondades’” (Isaías 36:21). Eliaquim, Xebná e Ioah volven onda Ezequías e infórmano oficialmente das palabras do rabsaqué (Isaías 36:22).
Xoias espirituais
it “Freo” par. 4
Freo
Xehová díxolle ó rei Senaquerib de Asiria: “Poreiche unha argola no nariz e un freo no fociño, e fareite voltar polo camiño por onde viñeches para aquí” (2Re 19:28; Is 37:29). Senaquerib viuse obrigado, non por vontade propia senón pola man de Xehová, a abandonar o asedio de Xerusalén e regresar a Nínive, onde máis tarde foi asasinado polos seus propios fillos (2Re 19:32-37; Is 37:33-38). Cando Xehová di que pon un freo nas mandíbulas dos pobos inimigos, indica que estes quedan baixo un tipo de control total, semellante ó que se exerce sobre os animais mediante un freo (Is 30:28).
23 DE FEBREIRO–1 DE MARZO
TESOUROS DA BIBLIA ISAÍAS 38-40
“Igual ca un pastor, pastorea o seu rabaño”
cl páx. 70 par. 7-mwbr
O poder para protexer: “Deus é para nós refuxio”
7 Ó compararse cun pastor, Xehová asegúranos o seu profundo desexo de protexernos (Ezequiel 34:11-16). Lembra a descrición de Xehová que aparece en Isaías 40:11, mencionada no capítulo 2 deste libro: “Igual ca un pastor, pastorea o seu rabaño, recólleo co seu brazo, leva ós añiños no seo”. Como chega o añiño a estar “no seo”, ou peito, do pastor, nos pregos da súa roupa exterior? É certo que o cordeiro pode achegarse ó pastor e incluso empurrarlle a perna. Pero é o pastor quen ten que inclinarse, recollelo e colocalo con suavidade na seguridade do seu peito. Que fermosa imaxe do disposto que está o noso Gran Pastor para darnos refuxio e protección!
w18.01 páx. 8 pars. 4-6-mwbr
“El dálle forza ó cansado”
4 Le Isaías 40:26. Ninguén foi capaz de contar tódalas estrelas do Universo. Os científicos cren que tan só na nosa galaxia, a Vía Láctea, hai uns catrocentos mil millóns de estrelas. Aínda así, Xehová dálles nome a todas elas. Que aprendemos disto? Se Xehová se interesa pola súa creación inanimada, imaxínate o que sente por ti, que o serves por amor e non porque foses programado para facelo (Sl 19:2, 4, 15 [19:1, 3, 14, TNM]). O teu querido Pai coñécete á perfección. A Biblia di: “No voso caso, incluso están contados tódolos pelos da vosa cabeza” (Mt 10:30). E o salmista asegúranos: “O Señor coida da sorte dos honrados” (Sl 37:18). Si, Xehová coñece as dificultades coas que estás loitando e pode darche as forzas para soportalas.
5 Le Isaías 40:28. Xehová é a fonte da enerxía dinámica. Pensa, por exemplo, na cantidade de enerxía que lle subministra ó noso Sol. O escritor e científico David Bodanis explicou que, cada segundo, se producen no Sol explosións que equivalen a miles de millóns de bombas atómicas. Outro científico calculou que o Sol produce hoxe en día “enerxía suficiente nun segundo para cubrir as necesidades da humanidade durante douscentos mil anos”. Se Xehová lle dá enerxía ó Sol, quen pode dubidar de que tamén é capaz de darnos a nós as forzas que necesitamos para afrontar calquera problema?
6 Le Isaías 40:29. Servir a Xehová fainos moi felices. Xesús díxolles ós seus discípulos: “Poñédevos baixo o meu xugo [...]. Comigo encontraredes alivio, porque o meu xugo é fácil de levar e a miña carga pesa pouco” (Mt 11:28-30). Que certas son estas palabras! Ás veces, pode que nos sintamos esgotados ó saír da casa para ir á reunión ou para ir predicar. Pero, como nos sentimos cando volvemos? Verdade que se nos renovan as forzas e nos sentimos máis preparados para facerlles fronte ós problemas do día a día? Sen dúbida, o xugo de Xesús é fácil de levar!