Canción 148
Entregaches o teu Fillo por nós
Edición impresa
Pai noso, querido,
graciñas polo don:
a vida do Fillo
trouxo salvación!
Vivimos para ti,
querémoste servir,
falarlles do porvir
ós que te buscan, Pai.
(REFRÁN)
Cantámosche, Xehová,
por darnos a Xesús.
Por sempre cantaremos
o moito que ti fas por nós.
As túas bondades
achégannos a ti.
Queremos, por sempre,
ser amigos teus.
Que gran honor supón,
que mostra de amor!
Xesús, o Redentor,
por nós se entregou.
(REFRÁN)
Cantámosche, Xehová,
por darnos a Xesús.
Por sempre cantaremos
o moito que ti fas por nós.
CONCLUSIÓN
As voces unimos, oh Pai, en oración.
Non temos palabras para darche grazas, Deus.
(Ver tamén Xn. 3:16; 1 Xn. 4:9.)